Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
O libro da Vaca 29.02.2012 10:07
Xesús Ferro Ruibal e Pedro Benavente Jareño recompilan todas as palabras relacionadas coa vaca, animal emblemático de Galiza, e crean "O libro da Vaca" do que falaremos neste espazo cun dos seus autores.
Hortas de aluguer para iniciados 28.02.2012 10:01
Iniciativas privadas de aluguer de hortas tentan suplir as necesidades dalgúns cidadáns das urbes de cultivar o seu propio alimento e tomar contacto coa terra. Hoxe descubrimos dous proxectos que están a ofrecer estes servizos na provincia de Lugo: Vidadealdea (Outeiro de Rei) e Máis que Horta (Cospeito).
O sistema Thor de predición de incendios forestais 27.02.2012 10:08
Tarsi Carballas, edafóloga, química e voceira do Grupo de investigación Thor explica para Radio Cerna en que consiste o sistema Thor de predición de incendios forestais a curto e a medio prazo.
Boletín informativo ambiental 24/02/12 24.02.2012 10:07
Escoita este espazo para coñecer cales foron as noticias ambientais máis destacadas da semana.
Plataforma pola recuperación do Sar 23.02.2012 10:01
Mañá preséntase en Santiago de Compostela a Plataforma pola recuperación do Sar. No acto farase unha ofrenda a Rosalía de Castro, a grande cantora do Sar, e explicaranse os obxectivos deste colectivo constituído recentemente para defender o río e coidalo.
Lexislación ambiental: eliminación de primas para a enerxía renovable 22.02.2012 10:07
A profesora de dereito ambiental na USC, Alba Nogueira, analiza as consecuencias para Galiza da supresión das primas á enerxía renovable e á enerxía obtida da incineración de residuos.
Roteiríos 2012 22.02.2012 10:07
Proxecto Ríos presenta o seu programa de roteiros ás beiras dos ríos galegos para esta primavera. A vindeira fin de semana celebrarase o primeiro roteirío deste ano.
Acuicultura industrial: licenza para destruir 20.02.2012 10:01
O consello da Xunta vén de aprobar o plano director de acuicultura industrial de Galiza que deixa liberdade absoluta ás multinacionais da acuicultura para instaurarse na costa galega, sen ningún tipo de traba ambiental. ADEGA fai unha análise desta proposta do goberno galego.
Boletín informativo ambiental 17/02/12 17.02.2012 10:07
Coñece a actualidade máis recente do medio ambiente e a ecoloxía en Galiza neste espazo informativo.
Encontro interuniversitario sobre enerxía sostible 16.02.2012 10:07
Reuníu a representantes de 14 universidades para intercambiar experiencias sobre a eficiencia enerxética e o emprego da enerxía renovable nos edificios e campus universitarios. Estivo coordinado pola Universidade compostelá. Falamos co organizador do evento.
As grandes industrias contaminantes de Galiza 15.02.2012 10:01
O Rexistro estatal de emisións actualízase cada ano co obxectivo de coñecer a cantidade de emisións contaminantes que producen as industrias. En Galiza tan só 6 industrias concentran máis do 80% das emisións de dióxido de carbono. Se queres coñecer cales son, escoita este espazo.
Os eufemismos do Ministro Arias Cañete 14.02.2012 10:08
O ministro de agricultura, alimentación e medio ambiente avoga por unha lei en materia ambiental máis realista, eficiente e flexible coa industria. Con estes criterios, tildados de eufemísticos polas organizacións ecoloxistas, pretende reformar a lei de costas, a de contaminación, a de avaliación ambiental, etc. Hoxe escoitamos cales son as opininóns dos colectivos ambientalistas estatais ao respe...
Nace a Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe 13.02.2012 10:08
Está constituída por máis de vinte colectivos defensores do medio natural galego e pretende que a lei europea se cumpra en Galiza aplicando modelos máis sostibles que a incineración para o tratamento dos residuos sólidos urbanos, como a reciclaxe e a compostaxe.
Boletín informativo ambiental 10/02/12 10.02.2012 10:01
Escoita as noticias sobre o medio ambiente e a ecoloxía galega que máis relevantes foron nesta semana.
Desafíos de futuro para o rural galego. Por F. Sineiro. 09.02.2012 10:02
O Foro Rural Galega despide a súa andaina durante 9 anos coa publicación do libro "O rural galego a debate". Nel, varios autores dan conta dos desafíos aos que se enfronta o rural galego para os vindeiros anos. Francisco Sineiro resúmeos neste audio.
As ameazas do río Gafos. Por Vaipolorío. 08.02.2012 10:07
Vaipolorío cumpre xa máis dunha década de traballo a prol da defensa do río Gafos. A súa andaina é retratada neste espazo no que tamén se dará conta das ameazas e agresións que segue sufrindo este río que transcorre entre Vilaboa e Pontevedra.
Proxecto Abalar, sen Wifi. APDR 07.02.2012 10:00
APDR e ADEGA reuniranse mañá co responsable do proxecto Abalar da Consellaría de Educación para pedirlle que introduza internet por cable (e non por wifi) nas aulas para preservar no máximo posible a saúde dos nenos e nenas. É unha das accións que se desenvolven dentro da campaña en Galiza "Escolas sen Wifi".
Os riscos dos dispositivos WIFI. Por ADEGA. 06.02.2012 10:08
Entre outros colectivos ecoloxistas de Galiza, ADEGA alerta dos riscos dos dispositivos wifi para a saúde pública e insta a tomar medidas de cautela, sobre todo, entre as persoas máis novas e nos centros de ensino.
Boletín informativo ambiental 03/02/12 03.02.2012 10:08
Escoita a través de Radio Cerna cales foron as novas máis destacadas do panorama ambiental galego da última semana.
Novo Museo da Natureza en Ferrol 02.02.2012 10:01
A Sociedade Galega de Historia Natural vén de mudar a situación do seu Museo da Natureza, tanto de lugar como de estado. Pretende ser un referente museístico de historia natural aínda que as trabas administrativas están retrasando o obxectivo, pero xa se poden visitar parte das instalacións.
Día internacional dos humidais 2012 01.02.2012 10:01
Mañá é o Día mundial dos Humidais en conmemoración do día de sinatura do Convenio Ramsar polo cal se dotaba de protección internacional aos ecosistemas húmidos. En Galiza tamén se convocan actividades de voluntariado ambiental que nos achegan aos humidais Ramsar galegos.
A nova lei de caza a debate. II Parte. 31.01.2012 10:08
Hoxe damos continuidade ao debate entre administración e ecoloxistas sobre a nova lei de caza. Escoitemos o que opinan en canto á idade mínima para a obtención do permiso de caza, a participación social nos comités provinciais ou as liberdades dos propietarios das terras.
A nova lei de caza a debate. I Parte. 30.01.2012 10:01
Hoxe luns e mañá, Cerna porá a nova lei de caza de Galiza a debate, que trancorrerá entre os responsables da Administración autonómica na materia e o sector dos ecoloxistas. Dentre deste último, ADEGA avoga por rexeiter integramente o novo texto legal.
Boletín informativo ambiental 27/01/12 27.01.2012 10:07
Escoita as novas ambientais que máis sobresaíron esta semana no país.
O apalpador: o redescubrimento do pai-natal galego 26.01.2012 10:02
O apalpador existe. Foi redescuberto por unha sucesión de casualidade e oportunidades que devolven á conciencia dos galegos a figura galega do nadal. Agora, o apalpador xa comeza a facer parte das festas de final de ano de moitos fogares galegos.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.