AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A crónica deportiva 23-01-2024 23.01.2024 29:58
Última hora do RC Celta antes de volver recibir a Real Sociedad en Balaídos, agora na eliminatoria de cuartos, partido único, da Copa do Rei. Na Segunda, o director deportivo do Racing non descarta máis incorporacións; na 1ª RFEF, Illescas chega cedido ao Arenteiro; e na 2ª RFEF investigan un intento de amaño no Badajoz-Pontevedra trala denuncia de xogadores granates.
'Cantares do Brión', con textos de Bernardino Graña 22.01.2024 13:04
Emilio Españadero recomenda a actuación en directo do coro galego 'Cantares do Brión', con música de Suso Vaamonde a partir do texto de Bernardino Graña. Entre as novidades en música tradicional, o grupo Fixe Trío, formado por Blanca Marigómez, Joel Fontán e Xela Conde, presenta un novo tema musical: 'Seis', unha fusión entre unha muiñeira e un cantar.
Un paseo pola Alta Idade Media 22.01.2024 18:03
Mario César Vila visítanos acompañado doutro arqueólogo, José Carlos Sánchez Pardo, profesor da USC. Falamos da Alta Idade Media, da formación dos arqueólogos e arqueólogas do futuro, do novo mestrado de Patrimonio Cultural Dixital e sobre o maior interese social no patrimonio.
Do libro á galería de arte 22.01.2024 10:39
A Galería Metro de Santiago acolle a mostra 'Criptografías', que reúne a parte visual do poemario do mesmo nome que Baldo Ramos e Pepe Cáccamo publicaron en 2023 coa editorial Alvarellos. Ramos e Cáccamo levan unha década colaborando en proxectos conxuntos de poesía visual e obxectual ata chegar a este traballo no que a autoría individual desaparece e o humor convive coa profundidade. &#...
A crónica deportiva 22-01-2024 22.01.2024 29:58
Tres días despois de perder na Liga o Celta volverá recibir a Real en Balaídos pero agora na Copa e Benítez evita confirmar se fará cambios no equipo, só asegura que non xogará a última fichaxe, Manquillo. No fútbol escoitamos tamén as valoracións tralo Deportivo 2-Ponferradina 0, coa grande actuación dos canteiráns, e no baloncesto o Breogán celebrou o regreso de Sakho cun triunfo ante o Girona.
'Eu fraude', de Paula Pier 19.01.2024 11:49
Afonso Becerra recomenda 'Eu fraude', de Paula Pier, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. É unha peza que rompe os moldes e cuxa historia vital está fóra do escenario. 'Eu fraude' é unha fusión de xéneros, que combina música, danza, interpretación e canto. Unha historia de amor propio, de quitar as caretas e mirar dentro de nós. O espectáculo rompe coa arte do finximento prop...
O 40 aniversario da Orquestra Clásica de Vigo 19.01.2024 15:16
Era xaneiro de 1984. Un grupo de músicos novos da cidade de Vigo reuníase para atopar un punto común arredor da música. Foi o primeiro chanzo para formar a Orquestra Clásica de Vigo. Entre os novos músicos estaba Manuel Martínez Álvarez, fundador e director da Orquestra Clásica de Vigo. A Orquestra naceu co obxectivo principal da formación nun contexto onde aínda non había ningunha orquestra profe...
Contos e cantos 19.01.2024 9:13
Eva Mejuto recomenda dous libros con texto e música. 'Silforiña' é un álbum ilustrado escrito por Elena Paz, ilustrado por Carlota Diz e editado pola agrupación musical e teatral Golfiños. O texto narra a historia dunha nena que prefire imaxinar o mundo a percorrelo e que vai descubrindo emocións como o medo e a tristura, o paso do tempo e o silencio. As cancións atoparémolas nun código...
Grans de area de arquitectura 19.01.2024 19:09
A rexeneración do paseo marítimo de Bouzas, a recuperación dos baños de San Xusto no concello de Cerdedo-Cotobade, un novo hotel nunha casa chea de memoria en Celanova. Son tres dos proxectos galardoados polos premios Gran de Area, que conceden as delegacións de Vigo, Ourense e Pontevedra do Colexio de Arquitectura. Once intervencións que fan achegas pequenas pero importantes á arquitectura e á po...
A crónica deportiva 19-01-2024 19.01.2024 29:55
Todas as voces e reaccións ao Celta-Real Sociedad que nos deixa a Copa. E as previas dos partidos estrela na fin de semana no fútbol e no polideportivo da man de Paco Santos.
'A zona de interese' e 'O correo' 18.01.2024 9:49
Moncho Lemos analiza as últimas estreas cinematográficas. A película 'A zona de interese', dirixida por Jonathan Glazer a partir dunha novela de Martin Amis, é unha nova ollada ao Holocausto. O filme amosa a tranquilidade coa que vive a familia dun comandante nazi a poucos metros de Auschwitz. O filme reflicte a normalidade fóra dos campos de concentración. O espectador sabe que Auschwit...
'Medio século tras a a idea, Glaucón', de José Antonio Ocaña 18.01.2024 16:33
O escultor José Antonio Ocaña presenta a exposición 'Medio século tras a a idea, Glaucón', no centro municipal José Ángel Valente de Ourense. A mostra é unha viaxe a través de 50 anos de traxectoria artística. Neste Diario Cultural reflexionamos con José Antonio Ocaña sobre a súa vida artística dende a súa primeira exposición no 1969.
Carlos Ares, Sleater-Kinney, Pamela Rodríguez e Jacobo Serra 18.01.2024 15:22
O menú musical de Tito Lesende comeza desta vez co músico coruñés Carlos Ares e unha das cancións do seu primeiro disco, 'Peregrino'. Escoitamos tamén unha das pezas de 'Little Rope', o undécimo álbum das estadounidenses Sleater-Kinney. Entre as opcións de música en vivo, destacamos a Pamela Rodríguez, que empeza o ano con concertos en Santiago e Coruña. Julián Seijas, baixista...
Concerto en homenaxe a Rogelio Groba 18.01.2024 12:01
A Orquestra de Cámara Galega interpretará varias obras de Rogelio Groba nun concerto homenaxe no Teatro Colón da Coruña o sábado 20 de xaneiro. A Radio Galega gravará a actuación para a súa emisión posterior. Groba, finado nos últimos días de 2022 con 92 anos, deixou un enorme corpus de 735 composicións, que a Fundación Groba está gravando e dixitalizando.
A crónica deportiva 18-01-2024 18.01.2024 29:58
Os canteiráns do Celta reivindicáronse na Copa e o equipo gaña moita moral para o regreso á Liga. Na Segunda, Ander Cantero alerta de que o Racing terá máis dificultades na segunda volta do campionato. E no Deportivo, Iván Barbero recoñece a preocupación e cualifica de "final" o partido coa Ponfe en Riazor.
Os premios DeVuego 17.01.2024 9:28
Luz Castro analiza o desenvolvemento español no mundo dos videoxogos a través dos premios DeVuego, que celebran o décimo aniversario. Esta semana está aberta a fase de preselección para que os usuarios voten os seus favoritos. Son uns premios de público porque os usuarios e afeccionados teñen un papel moi relevante nas votacións. Entre as novidades, un galardón especial ao Mellor Estudo Novel do A...
'Revolución Chic', novo disco de Brais Morán 17.01.2024 17:55
Brais Morán presenta o seu novo disco 'Revolución Chic'. Son músicas que convidan ao baile, que nos fan viaxar ao futuro e que espertan a imaxinación do oínte. No Diario Cultural facemos unha viaxe pola súa traxectoria musical. Brais Morán explica que este disco é o resultado de moitas experiencias profesionais e persoais. A súa música é unha viaxe ás discotecas dos anos 70 e tamén unha...
A crónica deportiva 17-01-2024 17.01.2024 29:57
Última hora das dúas citas que protagonizan este mércores o deporte galego: o Celta viaxa a Valencia para disputar, a partido único, a eliminatoria de oitavos da Copa do Rei e o Breogán xoga en Turquía contra o Karsiyaka o partido definitivo dos 1/16 da Liga de Campións de baloncesto.
'O paso en falso' de Abraham Pérez 16.01.2024 10:39
Na sección de voces expertas, Dolores Vilavedra recomenda ‘O paso en falso’, de Abraham Pérez, publicado pola editorial Galaxia.
'Antropotectura', de Jose Perozo 16.01.2024 14:13
O escultor vigués Jose Perozo amosa na galería coruñesa Monty4 unha serie de 19 pezas en madeira e cemento. A exposición 'Antropotectura' parte da idea de que a pel que habitamos é o noso refuxio. É unha reportaxe de Isabel Freire.
A pintura vital de Correa Corredoira 16.01.2024 5:58
A exposición ‘Lugar sen medida’ está inspirada na visita de Correa Corredoira a Namibia para crear unha rosa dos ventos similar á que ideou ao pé da torre de Hércules. A exposición inclúe máis de cen pinturas e debuxos que recollen a pulsión vital que caracteriza a obra de Correa, aquí representada polas imaxes de África, da natureza e os animais que a poboan, do erotismo e da vida.
Xackal, unha viaxe sonora irresistible 16.01.2024 22:12
Xackal presenta o seu primeiro disco longo 'Vén forte ben forte', unha viaxe sonora desprexuizada, vestida de electrónica, ritmos latinos e conexións atlánticas, da bossa ao house pasando pola música de raíz galega e outros moitos ritmos. O trío, formado por Nano Suárez de Lis, Gael Mvundi e Javi Otero, actúa o sábado 20 de xaneiro na sala Rebullón de Mos. Nesta entrevista regálanos unha...
A crónica deportiva 16-01-2024 16.01.2024 29:58
O Celta irá a Valencia para os oitavos da Copa con sete canteiráns aínda que Benítez insiste en que o nivel da Liga é moi esixente para os xogadores do fiilal. En Ferrol, o Racing fai oficial a chegada do central Álex Martín e no fútbol sala Jozi Oliveira explícanos os motivos para deixar o Burela despois de quince anos.
'Circumterra', de Amalgama 15.01.2024 11:01
Emilio Españadero repasa as novidades na música de raíz. O grupo ‘Amalgama’ presenta o seu disco ‘Circumterra’, unha homenaxe do quinto centenario da primeira volta marítima ao mundo. É un disco conceptual que percorre os lugares da travesía a través das súas músicas tradicionais.
Plásticos no cosmos 15.01.2024 12:19
A contaminación por plásticos non só é un problema no mar. Estíbaliz Espinosa fálanos da enorme cantidade de ferralla orbital que rodea o noso planeta e do lixo depositado na Lúa. Con mención á oceanógrafa Ángeles Alvariño, versos de Luísa Villalta e música de Brais Morán e Ugia Pedreira.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.