Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Terminoloxía (as palilleiras) 10.11.2011 10:07
Retomamos a sección de terminoloxía co filólogo Isaac Alonso Estraviz, que desta volta nos explicará o significa dos termos relacionados co oficio das palilleiras.
Tácticas xurídicas para legalizar o caso Barreiros 09.11.2011 10:01
Neste espazo, dous profesores de dereito administrativo da USC explican as tácticas xurídicas utilizadas "fraudulentamente" polo goberno da Xunta para legalizar o urbanismo de Barreiros: decreto de supramunicipalidade, evasión da avaliación ambiental estratéxica, convenio interadministrativo e plano sectorial.
Os motivos do goberno bipartito no caso Barreiros 08.11.2011 10:08
No ciclo de charlas organizado por ADEGA e o Colexio de Arquitectos de Lugo sobre "Territorio e Urbanismo. O caso Barreiros" participou o que fora director xeral de Urbanismo no goberno bipartito, un dos principais actores na suspensión do plan urbanístico de Barreiros co goberno bipartito. Neste espazo Cerna exporá as súas razóns polas que instou a paralizar o crecemento urbanístico de Barreiros.
O exemplo do que non se debe facer. Caso Barreiros. 07.11.2011 10:07
ADEGA e o Colexio de Arquitectos en Lugo organizan as charlas "Territorio e urbanismo. O caso Barreiros" para analizar a problemática urbanística neste concello da Mariña que se pode converter nun mal precedente para outros concellos galegos. Hoxe e os vindeiros días Radio Cerna acollerá os resumos destas xornadas. Neste espazo expóñense as irregularidades da última licenza recorrida por ADEGA na...
Boletín informativo ambiental 04/11/11 04.11.2011 10:08
Se queres coñecer de xeito resumido o que aconteceu esta semana no panorama ambiental da actualidade informativa, escoita este espazo de Radio CERNA.
Atrancos para a xustiza ambiental. Reforma legal. 03.11.2011 10:08
O Estado vén de aprobar unha reforma da lei procedemental xudicial na que se intenta axilizar a Xustiza, aínda que o que se consegue é poñer atrancos á defensa dos intereses comúns. Así o expón Ecologistas en Acción que asegura que esta reforma prexudica sobre todo as entidades ecoloxistas que acuden á Xustiza para evitar os abusos da Administración sobre o colectivo social.
Parque Natural de Corrubedo. Tres anos na inopia. 02.11.2011 10:01
A comisión consultiva do parque natural de Corrubedo leva tres anos sen reunirse. Isto implica que nin veciños, nin ecoloxistas, nin universidades, nin organizacións sociais poidan opinar ou estean ao tanto de forma directa sobre a xestión do parque.
Aposta pola troita galega. Centro ictioxénico do Carballiño. 31.10.2011 10:07
O centro ictioxénico do Carballiño é a piscifactoría de Galiza máis especializada no cultivo de troitas para a repoboación dos ríos galegos. Un dos seus técnicos explícanos a situación deste peixe nos nosos ecosistemas fluviais.
Boletín informativo ambiental 28/10/11 28.10.2011 10:08
Escoita as novas ambientais do país máis actuais. En tan só dez minutos!
Barreiros, a debate no Parlamento galego. 27.10.2011 10:08
O asunto "Barreiros" chega ao Parlamento galego da man dunha proposición non de lei do BNG que insta á Xunta a anular o convenio e o plan sectorial supramunicipal de Barreiros que intenta, segundo a formación nacionalista, "legalizar" as vivendas ilegais construídas. Neste espazo escoitaremos as diferentes versións sobre o caso que manteñen os tres grupos políticos representados no Parlamento.
Barreiros, desde a ollada ecoloxista fronte a política 26.10.2011 10:08
ADEGA analiza as palabras dos voceiros dos grupos parlamentarios arredor do caso Barreiros, en virtude dunha proposición non de lei do BNG que instaba á Xunta a anular o convenio para investir 14 millóns de euros de fondos públicos na dotación de servizos para as vivendas presuntamente ilegais de Barreiros.
Piden que se paralice a nova Lei de Montes da Xunta 25.10.2011 10:00
Catro organizacións relacionadas cos montes piden que se paralice a nova normativa que pretende impulsar desde o goberno autonómico e que se reinicie o proceso para buscar o maior consenso posible entre a sociedade. Os colectivos son ADEGA, CIG, FRUGA e ORGACCMM.
ADEGA pide a dimisión do Conselleiro de Medio Rural 24.10.2011 10:07
ADEGA califica esta campaña de lumes como a máis nefasta da historia para os espazos naturais protexidos. 11.000 hectáreas ardidas nos últimos quince días, o recorte de brigadas de extinción, a incapacidade da Consellaría de control dos últimos incendios e a inexistencia de medidas de prevención son razóns suficientes, segundo ADEGA, para pedir a dimisión de Samuel Juárez, o conselleiro de Medio R...
Boletín informativo ambiental 21/10/11 21.10.2011 10:09
Repaso da actualidade ambiental de Galiza, que esta semana vén "fumeando"...
Lexislación ambiental: decreto sobre vertedoiros 20.10.2011 10:08
Alba Nogueira aborda os contidos do Decreto sobre vertedoiros aprobado polo goberno da Xunta diante da situación de colapso que está a sufrir o sistema de tratamento do lixo en Sogama.
O sanmartiño en cautividade, no Aquarium da Coruña 19.10.2011 10:07
O Aquarium da Coruña e o Instituto Oceanográfico Español en Vigo conseguen por primeira vez criar o sanmartiño en cautividade. Tamén chamado peixe de San Pedro é moi valorado a nivel comercial.
Morren os salmóns na ría de Muros e Noia 18.10.2011 10:07
A coordinadora en defensa da ría de Muros e Noia denuncia ante Bruxelas a aparición de centos de exemplares de salmón cultivado mortos na ría, procedentes presumiblemente da gaiola experimental de North West Food. Así mesmo, critican a actitude da Xunta que, ademais, destina buques anticontaminación a trasladar auga doce á gaiola para enfriar a temperatura das augas nas que se nutren estes salmóns...
Denuncia contra Reganosa por suposto tráfico ilegal de gas 17.10.2011 10:01
O Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol, ADEGA-Ferrolterra e a Asociación de Veciños e veciñas "O Couceiro" de Mehá denuncian a Reganosa diante da Fiscalía Anticorrupción por suposto tráfico ilegal de gas natural licuado nas instalacións da planta regasificadora. Cerna entrevístase cunha destas organizacións.
Boletín informativo ambiental 14/10/11 14.10.2011 10:01
Repasamos as novas máis actuais sobre o medio natural galego.
A árbore na cidade da Coruña. Catálogo e propostas. 13.10.2011 10:05
Tres arquitectas da Coruña fan un inventario das árbores da cidade e propoñen medidas de conservación do patrimonio vexetal urbano para evitar que se perdan máis exemplares e espazos verdes.
A cianobacteria do Umia: riscos para a poboación infantil 11.10.2011 10:01
Uns análises das augas da traída de Caldas de Reis, abaixo do encoro da Baxe no río Umia, afectado por cianobacterias tóxicas, indica que o nivel de contaminación está chegando aos límites recomendados pola OMS. ADEGA asegura que a poboación infantil de Caldas é a que corre máis riscos, de beber a auga da billa.
IV Limpeza simultánea dos ríos galegos 10.10.2011 10:08
Éxito na participación de voluntarias e voluntarios na IV Limpeza simultána do Proxecto Ríos en Galiza. Uns 500 participantes recolleron máis de 10 toneladas de lixo nas ribeiras de máis de 40 ríos.
Boletín informativo ambiental 07/10/11 07.10.2011 10:00
Ofrecemos o resumo das novas sobre medio ambiente galego máis destacadas dos últimos días.
Fauna (cangrexo ermitán) e Flora (estramonio) 06.10.2011 10:07
Presentamos unha nova sección de flora e fauna de Galiza. Marga Miguens comenta as bondades e prexuízos do estramonio, unha planta que está de actualidade polos seus efectos alucinóxenos.
Integración sociolaboral e medio ambienta na Eira da Xoana 06.10.2011 10:07
Érguete-Integración e ADEGA colaboran conxuntamente nunha actividade que achegará a persoas en risco de exclusión social ao centro ambiental do colectivo situada na parroquia de Ramil, Agolada.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.