Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1697 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Boletín informativo ambiental 31/05/13 31.05.2013

Escoita o espazo no que coñecerás que aconteceu na realidade ambiental da última semana, e que eventos hai programados nos vindeiros días con respecto á defensa da nosa Terra.

Dez anos despois, os tribunais licitan a Reganosa na ría de Ferrol 30.05.2013

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid aproba as instalacións de Reganosa na ría de Ferrol sen a preceptiva Declaración de Impacto ambiental. Dez anos houbo que agardar a que a xustiza se pronunciase sobre a legalidade de Reganosa. Agora o Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol (CCE) presentará un recurso de casación que elevará ao Supremo para que sexa este quen decida se Reganos é ou no...

II Limpeza simultánea de praias de Galiza 29.05.2013

O vindeiro 8 de xuño é o Día Mundial dos Océanos. ADEGA celebrará esta conmemoración coa II Limpeza simultánea dos areais galegos. Persoas e grupos de persoas interesadas en participar como voluntarias achegaranse ás praias para reivindicar, a través desta acción, a conservación do litoral.

Máis minas de ouro en Galiza. O caso do Val do Neira. 28.05.2013

A pasada semana, A Fonsagrada acolleu unha charla organizada polo BNG local coa participación de ADEGA e a FRUGA para explicar a poboación cales son as consecuencias para as poboacións locais dos proxectos mineiros "estratéxicos" ou dirixidos á explotación de ouro e outros minerais metálicos moi devecidos, hoxe en día, pola industria da electrónica. A Fonsagrada, xunto cos concellos de Baleira, Be...

Chega a Bruxelas a oposición á megaminaría contaminante para Galiza 27.05.2013

Unha delegación galega de colectivos sociais e ecoloxistas desprázanse a Bruxelas, convidados polos Verdes-ALE e Ana Miranda (BNG) para amosar a súa repulsa á megaminaría contaminante. Os galegos e galegas pedíronlle ao Parlamento Galego que restrixise este tipo de explotacións polo seu impacto ambiental, económico e social.

Boletín informativo ambiental 24/05/13 24.05.2013

Coñece as novas ambientais máis destacadas desta semana en Galiza, neste espazo CERNA que promove a entidade ecoloxista ADEGA.

Plano galego da minaría: A porta ao colonialismo 23.05.2013

Un modelo colonial da minaría é o que, segundo colectivos sociais e ecoloxistas, pretende facer o goberno da Xunta coa aprobación do Plan Galego da Minaría. Este documento, non aprobado aínda, permite a explotación mineira en calquera solo e recuncho de Galiza. ADEGA explícanos as súas impresións deste planeamento.

Guía sobre internet para asociacións 22.05.2013

Manuel Casal Lodeiro, experto en internet, propón a elaboración dunha guía sobre o manexo da rede para as organizacións sen ánimo de lucro. Casal cre que esta publicación sería unha ferramenta de axuda imprescindible para obter eco social a través de internet. Só queda unha semana para apoiar esta iniciativa na plataforma verkami.

Que queda tras do rexeitamento da ILP de residuos? 21.05.2013

A ILP a prol a reciclaxe rexeitada polo Parlamento é o punto final da loita en Galiza contra a incineración e a favor de xestións alternativas? Non. Os grupos promotores da ILP teñen previsto tomar novas iniciativas para conseguir mudar o modelo de tratamento dos residuos en Galiza nesta longa carreira de fondo.

O debate da ILP de residuos no Parlamento galego 20.05.2013

Foi o martes da semana pasada. A ILP a favor das 3 erres (rdución, reutilización e reciclaxe) non foi aprobada no Parlamento por mor dos votos do PP. Neste espazo escoitamos as intervencións do grupo popular nas que xustifica a súa negativa á ILP e tamén as dos demais grupos parlamentarios, que si apoiaron esta iniciativa lexislativa do pobo.

III Concursos polo territorio de ADEGA 16.05.2013

O colectivo ecoloxista ADEGA convoca unha nova edición dos Concursos de fotografía, relato e curtametraxe polo territorio. Esta terceira edición enmárcase no programa "Cultura e Territorio" que pretende poñer en valor e fomentar o coñecemento do noso patrimonio ligado ao territorio. O prazo para a presentación de orixinais rematará o 1 de novembro.

As utilidades das algas na cociña e na medicina 15.05.2013

As algas son abono, alimento, cosmética e medicina. Hoxe imos coñecer as súas propiedades como alimento e medicina da man dun experto en algas, Xacobo de Toro, que vén de impartir un curso de algas no equipamento de educación ambiental de Alvarella.

O modelo pontevedrés de mobilidade. Referente europeo. 14.05.2013

Pontevedra conseguiu converter a súa política de mobilidade urbana nun referente para varios países de Europa. Vén de recibir o premio europeo Intermodes de mobilidade sostible e xa está citado a participar en diversos foros internacionais sobre mobilidade. Coñecemos cal é o segredo deste éxito co concelleiro de Infraestruturas de Pontevedra, César Mosquera.

O Gran corredor ecolóxico do sur de Europa 13.05.2013

A construción dun grande corredor ecolóxico desde a Cordilleira Cantábrica ata os Alpes occidentais é un proxecto que se leva fraguando desde 2005. Os catro Estados implicados desenvolverán ao longo deste ano un Plano estratéxico que promova e planifique a creación deste Gran Corredor, o segundo no Estado español.

Boletín informativo ambiental 10/05/13 10.05.2013

Neste boletín escoitarás as novas máis relevantes no eido ambiental desta semana. Non te quedes sen coñecelas!

Prohibidos os pesticidas que acaban coas abellas 09.05.2013

Boa noticia para as abellas e, por tanto, para a humanidade. A UE prohíbe 3 pesticidas de uso masivo que están a acabar coas colmeas de abellas de toda Europa. É unha prohibición limitada por 2 anos e a partir do 31 de decembro deste ano. Falamos cun representante da Asociación Galega de Apicultores sobre este fito histórico.

Recollida e reciclaxe da roupa por Equus Zebra 08.05.2013

ADEGA colabora coa ONG Equus Zebra na recollida de roupa usada para a súa reciclaxe, apostando pola nova vida dos residuos. A partires de agora, as sedes de ADEGA en Santiago e Lugo serán puntos de recollida de calzado e roupa. Neste espazo coñeceremos que destino teñen estes "residuos".

A fitoconstrución. Método para descontaminar os solos 07.05.2013

Ás veces, os métodos convencionais para a descontaminación do solo son agresivos co propio solo. Por iso, nos últimos tempos estanse investigando outras técnicas máis respectuosas co medio natural como é a fitoconstrución. Unha tese do IIAG revela como utilizar algunhas especies vexetais para loitar contra a contaminación do solo por metais pesados. Falamos coa súa autora, Cristina Becerra Castro.

A gralla pequena: Ave do ano 2013 06.05.2013

A gralla pequena vén de ser elixida pola Soiedade Galega de Ornitoloxía como Ave do ano 2013. Un estudo de Xurxo Mouriño puxo de relevo a diminución da poboación galega de gralla pequena nos últimos anos. Pese a que é unha ave común, a súa actual situación preocupa aos ornitólogos que a declaran ave do ano para facer un chamamento de atención.

Boletín informativo ambiental 03/05/13 03.05.2013

Coñece a actualidade ambiental de Galiza neste espazo de radio.

Vigo estrea supermercado ecolóxico 02.05.2013

Nace o primeiro supermercado ecolóxico na cidade de Vigo. A iniciativa parte dunha parella de vigueses que, tras descubrir unha intolerancia á lactosa e ante a dificultade de atopar concentrados preto do consumidor todos os produtos ecolóxicos, deciden montar este negocio. Falamos con eles.

O porto deportivo de Cangas, anulado pola Xustiza 8 anos despois 30.04.2013

A empresa Residencial Marina Atlántica obtivo hai preto de 8 anos unha concesion para urbanizar o Salgueirón (onde está a antiga fábrica de Massó) e construír un porto deportivo sobre unha zona de pesca e marisqueo e en solo industrial. Agora o Supremo anula esa concesión outorgada no seu día pola Autoridade portuaria de Vigo que foi denunciada pola Confraría de Pescadores de San Xosé de Cangas. P...

Minaría versus agricultura, na comarca de Compostela 29.04.2013

Tras a frustrada explotación de varias canteiras de cuarzo de Erimsa na Terra Chá, a multinacional dirixe agora os seus propósitos cara a comarca de Compostela. O Sindicato Labrego Galego xa presentou alegacións a un proxecto que afectaría a 8.000 hectáreas na súa maioría destinadas ao aproveitamento agrogandeiro. O SLG considera incompatible a explotación mineira de Erimsa coa actividade agrogand...

Boletín informativo ambiental 26/04/13 26.04.2013

Recollemos neste espazo o boletín informativo con todos os acontecementos relativos ao medio natural e ao ecoloxismo galego na última semana.

Grupo naturalista Hábitat: conservar a través da ciencia 25.04.2013

Neste espazo coñeremos ao grupo naturalista Hábitat. O presidente de Hábitat contaranos que tipo de actividades realiza no plano activista, divulgativo ou formativo. Tamén nos falará dos "Encontros naturalistas" que organiza Hábitat cada mes.

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.