Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
ADEGA ante o novo Plano Hidroeléctrico de Galiza 28.02.2011 10:07
ADEGA presenta alegacións ao documento de planificación dos ríos galegos, competencia da Xunta, para os vindeiros anos.
Boletin informativo ambiental 25/02/11 25.02.2011 10:08
Escoita o boletín que fai un repaso polas noticias ambientais máis sobresaíntes da semana.
Lexislación ambiental: a lei que pasou "desapercibida" 24.02.2011 10:08
A lei sobre libre acceso ás actividades de servizos flexibiliza o control administrativo no outorgamento de autorizacións para actividades, non só de servizos, senón tamén para determinadas industrias. Este nova normativa podería influír seriamente no control de prexuízos ambientais.
Toxicidade mariña procedente doutros lares 23.02.2011 10:07
Desde a USC estase a estudar que riscos existen para a saúde humana a presenza de toxinas mariñas propias de mares máis cálidos dentro das augas galegas. Coordina o proxecto Amparo alfonso Rancaño.
"Nós somos paisaxe" da Escola galega da paisaxe. 22.02.2011 10:08
A Escola galega da Paisaxe vén de editar o libro "Nós somos a paisaxe" dirixido a escolares e que intenta concienciar ao alumnado da importancia de conservar e protexer aquel lugar no que vivimos.
O escándalo de Barreiros 21.02.2011 10:07
As organizacións ecoloxistas de Galiza presentan alegacións ao Plano Sectorial de Barreiros polo que se pretende dotar de servizos básicos de saneamento, abastecemento de auga e rede viaria ás urbanizacións encausadas actualmente nos xuzgados.
Boletin informativo ambiental 18/02/10 18.02.2011 10:08
Escoita dez minutos da información ambiental galega máis actual.
Fauna (caracol Quimper) e Contos (os nomes dos animais). 17.02.2011 10:07
O caracol de Quimper, unha especie en perigo de extinción, foi atopada por ADEGA na Ulloa, alí onde a organización ecoloxista ten o seu centro de recuperación dos sabreres populares, a Eira da Xoana. Alí tamén é lugar de contos como o conto de Xosé Miranda que abre esta sección dedicada aos contos.
Riscos naturais en Galiza: gobernanza e responsabilidade. 16.02.2011 10:07
Que culpa teñen as persoas das ameazas ou perigos naturais? Poden evitalos? Urbano Fra Paleo, autor de o libro "Riscos naturais en Galicia" sacaranos de dúbidas neste espazo.
Riscos naturais en Galiza: un territorio menos apacible do que aparenta. 15.02.2011 10:01
O profesor da USC e xeógrafo Urbano Fra Paleo vén de publicar un libro no que coordinou 21 estudos diferentes sobre riscos naturais en Galiza. A conclusión desta publicación é que non estamos libres de perigo e, por outra banda, que tampouco estamos a tomar medidas para evitalos.
Iberclima: proxecto en rede para concienciar do quecemento global 14.02.2011 10:07
O Comité español da UICN, a Fundación Natureza e Home, a organización catalana Nereo e EFE Verde participan conxuntamente nun proxecto que tenta imprimir conciencia sobre o cambio climático a través de accióins diversas.
Boletin informativo ambiental 11/02/11 11.02.2011 10:07
Escoita un novo espazo de actualidade coas novas ambientais ou relacionadas co medio natural galego da última semana.
Terminoloxía: os oleiros 10.02.2011 10:08
Seguindo coa sección de terminoloxía sobre oficios tradicionais, neste espazo abordamos os termos relativos aos oleiros e á olaría.
A incidencia dos biocombustibles nos países do Sur (2ª parte). 09.02.2011 10:01
Este espazo é a continuación da entrevista mantida no program Cerna de onte con Alberto Guijarro, de Enxeñeiros Sen Fronteiras, sobre un estudo que analiza a influencia dos biocombustibles no eidos social, ambiental e económico dos paises do Sur.
A incidencia dos biocombustibles nos países do Sur (1ª parte). 08.02.2011 10:08
Os biocombustibles xa levan algún tempo instaurados na economía do Sur e é hora de facer análise da súa incidencia. Enxeñeiros Sen Fronteiras vén de publicar un estudo no que se analiza a casuística de Perú, Nicaragua e Tanzania.
O gas que quece o planeta serve para arrefriar... 07.02.2011 10:08
Efectivamente, o gas contaminante máis abundante no planeta, o CO2, pode servir como elemento refrixerante, polo que se pode extraer da atmosfera para darlle unha nova utilidade. unha enxeñeira ferrolá deseñou un sistema de refrixeracion inspirado nesta idea.
Boletin informativo ambiental 04/02/11 04.02.2011 10:01
Neste espazo facemos repaso das novas ambientais máis actuais acontecidas en Galiza.
Flora (menta) e o Espazo das mil músicas (Paco Ibáñez) 03.02.2011 10:01
Dedicamos un espazo á relaxación cunha boa taza de menta e música de Paco Ibáñez. Desfrutádeo!
ATTAC chega a Galiza 02.02.2011 10:08
ATTAC é un movemento que nace hai 10 anos e que chama á reflexión sobre a política e a economía mundial e á súa incidencia nas nosas vidas e no noso benestar. Chega a Galiza para presentar o seu proxecto e analizar a situación económica e social desde un punto de vista local.
O impacto do Grupo Coren na Serra do Xistral 01.02.2011 10:01
O Grupo Coren solicita á Xunta a aprobación dun proxecto de explotación macrogandeira na Serra do Xistral que podería afectar gravemente ao espazo de Rede Natura e contaminar a dez ríos dentro do complexo fluvial tamén protexido como LIC Ladra-Parga-Támoga. A Sociedade Galega de Historia Natural analiza o proxecto a fondo.
Novo plano de residuos, máis incineración. 31.01.2011 10:06
ADEGA amosa a súa postura con respecto ao novo plano de residuos de Galicia recentemente aprobado polo goberno galego. Unha planificación que ao xuízo da organización ecoloxista galega é un retroceso na política de residuos e unha contradición co que estipula o mandado europeo.
Flora (tanaceto) e o Espazo das mil músicas (Negra sombra "coral"). 20.01.2011 10:07
Facemos entrega dun novo espazo de seccións de flora e de música no que falamos do tanaceto e da interpretación coral da Negra Sombra.
O declive da Educación Ambiental en Galiza. 19.01.2011 10:07
Tras 10 anos da constitución da Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) e da creación da Estratexia Galega para EA en Galiza, a SGEA fai diagnose da última década e da influencia da crise sobre os programas de educación da sociedade sobre as problemáticas ambientais.
"Móllate polos humedais" en Porto do Son 18.01.2011 10:08
A Fundación Biodiversidade e o Centro Español dos Humedais lanzan a campaña "Móllate polos Humedais" na que participará ADEGA.
Informe anual de Proxecto Ríos 2010 17.01.2011 10:08
Neste informe anual, ADEGA-Proxecto Ríos dá conta do resultado das inspeccións realizadas por voluntariosos nos treiros fluviais de Galiza. Tras 5 anos de vixencia, Proxecto Ríos presenta novidades.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.