Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1697 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Boletín informativo ambiental 08/02/13 08.02.2013

Descubre neste espazo de Radio Cerna cales son as novas máis impactantes desta semana no eido medioambiental galego.

A CEMMA en Indemares e o Banco de Galicia 07.02.2013

No programa anterior versabamos sobre o proxecto Indemares, que trata de identificar as áreas mariñas do Estado con potencialidades para ser protexidas como Rede Natura. De Galiza só participou neste proxecto a CEMMA, como entidade asociativa sen ánimo de lucro. Hoxe coñecemos cal foi o seu papel en Indemares e que foi o que atopou na área a protexer máis próxima a nós, no Banco de Galicia.

Indemares: a Rede Natura do mar 06.02.2013

Indemares é o proxecto máis ambicioso do Estado no estudo de áreas mariñas a protexer pola Unión Europea. Trata de identificar as áreas máis sensibles e interesantes dos nosos mares para que sexan declarados como Rede Natura. A Fundación Biodiversidade coordina este proxecto que rematará no presente ano.

A extinción da Educación ambiental en Galiza 05.02.2013

A educación ambiental en Galiza vive as súas horas máis baixas. A Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) analiza o estado da cuestión de xeito negativo, pero quere imprimir esperanza e seguir loitando para que no futuro este ámbito educativo da sociedade volva adquirir importancia.

O 1º xuízo penal por permitir unha piscifactoría en Rede Natura 04.02.2013

Logo de 8 anos desde que Fraga autorizase a piscifactoría de Acuinor en Rinlo, e logo de 4 anos desde que a granxa de Ramón Álvarez Cascos fose declarada ilegal e o tribunal lle dese a razón a ADEGA, celébrase o primeiro xuízo penal en Galiza contra un funcionario da Xunta por asinar un informe ambiental favorable a esta instalación dentro dun espazo de Rede Natura. Neste caso, ADEGA tamén exerceu...

Boletín informativo ambiental 01/02/13 01.02.2013

Un día maís recollemos neste espazo aquelas novas da semana máis destacadas no eido ambiental galego.

Charcas con Vida, novo programa de voluntariado de ADEGA 31.01.2013

Este sábado, ADEGA presenta en Pontevedra o seu novo programa de voluntariado ambiental "Charcas con Vida" e faino nunhas xornadas dedicadas á conservación dos humidais, coincidindo co Día mundial destes ecosistemas húmidos.

A Serra Faladora xa ten quen fale dela 30.01.2013

Na metade norte de Galiza constitúese a Asociación Nordés para defender os valores ambientais, patrimoniais, culturais que poidan poñer en valor o territorio que ocupa a chamada Serra Faladora. Queres saber cales son eses valores? Escoita o programa.

Os castros da Mariña en risco de desaparición 29.01.2013

A industria do eucalipto e a descoordinación das compentencias da Xunta están a poñer en risco todo o patrimonio arqueolóxico da Mariña lucense e, principalmente, os seus castros. ADEGA e Mariñapatrimonio presentaron en 2 anos unhas 20 denuncias diante de Patrimonio sobre agresións a xacementos por labores forestais. Na última semana presentou 6 novas denuncias.

A eliminación da política ambiental na Xunta de Feixóo 28.01.2013

Desde que o PP goberna na Xunta de Galiza, o investimento en políticas ambientais por parte do goberno galego descendeu en máis dun 60%, de xeito que moitas das partidas orzamentarias foron eliminadas ou casos nos que a xestión ambiental é impracticable. ADEGA fixo análise do "recurte" orzamentario no medio ambiental galego e Fins Eirexas amósanos os datos concretos.

Boletín informativo ambiental 25/01/13 25.01.2013

Escoita que aconteceu na última semana en Galiza no eido ambiental e cultural neste boletín información que che ofrece CERNA, o espazo radiofónico de ADEGA.

Balanzo anual de Proxecto Ríos 2012 24.01.2013

Como todos os anos, Proxecto Ríos pasa exame e fai balanzo da súa traxectoria ao longo do ano 2012. Poucos cambios no estado dos ríos inspeccionados con respecto a 2011, aínda que se constata a tendencia a peor do bosque de ribeira en preto do 60% dos efluentes. Neste espazo abordamos máis datos e detalles deste informe anual de Proxecto Ríos.

Demandan o derrubo do encoro de Frieira 23.01.2013

O colectivo ecoloxista Coto do Frade é un dos que se atopan entre aqueles que demandan o derrubo de encoros procedentes do período franquista. Infraestruturas que xa teñen chuchado moita enerxía do río en detrimento da súa saúde e biodiversidade. O encoro de Frieira, propiedade de Gas Natural Fenosa é un deles e é o primeiro obstáculo de gran envergadura co que se atopan no río Miño as especies mi...

Día da defensa do monte galego en man común 22.01.2013

Hoxe cúmprense 40 anos da morte de Ché de Pedro. O primeiro mártir do monte veciñal galego, asasinado a mans da garda civil. Este e outros fitos da historia da defensa dos montes en man común e das súas comunidades son descoñecidos pola sociedade galega. É por iso que a organización galega de comunidades de montes en man común de Galiza vén de reivindicar o día de hoxe como "Día da loita da veciña...

Os científicos e a ciencia ante a catástrofe do Prestige 21.01.2013

Coincidindo co décimo aniversario da catástrofe do Prestige, preséntase a primeira recompilación dos estudos, teses e informes científicos relativos ao maior desastre ambiental do país. O libro veu derivado da xornadas realizadas en Santiago de Compostela o 17 de novembro de 2011, tituladas “Recursos en I+D+I dedicados ao estudo dos efectos da vertedura do Prestige (2003-2008). Avaliación e xuízo...

Boletín informativo ambiental 18/01/13 18.01.2013

Coñece as últimas novas relativas á xestión ambiental do país e aos últimos acontecementos xurdidos neste eido. En menos de 10 minutos!

O treito galego de pesca sen morte máis longo está no río Lérez 17.01.2013

A iniciativa de declarar un novo treito de pesca sen morte no río Lérez parte da Sociedade de Caza e Pesca de Forcarei e da comunidade de montes de presqueiras. Ambos colectivos participan así do proxecto de custodia fluvial impulsado por ADEGA nos ríos Ulla-Umia e Lérez. Este treito de río de pesca sen morte, de 6 quilómetros de lonxitude, é o máis longo destas características das bacías galegas.

Os nomes e apelidos galegos. Por Xulia Marqués 16.01.2013

A filóloga Xulia Marqués vén de publicar "Enredando nos antropónimos". Nesta obra dá conta da etimoloxía dos nomes e apelidos de Galiza e ofrece aos estudantes de educación secundaria unha ferramenta de aprendizaxe divertida e interesante.

Censo peninsular do cormorán grande 15.01.2013

Esta semana realízase en toda a Península o censo ibérico do cormorán grande, no que tamén participan ornitólogos galegos. É unha iniciativa que impulsa a organización SEO/Birdlife dada a preocupación da Comisión Europea polo estado das poboacións desta ave invernante e reprodutora.

Explotación de terras raras. Agora tamén no Ribeiro. 14.01.2013

Segue a promulgarse as solicitudes de permiso para investigar a existencia de terras raras e ouro en Galiza. Un dos proxectos que poderían derivarse destas investigacións sobre o terreo é a explotación mineira de terras raras na comarca do Ribeiro, nos concellos de Castrelo do Miño, Arnoia, Cartelle e Ramirás. Fálanos deste proxecto o colectivo ecoloxista ADEGA.

Boletín informativo ambiental 11/01/13 11.01.2013

Radio Cerna emite hoxe o primeiro boletín informativo deste ano 2013. Coñece en poucos minutos a actualidade ambiental do país...

Flora e fauna de Galiza: a verdolaga e o furaño 10.01.2013

Comparte con Radio CERNA este espazo de coñecemento sobre a flora e a fauna galega, no que se describe a verdolaga, planta saborosa vestida de mala herba, e o furaño, mamífero pequerrecho que se confunde cos ratos cativos.

Retos do Espazo parlamentar pola defensa dos animais para 2013 09.01.2013

O Espazo parlamentar pola defensa dos animais constituído por deputadas de PSOE, AGE e BNG renova os seus compromisos para 2013 e cóntanos cales son os seus retos de cara á mellora da defensa e protección animal en Galiza.

Monte vivo en Pontevedra 08.01.2013

O concello de Pontevedra dá continuidade ao seu Plan Monte Vivo para os montes do municipio co fin de recuperar os seus valores ambientais e culturais, co apoio das comunidades de montes do concello.

Recuperar o fento arbóreo australiano de Oia 07.01.2013

ANABAM elabora un Plan de Recuperación dun fento arbóreo que foi descuberto no Baixo Miño en 2002. Este é o único enclave galego onde se pode observar, aínda que nos últimos anos reduciuse a mostra en moi poucos exemplares. Está declarado como "Elemento natural de especial interese comarcal" pola Asociación Naturalista do Baixo Miño.

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.