AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ 2914 episodes

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A fotógrafa Sara Priego expón 'El barranco' en Vigo 05.01.2024

A fotógrafa Sara Priego expón ‘El barranco’ na Fundación Évame Oroza de Vigo ata o 15 de xaneiro. É unha mostra de imaxes en pequeno formato coa que a artista propón unha exploración das emocións dende a intimidade da súa mirada. A exposición é un ensaio fotográfico sobre o dó, a tristeza, a soidade e as ausencias, pero tamén cunha ollada de esperanza e superación. Sara Priego retrata un proceso p...

A crónica deportiva 05-01-2024 05.01.2024

O Celta presenta o brasileiro Jailson, que afirma que está en boa forma malia que non tiña equipo. No fútbol, atendemos tamén á actualidade do Racing e do Lugo antes de recibir dous 'primeiras' na Copa do Rei. E no baloncesto, o Breogán volve con derrota de Turquía e o Obra visita o Barça na ACB.

Estrea de 'Los que se quedan' e 'Yo capitán' 04.01.2024

O filme 'Yo capitán', dirixida por Matteo Garrone, amosa a realidade das migracións cunha nova ollada: a historia de dous meniños que fan unha longa viaxe ata Europa. A película 'Los que se quedan', dirixida por Alexander Payne, é unha comedia dramática protagonizada por aqueles que non teñen a onde ir nas vacacións de Nadal.

Iria Pinheiro e Mónica de Nut presentan Kennebec 04.01.2024

As artistas Iria Pinheiro e Mónica de Nut teñen novo espectáculo poético musical para este 2024. Kennebec é un proxecto innovador de música experimental e electrónica. O espectáculo racha cos estereotipos na música e explora os límites da palabra e das obras creativas. No Diario Cultural entrevistamos as autoras e descubrimos os segredos que hai detrás deste novo proxecto.

2024: pop tradi e guitarras 04.01.2024

Tito Lesende avanza os lanzamentos musicais que teremos en 2024. Fillas de Cassandra presenta un novo concepto nos seus concertos, unha nova serie de espectáculos que leva por título ‘Últimas Dionisíacas’. Con esta nova proposta, ofrecen maior instrumentación no escenario da man de Tania Caamaño e Marina Vidal. Neste 2024 terá protagonismo o dúo Caamaño & Ameixeiras, que ten concertos previsto...

'Lecturas de coidado', un encontro para ler en común 04.01.2024

Belén Gopegui, Antón Lopo, María Sánchez e Uxue Alberdi son algúns dos escritores que participan en ‘Lecturas de coidado’, un encontro ao redor da lectura en común que se desenvolve en Santiago. Tamén participan profesionais da saúde mental, da medicina comunitaria, da arteterapia, da pedagoxía ou da intervención social. É unha proposta para ler en común, para empregar a lectura como ferramenta de...

A crónica deportiva 04-01-2024 04.01.2024

Escoitamos as voces da remonta do Celta en Balaídos no último suspiro. Os protagonistas dos partidos de onte no polideportivo. O Deportivo, necesitado da vitoria con 12 puntos respecto ao líder da categoría.

O videoxogo Cocoon, de Geometric Interactive 03.01.2024

Luz Castro analiza os videoxogos dos gañadores dos Game Awards 2023, os galardóns máis importantes do sector. Entre os gañadores destaca o videoxogo Cocoon, de Geometric Interactive, que recibe o Premio a Mellor Debut de Xogo Indie.

Cantos de Nadal: unha tradición que muda cos tempos 03.01.2024

Os cantos do ciclo de Nadal: panxoliñas, aguinaldos e cantos de reis. O músico Gustavo Couto, da Asociación de Gaiteiras Galegas, comparte con nós o seu coñecemento sobre o baile e música tradicional de Nadal. Lémbranos a importancia dos cantos en grupo, en comunidade, como un elemento de unión entre a sociedade. Tamén entrevistamos a Branca Villares, mestra de música e baile tradicional, unha das...

A crónica deportiva 03-01-2024 03.01.2024

O Celta recibe o Betis en Balaídos no primeiro encontro de 2024. Na 1ª RFEF, o Arenteiro visita o difícil campo da Ponferradina e, na Liga de Campións de balocnesto, o Breogán viaxa a Turquía.

‘Entomoloxía para misioneiros’, de Fernando Castro Paredes 02.01.2024

Dolores Vilavedra destaca a novela 'Entomoloxía para misioneiros', de Fernando Castro Paredes.

Os músicos galegos volven a casa polo Nadal 02.01.2024

Son moitos os autores e compositores de música clásica que viven no estranxeiro. Entre eles atopamos a Iria Folgado, que reside en Berlín e acaba de presentar o seu debut discográfico ‘Ecos de Breogán’; e ao pianista Guillermo Rodríguez, que vive en Bruxelas e vai actuar no Liceo de Ourense.

Carla Souto expón 'La primavera silenciosa' na Coruña 02.01.2024

Mónica Maneiro repasa a traxectoria vital e profesional de Carla Souto. A artista galega expón a súa primeira mostra individual 'La primavera silenciosa', na Galería Vilaseco da Coruña.

Unha viaxe pola historia do hip-hop 02.01.2024

O libro 'Somos hip-hop', publicado pola editorial Galaxia, é unha viaxe a través da historia do hip-hop. A obra presenta os fundamentos do breaking, rap, graffiti, turntablism e beatbox. Os autores son Pablo Castiñeira e David Brey.

A crónica deportiva 02-01-2024 02.01.2024

Rafa Benítez explica a fichaxe de Jailson, a última hora do Celta Fortuna, o Dépor, o Lugo e o Arenteiro antes da xornada na 1ª RFEF e, no baloncesto, a previa do partido da Liga de Campións que vai xogar o Breogán en Turquía.

Ciencia para despedir 2023 31.12.2023
‘Once cancións e unha danza’, do pianista Alberto Vilas 29.12.2023

O compositor e pianista Alberto Vilas presenta o seu último proxecto ‘Once cancións e unha danza’, un traballo de creación a partires de pezas tradicionais interpretadas a piano polo propio Vilas. Un paseo pola banda sonora da nosa infancia que se presenta como unha evolución das raíces musicais máis populares. Unha reportaxe de Ánxela Diéguez.

Balance do ano escénico 2023 29.12.2023

Alfonso Becerra fai balance do ano escénico 2023. Na lírica, destaca o traballo e o repertorio das asociacións de amigos da ópera da Coruña e Vigo. Entre eles, destaca a novidade da ópera infantil ‘Oca’, con letra de Gloria Rico, e con música e composición de Juan Durán. O ano 2023 comezou xa co éxito da estrea de ‘Mosca’, da compañía Ártika, con texto e dirección de Gustavo del Río.

Un calendario cos ceos galegos 29.12.2023

O proxecto de calendario no que figuran os ceos galegos da man de Dosi Veiga

Balance da literatura infantil e xuvenil en 2023 29.12.2023

A literatura infantil e xuvenil de 2023 escríbese co nome propio da escritora Fina Casalderrey, candidata ao Premio Hans Christian Andersen, un dos maiores galardóns da literatura a nivel internacional. Repasamos a súa obra con Eva Mejuto e lembramos outros fitos literarios do ano que remata, dos 25 anos da editora Kalandraka, ás novas coleccións literarias para xente moza ou os autores e autoras...

A crónica deportiva 29-12-2023 29.12.2023

Javi Torres conduce unha Crónica deportiva na que escoitamos as primeiras palabras de Jailson Marques como novo xogador do Celta e a Paulo Alves na sala de prensa do CD Lugo. Ademais, moito baloncesto porque este venres xoga o Obradoiro na ACB e se disputa en Riazor o derbi galego da LEB, Basquet Coruña-COB.

Patricia Ferreira, a súa vinculación con Galicia e as súas obras máis destacadas 28.12.2023

Moncho Lemos lembra a cineasta Patricia Ferreira, a súa vinculación con Galicia e as súas obras máis destacadas.

O centenario do nacemento de Manuel Ferrol, o fotógrafo da emigración 28.12.2023

O 28 de decembro de 1923 nacía Manuel Ferrol, o fotógrafo da emigración. O seu traballo figurou nos catálogos de exposicións entre os grandes da fotografía do século XX. Unha reportaxe de Isabel Freire.

Luz entre as cinzas 28.12.2023

Coñecemos da man de Adra Pallón o que esconde a exposición 'Intrahistorias. Luz entre as cinzas'.

Balance musical 2023 28.12.2023

Tito Lesende fai balance do 2023, un gran ano para a creación musical en Galicia. Escoitamos algúns dos protagonistas dos últimos 12 meses: The Rapants, Fillas de Cassandra, Mondra, Xoel López e Tanxugueiras.

Listen to the Todos os podcast | A crónica deportiva podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.