Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1697 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

O cambio climático perde relevancia na sociedade española 08.07.2013

Un informe patrocinado pola Fundación Mapfre e elaborado polo equipo de pedagoxía e educación ambiental da USC revela que a sociedade española está preocupada polo cambio climático, maioritariamente, pero non lle outorga a relevancia que ten nin sabe que se pode facer para frealo. Falamos co director do estudo.

Boletín informativo ambiental 05/07/13 05.07.2013

Se queres coñecer as novas máis destacadas na última semana no eido ambiental galego, escoita este programa!

A retirada parcial de Monsanto de Europa 04.07.2013

A multinacional dos transxénicos Monsanto anuncia a súa retirada daqueles países europeos que se rexeitan o cultivo de produtos modificados xeneticamente. Porén, consolidará a súa produción e España e Portugal, os dous países da UE con gobernos máis proclives a este tipo de cultivos. O colectivo Greenpeace afonda nas consecuencias desta decisión de Monsanto.

O glifosato: o herbicida para todo , con repercusións na saúde 03.07.2013

Amigos da Terra vén de publicar un estudo sobre as repercursións na saúde do contacto co glifosato, un dos herbicidas máis utilizados en todo o mundo. Tamén é que se usa en Galiza para fumigar as estradas. Os resultados do estudo, realizado polo científico e experto en agrotóxicos Gilles-Eric Serálini, revela que este produto pode crear severas alteracións no organismo humano.

Impactos na saúde e no ambiente da fumigación de estradas 02.07.2013

Pese a que a fumigación de estradas está a ser unha práctica xeralizada en Galiza, e promovida polas institucións públicas, expertos na agroecoloxía inciden nos impactos negativos que os herbicidas utilizados crean na saúde humana e no ambiente. Xan Pouliquen explícanos nestes espazo cales son os prexuízos, e cales as alternativas.

Denuncia do CES contra a fumigación xeralizada de estradas 01.07.2013

O Colectivo ecoloxista do Salnés denuncia a situación de contaminación con produtos tóxicos das cunetas das estradas da comarca do Salnés. Unha práctica que se fai extensible a outras estradas do territorio galego e que poderían afectar de xeito negativo á saúde das persoas e ao medio natural. ADEGA tamén lanzou unha campaña de recollida de imaxes-denuncia ao longo de todo o país.

Boletín informativo ambiental 28/06/13 28.06.2013

Coñece as novas ambientais da última semana en Galiza, aquí en Radio Cerna, programa prmovido por ADEGA.

ADEGA gaña nos tribunais a nulidade do Plan Sectorial de Barreiros 27.06.2013

O TSXG anula o Plan sectorial de Barreiros co que o PP intentou legalizar as urbanizacións supostamente ilegais de Barreiros. Estas obras foron xudicializadas no seu día polo bipartito e o goberno de Núñez Feijóo retirou os contenciosos con cargo a este planeamento agora anulado. ADEGA manifesta a súa satisfacción por esta sentenza, que aforrará ademais 14 millóns de euros ás arcas públicas.

Posible delito ambiental nos montes de Ferrolterra 26.06.2013

A organización ecoloxista ADEGA investiga a composición de varias toneladas de verteduras arredor do polígono industrial das Somozas, en Ferrol, depositadas en terreo agrícola e de cultivo. As analíticas revelan unha elevada concentración en metais pesados e hidrocarburos que son moi prexudiciais para o solo e a saúde humana. ADEGA levará este caso á Fiscalía.

Curso de verán en deseño e xestión de conservación local 25.06.2013

ADEGA, coa colaboración da UDC, organiza un curso de verán dedicado ao deseño e xestión da conservación natural en ámbitos locais. Descubrimos os contidos do programa neste programa Cerna. Terá lugar na facultade de Ciencias da UDC durante os días 2, 3, 4 e 5 de xullo.

Boletín informativo ambiental 21/06/13 21.06.2013

Radio Cerna dedica os venres a repasar as novas ambientais de cada semana. Hoxe é un destes días, así que non o perdas, e entérate do acontecido no eido ambiental galego nos últimos días.

Asociación Espiga de bioconstrución: a volta á cal 20.06.2013

Nace unha asociación, Espiga, que aglutina gran parte do sector da bioconstrución en Galiza e organiza o seu primeiro congreso. Terá lugar os días 28, 29 e 30 de xuño en Viveiro co obxectivo de vincular bioconstrución e rehabilitación e de recuperar vellos materiais naturais para as vivendas como a cal.

A sociedade galega demanda outro modelo de ferrocarril 19.06.2013

Diante dos recortes de servizos ferroviarios promovidos por Fomento e Renfe, o terceiro sector demanda outro modelo de ferrocarril en Galiza, que sirva para transportar viaxeiros e mercadorías en distancias curtas e medias: o tren de proximidade ou cercanías. O sindicato CGT e ADEGA avogan por este mesmo modelo.

A verdade sobre os recortes de tren en Galiza 18.06.2013

O experto no sector ferroviario de Galiza e autore de varias publicacións sobre o tren galego, Xosé Carlos Fernández, fai unha análise crítica dos recortes dos servizos de tren programados por Fomento e Renfe para este mes de xuño.

Os recortes de tren en Galiza, segundo Renfe 17.06.2013

Radio Cerna entrevista a Alejandro Huergo, delegado de comunicación de Renfe no Noroeste sobre o maior recorte na historia de servizos ferroviarios en Galiza. Coñeceremos o porqué deste recorte e as alternativas que Fomento ten previsto dispoñer para o transporte de viaxeiros que queden sen ferrocarril.

Boletín informativo ambiental 14/06/13 14.06.2013

Preme e escoita en 10 minutos as novas ambientais que aconteceron en Galiza na última semana. Non o perdas!

Salvemos Fontán!: a sinrazón da estrada ao porto 13.06.2013

A Xunta elixe a estrada máis impactante ambiental, social e economicamente para dar servizo ao porto de Fontán (Sada). Colectivos sociais e ecoloxistas levantáronse "en pé de guerra" contra este proxecto xa que suporía tirar abaixo un BIC (Ben de Interese Cultural) e estragar as únicas praias virxes de Sada. A campaña "Salvemos Fontán!" tamén alude á ilegalidade do proxecto, xa que vai en contra d...

1º Atlas de aves de inverno do Estado 12.06.2013

SEO/Birdlife acaba de publicar o 1º Atlas de aves de inverno do Estado español, logo de varios anos de traballo axudados por milleiros de colaboradores de toda España. Hoxe analizamos algúns datos curiosos que se extraen deste estudo co coordinador do mesmo.

Cal é o plan da Xunta para o oso pardo? 11.06.2013

Hoxe falamos co Xefe de Servizo de Conservación da Natureza en Lugo, Antonio Callejo, quen nos explicará os contidos, obxectivos, e consecuencias do plan de recuperación do oso pardo en Galiza.

Resistencia ao Plan de recuperación do oso pardo en Galiza 10.06.2013

As poboacións das montañas orientais de Lugo resístense a adoptar calquera medida para recuperar o oso pardo en Galiza. Rexeitan o Plan de recuperación do oso pardo impulsado pola Xunta por entender que atenta contra as súas explotacións e xeitos de vida. Pola contra, colectivos ecoloxistas aseguran que este documento non terá graves repercusións para a vida dos locais e, mesmo, que é pouco regula...

Boletín informativo ambiental 07/06/13 07.06.2013

Escoita como discorreu a actualidade ambiental en Galiza nesta semana dedicada ao Medio Ambiente.

Que é a Norma Granada? 06.06.2013

A Asociación española de Parques e Xardíns Públicos creou hai uns 15 anos un método que serve para medir o valor das árbores e arbustos ornamentais. A Norma Granada, hoxe en día, é utilizada incluso máis alá do Estado español. Coñecémola neste programa Cerna.

A Universidade de Santiago está no movemento da transición 05.06.2013

O movemento en transición é internacional. Nace hai poucos anos para promover formas de vivir menos dependentes do petróleo e tendo en conta os riscos do cambio climático. A USC únese a este movemento para trasladar á comunidade universitaria principios de aforro, eficiencia, e responsabilidade ambiental.

Os custos do Prestige segundo Fernando González Laxe 04.06.2013

O ex-presidente da Xunta e Catedrático en Economía Aplicada na UDC, Fernando González Laxe, analiza os riscos, danos e damnificados do Prestige e os gastos derivados. Segundo a Fiscalía do Estado, a cifra ascende a 4.400 millóns de euros.

As mariñas coruñesas e as Terras do Mandeo, sexta Reserva galega da Biosfera 03.06.2013

Galiza estrea Reserva da Biosfera nas Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo. Logo de 3 anos a prol desta candidatura, a UNESCO fai unha valoración moi positiva do grao de cooperación entre entidades e concellos afectadas pola Reserva, así como dos espazos naturais, como as rías, compatibles coa actividade humana. Coñecemos a través do órgano xestor da Reserva, que vai significar esta para o territo...

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.