Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1688 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Os camiños que nos explican 11.05.2011

Os camiños tradicionais explican a nosa traxectoria histórica como galegos e as nosas particularidades culturais, pero non están a ser preservados como merecen. Escoita ao experto sobre patrimonio camiñeiro, Ricardo Polín.

Paisaxe e nación. A creación discursiva do Territorio 10.05.2011

A profesora e doutora en Literatura galega, María López Sández, participou nas Xornadas "Cultura e Territorio" de ADEGA nas que amosou o traballo dos escritores galegos, comezando polo labor de Rosalía de Castro, na construción dunha concepción social positiva da paisaxe galega.

A tradición oral na configuración do territorio 09.05.2011

Na xornadas "Cultura e Territorio" organizadas por ADEGA tratouse a importancia da tradición oral na configuración do territorio. Escoita cal é.

Boletín informativo ambiental 06/05/11 06.05.2011

Escoita cales foron as novas máis relevantes desta semana no eido ambiental e cultural do país.

Traslado de Ence-Elnosa: "En Bora e Marcón, Ence non" 05.05.2011

É o lema que dá nome a plataforma de veciños e comunidades de montes de Bora e Marcón que se opoñen á potencial ubicación do complexo Ence-Elnosa nas parroquias con ese nome despois de 2018. Neste espazo escoitaremos a súa voceira.

A renovación da autorización ambiental de Ence-Elnosa 04.05.2011

Este ano caduca a autorización ambiental das industrias de Ence e de Elnosa en Lourizán (Pontevedra), que se podería resolver mediante o silencio administrativo, segundo a empresa. Pola contra, desde a Asociación para a Defensa da Ría (APDR) avogan por iniciar o procedemento de autorización por responder a actual a unha serie de irregularidades.

O rexurdir do debate sobre a enerxía nuclear 03.05.2011

Cúmprense 25 anos do desastre nuclear de Chernobil coincidindo co rexurdimento do debate internacional sobre a enerxía nuclear por mor dos acontecementos actuais en Fukushima. A pesares de ter pasado este tempo, o debate segue a ser o mesmo.

A tala do Bosque Animado 02.05.2011

ADEGA vén de denunciar a tala indiscriminada da fraga de Cecebre, tamén coñecida como "Bosque Animado" por ser no que se inspirou o escritor e xornalista Wenceslao Fernández Flórez para escribir a obra que leva ese nome. Esta fraga carece de protección.

Boletin informativo ambiental 29/04/11 29.04.2011

A actualidade desta semana foi especialmente intensa na resolución de sentenzas xudiciais no eido urbanístico e ambiental. Neste espazo descubrirás cales foron.

Flora (ourego) e Fauna (piquelo) 28.04.2011

Escoita un novo capítulo de flora e fauna de Galiza en Radio Cerna.

O proxecto pioneiro da comunidade de montes de Dadín 27.04.2011

É a primeira comunidade de montes en man común de Galiza que inviste en enerxía solar térmica domiciliaria. Neste programa, Edita Payo, a súa presidenta, cóntanos a experiencia e que outros proxectos de futuro queren promover con enerxías renovables.

Enerxía solar no medio rural 26.04.2011

A empresa Gaélica Solar descubre as vantaxes de aplicar a enerxía solar no uso diario da vida rural, en calquera das súas formas, e pon como exemplo o da comunidade de montes de Dadín (O Irixo).

Coordinadora Galega pola Paz (en Libia) 26.04.2011

No programa de hoxe, a Coordinadora Galega pola Paz fala da "hipocresía" e as "mentiras" da guerra de Libia.

Manifesto "Ponte no medio. Móvete polo territorio" 20.04.2011

22 persoas das artes, das ciencias e das letras de Galiza len o manifesto "Ponte no medio. Móvete polo territorio" co que se lanza a campaña de ADEGA en defensa do territorio. Trátase de escritores, xornalistas, catedráticos, arquitectos, ecólogos, académicos, músicos, cineastas, actores, xuristas, etc. Eles son: Xurxo Souto, Adela Figueroa, Margarita Ledo, Xosé Alfredo Pereira, Fernando de Abel V...

Lanzamento da campaña "Ponte no medio. Móvete polo territorio" 19.04.2011

O programa Cerna de hoxe e de mañá estarán dedicados á presentación da campaña en defensa do territorio de ADEGA, "Ponte no medio. Móvete polo territorio". O acto tivo lugar o pasado 16 de abril no Auditorio de Galicia de Compostela. Estivo acompañado polas actuacións musicais de MaM e Wöyza.

A Xunta, sobre as gaiolas de salmón 18.04.2011

A semana pasada escoitabamos no programa Cerna as voces dos mariñeiros, armadores e técnicos que se opoñen á instalación de gaiolas de cultivo de salmón na Ría de Muros e Noia polos impactos ambientais e socioeconómicos do proxecto. Porén, a Xunta ten unha perspectiva moi diferente sobre o proxecto. Neste programa escoitamos a versión oficial a través do Director Xeral de Innovación tecnolóxica da...

Boletin informativo ambiental 15/04/11 15.04.2011

Se queres coñecer as novas desta semana relacionadas co medio natural, este é o programa. Escoita o máis relevante do acontecido nos últimos días no eido ambiental en Galiza.

Flora (tártago) e Fauna (bolboreta lumieira). 15.04.2011

Una nova sección de flora e fauna en Radio CERNA, para coñecer a planta do tártago e a bolboreta lumieira. Seguro que xa os tes visto.

Os prexuízos do cultivo do salmón nas rías galegas 13.04.2011

Un dos autores do informe de impacto das gaiolas de cultivo de salmón, solicitado polas confrarías da ría de Muros e Noia para rebater diante da Consellaría do Mar, explica en Radio Cerna cales son os prexuízos negativos demostrados neste tipo de cultivo acuícola.

O conflito das gaiolas de salmón na Ría de Muros e Noia 12.04.2011

A empresa norueguesa North West Food traslada o seu proxecto de cultivo intensivo de salmón en gaiolas á ría de Muros e Noia, onde está a xerar unha grande oposición por parte do sector do mar. Neste programas coñecemos as súas motivacións.

O Camiño Primitivo, candidato a Patrimonio da Humanidade 11.04.2011

A vía de peregrinación máis antiga a Santiado, o Camiño Primitivo, vén de ser declarado candidato á Patrimonio da Humanidade. O Foro do Camiño Primitivo, formado por unha ventena de organizacións defensora do patrimonio e o medio ambiente, apoian esta candidatura e instan ás administración a que actúen de xeito efectivo na protección do Camiño.

Boletin informativo ambiental 08/04/11 08.04.2011

A nivel internacional "Fukushima" e a contaminación nuclear continúa a xerar alarma, dada a extensión da radioactividade polo mar. E en Galiza, tamén o mar é lugar de conflito. As confrarías, ecoloxistas e armadores seguen mostrando a súa oposición á instalación de gaiolas de cultivo intensivo de salmón no interior da ría de Muros e Noia.

Flora (macela) e Fauna (oso 2). 07.04.2011

Nova sección sobre a flora e fauna de Galiza coa colaboración de Marga Miguens e Xosé Salvadores.

Terminoloxía (os serralleiros ou cerralleiros) 06.04.2011

O filólogo Isaac Alonso Estraviz define o significado das palabras relacionadas co oficio tradicional do cerralleiro.

Custodia fluvial dos ríos Ulla, Umia e Lérez por ADEGA 05.04.2011

ADEGA, grazas á axuda e colaboración do GDR Ulla-Umia-Lérez, do Agader e do Ministerio de MARM pon en marcha o primeiro proxecto de custodia fluvial integral de Galiza. Neste espazo coñeceremos en que consiste.

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.