AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A crónica deportiva 15-12-2023 15.12.2023 29:55
Rafa Benítez móstrase confiado na véspera do crucial Celta-Granada da 1ª División na que podería xogar o posto. En Ferrol, Moi Delgado centra o obxectivo na salvación. Escoitamos os adestradores do Deportivo e do CD Lugo e a Moncho Fernández antes de que o Obradoiro reciba o poderoso Real Madrid no Sar.
Ataque Escampe, Candela Liste e Sidonie 14.12.2023 9:13
Tito Lesende tráenos hoxe música de Ataque Escampe, que comezan este 15 de decembro a súa ‘Xira dos Cabaliños’, na que seguirán presentando en directo o seu disco deste ano, ‘Cabalgata’. Escoitamos a Candela Liste, música coruñesa á que coñecimos a través da banda Crimson & Clover e que agora empeza a publicar cancións co seu proxecto en solitario. A terceira canción da escolma é de Sidonie, q...
Antropoloxía e medicina popular 14.12.2023 18:37
Conversamos co antropólogo Rafael Quintía Pereira sobre o seu libro A etnomedicina galega. Achegas dende a antropoloxía (Edicións Ab Origine). A obra percorre a clasificación de enfermidades e doenzas que fai a nosa medicina popular, os seus especialistas, os métodos de prevención e os recursos curativos, e fai fincapé no poder da palabra e no poder da relixiosidade neste sistema tradicional de sa...
'La sociedad de la nieve' e 'La espera' 14.12.2023 9:19
Moncho Lemos e as súas estreas: 'La sociedad de la nieve', de Juan Antonio Bayona, e 'La espera', de Francisco Javier Gutiérrez.
Xornadas arredor da cantería 14.12.2023 17:28
A Escola de Canteiros de Poio organiza as xornadas culturais "Falando Arxina". Conversamos con Lucía Espiño, coordinadora da Escola de Cantería, e co artista Manolo Paz.
A crónica deportiva 14-12-2023 14.12.2023 25:49
Centramos a atención na primeira rolda de prensa de Marián Mouriño tras ser refrendada como nova presidenta do RC Celta: manifesta a súa fiúza en Rafa Benítez e confirma que no futuro volverán ter un director deportivo propio do club. Na Coruña, o mediocentro Rubén López amplía contrato catro temporadas. E no balonmán, escoitamos o lamento de Nacho Moyano despois de que o Cangas cedese un empate c...
Arxentina e Galicia na Filharmonía 13.12.2023 9:43
'Exsultate jubilate' entrelaza, entre outras obras, o 'Saturnal' de Manuel Balboa coa 'Lúa descolorida' do arxentino Osvaldo Golijov sobre o poema de Rosalía de Castro.
A crónica deportiva 13-12-2023 13.12.2023 27:24
Día 1 da nova era no Real Club Celta. Marián Mouriño é xa oficialmente presidenta e insinúa que revisará a idea de contar cun asesor deportivo externo. No Racing, Josep Señé valora o posible traspaso de Carlos Vicente ao Alavés. E na 1ª RFEF, Villares analiza os problemas do Dépor e Antonetti amosa a ilusión dos xogadores do Lugo tras saber que recibirán o Atleti na Copa.
'Carta Branca' en Galería Nordés 12.12.2023 11:40
A mostra inaugura o ciclo ‘Carta Blanca’ no que os artistas presentarán un proxecto con total liberdade creativa no que deben acompañalos outros dous creadores. Nesta ocasión é Julia Huete quen escolleu a Ánxel Huete e Kiko Pérez para ‘Autorretrato como gesto entre los dos’.
'Retratos de vodas, partos e funerais' 12.12.2023 9:37
Tempo de lectura con Dolores Vilavedra. Neste caso falamos de poesía a través da obra 'Retratos de vodas, partos e funerais', escrita por Silvia Penas para Editorial Galaxia.
30 anos do Coro da Ra 12.12.2023 18:22
O Coro da Ra celebrará o seu 30 aniversario cun concerto no Auditorio de Galicia de Santiago o vindeiro 17 de decembro. Cóntanos os detalles o director do Coro da Ra, Ramón Bermejo.
A crónica deportiva 12-12-2023 12.12.2023 30:01
Escoitamos as reaccións máis inmediatas no Lugo e tamén a do director xeral do Racing de Ferrol, Carlos Mouriz, tralas boas novas que lles deixou o sorteo dos 1/16 de final da Copa do Rei de fútbol. O Lugo recibirá na casa un dos grandes de Primeira, o Atlético de Madrid, e o Racing terá na Malata a visita do histórico Sevilla. O Celta, pola súa banda, vaise medir cun modesto conxunto da Segunda,...
Oleiros e canteiros ao longo da Historia 11.12.2023 9:45
Mario César Vila fálanos hoxe de olería e a cantería, dous oficios tradicionais que tamén se pode analizar desde a perspectiva arqueolóxica.
O novo de Susana Seivane e Encrucillada 11.12.2023 13:04
Emilio Españadero aborda hoxe varias cuestións: ‘Sete’, o novo traballo discográfico de Susana Seivane, o último do grupo Encrucillada e a celebración do XVIII Festival Internacional Rebulir en Ramirás (Ourense).
A crónica deportiva 11-12-2023 11.12.2023 26:04
Na Primeira División comezamos coa última hora do RC Celta antes de xogar un partido fundamental en Vallecas e laiámonos da lesión de Brais coa Real Sociedad, que lle pode supor até tres meses de baixa. Ademais, repasamos a derrota do Racing na Segunda e os resultados dos galegos na Primeira Federación.
Libros do Hematocrítico para escachar coa risa 08.12.2023 11:25
Eva Mejuto homenaxea a Miguel López, Hematocrítico, recordando os sinais de identidade dos seus libros infantís: o humor e a sorpresa, a apelación á intelixencia da rapazada desde o humor e o afecto, a irreverencia, a falta de condescendencia… Como mostra, catro libros publicados en 2023: ‘Unha unicornia’, ‘Morto de fame’ e ‘Dona Problemas’ (Xerais) e mais ‘Vai polo pan’ (Cumio), unha obra do cana...
Teatro tenebroso doutros lares 08.12.2023 10:21
Afonso Becerra explícanos as creacións do grego Dimitris Papaioannou, que estivo no Rivoli do Teatro Municipal do Porto con INK, un poema escénico de aspecto tenebroso.
Música a través da Banda de Guláns 08.12.2023 17:43
A banda de música Unión de Guláns, con escola de música propia desde hai máis de 100 anos, naceu en 1870 en Guláns, unha aldea de Ponteareas da man de José Carracedo Domínguez, fundador e primeiro director. É unha das formacións máis antigas de Galicia. Vituco pasouse por Gulán para falar de música, da banda e do premio con Rosario con Alicia Porto, directora da escola e da banda e con Noelia Lore...
A crónica deportiva 08-12-2023 08.12.2023 29:55
Sorpresas e caras novas na designación do novo consello de administración do RC Celta: Marián Mouriño inclúe, entroutros, o ex porteiro Sergio Álvarez e o pai do músico C Tangana. A noticia chega o día seguinte da sufrida clasificación dos vigueses na Copa, que contrasta co sólido triunfo do Racing. Ademais, miramos xa para a nova xornada de liga en 1ª RFEF.
De Guadi Galego a Sempasúchil 07.12.2023 13:46
Tito Lesende escolleu música balsámica para esta ponte. ‘Mar’, unha das últimas cancións de Guadi Galego, que acaba de anunciar concertos especiais para 2024, baixo o título ‘Síntese Horizonte’. Tamén escoitamos a Guadi Galego en ‘Luz do norte’, a máis recente creación de Nastasia Zürcher. Presentamos un novo grupo, Sempasúchil, que estrea o 2 de decembro o seu primeiro disco: jazz e pop delicado...
'Robot Dreams' e 'Anatomía dunha caída' 07.12.2023 14:18
Moncho Lemos trae dúas estreas: 'Robot Dreams', de Pablo Berger, e 'Anatomía dunha caída', de Justine Triet.
A crónica deportiva 07-12-2023 07.12.2023 26:15
Conectamos con Sestao para facer a previa máis fresca do encontro que xogará esta noite o Celta nas Llanas. Imos a Ferrol para saber como están as cousas a poucas hora do Racing-Leganés. Repasamos as eliminatorias do Lugo, do Dépor e do Arenteiro. E miramos xa para a xornada da fin de semana cun Compostela cheo de baixas.
Os premios do Xuventude Crea 06.12.2023 9:25
Luz Castro tráenos o máis destacado dos traballos presentados na última edición do certame Xuventude Crea.
No foco de Mary Quintero 06.12.2023 18:04
Mary Quintero (Melide, 1931) é unha das profesionais máis relevantes da fotografía de estudo e a máis prestixiosa retratista galega da época. Comezou o seu camiño no mundo da fotografía nos estudos que rexentaron os seus pais en Melide e Lugo, onde descubriu a súa vocación polo oficio. Agora unha exposición baixo o título de "A imaxinación no interior dun estudo" mostra parte do seu trab...
Teatro para poñerse na pel das persoas refuxiadas 05.12.2023 18:22
‘Vía Morta’ é un espectáculo teatral inmersivo que sitúa o público nun campo de persoas refuxiadas. A montaxe parte dun texto do escritor e actor Carlos Olalla, inspirado polas visitas a campos de refuxiados do colectivo Pallasos en Rebeldía. Dirixe o espectáculo Eva Egido e forman o elenco Iván Prado, Anabell Gago, Fran Rei e Rocío Salgado. ‘Vía Morta’ estréase o domingo 10 de decembro no auditor...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.