Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1697 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Guía botánica do Campus de Lugo 04.01.2013

Un grupo de investigadores e profesores da Universidade de Compostela elaboraron a Guía botánica do Campus de Lugo con obxectivos didácticos, de preservación vexetal e turísticos. O botánico Antonio Rigueiro dá conta dos contidos desta guía e das características do roteiro botánico deseñado no Campus de Lugo e que se quere conectar cos paseos dos ríos Rato e Miño.

O rural como documental audiovisual 03.01.2013

Varios son os traballos audiovisuais que arestora versan sobre o rural galego e as súas ameazas. Autores como Senem Outeiro, Diana Toucedo ou Alberte Román retratar a través de documental o ensino no medio rural, as expectativas de futuro dos seus habitantes e a situación dos montes veciñais en man común. Con eles, falamos.

Perspectivas da loita ambiental para 2013 02.01.2013

Comezando o ano, ADEGA fai unha análise dos retos ecoloxistas para 2013. Mentres o ano pasado se foron creando os instrumentos legais e xurídicos que flexibilizan a intervención no territorio, este ano 2013 será o da execución e a posta en marcha de proxectos que buscan novos recursos para explotar no país.

Os perigos dos herbicidas: a atrazina 28.12.2012

Recentes estudos do CSIC revelan que herbicidas como a atrazina, prohibidos pola Unión Europea no Estado hai 5 anos, aínda están presentes en terras de cultivo de Galiza e que os seus prexuízos son a longo prazo.

II Inventario de Custodia do Territorio en Galiza 27.12.2012

ADEGA realiza o 2º inventario galego de Custodia do Territorio. Nel recóllense os proxectos e entidades que están a desenvolverse hoxe en día en Galiza. Este inventario forma parte do programa de actuacións da Asociación galega de entidades de custodia para promover esta figura de defensa do patrimonio natural e cultural no país.

“Para que serven as aves?” 26.12.2012

É o título da primeira obra literaria do ornitólogo Antonio Sandoval, na que percorre a costa galega na busca das "utilidades" das aves, agora e durante ao longo dos tempos.

Boletín informativo ambiental 21/12/12 21.12.2012

Escoita os seguintes minutos nos que repasamos a actualidade ambiental galega da última semana.

Solsticio de inverno na Eira da Xoana 20.12.2012

ADEGA celebra mañá na Eira da Xoana o Solsticio de Invernou ou Homenaxe ao Sol, unha tradición milenaria que se foi perdendo nos tempos e que este colectivo pretende recuperar.

Alvarella, un referente no uso das enerxías renovables 19.12.2012

O equipamento de Educación Ambiental, Alvarella, próximo ao Parque Natural das Fragas do Eume, vén de recibir o premio Eurosolar 2012 polo emprego e fomento do uso das enerxías renovables. É unha mostra de como a enerxía solar pode axudara aforrar á mediana e pequena empresa. Hoxe falamos cunha das xestoras de Alvarella.

A Xunta avoca o Camiño Primitivo á desaparición cunha delimitación exprés 18.12.2012

A Xunta vén de delimitar oficialmente o Camiño Primitivo, o máis antigo de peregrinación a Compostela. E faino de xeito sorpresivo e sen atender ás alegacións de ducias de colectivos que defenden o patrimonio cultural e natural en Galiza, e que están conformados no Foro do Camiño Primitivo. Este Foro anuncia un recurso ante a Unesco e IComos-España.

Premios osíxeno e dioxina 2012 de ADEGA 17.12.2012

Esta fin de semana foron entregados por ADEGA os premios osíxeno e dioxina 2012, que representan as boas e as malas prácticas ambientais máis destacadas deste ano. Coñece quen son os galardoados neste espazo.

Boletín informativo ambiental 14/12/12 14.12.2012

Neste espazo damos conta das novas máis destacadas desta semana no eido ambiental galego. Coñéceas!

As inundacións “planificadas” do río Rato de Lugo 13.12.2012

ADEGA, AEMS-Ríos con Vida e a Asociación galega de custodia do territorio elaborar un estudo de inundabilidade do río Rato de Lugo para cartografiar o seu nacemento e fontes para evitar a súa urbanización, tal e como se dispón no novo PXOM de capital lucense. O estudo concluúe que o novo planeamento urbanístico agravaría as consecuencias dunha inundación.

A Xunta frea a súa política fronte o cambio climático 12.12.2012

O goberno galego presentou hai poucos días o Primeiro informe galego sobre cambio climático e, ao mesmo tempo, anunciou a paralización do plan galego contra o cambio climático. A motivación desta decisión é a crise económica, mais outros pensan, como ADEGA, que non facer nada diante deste problema sairanos máis caro a todos e todas.

III Feira de Sustentabilidade na Universidade da Coruña 11.12.2012

Mañá terá lugar a III Feira da Sustentabilidade organizada pola Universidade da Coruña e ADEGA. Desenvolverase no Campus de Elviña, na Facultade de Económicas e durante todo o día haberá obradoiros, charlas, mercado de troco e xogos.

A política pesqueira común aos pés das multinacionais da acuicultura 10.12.2012

O Estado español conta co apoio da Comisaria europea de pesca, Sra. Damanaki, para destinar unha partida orzamentaria dos fondos europeos para subvencionar no 50% ás granxas de acuicultura industrial. Esta axuda europea seria determinante para o futuro do noso litoral, xa que dela dependería a implantación de moitas piscifactorías nas nosas cosas, co conseguinte impacto social e ambiental do que s...

Boletín informativo ambiental 07/12/12 07.12.2012

Escoita o resudo da actualidade ambiental da última semana aquí en Radio Cerna!

Trasvase de augas contaminadas para a xeración de enerxía 05.12.2012

Fenosa-Gas natural proxecta un trasvase de auga entre o encoro das Conchas do río Limia e o encoro de Salas para aproveitar a enerxía producida a través dun ciclo reversible. Aínda que nun principio o impacto semella mínimo, non é así, segundo a SGHN. Escoitamos ao seu presidente.

As mentiras de Sogama e as verdades da ILP 04.12.2012

Sogama e a Xunta volven apostar pola incineración dos residuos sólidos urbanos de Galiza. Propóñense crear unha nova planta incineradora ao lado da de Sogama, afondando na centralización do tratamento do lixo, na contaminación de dioxinas e furanos e na fraude económica. Hoxe coñecemos en Radio Cerna as mentiras de Sogama e as verdades da Iniciativa Lexislativa Popular que a cidadanía quere que se...

Arranca o proxecto Arredor da Auga 03.12.2012

ADEGA e a Asociación Cultural O Fervedorio, de Cuntis, inician os traballos de voluntariado e custodia fluvial do río Gallo, que tentarán poñer en valor os seus elementos patrimoniais e naturais.

Boletín informativo ambiental 30/11/12 30.11.2012

Coñece as novas máis destacada desta semana no ámbito ambiental galego, aquí en Radio Cerna.

Cálculo matemático para recuperar os bosques queimados 29.11.2012

A Universidade de Xaén discorre un sistema de cálculo que permite predecir en canto tempo un terreo queimado pode tardar en recuperarse, e que estratexias de recuperación se deben empregar para que esta sexa máis rápida. Tratamos este tema cun dos artífices deste sistema, Xulio Alcántara.

O Monte Pindo terá finalmente a súa antoloxía poética 28.11.2012

A asociación Monte Pindo Parque Natural consegue dotar de finanzamento ao proxecto "Antoloxía poética do Monte Pindo" que sairá á luz pública a comezos do ano que vén. A través da subscrición popular a través de internet superouso o capital mínimo necesario para editar a obra. A coordinación do traballo estivo a cargo dos escritores Francisco X. Fernández Naval e Miro Villar.

A reserva de terras raras en Galiza e impactos 27.11.2012

O profesor e químico inorgánico Ricardo Prego Reboredo é un dos poucos investigadores que están a estudas a presenza de terras raras en Galiza, aquelas polas que se está a interesar a industria da electrónica e das enerxías verdes. Falamos con el para coñecer máis a fondo estes "mineirais do futuro", onde se atopan en Galiza e cales poden ser os perigos da súa explotación.

A explotación do “ouro verde” en Galiza 26.11.2012

Dúas multinacionais estanse a interesar polos minerais máis cobizados para a fabricación das novas tecnoloxías. Unha delas quere explotar as terras raras da Serra do Galiñeiro e outra o tantalio da mina de Penouta, en Viana do Bolo. Acabará callando este tipo de minaría en Galiza?

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.