Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
O moucho, Ave do Ano en Galiza 04.04.2011 10:08
A SGO (Sociedade Galega de Ornitoloxía ) e a SEO (Sociedade Española de Ornitoloxía) declararon o moucho como Ave do Ano en Galiza e no Estado. Neste programa coñeceremos os motivos e cal é a situación deste animal no noso contorno.
Boletín informativo ambiental 01/04/11 01.04.2011 10:07
Repaso informativo das novas ambientais da semana.
Flora (capuchina) e Fauna (a pouta do oso 1) 31.03.2011 10:08
Goza dunha nova sección de flora e fauna de Galiza en CERNA.
Asalto aos montes veciñais en mancomún e o papel da muller 30.03.2011 10:01
A historiadora Araceli Freire investigou sobre os aspectos sociolóxicos do primeiro asalto que se deu por parte do goberno español sobre os montes veciñais en man común, na época franquista. Nesta loita a muller cumpriu un papel fundamental.
Lexislación ambiental (Lei de Augas de Galicia). 29.03.2011 10:06
Analizamos a nova lei de augas galega desde a perspectiva do xurista coa axuda da profesora de dereito ambiental na USC, Alba Nogueira.
Vai na honra dos ríos galegos... 28.03.2011 10:08
Crónica da homenaxe que ADEGA realizou na Eira da Xoana aos ríos galegos. Centos de persoas congregáronse no Alto Ulla para verter as augas dos seus ríos pola loita permanente na súa defensa.
Boletin informativo ambiental 25/03/11 25.03.2011 10:07
Xa podes escoitar o resumo da actualidade informativa no terreo medioambiental desta semana a través deste boletín informativo de CERNA.
O movemento ecoloxista e a defensa da auga non gratuíta 24.03.2011 10:07
Tamén a través dun manifsto, os colectivos ecoloxistas galegos (ADEGA, FEG, SGHN, Amigos da Terra e Verdegaia) expresaron o seu posicionamento con respecto á auga e á súa xestión. A diferenza do sector agrario, rexeitan a gratuidade da auga e a non fiscalidade da mesma.
O sector agroforestal contra a Lei de Augas 23.03.2011 10:07
A plataforma contra a Lei de Augas, formada por colectivos agrarios, explica os motivos da súa disconformidade coa Lei de Augas e pide a súa derrogación. Entre outras cuestións, demandan a gratuidade da auga como alimento e para a produción de alimento e aseo das persoas e animais.
As plantacións de eucalipto. Unha visión común. 22.03.2011 10:07
Todas as organizacións ecoloxistas da Península Ibérica asinan un manifesto común sobre as plantacións de eucaliptos con motivo do Día mundial Forestal.
Mudanzas na política forestal galega, pero non estas... 21.03.2011 10:08
Co gallo do Día mundial Forestal, ADEGA analiza os cambios que a Xunta realizou nos últimos meses en política forestal, mais cre que as actuais mudanzas poñen en grave perigo o futuro dos montes galegos. Debe haber cambios, pero non estes...
Boletin informativo ambiental 18/03/11 18.03.2011 10:08
Neste espazo Cerna fai un repaso á actualidade ambiental da última semana.
Novas medidas de control do xabalí (Xunta) 17.03.2011 10:07
Neste espazo, o subdirector xeral de recursos cinexéticos e piscícolas da Consellaría de Medio Rural, Emilio Rosa, explica os motivos do endurecemento das medidas de control do xabalí e xustifica a intensificación das batidas.
Novas medidas de control do xabalí (ADEGA) 16.03.2011 10:07
O goberno galego vén de impulsar novas medidas de control do xabalí co propósito de minimizar os ataques destes sobre os cultivos agrícolas. Porén, desde ADEGA critícanse as medidas adoptadas por ser contrarias a unha politica de conservación e por xerar riscos para as persoas e as especies salvaxes.
Impactos ambientais das pizarreiras galegas 15.03.2011 10:01
Unha tese doutoral analiza o impacto ambiental das canteiras de pizarra galegas, converténdose no primeiro estudo que se realiza ao respecto. As súas conclusións abogan por un cambio radical nas formas de explotación e, sobre todo, na xestión das escombreiras.
Por unha política "seria" da enerxía 14.03.2011 10:08
ADEGA opina sobre as novas medidas de aforro enerxético impulsadas polo goberno estatal e insta ás administracións públicas a predicar co exemplo.
Boletin informativo ambiental 11/03/11 11.03.2011 10:07
Repaso das novas ambientais máis destacadas da semana.
Morcegos ameazados no río Oitavén 10.03.2011 5:58
A Asemblea do Suído chama a atención das administracións para que protexan unha colonia de morcegos instalados nunhas infraestruturas do río Oitavén, que están ameazados pola execución de dous saltos hidroeléctricos. Demandan a declaración do sistema fluvial Verdugo-Oitavén como zona de Rede Natura.
A protección dos morcegos no seu Ano Internacional 09.03.2011 10:01
Os morcegos son os mamíferos máis descoñecidos pola sociedade galega, aínda que están presentes no noso contorno. No seu Ano Internacional, a organización Drosera demanda máis atención das administracións e das sociedades para os morcegos.
Non á caza con chumbo nos humidais 09.03.2011 10:01
O "Defensor del Pueblo" dalle a razón á SGHN sobre a prohibición do uso de calquera tipo de munición con chumbo nos humidais galegos.
A recuperación do sapoconcho en Corrubedo 07.03.2011 10:07
Un equipo de investigación da Universidade de Vigo desenvolve con éxito un proxecto de recuperación da tartaruga na lagoa de Olveira do Parque Natural de Corrubedo. O proxecto intenta ser o referente para experiencias similares noutros lugares do país.
Boletin informativo ambiental 04/03/11 04.03.2011 10:08
Repaso da actualidade informativa ambiental da última semana.
Flora (regaliz) e Fauna (avelaiona) 03.03.2011 10:07
Achegamos un novo episodio da flora e fauna de Galiza.
O percorrido do aceite usado 02.03.2011 10:08
Neste programa seguimos o percorrido do aceite usado unha vez depositado no punto limpo ou no punto de recollida autorizado.
A nosa xestión do aceite usado 01.03.2011 10:00
Que danos ambientais pode producir? Que facer con el? Como gardalo? A onde levalo? Para que pode servir? A vogal de consumo de ADEGA responde a todas estas preguntas.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.