Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1697 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Conservando as nosas dunas con ADEGA 04.07.2012

Mañá ADEGA vai realizar unha primeira xornada de voluntariado ambiental para a eliminación de especies exóticas nas dunas da Corna (Pobra do Caramiñal). Ramsés Peréz, educador ambiental de ADEGA, explícanos en que vai consistir a actividade e anuncia outra actuación similar para o vindeiro 19 de xullo nas lagoas de Xuño e Muro de Porto do Son.

Lumes e lobos, temas gañadores dos premios "Luis Freire" 03.07.2012

Alumnos e alumnas do IES Carlos Casares de Viana do Bolo e do Colexio Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel gañan o primeiro e segundo premio dos galardóns "Luis Freire" que outorgan os Museos científicos da Coruña e El Corte Inglés, coa colaboración da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias. Estes premios recoñecen a capacidade científica dos estudantes e, desta volta, os temas de estudo dos tra...

Rio+20=fracaso total 02.07.2012

O Cumio en Rio de Janeiro sobre desenvolvemento sostible súmase á lista de encontros internacionais sobre medio ambiente que resultaron ser un auténtico fracaso. Hoxe avaliamos con Adela Figueroa as conclusións do cumio Rio+20.

Boletín informativo ambiental 29/06/12 29.06.2012

Coñece as novas desta semana que tiveron que ver co medio natural e a ecoloxía de Galiza.

O consumo en tempos de crise (ecolóxica) 28.06.2012

O consumo responsable e o cambio de estilo de vida non é unha opción persoal, senón unha cuestión de supervivencia. É o que conclúe o estudo "Consumo e estilos de vida: cambio global en España 2015-2020", publicado na revista Opcións do CRIC (Centro de Investigación e Información en Consumo).

A colonización da Terra Chá en época franquista 27.06.2012

A Terra Chá foi a única comarca galega na que se puido completar o proceso de colonización instaurado na época franquista, que substituiu o sistema de agras e do monte comunal polo da agricultura intensiva e dependente da industria. Un pasado que determinou a realidade actual do rural chairego e da súa paisaxe. Ana Cabana fálanos de como tivo lugar ese proceso e das súas consecuencias.

Ventonoso. Propietarios ante a invasión eólica. 26.06.2012

A asociación de propietarios de terreos eólicos, Ventonoso, está levando a cabo unha campaña de información e asesoramento dos veciños fronte a enxurrada de parques eólicos que virán nos vindeiros anos para os montes galegos, en virtude do último concurso eólico. Ventonoso dá as claves para artellar unha negociación xusta coa empresa eólica.

Contaminación por partículas nas cidades galegas 25.06.2012

A contaminación por partículas nas cidades galegas é superior ao marcado pola lei nalgunhas cidades galegas e os seus niveis sobrepasan en todos os casos o recomendado pola OMS. Este organismo vén de recoñecer como elemento carcinóxeno a contaminación por partículas derivada dos motores diésel.

Boletín informativo ambiental 22/06/12 22.06.2012

Entérate da actualidade da semana sobre o medio e a ecoloxía en Galiza en dez minutos e a través de Radio Cerna.

O futuro da lagoa artificial das Pontes 21.06.2012

Endesa anuncia novos proxectos enerxéticos asociados á lagoa artificial das Pontes e a Xunta non descarta avalialos. Aínda así, o futuro da "lagoa" das Pontes é aínda un misterio. Doutra banda, os ecoloxistas cren que a chamada "lagoa" non é máis que unha hipoteca ecolóxica e social de futuro.

A caducidade das concesións hidroeléctricas pendentes de execución 20.06.2012

Tras a aprobación do plano hidrolóxico de Galiza, o organismo competente na xestión da bacía Galicia-Costa, anuncia que comezará a abrir expedientes de caducidade para unhas 115 concesións hidroeléctricas sen executar desde hai varias décadas. Tamén terá que decidir que facer coas 85 concesións afectadas pola moratoria do bipartito, que non están aínda autorizadas. Neste espazo falamos co presiden...

Corcoesto: o ouro prometido 19.06.2012

A febre do ouro chega a Cabana de Bergantiños, onde a empresa canadense Edwater Rio Narceda Gold Mines solicita a explotación de tres antigos xacementos de ouro na parroquia de Corcoesto. O impacto paisaxístico do proxecto, a necesidade de auga, a contaminación con metais pesados e a falta de garantías ante un eventual accidente fan que algúns dos veciños xa se teñan constituído en Plataforma para...

O Supremo ratifica a ilegalidade de Reganosa 18.06.2012

O Tribunal Supremo ratifica unha sentenza do Tribunal Superior de 2008 na que se anulaba a modificación do planeamento ordenación municipal de Mugardos, pola cal se cambia o uso do solo no que se asenta Reganosa por industrial. A anulación desta modificación significa que Reganosa non cumpre a lei urbanística e que, polo tanto, segundo o Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, perde todos o...

Boletín informativo ambiental 15/06/12 15.06.2012

Escoita o repaso das novas ambientais acontecidas en Galiza na última semana.

Lexislación ambiental: legalización de vivendas para derrubo 13.06.2012

A nova lei de vivenda de Galiza que está en tramitación está a crear controversia entre certos sectores por permitir a moratoria de derrubos de vivendas ilegais senteciados polos tribunais. Pero é constitucional esta amnistía urbanística?

Os impactos do cambio climático no patrimonio arqueolóxico de Pontevedra 12.06.2012

Un estudo do CSIC avalía o grao de afección que o cambio climático pode provocar sobre os xacementos arqueolóxicos da primeira liña de costa de Pontevedra. En total estuda 19 xacementos, algúns dos cales poderían chegar a desaparecer nun breve período de tempo.

Os biólogos fronte a política ambiental da Xunta 11.06.2012

O Colexio de Biólogos de Galiza pon en entredito a política da Xunta en materia ambiental e aproveita o Día Mundial do Medio Ambiente para facer unha chamada de atención á Administración sobre biodiversidade, política forestal, política de prevención de lumes ou contaminación electromagnética.

Boletín informativo ambiental 08/06/12 08.06.2012

Hoxe, día mundial dos océanos, Radio Cerna repasa a actualidade ambiental da semana.

Manifestación por unha lei de montes de Galiza 07.06.2012

Este sábado, 9 de xuño, está convocada unha manifestación en Santiago de Compostela para reivindicar, con motivo do día do medio ambiente, unha lei de montes de Galiza que siga criterios de sustsentabilidade, multifuncionalidade e que cree oportunidades de traballo no rural. Convocan esta marcha ADEGA, FRUGA, CIG e a ORGACCMM. Falamos co presidente da Organización galega de Montes Comunais sobre o...

Pesca sen morte en Galiza 06.06.2012

Neste espazo analizamos a situación da pesca sen morte en Galiza coa axuda da organización Ríos con Vida, a cal demanda que como mínimo o 30% dos leitos fluviais sexan declarados de pesca sen morte.

Voluntariado galego en ríos 05.06.2012

Varias entidades galegas están a desenvolver proxectos de voluntariado ambiental en ríos dentro do programa promovido polo Ministerio de Medio Ambiente dedicado á recuperación dos efluentes. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil é a encargada en Galiza de coordinar os proxectos de voluntariado na bacía Miño-Sil.

Cementos Cosmos ocupa un monte dos veciños de Triacastela 04.06.2012

A canteira de Cosmos en Triacastela ocupa un monte comunal cuxa titularidade reclaman os veciños, asegurando que a empresa non ten asignada a propiedade do monte de forma legal. Piden ao concello que free a entrada das máquinas da empresa nestes terreos, e lémbralle que esta carece de licenza municipal.

Boletín informativo ambiental 01/06/12 01.06.2012

Entérate do que pasou no país durante esta semana no eido medioambiental. Escoita este espazo Cerna que che resume esta actualidade.

Lexislación ambiental: decreto medidas urxentes en medio ambiente 31.05.2012

O goberno centra modifica pola vía da urxencia catro leis relativas á normativa ambiental do Estado español. Os cambios que se prevén nas leis de augas, residuos, contaminación atmosférica e espazos protexidos foron tachados de "centralizadores, desprotectores e pouco transparentes". Neste espazo Alba Nogueira analiza o decreto e dá conta das súas consecuencias en materia ambiental.

Serra do Suído: excluída da ampliación da Rede Natura 30.05.2012

A Serra do Suído é un dos espazos galegos da Rede Natura que quedaron fóra da ampliación de espazos protexidos proposta pola Xunta de Galiza, por mor da instalación de tres parques eólicos. O Suído ten unha das maiores representacións de turbeira (hábitat prioritario) de Europa.

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.