Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1697 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Funciona a certificación da pesca sostible MSC? 18.10.2012

Por primeira vez en 15 anos, a entidade certificadora da pesca sostible, MSC, fai un estudo da evolución das pesquerías certificadas en todo o mundo. No Estado español, o selo leva implantado só dous anos pero xa se poden obter algúns resultados.

Glosario forestal en galego e na rede 17.10.2012

O Servizo de Normalización Lingüística da USC lanza un glosario de termos galegos relacionados coa área de estudo e manexo forestal para recuperar formas de léxico que se foron perdendo coa chegada de anglicismos, novas prácticas e tecnoloxías.

O galego na rede, en perigo de extinción 16.10.2012

Un estudo da rede europea Meta. Net conclúe que boa parte das linguas europeas poderían desaparecer da rede por non ofrecer recursos nin poseer ferramentas lingüísticas coas que traballar de xeito on-line. Unha destas linguas é o galego. Analizamos a situación da nosa lingua na rede coa coordinadora do estudo na Universidade de Vigo.

O xuízo do Prestige. Impunidade Nunca Máis 15.10.2012

Mañá comeza na Coruña o xuízo oral pola castástrofe do Prestige. Tras dez anos desde a marea negra a voz crítica da plataforma Nunca Máis rexorde para pedir a non impunidade aos danos ocasionados polo petroleiro nas nosas costas. É por iso que mañá ás 11 horas Nunca Máis convoca á cidadanía galega a manifestarse no recinto feiral da Coruña.

I Foro de Terapias asistidas con animais 11.10.2012

As terapias asistidas con animais para persoas discapacitadas teñen demostrada a súa efectividade para o paciente como para o benestar do animal. A finais deste mes celébrase o primeiro foro a nivel estatal sobre terapias asistidas para dar a coñecer os seus beneficios e intercambiar experiencias. A Asociación ANDREA participará neste Foro.

Guía sobre custodia fluvial en Galiza 10.10.2012

É o primeiro manual de custodia fluvial de Galiza e do Estado. Está editado por ADEGA, no marco do Proxecto Ríos, e a finais de ano estará a disposición do público xeral.

Efectos dos transxénicos a longo prazo. Un estudo pioneiro. 09.10.2012

Por primeira vez, a comunidade científica estuda os efectos na saúde das persoas e dos animais dun alimento transxénico a longo prazo. O estudo obtén un resultados alarmantes.

Por un servizo público único contra os lumes forestais 08.10.2012

Sindicatos, asociacións de profesionais contra o lume, organizacións ecoloxistas, agraria e sociais, reúnense nunha plataforma para pedir un servizo único e público de prevención e extinción de l umes, fronte á privatización do servizo.

Atún e mexillón, enfrontados pola súa orixe 04.10.2012

A reforma da Política pesqueira común está a enfrontar ao sector conserveiro galego. Unha emenda de europetuada Carmen Fraga ao informe Stevenson consegue eliminar da etiqueta das latas a orixe de procedencia do molusco, peixe ou marisco do seu interior. Para algúns esta é unha necesidade no sector, para outros, a perda da diferenciación do produto local e de calidade e unha fraude para o consumid...

Como de investigados están os nosos mares? 03.10.2012

O Instituto Español Oceanográfico fixo a recompilación de todos os estudos e investigacións que teñen realizado no Estado relativos á situación ecolóxica dos nosos mares e océanos. Hoxe falamos cun membro do EIO en Vigo para coñecer cal é a saúde ecolóxica dos mares galegos.

Non á masacre de cans en Pontevedra 02.10.2012

Trece protectoras da provincia de Pontevedra xúntanse en Plataforma para denunciar a privatización do servizo de recollida e refuxio por parte da Deputación provincial e abrir ás portas ao exterminio de animais cando as instalacións de Armenteira (Meis) non teñan suficiente capacidade de acobillo.

Dez anos de Educación ambiental nas Corcerizas 01.10.2012

O centro de educación ambiental de Amigos da Terra no Macizo Central de Ourense, as Corcerizas, vén de cumprir 10 anos de actividade. Esta fin de semana As Corcerizas celebrou por todo o alto o seu décimo aniversario.

Boletín informativo ambiental 28/09/12 28.09.2012

En poucos minutos poderás coñecer toda as novas de relevancia que se produciron en Galiza na última semana. Escoita este espazo Cerna!

Semana da Custodia do Territorio nas Mariñas-Betanzos 27.09.2012

Desde hoxe ata o vindeiro domingo celébrase o II Encontro de Custodia do Territorio de Galiza, organizado pola Fundación Fragas do Mandeo e o GDR das Mariñas-Betanzos. Expertos en ríos, ONG, asociacións ecoloxistas, empresas e responsables públicos compartirán mesa de debate sobre a custodia territorial.

Por unha Galiza sen petróleo 26.09.2012

A organización Véspera e Nada presenta a todos os candidatos á presidencia da Xunta un informe no que se propoñen varias medidas para poder facer fronte aos problemas de distribución e encarezamento do petróleo en datas moi próximas.

Premios Cemento e Semente 2012 25.09.2012

O colectivo ecoloxista Verdegaia falla os seus premios "Cemento" e "Semente" deste ano 2012. O pasado domingo tivo lugar a entrega de premios en Compostela, na que houbo sorpresas.

Plan Galego de Especies Invasoras 24.09.2012

O goberno galego impulsa a creación do Plan Galego de Especies Invasoras, e encarga un estudo previo ao Grupo Especialista en Invasións Biolóxicas para diagnosticar a situación de afección actual e establecer as liñas básicas de actuación. Coñecémolas neste espazo...

Boletín informativo ambiental 21/09/12 21.09.2012

Radio Cerna ofréceche 10 minutos de información sobre os acontecementos máis actuais no eido ambiental en Galiza. Querémolos compartir contigo.

Campaña de outono de Proxecto Ríos e limpeza simultánea 20.09.2012

Comeza a campaña de outono de Proxecto Ríos, cuxa primeira actividade será o vindeiro 30 de setembro, coa realización da limpeza simultánea de ríos en todo o país. Ademais desta actividade, a campaña de outono ofrece moitas outras que che contamos neste programa.

Acción directa de recuperación de espazos públicos 19.09.2012

Así é como se chama un grupo de persoas da comarca de Ferrolterra que reivindican a utilización do orzamento destinado á reforma da Praza Maior de Ferrol á recuperación do patrimonio histórico e cultural deteriorado. A través de acción activa da recuperación de elementos patrimoniais queren chamar a atención dos gobernos locais e da Xunta.

Retirada diaria das nasas a prol dos cetáceos 18.09.2012

Varios colectivos ecoloxistas piden ás confrarías galegas que retiren as nasas do mar unha vez remate a xornada de pesca. O motivo é os impactos negativos que os cabos das nasas causan nos mamíferos e tartarugas mariñas.

Demandas ecoloxistas aos candidatos á presidencia 17.09.2012

A FEG, ADEGA, SGHN, CEMMA e Amigo da Terra presentaron aos candidatos ás eleccións autonómicas o "Programa Terra 2012" no que se recollen as 12 propostas e demandas ecoloxistas para o futuro goberno de Galiza.

Boletín informativo ambiental 14/09/12 14.09.2012

Aquí atoparás as novas ambientais máis destacadas do país nos últimos días...

Desbroces masivos nas illas atlánticas 13.09.2012

Verdegaia denuncia desbroces masivos no Parque Nacional das Illas Atlánticas e advirte que, de seguir estas prácticas, pedirán a retirada da categoría de Parque Nacional.

Masterra: a terra como base da ordenación territorial 12.09.2012

Unha nova concepción sobre a ordenación do territorio baseada na terra e na sustentabilidade pasa a ser materia de máster na USC. Onte comezou o "Masterra" no Campus de Lugo para formar aos alumnos na creación de "novos territorios".

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.