Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1688 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Agresións contra o patrimonio do Monte Pindo 06.10.2011

Monte Pindo Parque Natural promove accións para protexer e conservar o patrimonio cultural do Monte Pindo.

O selo FSC para pequenos propietarios galegos 04.10.2011

Tres grupos de pequenos e medianos produtores forestais, entre eles dúas comunidades de montes veciñais en man común, veñen de conseguir o selo de certificación forestal internacional FSC, que garante a sostibilidade e o beneficio social da explotación das masas arbóreas. É a primera vez que propietarios a pequena escala acceden a este selo.

Cianobacterias no encoro das Conchas no río Limia 03.10.2011

O problema de explosión de cianobacterias foi especialmente virulento este verán no encoro das Conchas no río Limia. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil vén de retirar a costra superficial das augas do encoro e agora inicia unha segunda fase de traballos consistente en retirar os lodos do fondo do vaso. Neste programa, a Sociedade Galega de Historia Natural explícanos cal é a problemática das ci...

Boletín informativo ambiental 30/09/11 30.09.2011

Neste espazo repasamos as novas ambientais máis destacadas dos últiimos días. Infórmate!

O monte Pindo e a súa muralla misteriosa 28.09.2011

Unha fortificación amurallada no cumio do Monte Pindo fai xerar hipóteses que sitúan a construción na época tardorromana e eleva este monte á categoría doutros curutos sagrados de Galiza. O estudoso Manuel Gago explica a súa teoría acerca destes restos arqueolóxicos.

Novas actuacións na contorna da Frouxeira 27.09.2011

A Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente, a través da Demarcación de Galicia, vén de expoñer publicamente un proxecto sobre novas actuacións na contorna da Frouxeira que xa suscitou críticas entre o sector ecoloxista. ADEGA asegura que as actuacións, en vez de restaurar a contorna, van a prexudicala máis, desde o punto de vista ambiental.

O patrimonio cultural das Illas Atlánticas 26.09.2011

O Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC incia un estudo global sobre o patrimonio cultural material e inmaterias das Illas Atlánticas. CERNA conversa cunha das directoras do estudo que estará vixente ata 2013.

Vertedoiro en ocos de canteira. Camanzo (Vila de Cruces) 22.09.2011

O vertedoiro de Camanzo, en Vila de Cruces, é un dos proxectos de vertedoiros en ocos de canteiras que se queren autorizar facéndose pasar por un plan de restauración da mina. ADEGA e os veciños manteñen que o vertedoiro sería ilegal e que non se correponde con ningún tipo de rexeneración legal.

Vertedoiro en ocos de canteira. Campomarzo (Silleda) 21.09.2011

ADEGA denuncia varios casos de vertedoiros autorizados en ocos de antigas canteiras que non cumpren cos requirimentos de impermeabilizacións, distancias e que se fan pasar por plans de restauración de minas. Hoxe retratamos o caso de Campomarzo en Silleda, cuxo vertedoiro ardeu hai poucos días.

Pregue deitado do Courel, Monumento Natural 20.09.2011

Case 30 anos despois de ser catalogado como punto de especial interese xeolóxico de rango internacional, a Xunta e o concello de Quiroga por fin deciden protexer o pregue deitado de Campodola, na Serra do Courel. É o vestixio máis visible do choque entre os dous antigos continentes de Laurrusia e Gondwana hai 350 millóns de anos, cando se formou o territorio galego.

Contra a desfeita do Canón do Sil 19.09.2011

ADEGA e outras organizacións (Amigos da Terra, Fundación Germán Estévez, CIG, concello Ourense, etc.) presentan alegacións ao que se prevé que será a maior desfeita ambiental do río Sil e do espazo protexido como LIC Canóns do Sil. Trátase do aproveitamento hidroeléctrico de Iberdrola en Santa Cristina.

Boletín informativo ambiental 16/09/11 16.09.2011

Ríos e urbanismo son as temáticas máis destacables desta semana informativa. Escoita e coñece as novas máis sobresaíntes.

A pesca da balea en Galiza 15.09.2011

Durante varios séculos, Galiza dedicouse á pesca da balea, unha actividade que chegou a ser punteira no país a pesar de que hoxe en día non o teñamos presente. Felipe Valdés Hansen descóbrenos esa parte esquecida da nosa historia.

Enfermidades crónicas por factores medioambientais 14.09.2011

O venres pasado tiveron lugar na Clínica Polusa de Lugo unhas charlas de especialistas sobre enfermidades crónicas derivadas de factores medioambientais e metais pesados. Falamos co Director da Unidade de Ciruxía de Cabeza e Pescozo do Polusa, organizador do evento.

Abandono do Plan de Rexeneración da ría do Burgo 13.09.2011

Con motivo do vertido do queroseno na ría do Burgo, reactívanse as demandas históricas de saneamento e rexeneración do estuario por parte da sociedade civil. Neste programa consultamos aos responsables destes proxectos en que fase se atopan e por que aínda non está conquerida a rexeneración da ría.

Vertido de queroseno na ría do Burgo. Consecuencias. 12.09.2011

O patrón da confraría de pescadores da Coruña, Manuel Cao, e o biólogo mariño, Alexandre García, ofrecen a súa perspectiva sobre as consecuencias do vertido de queroseno acontecido na ría do Burgo o pasado 2 de setembro.

Boletín informativo ambiental 09/09/11 09.09.2011

Escoita as novas ambientais da semana máis sobresaíntes no país.

Contaminantes emerxentes nos ríos 07.09.2011

Un especialista sobre os "contaminantes emerxentes" explica a que tipo de residuos corresponde esta definición e como están a afectar aos ríos, sen que até o momento haxa unha lexislación específica que os regule.

Lexislación ambiental: sentenza contra ENCE 06.09.2011

A Audiencia Nacional emite unha sentenza que deixa aberta a porta para decretar a caducidade da concesión de ENCE en Lourizán. Alba Nogueira fálanos dos detalles e das consecuencias deste fallo que se derivou dunha denuncia do colectivo Salvemos Pontevedra.

Mitos sobre as enerxías renovables (WWF) 05.09.2011

Malia os avances tecnolóxicos e de coñecemento que teñen experimentado as enerxías renovables, aínda existen mitos na sociedade sobre estas formas de enerxía que WWF pretende desmontar a través da campaña "Renóvate".

Boletín informativo ambiental 29/07/11 29.07.2011

Radio CERNA despídese até setembro co habitual repaso da actualidade ambiental de finais de semana. En setembro, volvemos con máis información sobre o medio ambiente e a ecoloxía de Galiza. ATÉ ENTÓN, SEDE FELICES!

Comunicar sostibilidade. Guía para xornalistas. 28.07.2011

A delegación da Unesco en Euskadi (UNESCO-Etxea), xunto coa Fundación Biodiversidade, veñen de publicar unha guía para xornalistas que fan información sobre desenvolvemento sostíbel e medio ambiente.

Auga potábel e encoro da Baxe en Caldas: compatíbeis? 27.07.2011

O Plan Umia 2011-2015 pretende salvagardar á poboación do Salnés da contaminación por microcistina das augas que proceden do encoro da Baxe, en Caldas de Reis. Porén, ADEGA sostén que é un plan para salvagardar os intereses de produción hidroeléctrica do Sr. Cortizo, evitando a liberación das augas do encoro (tal e como piden ecoloxistas e veciños). A organización ecoloxista presenta alegacións.

O impacto ambiental dos depósitos do Ferrazo, 10 anos despois 26.07.2011

A Xunta sobre a avaliación de impacto os depósitos de hidrocarburos de Finsa-Foresa, situados no interior da ría de Arousa, 10 anos despois de entrar en funcionamento. O trámite debería terse feito previamente á aprobación da súa instalación. Entón, por que agora? Explícao a plataforma en defensa da ría de Arousa.

Boletin informativo ambiental 22/07/11 22.07.2011

Espazo que fai repaso á actualidade medioambiental en Galiza.

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.