Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Proposta de lei pola Reciclaxe e contra a Incineración 15.05.2012 10:08
A plataforma "Incineradora no Deza, Non" está a elaborar, xunto coas demais organizacións organizadas en plataforma por mor da incineradora do sur, unha Iniciativa Lexislativa Popular que permita aplicar de xeito efectivo a Redución, Reutilización e Reciclaxe, ademais da compostaxe, e que castigue á incineración. Hoxe imos coñecer cos seus promotores os contidos desta proposta de lei.
Cova de Eirós, primeira cova BIC en Galiza? 14.05.2012 10:08
ADEGA solicita a Patrimonio Cultural que declare Ben de Interese Cultural á Cova de Eirós de Triacastela, por supor un xacemento de grande interese paleontolóxico e arqueolóxico para coñecer a historia de Galiza dos últimos 100.000 anos. A Cova está ameazada por unha explotación de pedra calcaria.
Boletín informativo ambiental 11/05/12 11.05.2012 10:08
Escoita este espazo para estar ao tanto das novas ambientais máis destacadas da última semana en Galiza.
O último campamento ambiental no río Tea 10.05.2012 10:08
Os días 25, 26 e 27 de maio terá lugar o último campamento de voluntariado ambiental de ADEGA no río Tea tras 4 anos de actividades centradas na eliminación da flora exótica deste efluente. O espazo de hoxe fai unha avaliación dos resultados deste proxecto que remata.
Que comen os peixes cultivados en piscifactorías? 09.05.2012 10:01
Un estudo da Universidade de Oviedo revela que os pensos comerciais para alimentar aos peixes cultivados conteñen material xenético de 8 especies de peixes salvaxes de altos niveis tróficos.
Contaminación orgánica na Ría de Vigo 08.05.2012 10:07
De onde procede toda a materia orgánica que vai parar á Ría de Vigo? Unha investigación do CSIC responde a esta pregunta e fai unha comparativa histórica do tipo de sedimentos orgánicos que quedan no fondo da ría.
É a hora do patrimonio no rural de Pontevedra 07.05.2012 10:01
O concello pontevedrés cre que chegou a hora de poñer en valor o patrimonio material e inmaterial das parroquias rurais do concello. A forma pretende ser distinta á habitual, de xeito qe se impliquen os habitantes das parroquias na recuperación e posta en valor dos bens patrimoniais e da cultura oral.
Boletín informativo ambiental 04/05/12 04.05.2012 10:07
En poucos minutos entérate da novidades que esta semana deparou en materia ambiental.
"Non á nosa costa": plataforma a prol da Lei de Costas 03.05.2012 10:08
É unha plataforma de eido estatal que xa recolle un cento de colectivos e entidades que defenden a actual Lei de Costas fronte a modificación desta normativa pretendida polo Ministerio de Arias Cañete, do goberno español. Escoita este programa e descubre o porqué.
O rural galego ten solución 02.05.2012 10:01
Moitos consideran que o abandono e o declive do rural galego non ten solución, pero outros moitos cren no seu futuro. A Alianza por un medio rural galego vivo comeza a súa andaina analizando as oportunidade do rural e a dirección na que se teñen que concentrar as políticas que teñen que ver con el para mantelo vivo no futuro.
O comezo dos cultivos enerxéticos en Galiza 30.04.2012 10:01
A Federación Ecoloxista Galega revela información sobre os contidos do decreto que está a preparar a Xunta para regular os cultivos enerxéticos no país, unha norma polo de agora non pública. A FEG chama a atención sobre algúns aspectos críticos do documento, como o permitir o uso de especies exóticas invasoras para os cultivos enerxéticos.
Boletín informativo semanal 27/04/12 27.04.2012 10:07
Actualidade ambiental da semana en 10 minutos. Coñece a realidade do teu contorno.
Atlas de Anfibios e Réptiles de Galiza 26.04.2012 10:08
O Atlas de anfibios e réptiles de Galiza, editado pola Sociedade Galega de Historia Natural vén de ser actualizado cos útlimos datos de 2011. Ademais, a partires de agora poderase acceder á súa información a través da web da SGHN. Neste espazo avaliamos os resultados máis recentes do Atlas.
Os propietarios do vento galego 25.04.2012 10:01
Quen son os propietarios do vento galego? A esta pregunta responde o libro recentemente publicado da profesora da UDC, Rosa Mª Regueiro Ferreira. Con ela falamos para que nos desvele o enigma.
O patrimonio arqueolóxico de O Irixo 24.04.2012 10:01
O grupo de acción ecoloxista Outeiro, do Carballiño, presenta alegacións ao planeamento urbanístico do concello ourensán de O Irixo, para que se cataloguen máis de 25 xacementos arqueolóxicos que están por inventariar. Algúns destes xacementos atópanse na área de influencia da nova planta incineradora de Galiza, promovida pola empresa Estela Eólica.
Contra as fumigacións prohibidas 23.04.2012 10:07
A patronal pasteira, coa connivencia da Xunta, pretende fumigar os eucaliptais galegos cun insecticida que vén de ser prohibido pola UE, pero que se atopa en período de moratoria. Varios colectivos formaron unha Plataforma para loitar contra esta práctica que, segundo estas entidades, intentaría desfacerse do stock deste agroquímico a costa das nosas abellas e da nosa saúde.
Boletín informativo ambiental 20/04/12 20.04.2012 7:35
Escoita e coñece as novas medioambientais desta semana aquí en Radio Cerna.
Especies exóticas mariñas en Galiza 19.04.2012 10:07
O mundo das especies exóticas presentes no mar galego está aínda por descubrir. A Xunta, a través da Consellaría do Medio rural e do Mar vén de iniciar a cuestión a través dun estudo introdutorio á investigación destas especies, do que falamos neste espazo.
Agroecoloxía e gobernanza da auga 18.04.2012 10:02
Se a auga é un dereito fundamental recoñecido pola ONU, como é que está en mans privadas? Se a agricultura intensiva contamina este recurso básico, por que non cambiar de modelo? Estas preguntas son as que se van intentar contestar no I Simposio de Agroecoloxía e gobernanza da auga organizado pola USC e varias entidades e sociedades de investigación sobre a auga e o rural. Será os días 13 e 14 de...
Alianza por un medio rural galego vivo 17.04.2012 10:08
Nunhas xornadas que terán lugar este venres e sábado en Pontevedra e Poio, respectivamente, séntanse as bases para a creación dunha alianza a prol dun futuro vivo para o medio rural galego. En principio, a Alianza estaría formada por sindicatos agrarios, ecoloxistas e propietarios de montes en man común.
Ataques ao Patrimonio cultural da Mariña de Lugo 16.04.2012 10:08
Nos últimos meses proliferan os ataques aos xacementos arqueolóxicos da Mariña Luguesa, que tanto ADEGA como Mariñapatrimonio xa teñen denunciado ante a Xunta. As talas de eucaliptos con maquinaria pesada é a principal causa destas agresións patrimoniais.
Boletín informativo ambiental 13/04/12 13.04.2012 10:01
Escoita este programa para coñecer as novas de maior actualidade no eido ambiental galego.
Terminoloxía (as redeiras) 13.04.2012 10:07
Isaac Alonso Estraviz ofrécenos outra sesión de terminoloxía con palabras relativas ao oficio das redeiras. Non o perdades!
Ampliación da Rede Natura, baixo mínimos. 11.04.2012 10:00
A proposta de ampliación da Rede Natura non obedece a criterios científicos. É o que alega a organización ecoloxista galega ADEGA, desde a cal se considera que os criterios empregados pola Xunta son os do "descarte", é dicir, declarar espazos protexidos aqueles que non son de interese para o capital especulativo (para eólicas, canteiras, piscifactorías, etc.)
Lexislación ambiental: sen leis contra o ruído 11.04.2012 10:01
A inseguridade xurídica non é exclusiva en materia urbanística en Galiza. A contaminación acústica queda sen regulación no ámbito galego e iso crea complicacións á hora de poder defendernos contra os ruídos. A profesora de dereito ambiental, Alba Nogueira, retrata como quedaría este panorama xurídico.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.