Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1688 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Hidroeléctricas e piscifactorías a xuizo. Denuncia Ríos con Vida. 20.09.2010

A sobreexplotación dos ríos e caudais galegos está a chegar aos tribunais. Ríos con Vida iniciou unha xeira de denuncias ante a fiscalía dos supostos responsábeis de manter treitos de río secos.

Boletin informativo ambiental17/09/10 17.09.2010

Resumo das novas ambientais da semana acontecidas en Galiza.

Flora (borraxa) e o espazo das mil músicas (Andrea Staier) 16.09.2010

Descubre unha especie vexetal máis da nosa flora e mergúllate na música da man de Andrea Staier.

A incineración..., en cifras. 15.09.2010

Non é novo o rexeitamento do movemento ecoloxista á incineración de residuos, mesmo tampouco é a opción máis recomendada pola UE. Coñecemos os seus efectos ambientais, pero... sabemos algo das consecuencias económicas da incineración? Greenpeace presenta nun dos seus estudos a incineración en cifras.

O despropósito das autoestradas 14.09.2010

Organizacións ecoloxistas poñen en tea de xuizo a necesidade de tal cantidade de autoestradas proxectadas e que están en execución en Galiza e no resto do Estado. Para iso baséanse nos criterio da Unión Europea e nos impactos que estas crean nos espazos protexidos.

Monte Pindo, parque natural? 13.09.2010

Uns 30 profesores de universidade, investigadores e colectivos ecoloxistas como ADEGA e a SGHN, veñen de propoñer a declaración do Monte Pindo como Parque Natural.

Boletin informativo ambiental10/09/10 10.09.2010

Todos os venres, Radio Cerna fai un repaso da actualidade da semana no eido ambiental e patrimonial. Coñece cal é o estado do noso contorno en dez minutos.

Flora (artemisa) e o Espazo das mil músicas (Pergolesi) 09.09.2010

Alén de describir unha planta autóctona máis da nosa terra, presentamos en ivoox outra sección dentro do programa Cerna, trátase do Espazo das mil músicas dirixido por Fernán Mourenza, no que se apela ao deleite dos ouvidos.

08setembro2010: Flora (xabroneira) e Patrimonio (infancia) 08.09.2010

A sección de Flora de Marga Miguens describe desta volta as cualidades da xabroneira, e na sección de Patrimonio, o noso colaborador Fernán Mourenza suxire as lembranzas da infancia como parte de nós mesmos.

07setembro2010: Quen contamina, cobra? (Política Agraria Común) 07.09.2010

Os colectivos ecoloxistas do Estado demostran que as axudas da PAC benefician aos agricultores que máis contaminan, sobre aqueles con manexos máis sustentábeis.

06setembro2010: Destrución a toda costa...En Galiza. 06.09.2010

Neste espazo, Cerna presenta os contidos do apartado do litoral galego no informe "Destrucción a toda costa" de Greenpeace.

02setembro2010: Flora (malva) e o Espazo das mil músicas (Sade) 06.09.2010

No espazo de flora atoparás unha nova sección de coñcemento sobre as plantas que habitan no país galego. No espazo das mil músicas comandado por Fernán Mourenza, descríbense pezas musicais inspiradas na natureza.

01 setembro de 2010: Fauna (reiseñor) e Flora (alfabaca). 03.09.2010

Fauna e flora son dúas das seccións que acompañan o espazo Cerna. Con eles coñecerás algo máis a biodiversidade do país galego.

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.