Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1688 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Lexislación ambiental (Ecoembes vs Lousame) 02.12.2010

A profesora de dereito ambiental da USC, Alba Nogueira, esclarece a quen lle daría a razón a lei, no conflito Ecoembes-planta de Lousame.

Ampliación da Rede Natura galega. Entrevista co Director Xeral de Conservación. 01.12.2010

Ante o anuncio da Consellaría de Medio Rural do inicio dos trámites para acadar a ampliación da Rede Natura en Galiza, quixemos coñecer de primeira man os plans da Dirección Xeral encargada do cometido, a de Conservación da Natureza.

Bosque Ameazado 2010: o Souto de Santa Eufemia (Courel) 30.11.2010

Bosques Sen Fronteiras vén de fallar os premios Árbore e Bosque do Ano 2010. Dúas das categorías destes galardóns viñeron parar a Galiza: o de Bosque Ameazado e o de Árbore Xigante (polo eucalipto de Chavín). Dúas perspectivas sobre a conservación.

Elnosa, á cabeza por contaminación por mercurio 29.11.2010

Ecoloxistas en Acción do Estado fan público un estudo no que a industria electroquímica de ENCE en Pontevedra (ELNOSA) está a cabeza das fábricas de cloro do Estado que máis contaminan o aire e o solo con mercurio. Os datos da organización ecoloxista stúan esta contaminación en 7 veces máis que os niveis permitidos pola OMS.

Boletin informativo ambiental 26/11/10 26.11.2010

As últimas novas sobre Rede Natura, proxectos hidroeléctricos, residuos e concurso eólico, entre outras, de Galiza.

Flora (loureiro) e Fauna (barbantesa 2) 25.11.2010

O loureiro e a barbantesa son a planta e o bicho que protagonizan este espazo de audio.

Flora (valeriana) e Fauna (Barbantesa 1) 24.11.2010

Novo capítulo de flora e fauna de Galiza en Radio Cerna.

A planta de compostaxe de Lousame e Ecoembes. Fraude ou mala intención? 23.11.2010

A planta de compostaxe do Barbanza atópase nunha situación ameazada, polas débedas que manteñen algún concellos da Mancomunidade con ela e polo traspé con Ecoembes, que vai deixar de pagar o 70% do plástico tipo film que recolle a planta. Mentres non se astisva a intervención da Xunta.

Compostaxe na comarca de Ferrol 22.11.2010

A Mancomunidade de concellos da comarca do Ferrol foi a última en sumarse ao programa de compostaxe caseira e comunitaria de ADEGA. Neste espazo abórdanse os detalles do proxecto que se desenvolverá na zona nos vindeiros 7 meses.

Boletin informativo ambiental 19/11/10 19.11.2010

Esta semana hai novidades en políticas de conservación, reseñas sobre algúns concellos que se suman á compostaxe e outros asuntos que teñen que ver coa actualidade ambiental galega.

Flora (celidonia) e Patrimonio (Os Irmandiños). 18.11.2010

A herba das verrugas, como se coñece vulgarmente, é descrita pola nosa colaboradora Marga Miguens. Pola súa parte, Fernán Mourenza achéganos a un dos episodios máis relevantes da nosa historia.

Flora (anís) e o Espazo das mil músicas (Franz Shubert) 17.11.2010

Presentamos neste espazo Cerna dous novos capítulos sobre a nosa sección de Flora e de música. Disfrútaos!

Situación ambiental de Galiza. Fco. Díaz-Fierros (II Parte). 16.11.2010

Hoxe copletamos a análise da situación ambiental de Galiza polo Catedrático en Edafoloxía pola USC e vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Francisco Díaz-Fierros.

A situación ambiental de Galiza. Fco. Díaz-Fierros (I parte) 15.11.2010

O catedrático en Edafoloxía pola USC e vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Francisco Díaz-Fierros analiza a situación ambiental de Galiza nunha entrevista concedida para Cerna. Este espazo recolle a primeira parte da entrevista.

Boletin informativo ambiental 12/11/10 12.11.2010

En 10 minutos resumimos a actualidade ambiental dos últimos días. Mantente informado/a!

Lexislación ambiental (Lei do Patrimonio Cultural de Galiza). 11.11.2010

Ofrecemos unha nova sección sobre as normativas legais que rexen a xestión do noso patrimonio natural e cultural. Neste espazo centrámonos na lei que regulamenta a xestión do patrimonio cultural galego.

Fauna (ra común 2) e Patrimonio (As Cunetas). 10.11.2010

Neste espazo, Pepe Salvadores, o colaborador faunístico de Cerna, xunto con Fernán Mourenza, comentan aspectos do noso patrimonio natural e cultural.

A herba da Pampa na Comarca de Pontevedra 09.11.2010

a "herba da Pampa" ou plumeiro é unha planta invasora cuxa semente prolifera moi rápido e en abundancia. A asociación de desenvolvemento rural da Comarca de Pontevedra realiza unha campaña a favor da súa eliminación do noso territorio.

O galego, o noso medio natural + roteiros pola Lingua 08.11.2010

O ecolingüismo amosa a relación intrínseca entre as linguas e o contorno no que se desenvolven, e así se pon de manifesto nas dúas campañas das que falamos neste espazo e que se están a realizar na actualidade a prol da lingua e do medio galego.

Boletin informativo ambiental 05/11/10 05.11.2010

Un venres máis repasamos a actualidade ambiental de Galiza.

Os científicos súmanse á defensa do Corel 04.11.2010

Un cento de científicos pertencentes ás ciencias naturais asinan un manifesto de apoio á denuncia de SOS Courel diante da Comisión Europea.

Entrevista a Monica Frassoni (PVE). 2ª Parte. 03.11.2010

A europarlamentaria e presidenta do Partido Verde Europeo, Monica Frassoni, fala para Radio Cerna e completa a entrevista que iniciamos con ela no capítulo anterior.

Entrevista a Monica Frassoni (PVE). 1ª Parte. 02.11.2010

A copresidenta do Partido Verde Europeo, Monica Frassoni, fala para Cerna de como se tratan na Eurocámara as cuestións ambientais. Este espazo é unha primeira parte da entrevista que se seguirá desenvolvendo no próximo programa.

Boletin informativo ambiental 29/10/10 29.10.2010

As noticias sobre o contorno natural de Galiza da última semana están resumidas neste espazo CERNA chamado "boletín informativo ambiental".

Terminoloxía: os ferreiros 28.10.2010

Neste programa recuperamos a sección de terminoloxía de CERNA na que o filólogo Isaac Alonso Estraviz nos define os significados das verbas do noso idioma. No presente programa falamos de termos relativos aos ferreiros e ao seu oficio.

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.