Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1688 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

O meigallo de Fonte das Meigas, UXFOR de Chantada 16.06.2011

É unha das Unidades de Xestión Forestal que, próximas á súa posta en funcionamento, viron truncadas as súas expectativas tras o cambio de goberno e, por tanto, de criterios sobre a xestión conxunta do monte. A responsable desta comunidade de montes relata a experiencia, agora frustrada.

Como negociar o monte coas eólicas 15.06.2011

A Universidade de Vigo vén de lanzar unha "Guía para os propietarios dos terreos eólicos" co gallo de asesoralos na negociación coas empresas eólicas que pretenden situar os seus parques nos montes galegos.

Emprego nos montes comunais no presente 14.06.2011

A pesar de ser un recurso económico, social e ambiental moi importante en Galiza (23% do territorio galego), o monte comunal galego non está a ser suficientemente aproveitado para a creación de emprego. A investigadora Mar Pérez Fra analiza o porqué e propón medidas.

Manifestación 5-X: "Coas nosas rías non se xoga" 13.06.2011

Entre as diversas reivindicacións expresas recentemente no Día Mundial do Medio Ambiente destacamos a que tivo lugar en Muros baixo o título "Coas nosas Rías non se xoga", a favor da pesca e o marisqueo tradicional e en contra do modelo de acuicultura industial que quere impulsar a Xunta.

Boletin informativo ambiental 10/06/11 10.06.2011

Repaso das novas ambientais máis sobresaíntes da semana.

Flora (liño) e Fauna (páridos) 09.06.2011

Marga Miguens e Pepe Salvadores achegan a Cerna dúas novas especies de flora e fauna de Galiza.

A degradación da ría de Ferrol e solucións 08.06.2011

ADEGA Ferrolterra fixo un percurso ao redor da ría de Ferrol indicando os puntos negros ou contaminantes, ademais dos recheos que están a prexudicar a calidade ambiental e os recursos pesqueiros da ría de Ferrol. Mais os expertos coinciden en que estas alteracións ambientais poden ter solución se hai vontade de solucionalas.

"Por un mar sen plástico, por un mar con vida" 07.06.2011

ADEGA, a Federación galega de Surf e CEMMA conmemoran mañá o Día Mundial dos Oceános desde a praia do Ancoradoiro, en Muros, na que limparán os plásticos e asistirán a unha sesión formativa sobre o varamento e a monitorización de cetáceos.

O abandono nuclear de Alemaña 06.06.2011

Alemaña di adeus á enerxía nuclear. Angela Merkel decidiu poñer data final ao funcionamento dos 17 reactores nucleares activos para o 2022, 8 dos cales xa están parados. María García, membro de ADEGA e residente en Alemaña axudaranos a analizar este anuncio do chanceler alemá.

Boletin informativo ambiental 03/06/11 03.06.2011

Achégate á actualidade ambiental de Galiza e escoita este espazo Cerna.

Flora (lavanda ou cantoxo) e Fauna (cabalo galego) 02.06.2011

Cerna presenta unha nova edición das seccións de flora e fauna de Galiza.

Terminoloxía (o arrieiro) 01.06.2011

Cerna dedica aos arrieiros un novo capítulo da sección de terminoloxía dirixida polo filólogo Isaac Alonso Estraviz.

O monte como oportunidade sustentable fronte a crise 31.05.2011

Así se titulan as xornadas que o vindeiro sábado terán lugar en Melide, organizadas por ADEGA e a Organización galega de comunidades veciñais de montes en man común co fin de dar a coñecer experiencias sostibles que se están a xerar nos montes galegos e que sirven de referente para poder crear emprego no rural.

Campaña "Eu axuda a conservar as fragas galegas" 30.05.2011

Está impulsada por ADEGA e trata de que a sociedade galega axude a custodiar as fragas autóctonas que aínda se conservan no territorio galego e que se atopan en perigo regresión.

Boletin informativo ambiental 27/05/11 27.05.2011

Escoita as novas desta semana relativas ao medio ambiente en Galiza.

Lexislación ambiental (Nova Lei de Mobilidade de Terras) 26.05.2011

Trátase dunha modificación da lei que regula o Banco de Terras impulsada polo anterior goberno bipartito. Con estas mudanzas da normativa, en tramitación, ábrese a oferta do Bantegal a terras non agrarias e promóvese un maior intervencionismo do goberno.

A xuventude e o Cambio climático. Dobre espacio. 25.05.2011

Dobre espacio é unha asociación xuvenil galega que promove, entre outros, programas e actividades de Educación ambiental nos que se intenta implicar a xuventude con cuestións relativas ao medio ambiente e á natureza. Actualmente desenvolve un proxecto no que analiza a evolución da mudanza climática desde diferentes perspectivas.

Limpeza da Muralla de Lugo en época de nidificación 24.05.2011

Preto de 20 colectivos lucenses reclaman a paralización dos labores de limpeza de maleza da Muralla de Lugo nesta época na que están a aniñar varias aves nas pedras do monumento. Piden un planeamento especial de conservación da Muralla, recoñecida como Patrimonio da Humanidade.

A reserva mariña de Cedeira a estudo 23.05.2011

Ana Tubío, membro do equipo de investigación de Recursos Mariños da Universidade da Coruña vén de obter unha bolsa de Loterías do Estado e National Geographic para estudar os resultados da reserva mariña de Cedeira a longo prazo.

Boletín informativo ambiental 20/05/11 20.05.2011

Repaso das novas sobre medio ambiente e ecoloxía de Galiza máis relevantes da semana

A compostaxe comunitaria exténdese por Galiza 19.05.2011

ADEGA dá comezo a varios programas de compostaxe comunitaria por diversas localidades galegas. O seguinte paso á compostaxe domésticas cara a unha xestión dos residuos orgánicos sostible.

Acuicultura en terra, sen restricións... 18.05.2011

O novo Plano Director da Acuicultura en Galiza aprobado polo Consello da Xunta modifica algúns aspectos do Plano Acuícola do goberno bipartito que exclúe calquera consideración de tipo ambiental. ADEGA avalía este documento que aínda non pasou polo periodo de exposición pública.

Arquitectura e territorio 16.05.2011

Tres persoas referentes na arquitectura de Galiza interpretan o territorio galego a través da súa profesión: Manuel Gallego Jorreto, Pascuala Campos e os coordinadores da "Cidade dos Barrios".

Boletín informativo ambiental 13/05/11 13.05.2011

Radio Cerna fai un repaso das novas máis sobresaíntes desta semana no terreo ambiental.

A teoría do decrecemento. Carlos Taibo. 12.05.2011

Coñece a teoría do decrecemento a través do politólogo Carlos Taibo, quen participou nas Xornadas de "Cultura e Territorio" organizadas por ADEGA dentro da campaña "Ponte no medio. Móvete polo territorio".

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.