Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1688 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Boletín informativo ambiental 14/01/11 14.01.2011

Espazo no que Radio Cerna fai un repaso das novas relativas ao medio ambiente galego máis sobresaíntes da semana.

ADEGA, sobre os novos planos hidrolóxicos de Galiza (II) 13.01.2011

Retomamos e completamos a entrevista de onte coa presidenta de ADEGA, Virxinia Rodríguez, sobre a valoración dos novos planos hidrolóxicos das bacías galegas.

ADEGA, sobre os novos planos hidrolóxicos de Galiza (I) 12.01.2011

ADEGA presenta neste espazo as súas demandas ao respecto dos planos hidrolóxicos que van regular as bacías fluviais nos vindeiros 5 anos.

O futuro dos ríos galegos de compentencia autonómica. 11.01.2011

Se onte versabamos do futuro dos ríos galegos de competencia estatal co presidente da CH Miño-Sil, hoxe falamos co presidente de Augas de Galicia, máximo responsable na xestión da bacía Galicia-Costa, sobre o novo plano hidrolóxico para esta cunca hidrográfica. Tamén neste eido se abre de novo a manga ás empresas hidroeléctricas?

A planificación do Miño, Sil e Limia para o 2015 10.01.2011

Neste espazo ofrecemos unha entrevista co actual presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil sobre o novo planeamento hidrolóxico que regulará esta bacía nos vindeiros anos. Nesta planificación tamén se regula o futuro dos aproveitamentos hidroeléctricos.

Boletín informativo ambiental 07/01/11 07.01.2011

Facemos entrega do primeiro boletín informativo do ano 2011 co resumo das novas ambientais que tiveron lugar durante a última semana no país.

Flora (rañacú) e Patrimonio (a matanza) 05.01.2011

Achegamos na víspera de Reis unha sección máis de flora, na que Marga Miguens falaranos dunha planta moi típica destas festas, o rañacú. A continuación, Fernán Mourenza fai homenaxe á tradicional matanza galega, na súa sección de Patrimonio.

Boletín informativo ambiental 31/12/10 31.12.2010

É o último boletín informativo ambiental de CERNA neste ano 2010. Nel atoparás as novas medioambientais relativas a esta semana final de ano, crucial para certos aspectos da política territorial.

Repaso ao 2010, ano de opacidade sobre os espazos protexidos e os ríos. 30.12.2010

Completamos o programa anterior no que se facía un repaso aos acontecementos e cuestións do eido ambiental galego máis relevantes deste ano 2010. Desta volta, abordamos como foron tratados os espazos protexidos e os ríos galegos, no Ano Internacional da Biodiversidade.

Repaso ao 2010, ano da intervención no territorio 29.12.2010

A través deste programa facemos un repaso a varios capítulo da historia ambiental de Galiza durante este ano 2010 e que tivemos ocasión de ofrecer a través do programa Radio Cerna. Este espazo e o vindeiro son un resumo do que o 2010 supuxo para a realidade ambiental galega.

A liberación da Fervenza do Ézaro, no río Xallas 28.12.2010

Trátase do primeiro erro recoñecido por Augas de Galiza na súa historia. Ante un requirimento da fiscalía de medio ambiente, en virtude dunha denuncia de Riós con Vida, Augas de Galiza recoñece que o permiso outorgado a Ferroatlántica para secuestrar a única fervenza en Europa que desemboca no mar foi un acto irregular e insta a realizar unha nova Declaración de Impacto ambiental.

Contaminación atmosférica por óxidos de nitróxeno nas cidades galegas 27.12.2010

Un recente informe elaborado polo experto en contaminación atmosférica, Ramón Varela, revela que todas as cidades galegas excederon os límites de contaminación por óxidos de nitróxeno no ano 2010. As fontes dos datos son oficiais.

Boletin informativo ambiental 24/12/10 24.12.2010

Neste espazo facemos o repaso das novas ambientais máis relevantes desta semana de Nadal.

Por un Nadal máis ecolóxico 23.12.2010

O Nadal é a festividade máis consumista de todo o ano, pero podemos celebralo de forma ecolóxica, levando a práctica os consellos que ADEGA nos apunta neste espazo Cerna.

Os riscos de querer ocultar a noite 22.12.2010

A contaminación lumínica pon en risco a nosa saúde e ao desenvolvemento normal e lóxico dos ecosistemas. Pero a pesar de que as medidas para correxila son moi sinxelas, existen pouca vontade desde as institucións para atender a este problema.

Cumio de Cancún, desde a óptica galega 21.12.2010

As decisións globais derivan en accións locais, por iso queremos coñecer a través deste espazo como se poden aplicar os acordos de Cancún á realidade galega. Adelga Figueroa, vogal de cambio climático en ADEGA, axúdanos nesta tarefa.

Cumio de Cancún: houbo ou non houbo avances? 20.12.2010

Considerado o preliminar da reunión máis decisiva do mundo na loita contra o cambio climático, o cumio de Cancún non deixou un sabor tan amargo como Copenhague pero tampouco conseguiu un acordo vinculante para a redución de emisións. O movemento ecoloxista estatal ofrécenos a súa opinión ao respecto neste espazo Cerna.

Boletin informativo ambiental 17/12/10 17.12.2010

Na actualidade informativa desta semana destacan as novas relativas á situación irregular dalgúns aproveitamentos hidroeléctricos, como da Fervenza do Xallas, a exposición pública dos planos hidrolóxicos de Galiza e do Estado, así como novas sentenzas no caso Barreiros.

Premio Trueiro para Proxecto Ríos. Pesca e Ecoloxía por un mesmo obxectivo. 16.12.2010

ADEGA foi premiada polo Proxecto Ríos de voluntariado ambiental, co galardón "liña tensa 2010" polo Xornal galego de pesca Trueiro.

Concurso eólico: "lixo por vento" 15.12.2010

A resolución do novo concurso eólico galego deu sorpresas. Non tanto polas empresas concesionarias, senón polos proxectos asociados aos proxectos eólicos, como a construción dunha planta de tratamento de residuos no sur de Galiza. A mesma que anunciou estes meses a Xunta?

Ampliación do aeroporto de Alvedro na Fiscalía. 14.12.2010

A denuncia de ADEGA, a Asociación de Veciños O noso Burgo e a Confraría de Pescadores da Coruña sobre a ampliación de 400 metros da pista de aterraxe de Alvedro foi admitida a trámite pola Fiscalía. Os motivos coñecémolos neste espazo.

9 anos de Educación Ambiental en Compostela 13.12.2010

Santiago de Compostela é un dos concellos con maior traxectoria no impulso de proxectos de Educación ambiental. Con este ano xa son 9 nos que leva a cabo o programa de EA de ADEGA nos centros educativos de todo o concello.

Terminoloxía: os carpinteiros 2 10.12.2010

Coñece mellor a nosa lingua coa axuda do filólogo Isaac Alonso Estraviz. Este capítulo completa o anterior sobre o oficio do carpinteiro.

O territorio, a nosa identidade 07.12.2010

A campaña polo territorio de ADEGA vai ser o eixo central da súa actividade no vindeiro ano 2011. Así o explicaba na súa XXXV Asemblea Xeral, na Coruña.

Boletin informativo ambiental 03/12/10 03.12.2010

Repaso das noticias medioambientais desta semana acontecidas local e globalmente.

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.