Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Primavera ambiental da Universidade da Coruña 2013 24.04.2013 10:01
A Universidade da Coruña e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) organizan a Primavera ambienta da UDC 2013 co obxectivo de concienciar e sensibilizar a comunidade universitaria no coidado medioambiental.
Salvar a enseada da Malata. Non ao viaduto. 23.04.2013 10:01
O Ministerio de Medio Ambiente emitiu unha declaración de impacto ambiental favorable ao trazado sur do tren ao porto exterior de Ferrol. Sen embargo, colectivos veciñais, sociais e ecoloxistas advirten de que este trazado polo sur é o mái impactante de todos xa que significaría a sentenza de morte da Enseada da Malata.
A primeira charca con vida de ADEGA 22.04.2013 10:01
Dentro do recentemente inaugurado programa de voluntariado ambiental de ADEGA, "Charcas con Vida", o colectivo crea unha charca didáctica na Eira da Xoana (Ramil- Agolada). O experimento resultou exitoso e pretende ser a primeira charca creada de varias que emerxerán noutros lugares de Galiza.
Boletín informativo ambiental 19/04/13 19.04.2013 10:01
Escoita este espazo de información para enterarte do que sucede co medio natural galego. Todas as novas ambientais máis relevantes da última semana en Galiza, atoparalas aquí.
Conservar o solo. Unha necesidade urxente. 18.04.2013 10:02
A nova presidenta da delegación galega da Sociedade Espola da Ciencia do Solo fálanos da importancia do solo ("o eterno esquecido") e da necesidade da súa conservación. Tamén nos contará cal é o papel da SECS.
GEAS: 10 anos facendo seguimento da fauna salvaxe 17.04.2013 10:01
O Grupo de Estudo de Animais Salvaxes (GEAS) é un dos poucos colectivos galegos que fai seguimento e análise da fauna salvaxe en Galiza, nomeadamente de mamíferos. GEAS vén de cumprir 10 anos e hoxe coñecemos cal é o traballo que realiza.
Cantos paxaros aniñan nos edificios da Coruña? 16.04.2013 10:01
O grupo naturalista Hábitat organiza o vindeiro xoves 25 de abril, ás 20.30 horas, no seu local da Coruña unha charla de presentación do proxecto que censará os paxaros que aniñas nos edificios da Coruña. Un exemplo máis de que as cidades acolle unha grande biodiversidade. Cosme Damián Romay será o encargado de coordinar o primeiro censo de paxaros da cidade herculina.
Protexer a biodiversidade das cidades históricas 15.04.2013 10:01
A Unesco recomenda dispoñer medidas de protección natural da biodivesidade que habita nas cidades Patrimonio da Humanidade. Seguindo esta recomendación, SEO/Birdlife e o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España veñen de asinar un convenio para protexer e conservar o patrimonio xunto co patrimonio cultural.
Boletín informativo ambiental 12/04/13 12.04.2013 10:01
Escoita este espazo e coñece as novas ambientais que sobresaíron esta última semana aquí en Galiza.
A cultura dos pazos en Galiza 11.04.2013 10:00
“A cultura dos pazos en Galicia” é como se titula o proxecto de investigación que está a levar a cabo o Consello Superior de investigacióins científicas e que analiza en termos xerais a orixe, traxectoria, influencia, estirpes de cada un deles. Recentemente, o CSIC publicou os primeiros resultados desta investigación a través do libro “O pazo de Tovar: espazos, perspectivas e tempos”, e no que col...
As primeiras pinturas rupestres de Galiza 10.04.2013 10:01
A Cova de Eirós de Triacastela está a ser unha revelación da evolución humana e natural da historia de Galiza. Nesta cavidade habitaron os osos das cavernas, os homo sapiens e o home do Neandertal e foi lugar de representacións simbólicas. Na Cova de Eirós aparecen as primeiras pinturas e gravados de Galiza.
A morte anunciada das gaiolas de salmón en Muros 09.04.2013 10:01
Dous anos despois da instalación das gaiolas de salmón atlántico na ría de Muros e Noia, a infraestrutura atópase abandonada. Sen embargo, aínda non hai un pronunciamento oficial sobre o remate do proxecto da norueguesa North West Food na ría de Muros. Armadores e ecoloxistas piden a Xunta que se manifeste e que analice ata que punto estas instalacións poideron afectar á fauna e flora mariña.
A historia descoñecida do encoro de Belesar 08.04.2013 10:01
O encoro de Belesar cumpre 50 anos do río Miño, pero pouco se coñece da súa historia. O escritor e xornalista Alfonso Eiré, consciente desta eiva de contido na nosa historia documentada, realizou a súa propia pesquisa. Neste programa desvelará algúns dos segredos mellor gardados do encoro de Belesar.
Boletín informativo ambiental 05/04/13 05.04.2013 10:01
Queres saber que aconteceu esta semana co medio ambiente galego? Escoita este espazo promovido por ADEGA e entérate!
"Castiñeiro e Nogueira", pola posta en valor da montaña de Lugo 04.04.2013 10:01
A asociación Castiñeiro e Nogueira, finalista nos premios da UE en sensibilización no Patrimonio cultural, naceu hai 5 anos co propósito de poñer en valor a montaña de Lugo. Son veciños e veciñas de Becerreá que queren dar a coñecer ao mundo os segredos mellor gardados dos Ancares. Campos de voluntariado, rutas de senderismo, labores de rehabilitación son algunhas das actividades que desenvolven.
Fondo documental on-line sobre medio ambiente 03.04.2013 10:00
O Centro de Documentación ambiental Domingo Quiroga do CEIDA (Oleiros) xa se pode consultar vía on-line. É o Centro de documentación ambiental máis completo de Galiza e agora é accesible a calquera usuario de internet. Coñece como.
A toxicidade do pesticida máis usado no mundo 02.04.2013 10:01
Ecologistas en Acción xunto cunha ducia de outras organizacións ecoloxistas e agrarias demanan un maior control sobre os pesticidas e, nomeadamente, sobre o glifosato, o agrotóxico máis utilizado en todo o mundo.
Acuíferos de Galiza-Costa para o abastecemento do rural 01.04.2013 10:01
Unha tese da Universidade de Santiago de Compostela revela que o aproveitamento sostible dos acuíferos existentes na bacía Galiza-Costa, competencia da Xunta, permitiría abastecer de auga a unha gran parte da poboación rural galega, sen necesidade de recorrer ás augas superficiais ou fluviais. O autor da investigación, Xoán Ramón Raposo explícanos como levar a cabo este descubrimento.
Que é o fracking? 27.03.2013 10:02
É unha técnica de extracción de gas natural e petróleo que se está a estender en Estados Unidos e sobre a que se están a interesar algunhas comunidades próximas como Asturias ou León. Pero é un método moi agresivo co medio natural e perigoso para as persoas. Neste espazo coñeceremos o que é e ademais saberemos que posibilidades de desenvolvemento ten en Galiza.
Manifesto contra minaría contaminante en Galiza 26.03.2013 10:01
A Alianza por un medio rural galego vivo, formada por ADEGA, FRUGA, CIG e ORGACCMM, lanzan o manifesto para o aproveitamento sustentable dos recursos xeolóxicos e contra a minaría contaminante. Neste documento establécense os requirimentos mínimos indispensables por parte destas entidades para compatibilizar a minaría coa protección ambiental e outras actividades do territorio. Coñecemos os seus c...
A Cidade da Cultura involucrada nun presunto delito ambiental 25.03.2013 10:01
Responsables da empresa que subministrou pedra para a construción dos tellados do Gaiás e da residencia presidencial de Manuel Fraga están imputados por presunto delito ambiental. Tras unha denuncia de ADEGA de hai 6 anos pola presunta invasión de terreos da Rede Natura por parte da canteira, agora celébrase o xuízo no que se piden penas de ata 5 anos de cárcere.
Boletín informativo ambiental 22/03/13 22.03.2013 10:01
A través deste boletín informativo coñecerás cales foron os acontecementos desta semana no eido ambiental galego.
Educar en verde: un enfoque para o século XXI 21.03.2013 10:01
Heike Freire, sociólogo, pedagoga e xornalista, experta en pedagoxía "verde" visitou Galiza para definir as necesidades de cambio do actual modelo educativo por un método de ensino máis aberto ao contacto coa natureza e a modos de coñecemento máis póximos á dinámica natural do mundo.
Flora (cenoura brava) e Fauna (a balea común). 20.03.2013 10:00
A cenoura brava e a balea común son as especies vexetais e animais escollidas desta volta para afondar no coñecemento da flora e fauna do país. Marga Miguens e Xosé Salvadroes descúbrennos os segredos destas dúas especies da natureza.
ILP para que o galego se abra á lusofonía 19.03.2013 10:01
A Iniciativa lexislativa popular Valentim Paz Andrade que a poboación galega se achegue á lusofonía a través dos medios, do ensino e da xestión cultural. Para moitos é unha oportunidade, non só cultural, senón tamén social e económica para o país. A ILP vén de acadar as 17.000 sinaturas que xa presentou no Parlamento de Galiza á agarda de que sexa admitido a trámite.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.