Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1688 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A Xunqueira de Alba: o único ENIL galego en regra. 10.04.2012

O concello de Pontevedra contará en poucas semanas co seu primeiro Espazo natural de interese local para o cal se está a aprobar un Plan de Conservación. A Xunqueira de Alba sería así o único ENIL galego con Plan de Conservación e, por tanto, con instrumento de xestión.

A contaminación engorda? 09.04.2012

Varios estudos recompilados por un grupo de investigadores en endocrinoloxía revelan a relación que existe entre o uso de substancias contaminantes e os cambios no noso metabolismo. Neste espazo Cerna desenvolvemos esta teoría coa axuda do presidente da Sociedade Española de Endocrinoloxía, Javier Salvador.

A resposta social contra o lume nas Fragas do Eume 04.04.2012

O incendio no parque natural das Fragas do Eume fixo reactivar as reivindicación sociais fronte o lume e as políticas de xestión dos espazos protexidos da Xunta. Nace a Plataforma para a Defensa das Fragas do Eume.

Os expertos fronte o lume das Fragas do Eume 04.04.2012

Un biólogo, un botánico e un edafólogo, todos eles recoñecidos expertos galegos nas súas disciplinas, ofrecen o seu punto de vista ante a catástrofe ambiental das Fragas do Eume neste programa Cerna.

Boletín informativo ambiental 30/03/12 30.03.2012

Repasamos as novas ambientais da semana como todos os venres.

Impacto das minicentrais nos coleópteros acuáticos 28.03.2012

Amadou Babacar Sarr, investigador da Universidade de Vigo, dedica a súa tese a analizar o impactos dos aproveitamentos hidroeléctricos nun tipo de fauna acuática moi particular, os coleópteros. Neste espazo abordaremos os resultados da investigación co seu autor.

A reforma da PAC a debate (II) 27.03.2012

Neste espazo completamos a avaliación que fan os sindicatos agrarios galegos da nova reforma da PAC (Política Agraria Común) proposta pola Comisión Europea para 2014-2020. Coñeceremos, entre outras cuestións, que é o "greening" ou "enverdecemento" do rural para a UE.

A reforma da PAC a debate (I) 26.03.2012

Os sindicatos agrarios galegos opóñense a reforma da Política Agraria Común e aos cambios no reparto das axudas, nas que agora se pretenden incluír os cultivos enerxéticos. Hoxe e mañá en Radio Cerna abordaremos esta cuestión.

O teletraballo como opción de aforro 23.03.2012

Microsoft Ibérica impulsa o día da oficina na casa co gallo de promover o teletraballo como forma de aforro económico para as empresas, aproveitamento de tempo para os traballadores e menores consumos enerxéticos e de emisións de CO2. Se queres coñecer a proposta, escoita este programa.

Boletín informativo ambiental 23/03/12 23.03.2012

Coñece as novas sobre o medio ambiente galego máis sobresaíntes da última semana.

Polígonos industrias fronte o patrimonio de Pontevedra 21.03.2012

Varios colectivos sociais, culturais e ecoloxistas de Pontevedra alegan contra o Plano Sectorial de Ordenación das Áreas empresariais de Galiza, no que se proxectan 120 parques empresariais máis e máis do dobre da superficie industrial que arestora ocupan estas áreas. Na comarca de Pontevedra, 3 proxectos desta índole xerarían impactos de diverso calado que analizamos no programa de hoxe.

SACRE en Galiza: seguimento de aves comúns 20.03.2012

A Sociedade Galega de Ornitoloxía está a desenvolver o programa SACRE, dedicado a facer seguimento de aves comúns. Hoxe falamos co seu responsable en Galiza.

Foro Internacional da Auga en Galiza 19.03.2012

Será a partires de mañá e percorrerá A Coruña, Santiago e Vigo. Está organizado por Enxeñería sen Fronteiras e é o primeiro que se convoca no Estado. Neste programa Cerna coñeceremos a programación e contidos deste Foro que versará sobre o dereito humano a dispoñer de auga.

Boletín informativo ambiental 016/03/12 16.03.2012

Escoita nestes espazos as novas ambientais acontecidas en Galiza na última semana.

Custodia nos bosques dos Ancares 15.03.2012

A ONG Accionatura e a Asociación Galega de Custodia do territorio dan conta dos traballos que ven realizadon na comarca ancaresa a prol da conservación das masas autóctonas de bosque.

I Feira de produtos naturais e artesáns na Eira da Xoana 14.03.2012

Esta fin de semana terá lugar no equipamento de ADEGA na Agolada, a Eira da Xoana, a I Feira de produtos naturias e artesáns. O coordinador da feira, Marcial Barral, explícanos o programa e contidos desta xornada.

Reforma legal sobre pesca de especies invasoras 13.03.2012

Aínda non cumpridos os tres meses desde a súa entrada en vigor o goberno estatal pretende reformar o real decreto que regula as especies invasoras por ser "demasiado restritivo" coa pesca. AEMS-Ríos con Vida cre que o goberno interpreta mal o texto legal, cuxa reforma podería eliminar o primeiro paso lexislativo contra a invasión das especies exóticas.

Piscifactoría de Quilmas. Contaminación por metais pesados. 12.03.2012

A piscifactoría de Stolt Sea Farm en Quilmas é denunciada por primeira vez por presunto delicto ecolóxico por contaminación terrestre con metais pesados. Os colectivos denunciantes son ADEGA e a Cooperativa de agricultura ecolóxica Raíña Lupa. Parde da producion da cooperativa viuse afectada por esta contaminación.

Boletín informativo ambiental 09/03/12 09.03.2012

Cerna repasa a acualidade desta última semana no eido ambiental. Coñécea!

Como xestionar correctamente a lá como "residuo" 08.03.2012

A produción de lá en Galiza é moi pouca comparada coa doutras rexións laneiras do Estados, pero aínda así debe recibir unha xestión correcta a través dun xestor autorizado. O pequeno volume de produción, a mediana calidade, e a súa consideración como residuo crea dificultades no sector para darlle saída.

Empresas ambientais viables premiadas pola USC 07.03.2012

Dentro dos premios que a Universidade de Compostela entregou este ano á innovación hai dous proxectos baseados na xestión ambienta. Son Biocen e Deroceras. Coñéceos neste programa.

Planificar a xestión da Reserva dos Ancares leoneses 06.03.2012

É a primeira Reserva da Biosfera do noso contorno que conta cun Plan de Acción, pero non está en Galiza. Trátase da Reserva dos Ancares leoneses cuxa xestión será levada a cabo pola Fundación Ciuden (Ciudad de la Energía).

Investigadores en "Revolta" polo medio rural galego. 05.03.2012

Varios grupos de investigación das Universidades de SAntiago de Compostela e Vigo únense en rede a través de "Revolta" para intercambiar coñecementos sobre o medio rural galego entre especialistas dos distinto ámbitos e así acadar unha visión máis integral do noso agro.

Boletín informativo ambiental 02/03/12 02.03.2012

Coñece cales foron as novas ambientais da semana só en dez minutos.

Flora (a vide) e Fauna (o lobo onírico). 01.03.2012

Goza dunha nova sección de flora e fauna de Galiza. Descubre as cualidades da vide e as pegadas oníricas que pode deixar o emblemático lobo, do que tamén temos responso.

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.