Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
ADEGA sobre a incineradora do Irixo 19.12.2011 10:08
A Xunta xa se atreveu a desvelar publicamente o lugar escollido para albergar unha nova incineradora de residuos de Galiza, durante máis de 25 anos. Será, segundo as previsións do goberno popular, no concello de O Irixo, de Ourense. As primeiras reaccións foros mostradas por veciños e grupos ecoloxistas. Hoxe escoitamos a opinión de ADEGA. Mañá no mesmo espazo, falarán os veciños.
Boletín informativo ambiental 16/12/11 16.12.2011 10:08
Coñece o máis destacado da actualidade ambiental de Galiza neste espazo CERNA.
Ser lingüísticamente sustentables, por Carmen Junyent 15.12.2011 10:01
Participou tamén nas xornadas de Lingua e Ecoloxía organizadas pola Universidade da Coruña. Esta experta en lingüística e na diversidade de linguas no mundo explicou o que significa "ser lingüísticamente sustentables" e Radio Cerna tamén o recolleu.
Ecofeminismo no rural 14.12.2011 10:07
"Ecofeminismo: unha nova ollada á realidade rural desde o imaxinario literario galego" é como se titulou a ponencia de Isabel Vilalaba Seivane nas VIII Xornadas de Lingua e Usos organizada pola Universidade da Coruña, que este ano dedicou á lingua e á ecoloxía. Hoxe falamos con Isabel Vilalba para mirar cara ao rural a través da súa ollada ecofeminista.
Estado ecolóxico das rías da Mariña 13.12.2011 10:08
O Centro Oceanográfico da Coruña vén de facer un estudo básico sobre o estado ecolóxico das rías de Viveiro, O Barqueiro e Ortigueira a través dun método innovador. Antonio Bode, o director do estudo, falaranos dos resultados neste espazo.
Efectos do "Prestige" no ADEGA nove anos despois 12.12.2011 10:01
Un equipo de investigadoras da UDC recuperan un estudo sobre os efectos na saúde das persoas que recolleron o fuel para coñecer a evolución desta afectación no ADN, nove anos despois. A doutora Laffon danos conta dos resultados orixinais e das súas posibles evolucións.
Boletín informativo ambiental 09/12/11 12.12.2011 10:07
Repaso das novas máis actuais no eido medioambiental galego.
O negocio eólico en Galiza (1995-2010) 07.12.2011 10:08
É como se titula o libro de Rosa María Regueiro que trata da evolución do negocio eólico nos últimos 15 anos en Galiza. Neste espazo a autora analiza o crecemento do negocio eólico en terras galegas e os réditos que ao longo dos anos foi deixando en canto a emprego, impacto ambiental, beneficio para os propietarios dos terreos e riqueza en xeral.
Marisco tóxico en Rede Natura 05.12.2011 10:01
A Xunta vén de dar luz verde ao proxecto de instalación de dúas bateas depuradoras para marisco procedente de zonas C, non apto para a comercialización directa, en áreas de Rede Natura, en concreto na ría de Ferrol e na Enseada de Aldán (Cangas). ADEGA critica que a Xunta mudase a localización das bateas cara áreas protexidas, sen un estudo do impacto ambiental e debido ao rexeitamento de Pescanov...
Boletín informativo ambiental 02/12/11 02.12.2011 10:08
Escoita este espazo para enterarte do que aconteceu nesta semana no eido medioambiental do país.
Lexislación ambiental: xurisprudencia sobre transxénicos 01.12.2011 10:01
Unha sentenza do Tribunal Europeo determina que o polen derivado de cultivos transxénicos que apareza en produtos non modificados, obriga a que estes últimos deban pasar o control e a supervisión para a comercialización dun organismo modificado.
O garrano: único no mundo 30.11.2011 10:01
O zoólogo Felipe Bárcena describe as características propias do garrano como especie única no mundo e que merece de maior recoñecemento e protección do que actualmente ten. Tamén dá a súa opinión sobre a obrigatoriedade de identificar con microchip os garranos ou de reconvertilos a explotacións en extensivo.
Os cabalos salvaxes e o microchip 29.11.2011 10:08
O novo decreto sobre identificación dos cabalos salvaxes e regulación de usos dos pastos comúns entre os propietarios dos garranos e os comuneiros ou propietarios das terras crea enfrontamentos entre ambas partes. Neste espazo escoitarás ás dúas partes afectadas.
A maior central hidroeléctrica do Sil está por vir. 28.11.2011 10:07
Trátase do aproveitamento de Gas Natural-Unión Fenosa "Edrada-Santo Estevo" na bacía do río Sil. Cunha concesión de 1951 preténdese construír unha central de ciclo reversible cunha potencia de máis de 760 Mw e cuxo impacto na zona pode ser determinante para a estabilidade das especies e o desenvolvemento turístico do LIC Canón do Sil.
Boletín informativo ambiental 25/11/11 25.11.2011 10:07
Coñece as novas máis sobresaíntes dos últimos días en materia de medio ambiente e ecoloxía en Galiza.
"Consuma Naturalidade", a marca dos espazos protexidos? 24.11.2011 10:08
A Fundación Félix Rodríguez de la Fuente está en pleno lanzamento dunha campaña que pretende promocionar a marca da sostibilidade "Consuma Naturalidad" que pretende ser a marchamo dos produtos procedentes de espazos de Rede Natura.
Nace a Plataforma Anticanteiras de Cotobade 23.11.2011 10:08
Asociacións de veciños, comunidades de montes e grupos sociais e ambientalistas de Cotobade xúntanse nunha plataforma para defender os usos tradicionais do Val do Lérez e do Almofrei fronte dúas canteiras de pedra que están en trámitación para ubicarse na zona.
Os recortes da Xunta nas cláusulas de control ambiental 22.11.2011 10:06
ADEGA denuncia por segundo ano consecutivo os recortes que fai a Xunta na lexislación ambiental a través da Lei de Acompañamento dos Orzamentos. Desta volta, a Xunta elimina a Avaliación ambiental estratéxica para os proxectos sectoriais (piscifactorías, parques eólicos, etc.), a avaliación de efectos ambientais e toda a lexislación galega contra o ruído.
Ti que farías para reducir residuos? 21.11.2011 10:07
É o título dun concurso de ideas que promove ADEGA dentro da Semana Europea da Prevención de Residuos que se celebra estes días. A idea gañadora será premiada cun kit de compostaxe.
Boletín informativo ambiental 18/11/11 18.11.2011 10:08
CERNA aborda neste espazo de medio ambiente e ecoloxía as novas da semana que sobresaíron no panorama galego ambiental.
Proxectos galegos de custodia do territorio (2ª parte) 17.11.2011 10:02
Nesta segunda parte do programa dedicada a dar a coñecer os proxectos de custodia do territorio que se están a desenvolver en Galiza e que participaron no I Encontro Galego de Custodia Territorial, abordaremos as experiencias da Asociación Galega de Custodia, Numenius, Drosera e ANABAM.
Proxectos galegos de custodia do territorio (1ª parte) 16.11.2011 10:02
Neste espazo tratamos algúns dos proxectos de custodia do territorio que se están a desenvolver en Galiza por entidades de custodia entre as que están ADEGA, Fundación Comarcal Ulla-Deza, Monte Cabalar e Asociación Fontaíña. Todas elas participaron no I Econtro Galego de Custodia organizado por ADEGA, coa colaboración da Asociación Galega de Custodia.
Custodia agraria en Menorca. Ecoloxistas e palleses da man. 15.11.2011 10:08
Neste espazo coñeceremos unha das experiencias máis interesantes que se están a desenvolver no Estado de custodia agraria. O proxecto "Cultivando sinerxias" intenta recuperar un espazo urbano para o desenvolvemento agrario da illa e da biodiversidade.
Custodia do territorio. Plataforma estatal e información básica. 14.11.2011 10:08
O I Encontro galego de custodia do territorio contou coa presenza da voceira da Plataforma estatal de custodia, Amaya Sánchez. Ela explica os conceptos básicos da custodia e a situación desta figura social de conservación natural no Estado español.
Boletín informativo ambiental 11/11/11 11.11.2011 10:07
Entérate das novas máis actuais sobre o medio natural que che rodea. En CERNA repasamos a actualidade informativa da semana.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.