Universidade de Vigo
SONUVigo
A UVigo é unha universidade con tres campus que suman “máis habitantes” que 290 dos 313 concellos galegos. Máis de 20.000 estudantes, docentes- investigadores e persoal técnico de xestión e de administración e servizos conforman un ecosistema no que se imparte e recibe docencia; no que se xera e transfire coñecemento e no que se multiplican as actividades institucionais, académicas, culturais e deportivas. A Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da UVigo achégavos agora, á comunidade universitaria e á cidadanía en xeral, SONUVigo, un podcast no que os sons que fan Universid...
Author
Universidade de Vigo
Category
Podcast website
Latest episode
Dec 15, 2025
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
SONUVigo-Episodio 13 15.12.2025 1:00:18
No derradeiro episodio do ano de SONUVigo saberemos que lle pide ao 2026 a catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, África González, nova Premio María Josefa Wonenburger Planells en recoñecemento o seu labor de investigación en inmunoloxía e nanomedicina. Sen saír do ámbito da investigación celebraremos o 15 aniversario de atlanTTic, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomun...
SONUVigo-Episodio 12 16.11.2025 59:47
Ola! Que tal estades? No 12ª episodio de SONUVigo entrevistamos á astrofísica viguesa e recente doutora honoris causa pola UVigo Begoña Vila. Ademais, se no último episodio coñeciamos á primeira candidata que concorrerá ás eleccións á Reitoría, Belén Rubio, neste escoitaremos á segunda que se presentou para optar á elección: a catedrática Carmen García Mateo. Falaremos tamén dun proxecto de inves...
SONUVigo-Episodio 11 21.10.2025 54:43
Que tal estades? Aquí comeza un novo episodio, o que inaugura a segunda tempada de SONUVigo, o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da UVigo. Neste episodio de SONUVigo falaremos das eleccións á Reitoría que se celebrarán o vindeiro mes de maio, escoitando á primeira candidata que confirmou que concorrerá ao cargo: refírome á catedrática e actual vicerreitora de Inve...
SONUVigo-Episodio 10 23.09.2025 48:17
Ola! Que tal estades logo do parón do verán e o inicio do curso? Precisamente a volta ás aulas vai ocupar parte deste 10º episodio de SONUVigo no que escoitaremos as valoracións do reitor e de varios vicerreitores e tamén as impresións, sensacións e aspiracións de algúns de vós que decidistes elixir a UVigo como a vosa universidade. Na UVigo desenvolve desde hai anos a súa actividade investigadora...
SONUVigo-Episodio 9 23.07.2025 59:04
No derradeiro episodio deste curso do podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais conversamos con reitor da UVigo, Manuel Reigosa, sobre asuntos de actualidade como a demanda da Universidade de A Coruña para implantar un grao en Medicina, as titulacións de grao que universidades ou entidades privadas pretenden implantar, as obras recentemente iniciadas para a construción do...
SONUVigo-Episodio 8 17.06.2025 52:59
Un saúdo e benvidas e benvidos ao oitavo episodio de SONUVigo, esa ventá que abrimos cada poucas semanas para asomarnos ao que ocorre na Universidade de Vigo, a través das voces das e dos seus protagonistas. Un deles é Javier Pérez Guerra , o director de iLingua, o primeiro instituto de investigación do ámbito das Humanidades da UVigo, que integra 80 expertas e expertos en lingua e lingüística, pe...
SONUVigo-Episodio 7 20.05.2025 49:50
Oooola ! Un saúdo! Estamos no mes de maio de 2025 e aquí comeza o sétimo episodio de SONUVigo. Co final do curso cada vez máis cerca, nesta nova entrega do podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo quero invitarvos a que escoitedes á directora da Unidade de Igualdade da UVigo, Yolanda Rodríguez, coa que conversaremos sobre os seus logo de chegar ao...
SONUVigo-Episodio 6 22.04.2025 53:33
Ola! Que tal estades? Benvidas e benvidos ao 6º episodio de SONUVigo, o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo. Neste episodio invitámosvos a afondar nas titulacións que a UVigo oferta ao alumnado, a ese que por vez primeira chega ás súas aulas e tamén a aquel que decide formarse nas etapas máis avanzadas da súa vida. Por que se ofrecen uns grao...
SONUVigo-Episodio 5 18.03.2025 52:24
Ola! Benvidas e benvidos! No quinto episodio de SONUVigo adentrámonos no Vigo Quantum Communication Center, o Centro de Comunicación Cuántica da UVigo. Co seu director, Marcos Curty, falaremos da actividade que desenvolven unha vintena de investigadores na procura de sistemas que garantan maior seguridade na transmisión de información. Conversaremos coa vicerreitora Maribel del Pozo sobre o I Plan...
SONUVigo-Episodio 4 18.02.2025 44:18
Ola! Que tal estades? No cuarto episodio de SONUVigo, o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, afondamos nas orixes do campus de Ourense, que superado o medio século de vida, enfronta o futuro convertido en referente nacional e internacional nalgunhas áreas de investigación, cun alumnado en crecemento e avanzando na súa especialización como Cam...
SONUVigo-Episodio 3 17.01.2025 50:13
Novo ano e novo episodio de SONUVigo, o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e RRII da Universidade de Vigo. A Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo cumpre 25 anos do cambio da súa denominación, daquela Facultade de Humanidades. Do pasado, presente e futuro deste centro falaremos con membros da súa comunidade universitaria. Tamén viaxaremos ata as Illas Açores e Roma da man do noso alumn...
SONUVigo-Episodio 2 18.12.2024 39:17
Ola! Benvidas e benvidos ao segundo episodio de SONUVigo, o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da UVigo, no que as e os protagonistas sodes todas as persoas que formades a comunidade universitaria e todas aquelas que queredes descubrir como é a nosa institución académica. Este episodio está dedicado a falar con Manuel Reigosa, o reitor da Universidade de Vigo, co q...
SONUVigo-Episodio 1 22.11.2024 36:39
Benvidas e benvidos ao primeiro episodio de SONUVigo! Estreamos o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo falando coa ex-presidenta do Tribunal Constitucional e desde hai unhas semanas trixésima doutora honoris causa da Universidade de Vigo, María Emilia Casas e co seu padriño, o catedrático Jaime Cabeza. Logo das reflexións de quen tamén foi a...
SONUVigo-Episodio 0 18.11.2024 0:53
A Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da UVigo lanza SONUVigo, o podcast da Universidade de Vigo no que a comunidade universitaria é a protagonista. Un espazo sonoro no que, a través de entrevistas, reportaxes e relatos, o alumnado, o persoal docente e investigador e o persoal técnico de adminstración e servizos descubrirache como soa a UVigo. Benvidas e benvidos! Comezamos!
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.