Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1688 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Nova Lei de Montes de Galiza: xestión colectiva e montes comunais. 21.07.2011

A organización galega de montes veciñais en man común, xunto con ADEGA, veñen de alegar contra a nova lei de montes de Galiza, entre outras cousas, por considerala a porta cara á privatización dos montes polo capital privado empresarial (eólica, madeireiras, cultivos enerxéticos, etc.). Tamén os montes veciñais temen polo seu futuro.

Nova Lei de Montes de Galiza: "nova" lei forestal. 20.07.2011

A nova lei de Montes de Galiza volve a enfrontar aos sector ecoloxista e de propietarios de montes comunais á Consellaría de Medio Rural. Neste espazo coñeceremos os motivos de primeira man, dunha banda da Dirección Xeral de Montes e, da doutra, de ADEGA.

SOS Árbores Senlleiras 19.07.2011

Como facer para salvar unha árbore senlleira en 4 minutos? A Fundación Félix Rodríguez de la Fuente explícanolo neste espazo de radio Cerna.

O risco de inundacións na bacía Miño-Sil 18.07.2011

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil vén de presentar o primeiro estudo que se fai sobre as áreas de risco de inundabilidade nos ríos galegos. Trátase dun estudo preliminar no que se destacan as zonas da bacía Miño-Sil con máis probabilidades de sufrir anegamentos.

Boletin informativo ambiental 15/07/11 15.07.2011

Escoita cales foron as novidades ambientais desta última semana no país.

Flora (aloe vera) e Fauna (troita) 14.07.2011

Descubre unha nova sección de fauna e flora de Galiza en Radio CERNA.

Aniversario do peche de Mehá no concello de Mugardos 13.07.2011

Xa van 4 anos desde o peche de 111 días das veciñas e veciños de Mehá, a localidade máis próxima ás instalacións da planta de Reganosa, en Mugardos, no interior da ría de Ferrol. A súa voceira retrata neste programa como foi aquel acontecemento e como se vive día a día a escasos 100 metros de Reganosa.

5ª Marcha reivindicativa antiplanta de gas: a burbulla enerxética de Reganosa 12.07.2011

O vindeiro 22 de xullo terá lugar a 5ª Marcha reivindicativa entre Ferrol e Mugardos contra a ubicación da planta de gas de Reganosa no interior da Ría de Ferrol. Este ano, a marcha destacará o prexuízo económico que supón Reganosa para as arcas públicas.

Mercado ecolóxico pola defensa da terra en Quilmas 11.07.2011

O vindeiro sábado a cooperativa de agricultura ecolóxica Raínha Lupa e a Plataforma pola defensa cultural de Quilmas celebran neste pobo mariñeiro de Carnota o I Mercado ecolóxico pola defensa da terra, contra a destrución irreversible do terreo fértil e contra a contaminación do mar.

Boletín informativo ambiental 08/07/11 08.07.2011

Queres coñecer que pasou no medio natural galego na última semana? Pois, escoita este espazo de Radio Cerna.

Flora (melisa) e Fauna (vespa escavadora) 07.07.2011

Nova sección de flora e fauna de Galiza na que falamos dunha planta mediciñal e dunha curiosidade animal no reino dos insectos polinizadores.

Bandeiras negras 2011: "Esta é unha barbaridade" 06.07.2011

Ecoloxistas en Acción publica o seu informe "Bandeiras Negras" deste ano 2011 no que Galiza encabeza os casos máis graves de prevaricación urbanística.

Primeira enxurrada de parques eólicos en espazos vulnerables de Galiza 05.07.2011

14 parques eólicos están a tramitar a súa solicitude de autorización na Xunta para instalarse en espazos especialmente vulnerables, onde exisen hábitats prioritarios, especies protexidas de flora e fauna, humidais e patrimonio cultural inventariado. ADEGA presentaou alegacións.

Barreiros: denuncia por prevaricación e malversación de fondos públicos 04.07.2011

ADEGA vén de denunciar ante A Fiscalía ao conselleiro de Medio ambiente, Territorio e Infraestrturas por supostos delictos de prevaricación e malversación de fondos públicos no caso Barreiros.

Boletin informativo ambiental 01/07/11 01.07.2011

comezamos o mes de xullo coas novas de carácter ambiental máis destacadas dos últimos días.

Como vemos Galiza a través dos nomes 30.06.2011

Xulia Marqués fixo un extraordinario traballo de recollida da toponimia do concello lugués de Trabada. A través do seu traballo recoñecemos a inmensa variedade de topónimos que usamos e que nos din como somos. En moitas ocasións, utilizamos como referente as plantas, os animais e os elementos máis cotidianos.

Por que desaparecen os nomes de lugar? 29.06.2011

O escritor e filólogo Gonzalo Navaza explica algunhas das causas da desaparición en Galiza dos nomes de lugar, a pesar de ser un territorio cunha ampla riqueza toponímica.

A bacía Miño-Sil e o seu novo plano de xestión 28.06.2011

ADEGA presenta alegacións ao novo planeamento de xestión da bacía fluvial Miño-Sil no período de exposición pública. Malia a facer unha valoración xeral positiva, resalta a ausencia dun rexeitamento claro fronte a instalación de novos aproveitamentos hidroeléctricos.

O abandono do Castro de Atalaia 27.06.2011

MariñaPatrimonio e ADEGA veñen de denunciar na Fiscalía Xeral ao Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, por suposta deixadez de funcións en canto á protección do xacemento galaico-romano e castrexo da Atalaia, no concello de Cervo.

Boletin informativo ambiental 24/06/11 24.06.2011

Coñece as novas desta semana que fan referencia ao medio ambiente e a ecoloxía de Galiza.

A electrohipersensibilidade 23.06.2011

O Consello Europeo insta ás Administracións públicas a prestar especial atención e apoio ás persoas electrosensibles. Neste espazo falamos cunha persoa que sufre esta doenza, aínda non recoñecida como tal no Estado español.

OMS e IARC recoñecen os perigos do WIFI e dos teléfonos móbiles 22.06.2011

A Organización Mundial da Saúde (OMS) e a Axencia Internacional de Investigación do Cancro (IARC) recoñecen por primeira vez os riscos na saúde humana do uso dos sistemas de conexión inalámbrica WIFI e dos teléfonos móbiles.

O TSXG desdise a favor de Endesa 21.06.2011

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza rectifica unha sentenza firme de hai 5 anos pola que obrigaba a Endesa a separar 2km das vivendas de Paradela os muíños de dous parques eólico. Neste espazo falamos cos veciños afectados.

Situación de estado da apicultura en Galiza. 20.06.2011

A Asociación de apicultores de Galiza alerta do estado no que se atopa este oficio e anima a participar no curso de iniciación á apicultura on-line que ten lugar ata finais de mes.

Boletín informativo ambiental 17/06/11 17.06.2011

Neste espazo Cerna destacamos as novas ambientais máis sobresaíntes da última semana.

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.