Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1697 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Boletín informativo ambiental 23/11/12 23.11.2012

Neste espazo Cerna dos venres escoitarás un resumo das novas ambientais acontecidas en Galiza nos últimos días.

Lexislación ambiental: encarecemento do acceso á xustiza 22.11.2012

Nesta seman aprobouse polo goberno central a subida das taxas xudiciais para a interposición de recursos. Unha das varias medidas que nos últimos dous anos están a dificultar cada vez máis o acceso á xustiza, sobre todo, dos que teñen menos recursos e das organizacións sen ánimo de lucro. Explícanolo a profesora en Dereito Ambiental na USC, Alba Nogueira.

O “normativización” do galego, por Isaac Alonso Estraviz 21.11.2012

O Estraviz profesor e filólogo aborda os problemas cos que se atopa a normalización do galego diante da súa "normativización". Tamén resalta a falta de eficación das institucións culturais galegas na promoción do uso do noso idioma e a política anti-galega que está a executar o goberno de Fixóo.

Na busca da paisaxe cultural do futuro 20.11.2012

Cal é a paisaxe que represente a identidade dos galegos e das galegas no futuro? Esta cuestión é a que se intentará definir nas VI xornadas da paisaxe cultural do Noroeste organizadas pola Deputación da Coruña. Trátase de dar pasos na regulacion da paisaxe en Galiza e de establecer unha metodoloxía da "integración paisaxística" das actividades humanas. Pero, en que casos é posible esta integración...

O IPCC en Vigo, para mitigar o cambio climático 19.11.2012

Hai unha semana tiña lugar en Vigo a primeira xuntanza en Europa do Panel Intergubernamental sobre o Cambio Climático (IPCC). Nomeadamente, reuniuse o grupo de expertos do IPCC especialista nas metodoloxías e políticas de mitigación. O obxectivo foi revisar os milleiros de achegas neste eido ao que será o último informe do IPCC, que se publicará en 2014. Falamos co organizador e único galego integ...

Boletión informativo ambiental 16/11/12 16.11.2012

Repasamos a actualidade informativa desta semana no eido ambiental de Galiza na que o Aniversario da catástrofe do Prestige tivo especial relevancia. Neste espazo de Cerna, afondamos nesta e noutras cuestións sobre o medio natural galego que tiveron lugar nos últimos días.

O Atlas enerxético dixital de Galiza 15.11.2012

A Consellaría de Industria pon a andar un instrumento informático que leva artellando nos últimos 10 anos e que permitirá, segundo o INEGA, planificar con maior orde as insfraestruturas enerxéticas en Galiza. Coñecemos que é o Atlas enerxéctico dixital de Galiza.

O dicionario de Estraviz, por Isaac Alonso Estraviz 15.11.2012

Isaac Alonso Estraviz colabora desde hai anos con Radio Cerna na súa sección de terminoloxía para explicarnos o significado de innumerables verbas galegas. Estraviz é un dos filólogos e lexicógrafos máis importantes de Galiza e o primeiro en elaborar un dicionario galego, só en galego. Hoxe preséntanos esta obra que xa sufriu varias actualizacións e que está en proceso dunha última que se publicar...

Homenaxe de APDR ao volutnariado do Prestige 13.11.2012

Hoxe é o X aniversario da catástrofe do Prestige, e tamén reiníciase o xuízo oral sobre esta causa. Durante toda esta semana moitas persoas organizacións de todo tipo lembran aquel suceso a través de diferentes actos, como o que celebrará o vindeiro sábado en Pontevedra a Asociación para a Defensa da Ría. Será un concerto-homenaxe para o voluntariado e terá lugar no recinto feiral de Pontevedra.

Unha Alianza Social Galega fronte as políticas antisociais 12.11.2012

Máis de 60 colectivos entre sindicatos, ONGs, asociacións culturais, ecoloxistas, de pais e nais, estudantes, agricultores, organizacións sociais, etc., conforman a recentemente constituída Alianza Social Galega. O seu propósito é loitar contra as políticas de recortes do goberno do PP e formular alternativas para afrontar a crise.

Boletín informativo ambiental 09/11/12 09.11.2012

Neste boletín, Cerna fai repaso da actualidade ambiental da última semana, repasando as novas máis destacadas neste eido.

Guía botánica dos muros de Compostela 08.11.2012

O autor deste primeiro manual das plantas e flores dos muros de Santiago de Compostela, Xosé Antonio Díaz Peromingo, explícanos neste espazo Cerna que podemos atopar nesta guía e cal é a súa finalidade.

Os abelleiros e o declive das abellas 07.11.2012

Neste programa coñecemos a experiencia de Abella Lupa, cooperativa recentemente premiada co 1º galardón da Fundación Biodiversidade por contribuír ao mantemento da biodiversidade. TAmén abordaremos cales son as principais causas da desaparición e declive da poboación de abellas en Galiza, necesarias para a vida.

Os produtos das abellas 06.11.2012

Na II Feira de produtos naturais e artesáns da Eira da Xoana, as abellas tiveron un papel protagonista. Ademais dunha degustación dos meles das serras galegas, alí poidemos coñecer cales son os outros produtos que producen estes insectos tan necesarios para a vida. Hoxe e mañá falaremos das abellas en Radio Cerna.

A invasión dos químicos 05.11.2012

Estamos rodeados de produtos químicos polo que non é doado fuxir da súa influencia no medio no que vivimos e no noso propio organismo. Pero podemos evitalos en grande medida seguindo unha vida o máis ecolóxica posible. Hoxe coñecemos onde están algúns deles e que problemas xeran.

Boletín informativo ambiental 02/11/12 02.11.2012

Coñece as novas ambientais desta semana acontecidas no teu país, neste programa informativo de Cerna.

Lexislación ambiental: o proceso da causa “Prestige” 31.10.2012

A profesora de dereito ambiental na USC, Alba Nogueira, explica desde o punto de vista xurídico como se desenvolverá o proceso xudicial do Prestige e que resultados se poden derivar do mesmo.

O Supremo falla contra unha cementeira de Narón 30.10.2012

Aínda que moitas veces a Xustiza chega tarde, polo menos chega. Os veciños e veciñas dos Cruceiros de Castro de Narón conseguen gañar no Supremo fronte ao recurso do concello e dunha cementeira pola instalación desta fábrica a escasos metros das súas vivendas. Agora o a cuestión que preocupa é a execución da sentenza.

A Fiscalía responde aos casos denunciados por ADEGA 29.10.2012

ADEGA mantivo unha reunión coa Fiscalía de Medio ambiente de Galiza para coñecer a situación dalgúns dos casos denunciados pola entidade con presuntos indicios de causas penais.

Boletín informativo ambiental 26/10/12 26.10.2012

Escoita cales foron as novas da actualidade ambiental desta semana no país galego.

II Feira de produtos naturais e artesáns na Eira da Xoana 25.10.2012

Será este domingo 28 de outubro. Esta é a segunda edición da Feira de produtos naturais e artesáns que se celebra na Parroquia de Ramil (Agolada), no equipamento ambiental de ADEGA "Eira da Xoana". Haberá preto de 50 postos, obradoiros, charlas e outras actividades de convivio.

Montes de Pontevedra de cara á sustentabilidade 24.10.2012

A Mancomunidade de montes de Pontevedra deseña un plan de xestión para os vindeiros 10 anos baseado nas tres funcións do monte e tendo en conta as pecualidades dos espazos periurbanos. Será o primeiro plano integral a longo prazo para montes urbanos de Galiza.

ADEGA recorre o arquivo da causa penal contra o alcalde de Barreiros 23.10.2012

O Xulgados de Mondoñedo arquivan provisionalmente a causa penal contra o alcalde e a arquitecta municipal de Barreiros. Contra este feito, ADEGA presentou un recurso de reforma por entender que o sobresemento da causa non está motivado polo xuíz e presenta, así mesmo, unha queixa no Consello Xeral do Poder Xudicial.

Balanzo ambiental da pasada lexislatura de Núñez Feixóo 22.10.2012

O colectivo ecoloxista ADEGA suspende o exame ambiental da lexislatura anterior de Alberte Núñez Feixóo. ADEGA divide a etapa de Feixóo nunha primeira parte de desregulación e nunha segunda fase de creación de instrumentos de planificación que abren as portas descaradamente á especulación fronte os intereses xerais.

Boletín informativo ambiental 19/10/12 19.10.2012

Espazo informativo das novas desta semana máis destacadas no eido medioambiental galego. Coñece que pasa na túa contorna!

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.