Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Proxecto Ríos e as novas tecnoloxías. 11.09.2012 10:06
Proxectos Ríos súmase ás novas tecnoloxías e elabora un xeovisor para dotar de informacion sobre o estado dos ríos galegos de xeito máis próximo e accesible a calquera usuario de internet. Virxinia Rodríguez explícanos como funciona este xeoportal.
Que hai detrás do trasvase Meirama-Cecebre? 10.09.2012 10:01
ADEGA analiza o proxecto relativo ao trasvase de auga da balsa mineira de Meiraba ao encoro de Cecebre, que dá de beber á área metropolitana da Coruña. Nesta análise descubre que, ademais do trasvase, existen outros proxectos asociados que tirarían beneficio para empresas privadas.
Boletin informativo ambiental 07/09/12 07.09.2012 10:02
Neste boletín informativo poderás escoitar dez minutos de información sobre o que aconteceu esta semana no eido ambiental galego.
Flora (hérbedo) e fauna (cuco II) 06.09.2012 10:26
Hoxe en Radio Cerna ampliamos o noso coñecemento sobre a flora e fauna do país. Abordamos a planta do hérbedo e completamos a exposición de Pepe Salvadores sobre o cuco.
Flora (roseira) e fauna (cuco I) 05.09.2012 10:26
Escoita un novo capítulo da sección de flora e fauna de Galiza en Cerna, no que che apresentamos unha planta, a roseira, e un paxar, o cuco (1ª parte).
Lexislación ambiental: sentenza histórica contra Monsanto. 04.09.2012 10:26
Unha sentenza do Tribunal de Grande Instancia de Lyon condena a Monsanto a indemnizar a un agricultor francés por intoxicación. Un fallo histórico, segundo algúns, que pon en dúbida a inocuidade dos seus herbicidas. Alba Nogueira, profesora de dereito ambiental, axudaranos a interpretar esta sentenza.
Avespas invasoras en Galiza 03.09.2012 10:19
Os expertos chaman a atención sobre a inminente chegada a Galiza de dúas avespas perigosas para a biodiversidade vexetal e animal e piden que se tomen precaucións. Trátase da avespa velutina e da Urocerus albicornis.
Herbicidas tóxicos na limpeza da Muralla de Lugo 31.07.2012 10:07
O movemento "Muralla Viva" rexeita o uso do glifosato, agrotóxico non selectivo, para a limpeza da vexetación da Muralla lucense. A Xunta ten determinado empregar este herbicida en agosto. Sen embargo, varios grupos e colectivos sociais solicitan que se empregue o método manual que é menos agresivo para os animais e plantas e inocuo para a saúde pública.
O ineludible na protección do Camiño Primitivo 30.07.2012 10:07
No seu segundo aniversario, o Foro do Camiño Primitivo, apremia á Xunta a protexer a vía histórica a través da súa delimitación oficial, para a cal demandará aspectos ineludibles. O Camiño Primitivo é candidato a Patrimonio da Humanidade, e sen unha protección oficial, merman as súas posibilidades de acadar este recoñecemento.
Boletín informativo ambiental 27/07/12 27.07.2012 10:01
Queres coñecer as novas máis destacadas desta semana na actualidade ambiental dos últimos días? Escoita este espazo Cerna e entérate!
Proba de trial no Bosque do Cadro 26.07.2012 10:07
Varios colectivos presentaron unha denuncia contra o concello de Marín por permitir e patrocinar unha proba de trial no Bosque do Cadro, no que están catalogados monumentos megalíticos. Neste espazo falamos co voceiro da Plataforma en Defensa dos montes do Morrazo.
Nace a Plataforma en Defensa da Montaña 24.07.2012 10:07
Os recortes en servizos básicos serán máis acuciantes na montaña luguesa. A Xunta programa para estas zonas de alta montaña a unificación de aulas e a redución de persoal educativo. Os veciños e veciñas da montaña cren que estes recortes tamén se farán nos servizos sanitarios e todo, baixo o parangón da pouca poboación. O certo é que estes cambios son os que empuxan ao abandono do rural.
Tala masiva de árbores por mor do AVE, en Laza 23.07.2012 10:01
Unhas 4.000 árbores en total se pretenden botar abaixo para o paso do AVE por Laza. Esta actuación que non está incluída na Declaración de Impacto ambiental afectaría a un LIC e a bosque de ribeira. Veciños e veciñas da zona, ademais de colectivos ecoloxistas, piden a paralización da tala e a execución do trazado orixinal.
Boletín informativo ambiental 20/07/12 20.07.2012 10:08
Escoita o espazo de Radio Cerna que resume en dez minutos as novas máis destacadas acontecidas a última semana no medio natural galego.
Lexislación ambiental: o decreto equino e os cabalos do monte 19.07.2012 10:08
A Xunta saca á luz un novo decreto que regula as condicións zoosanitarias e de identificación dos equinos galegos, tamén daqueles que viven no monte ou son cabalos mostrencos. Para os propietarios dos equinos este decreto é o fin dos cabalos salvaxes.
Espazos protexidos como oportunidade de desenvolvemento 18.07.2012 10:01
Así é como se titula o Seminario que terá lugar mañá e pasado no centro de divulgación ambiental CEIDA, no Castelo de Santa Cruz de Oleiros. O Seminario acolle a varios expertos en desenvolvemento rural en áreas protexidas e varias experiencias de éxito neste eido. Tamén tratará de responder á incógnita do porqué en Galiza os espazos protexidos non se acaban de ver como oportunidades de desenvolve...
Nace o Seminario de Estudos do Valadouro 17.07.2012 10:07
É a primeira entidade desta comarca do Norte de Lugo que nace coa intención de recompilar todo tipo de patrimonio da zona e de inventarialo. Unha aposta pola conservación patrimonial desde varios puntos de vista.
Medio ambiente rexeita o Salto do Navia 16.07.2012 10:07
Tras 60 anos de ameaza do Salto do Navia, o Ministerio de Medio ambiente declara negativo o estudo de impacto ambiental presentado pola promotora (Saltos del Navia). Con este é o oitavo intento da empresa de promover esta macroinfraestrutura nunha zona que hoxe conta con 5 figuras de protección ambiental. O lastre desta ameaza tivo consecuencias negativas para Navia e Fonsagrada durante todas esta...
Boletín informativo ambiental 13/07/12 13.07.2012 10:02
Coñece cales foron as novas máis destacadas desta semana no eido ambiental galego.
Naturviva vixía o Sobreiral do Arnego 12.07.2012 10:02
A asociación ecoloxista Naturviva de Agolada inicia unha nova campaña de voluntariado de vixianza e disuación contra os lumes forestais no Sobreiral do Arnego. Desta volta sen o apoio institucional.
O humanismo do monte galego 11.07.2012 10:08
No encontro organizado por ADEGA en Lugo sobre "A cultura do monte galego", o arqueólogo e museólogo Felipe Senén deu conta do humanismo co que se foi construíndo a cultura e a relación da sociedade co monte de Galiza, un humanismo que hoxe está en declive.
O monte na cultura tradicional galega 10.07.2012 10:07
A idea do monte na nosa cultura tradicional relaciónase co caso, a incerteza e a inseguridade, pero tamén o monte constitúe unha peza fundamental na supervivencia da sociedade rural tradicional. O monte galega acábase convertendo nun dos principais elementos que se usaban para construír a moral galega. Disto fálanos o etnógrafo Xosé Manuel González Reboredo no espazo Cerna de hoxe.
Montes veciñais: historia dunha supervivencia 09.07.2012 10:01
Nos vindeiros tres días Radio Cerna recolle as palestras de tres expertos na cultura do monte, participantes da xornada "A Cultura do Monte" organizada por ADEGA a pasada semana en Lugo. Hoxe abordamos a historia dos montes veciñais, unha historia de supervivencia segundo o historiador Carlos Morgade.
Boletín informativo ambiental 06/07/12 06.07.2012 10:08
Coñece todas as novas máis destacadas desta semana no eido ambiental galego, aquí en Radio Cerna.
A Casa das árbores do Carballo con Botas 05.07.2012 10:08
Anxo Moure, o "Carballo con Botas" fixo realidade o soño de moitos nenos e nenas, e tamén de adultos/as, ao construír no cumio dun carballo e dun castiñeiro unha casa para morar, ler e descubrir personaxes fantásticos. É a Casa das árbores do Carballo con Botas.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.