Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Terminoloxía (os forneiros) 25.01.2012 10:13
Eran imprescindíbeis no pasado e sono agora. Os forneiros e os fornos teñen toda unha serie de vocablos relacionados que imos coñecer da man do filólogo Isaac Alonso Estraviz.
Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos 24.01.2012 10:01
Este ano está dedicado pola ONU á Enerxía Sostible para Todos. Os motivos serán explicado pola vogal de transportes de ADEGA, Adela Figueroa, neste programa Cerna.
Lexislación ambiental: cambios no organigrama executivo. 23.01.2012 10:08
Os cambios nos organigramas do Executivo estatal e galego ao respecto de áreas como medio rural, medio ambiente e medio mariño, e mesmo cultura, implican tamén certa merma na atención por parte dos gobernos. Analizamos os cambios con Alba Nogueira.
Boletín informativo ambiental 20/01/12 20.01.2012 10:01
Descubre as novas de actualidade máis relevantes desta semana no eido ambiental galego.
Plataforma en defensa do sector marisqueiro e pesqueiro de Galicia 19.01.2012 10:08
Coa entrada do ano constitúese unha nova plataforma en Galiza que busca defender a pesca tradicional e o marisqueo fronte a intervención das grandes multinacinais nos recursos dos mares galegos. Falamos co seu presidente, Miguel Delgado.
A recuperación da aguia real no Xurés 18.01.2012 10:08
Neste espazo saberemos como se está a realizar a recuperación da aguia real no parque natural do Xurés, desde 2007 da man do grupo de rehabilitación de fauna autóctona GREFA, a través da Consellaría de Medio ambiente.
Plans de recuperación de fauna e flora en Galiza 17.01.2012 10:07
74 son as especies en perigo de extinción que aparecen no catálogo de especies ameazadas de Galiza. De todas elas, tan só unhas poucas contan cunha planificación para a súa recuperación. Polo de agora só está aprobado o decreto e o plan de recuperación do oso pardo, pero estanse a levar a cabo outras actuacións de reforzamento e reintrodución de especies sen ter aprovado previamente un plan de rec...
A ampliación da Rede Natura na boca da Xunta 16.01.2012 10:08
Por fin, conseguimos en Radio CERNA falar cun dos responsables da Xunta na ampliación dos espazos da Rede Natura en Galiza. Roxelio Fernández, subdirector xeral de espazos protexidos falaranos dos criterios empregados na selección dos espazos, a valoración sobre a superficie total e plans de futuro.
Boletín informativo ambiental 13/01/12 13.01.2012 10:07
Coñece as novas sobre medio ambiente máis sobresaíntes desta semana.
Informe anual do Proxecto Ríos 2011 12.01.2012 10:08
Proxecto Ríos, o programa de voluntariado ambiental de ríos, fai balanzo do ano 2011 partindo dos datos recollidos por máis de 200 grupos de voluntarios que inspeccionanos ríos de Galiza.
Árbores senlleiras e formacións singulares en Lugo 11.01.2012 10:07
Así se chama unha publicación editada pola FRUGA (Federación Rural Galega) para divulgar as árbores máis senlleiras dos bosques de Lugo. O libro destaca un total de 25 exemplares e 10 bosques singulares.
O conflicto da Frouxeira. As solucións da Xunta. 10.01.2012 10:07
Hoxe coñecemos a postura da Xunta de Galiza con respecto ao conflicto da Frouxeira da man do xefe de servizo de conservación da Coruña, Carlos Muñoz. Unha postura que dista totalmente da mantida hai 2 anos ao redor do mesmo problema, e tamén recollida neste programa.
O recorte da Lagoa da Frouxeira e consecuencias 09.01.2012 10:01
Por que existen vivendas na zona de inundación da Lagoa da Frouxeira en Valdoviño? A resposta a esta pregunta sitúa as responsabilidades do conflito que hoxe están a vivir hoxe os veciños que se queixan de que a crecida da lagoa anega as súas parcelas e vivendas. ADEGA responde.
Boletín informativo ambiental 05/01/12 05.01.2012 10:08
Lei de caza, lagoa da Frouxeira, balanzo ambiental do ano, incineración, etc., son algúns dos temas que rodearon a actualidade informativa ambiental desta semana.
Flora (herba de San Roberto) e Fauna (mexillón de río) 04.01.2012 10:08
Goza dun capítulo máis da sección de flora e fauna de Galiza en Cerna.
A "mini-ampliación" da Rede Natura galega 03.01.2012 10:07
Misérrima é como califican algúns colectivos ambientalistas a ampliación da Rede Natura de Galiza presentada a finais de ano polo goberno da Xunta. Tan só un 3% de superficie máis protexida que nos sigue mantendo baixo os umbrais da media estatal e das comunidades limítrofes con Galiza.
Os áridos asfálticos e o seu impacto na comarca de Ferrol 02.01.2012 10:02
O caso Arena agocha unha problemática ambiental que varios colectivos veñen denunciando desde hai anos e que agora recorren á Fiscalía. Os áridos asfálticos procedentes de Holanda para utilizar en recheos ou asfaltados de estradas están sen reciclar e conteñen compostos contaminantes e prexudiciais para a saúde humana, segundo os expertos.
Boletín informativo ambiental 30/12/11 30.12.2011 10:07
Escoita o último boletín informativo ambiental deste ano, no que repasamos a actualidade ambiental desta derradeira semana de 2011.
Como lle foi ao medio ambiente galego neste ano 2011? 29.12.2011 10:07
Neste espazo radiofónico coñecerás o balanzo ambiental que a organización ecoloxista ADEGA fai deste ano 2011 que se acaba. Aínda que, segundo o colectivo, o ano que pasa non deparou ningún avance para a conservación do contorno galego, senón unha chea de retrocesos en política ambienta, ADEGA augura que o vindeiro ano será un dos máis duros para o movemento ecoloxista.
O Fiscal de medio ambiente sobre como poñer orde no territorio 28.12.2011 10:09
Álvaro García Ortiz, Fiscal de Medio ambiente de Galiza, dá conta da pouca vontade política existente en ordear o territorio galego e as trabas que se están a crear para tal fin.
Lexislación ambiental: lei de política industrial 27.12.2011 10:00
Trátase dunha das últimas iniciativas lexislativas do goberno galego que máis controversia creou e que tan só foi aprobada cos votos do PP. A lei será analizada pola colaboradora de CERNA, Alba Nogueira, profesora de dereito ambiental na USC.
A "eficiencia" do carril-bus na Coruña 26.12.2011 10:02
20 colectivos reclaman a permanencia do carril-bus na Coruña fronte a retirada proposta polo concello cara a unha "rede urbana eficiente". Todos eles asinan un manifesto no que piden que o concello, antes de establecer cambios no xeito de desprazarse pola cidade, elabora un Plan de Mobilidade participado pola cidadanía.
Flora (herba dos dentes) e fauna (merlo rieiro) 22.12.2011 10:01
Nova sección de flora e fauna de Galiza en Cerna. Non a perdas!
A praga doutra praga: o gorgullo do eucalipto 21.12.2011 10:02
A maioría das especies forestais están afectadas en Galiza por pragas. A máis plantada, o eucalipto, tamén está a ser atacada polo gorgullo ou goniptero que, segundo varias fontes consultadas, podería afectar a máis da metade dos eucaliptais galegos. Ecoloxistas, propietarios e sindicatos opinan sobre esta problemática.
Veciños contra a incineradora do Irixo 20.12.2011 10:08
Tres plataformas de veciños están a actuar tanto no concello como na comarca na que se vai instalar a incineradora prevista pola Xunta. As tres falaron con Radio Cerna para dar coñecer as súas preocupacións e inquietudes ao respecto deste novo proxecto industrial.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.