Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1688 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A contribución do raposo á diversidade vexetal 27.10.2010

Un estudo da USC resalta a importancia de mamíferos como a marta ou o raposo na dispersión das sementes das especies vexetais polo territorio galego.

Exemplos de custodia nas comarcas Ulloa e Deza 26.10.2010

Neste espazo retrátanse os exemplos de custodia do territorio que están a desenvolverse nas comarcas da Ulloa e do Deza. Un total de 9 proxectos que poñen ne práctica a teoría da custodia territorial.

Guía sobre a Custodia do territorio 25.10.2010

As fundacións das comarcas da Ulloa e o Deza publican a primeira guía galega sobre Custodia do Territorio. Neste espazo respostamos ás preguntas básicas sobre esta figura de xestión dun territorio.

Boletin informativo ambiental 22/10/10 22.10.2010

Damos unha volta polo actualidade informativa desta última semana sobre o medio ambiente galego.

Flora (tomentelo) e Fauna (ra común I) 21.10.2010

Achegámosche outro episodio sobre a flora e fauna galega, dirixida por Marga Miguens e Pepe Salvadores.

O Plan de Ordenación Litoral, segundo ADEGA. 20.10.2010

O documento que vai pór orde no litoral está en exposicións pública. Os contidos do POL non acaba de convencer a algúns colectivos que o cualifican de impreciso, arbitrario e á carta das industrias.

Acción social fronte a desprotección territorial 19.10.2010

ADEGA e a plataforma Máis talento, menos cemento animan á acción social contra a ocupación territorial e, sobre todo, litoral polo urbanismo incontrolado.

Situación xurídica do urbanismo en Galiza 18.10.2010

O profesor de dereito admininstrativa e experto en lexislación urbanística, Fernando de Abel Vilela, explica neste espazo as eivas xurídicas ás que se enfronta actualmente o desenvolvemento urbanístico no país.

Boletin informativo ambiental 15/10/10 15.10.2010

Novo repaso en Cerna da actulidade semanal referida ao medio natural.

ALCOA e as precaucións contra a catástrofe 14.10.2010

Tras facer unha analoxía entre a situación da balsa e dos lodos vermellos de ALCOA e a factoría de alumunio húngara, neste espazo abordamos as propostas de prevención ou de nulidade do posible risco que ofrece a planta galega.

ALCOA e os riscos dos lodos vermellos 13.10.2010

O vertido de lamas vermellas procedente dunha fábrica de aluminio en Hungría que podería afectar a varios países de Europa a través do río Danubio, crea unha cuestión debate sobre as medidas de seguridade que ofrece a factoría de ALCOA en San Cibrao. Podería pasar aquí o mesmo que aconteceu en Hungría? Neste espazo revelamos a resposta.

Algas para a rexeneración de solos 11.10.2010

O concello de Poio vén de impulsar un proxecto piloto para utilizar como recurso ás algas recollidas polas mariscadoras na ría de Pontevedra a través dun proceso de compostaxe acelerada. Neste espazo afondamos no experimento.

Boletin informativo ambiental 08/10/10 08.10.2010

Este programa Cerna resume a actualidade informativa da semana en materia medioambiental.

Tese sobre a implantación da enerxía eólica en Galiza (II) 07.10.2010

Completando o espazo anterior, este programa destaca as conclusións da tese de Rosa María Regueiro en canto ao impacto ambiental dos parques eólicos en Galiza.

Tese sobre a implantación da enerxía eólica en Galiza (I) 06.10.2010

A tese de Rosa María Regueiro vén de ser cualificada cum laude pola Universidade da USC.É un dos primeiros estudos que se realizan en Galiza sobre o sector eólico e a súa implantación no país. No programa de hoxe e mañá coñeceremos as súas interesantes conclusións.

"Onde di río Guadiana debe dicir río Umia..." 06.10.2010

O título deste programa reproduce unha das emendas presentadas polo goberno galego de Fraga ao Estudo de Impacto ambiental do proxecto para a construción do encoro do Umia a finais dos anos 90. Este documento converteuse no emblema da falta de rigorosidade daquela Xunta para avaliar os EIA. Así comezaba a historia do encoro de Caldas.

A solución á contaminación do encoro do Umia 04.10.2010

Cal é a solución á microcistis que afecta ao encoro do Umia, ano tras ano, e que pon en perigo a saúde do río e das persoas que se abastecen da auga potable río abaixo da presa? Neste espazo atoparás a resposta e o porqué.

Boletin informativo ambiental 01/10/10 01.10.2010

Repaso nas noticias ambientais da semana en Galiza.

O "rescate" de Reganosa 30.09.2010

A retirada súpeta dos accionistas con maior capital de Reganosa pon en dúbida o carácter estratéxico da planta e a viabilidade económica e ambiental futura da mesma. Ante esta situación, a Xunta sae ao seu rescate co investimento de fondos públicos.

"Wolf, wild life and farmers" nas montañas de Lugo 28.09.2010

Así se chama un dos proxectos que intenta compatibilizar a presenza do lobo coa actividade gandeira nun mesmo territorio. En Galiza participan del os Grupos de Desenvolvemento Rural de Ancares-Courel e de Montes e Vales (Fonsagrada).

"Máis talento, menos cemento" en Barreiros. 27.09.2010

É unha plataforma de veciños e veciñas de Barreiros que nace para denunciar o caos urbanístico que sufre a costa de Lugo e crear o debate sobre outras formas de desenvolvemento social e económico do litoral, non baseadas na especulación, nin na ocupación irracional do territorio. O primeiro dos seus actos públicos congregou a unhas 500 persoas en San Miguel de Reinante.

Boletín informativo ambiental semanal 24-09-10 24.09.2010

Repasamos as novas ambientais desta última semana que teñen que ver co edio ambiental e natural.

Flora (caléndula) e o Espazo das mil músicas (Noitarega) 23.09.2010

Presentamos unha nova sección sobre flora autóctona de Galiza, acompañada do espazo dedicado aos autores musicais galegos.

Proxecto Ríos. Campaña de outono. 22.09.2010

Proxecto ríos é un programa de voluntariado ambiental que traballa na inspección e coidado dos ríos galego a través de grupos ou persoas interesadas en colaborar nesta tarefa de forma altruísta. Neste espazo dase conta das actividades que o Proxecto Ríos ten preparadas para outono.

O Courel, no punto de mira de Europa. 21.09.2010

SOS Courel consegue chegar as súas queixas sobre a situación de degradación da Serra Courelá á Comisión de Peticións do Parlamento europeo.

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.