Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1697 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Visita galega á Bruxelas para falar de residuos 18.03.2013

Así como hai poucas semanas, un grupo de eurodeputados/as viñeron a Galiza para avaliar a situación das nosas rías; agora é Galiza quen se traslada á Bruxelas, a través dunha Comisión, para falar da política galega sobre xestión de residuos sólidos urbanos na Conferencia ZERO WASTE 2013. Foron os colectivos e plataformas que impulsaron a Iniciativa Lexislativa Popular a prol da redución, reutiliza...

Boletín informativo ambiental 15/03/13 15.03.2013

Neste boletín de 10 minutos coñecerás a actualidade da última semana no panorama ambiental de Galiza. Entérate de que acontece no ambiente galego!

VII encontro da Rede galega de sementes 14.03.2013

Este sábado terá lugar o VII Encontro da Rede Galega de Sementes en Santiago de Compostela, que contará cun mercado de troco de sementes ao longo de todo o día, obradoiros, charlas para reivindicar a non dependencia das grandes industrias agroalimentarias. Esta Rede, que naceu hai tres anos, xa ten centos de seguidores. Conécea!

Asociación para a custodia do bosque atlántico “Bétula” 13.03.2013

Nace unha nova organización para facer custodia do territorio en Galiza. Faise chamar Bétula e dedicarase a promover e desenvolver proxectos de custodia nos bosques atlánticos de Galiza. Aínda que está nunha fase incial, a súa vocación é de permanencia e de ámbito galego.

IX edición de “O lixo desde o teu concello” 12.03.2013

ADEGA pon en marcha a IX edición do programa de educación ambiental "O lixo desde o teu concello" na Mancomunidade do Barbanza. Este programa promove outro modelo de xestión e separación de residuos sólidos urbanos máis respeituoso co medio natural e coa saúde das persoas.

Radón, cancro de pulmón e medidas de prevención 11.03.2013

Galiza está nunha zona de risco 2 de contaminación de radón, o que equivale a un risco elevado. A USC elaborou un mapa de riscos galego para determinar as zonas máis vulnerables á contaminación por este gas, que é o segundo causante dos cancros de pulmón no mundo. Non obstante, as administracións públicas aínda desatenden a importancia deste tipo de radiación natural para a saúde humana.

Boletín informativo ambiental 08/03/13 08.03.2013

As novas ambientais da semana en Galiza están dispoñibles para escoitar. Entérate de como lle foi á natureza galega nos últimos días...

Xornadas de protección animal e medio ambiente 07.03.2013

Unha asociación estudantil de Lugo, formada por alumnos e alumnas de Veterinaria, organizan por primeira vez unhas xornadas de protección animal e medio ambiente para esta fin de semana. Neste espazo coñeceremos as temáticas a tratar nestas xornadas, os seus obxectivos e quen van ser os relatores/as.

O mexillón pigmeo negro esténdese polas rías galegas 06.03.2013

Este mexillón de Nova Zelanda descubriuse hai poucos anos nas rías do sur de Galiza, pero estase a estender xa ás rías medias. Constitúe unha seria ameaza para o sector mexiloeiro e imos saber porqué neste programa coa axuda do biólogo mariño, Alexandre García.

Alimentos ou minaría? 05.03.2013

Esta é a pregunta á que debe responder a Xunta diante dos proxectos mineiros que solicitan a explotación de terras de Galiza eminentemente produtivas en alimentos. As dúas actividades na mesma terra son incompatibles, por iso, da decisión que tome a Xunta, vai depender o futuro de zonas agrarias como A Limia ou a Terra Chá. Escoitamos a análise que fai desta dicotomía o Sindicato Labrego Galego.

A mina de feldespato de Xinzo, unha ameaza para a Limia 04.03.2013

Os proxectos da minaría emerxente non son os únicos que constitúen a nova era do sector en Galiza. Outros proxectos extractivos de minerais máis comúns están a constituírse como ameaza de zonas agrogandeiras de Galiza tremendamente produtivas. É o caso da Limia, que agora se enfronta aos intereses dunha empresa castellonense que pretende explotar feldespato na zona onde se produce o 90% da pataca...

Boletín informativo ambiental 01/03/13 01.03.2013

Escoita neste espazo Cerna cales foron as noticiais do eido ambiental galego máis relevantes da última semana. En 10 minutos contámoschas todas!

Lexislación ambiental: proxecto industrial estratéxico 01.03.2013

Algunhas empresas solicitan que o seu proxecto industrial sexa considerado estratéxico. Isto ofrece unha serie de vantaxes á promotora en termos de tramitacións, subvencións e preferencia sobre outros usos. A este modelos de proxecto quérense acoller algúns dos últimos proxectos mineiros que se están a tramitar en Galiza. Hoxe coñecemos coa profesora en dereito ambiental o que implica que un deste...

É a minaría rendible en Galiza? 27.02.2013

O profesor en Economía ecolóxica na USC, Xoán Ramón Doldán, fai unha análise da rendibilidade da minaría en Galiza, tendo en conta os impactos que esta actividade xera no territorio. O discurso tivo lugar o pasado 16 de febreiro en Compostela, dentro do I Encontro galego sobre os impactos da minaría.

Galiza non é unha mina 26.02.2013

Un xeólogo e un enxeñeiro de minas desmontan o mito promulgado pola Administración de que "Galiza é unha mina". Trátase do catedrático en xeoloxía, Xoán Ramón Vidal Romaní, e do Enxeiro de Minas, Emilio Menéndez. Eles tamén participaron no I Encontro galego sobre os impactos da minaría en Galiza.

Os impactos e os atrancos da minaría en Galiza 25.02.2013

O I Encontro galego sobre os impactos da Minaría celebrado o pasado 16 de febreiro fixo un repaso ao estado da cuestión da minaría que se desenvolve en Galiza e das expectativas sobre os futuros proxectos mineiros. Ao longo de toda esta semana abordaremos os contidos recollidos neste Encontro, comezando por analizar os impactos da minaría no medio natural. Especial mención tivo neste acto as previ...

Boletín informativo ambiental 22/02/13 22.02.2013

Convidámoste a descubrir cales foron as novas desta semana máis destacadas no eido ambiental. Escoita este espazo CERNA!

Os lodos da ría do Burgo alarmaron aos parlamentarios europeos 21.02.2013

Foi a terceira visita e última dos eurodeputados europeos polas rías galegas. O estado de contaminación da ría do Burgo non deixou indiferentes aos parlamentarios europeos, nomeadamente, a acumulación de lodos nos seus fondos. A Plataforma en defensa da ría do Burgo quedou satisfeita desta visita, como imos escoitar no espazo de hoxe.

Delegados europeos a poucos metros de Reganosa 20.02.2013

A ría de Ferrol foi o segundo enclave do litoral galego que visitou a delegación parlamentaria da Unión Europea. Por primeira vez poideron observar de xeito directo a localización de Reganosa no interior da ría e comprobar os riscos que ten. O Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol aseguran que os eurodeputados quedaron alarmados.

Europa mira con lupa o saneamento da ría de Vigo 19.02.2013

A partir de hoxe ata o venres analizaremos con varios colectivos e plataformas como versou a visita dos eurodeputados ás rías galegas para comprobar sobre terreo o seu estado de contaminación e degradación. Hoxe comezamos por avaliar a visita á ría de Vigo coa plataforma que se encarga da súa defensa.

A xustiza falla a favor da paralización das obras de Valdoviño 18.02.2013

É un dos casos galegos máis paradigmáticos no incumprimento da lexislación ambiental e urbanística. Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza bota abaixo as pretensións de construción dunha urbanización de chalés e dous hoteis na costa de Valdoviño, en zona protexida con varias figuras legais ambientais e patrimoniais. ADEGA manifesta a súa satisfacción, aínda que o fallo é recurribl...

Boletín informativo ambiental 15/02/13 15.02.2013

A visita dos eurodeputados ás rías galegas foi a nova ambiental máis relevante da última semana, pero se queres que outras noticias nos deixaron os últimos días sobre medio ambiente e ecoloxía, escoita este espazo CERNA.

A idea do “procomún” nos montes veciñais 14.02.2013

Neste programa CERNA descubriremos cal é a filosofía do "procomún" e como pode ser aplicada nos montes veciñais. Un grupo de colectivos enzarzan os seus traballos para crear o proxecto "Sachando procomún" que, entre outras finalidades, intenta achegar as novas teconoloxías ás comunidades de montes e crear foros de investigación sobre esta parte do territorio que resulten innovadores e multidiscipl...

O oso pardo xa está asentado en Galiza 13.02.2013

A organización FAPAS confirma a presenza en Galiza de unha osa e dúas crías na comarca dos Ancares lugueses, no concello da Fonsagrada. Este dato esperanzador sobre o espallamento do oso pardo no noroeste peninsular significa que en Galiza xa se conseguiu asentaresta especie en perigo de extinción.

A lei da reciclaxe consegue o apoio do pobo galego 11.02.2013

A Iniciativa Lexislativa Popular a favor da redución, reutilización e reciclaxe en Galiza conseguiu as sinaturas necesarias para refrendra o apoio do pobo ante o parlamento, mesmo se rebasou en 6.000 sinaturas o obxectivo. Agora será o Parlamento o que decida se o texto lexislativo se debate ou non pola Cámara que nos representa. Segundo a Comisión promotora da ILP, o Parlamento non ten máis remed...

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.