Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1697 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Boletín informativo ambiental 13/09/13 13.09.2013

Balance sobre os lumes forestais deste ano, movemento ecoloxista contra o uso do cianuro ou desecado da lagoa da Frouxeira son algunhas das novas que nos deu esta semana Gaiza, no ámbito ambiental. Dámos conta destas e de moitas outras neste boletín informativo.

Movemento SOP, contra a obsolescencia programada 12.09.2013

Os obxectos que consumimos poden durar moito máis tempo do que duran. A obsolescencia programada leva inventada máis de 80 anos para obrigar ás persoas a consumir máis. Pero a capacidade do Planeta para asumir residuos é limitada, polo que hai que ir pensando en cambiar este modelo de mercado. O movemento SOP (sen obsolescencia programada) é un dos colectivos que está a traballar para acabar con e...

O río Miño, candidato a Patrimonio da Humanidade 11.09.2013

Non fomos os galegos e galegas os que tivemos a iniciativa, senón o veciño Portugal. O concello de Caminha lanza a proposta de candidatar o río Miño a Patrimonio Mundial da Humanidade. Con que obxectivos? Descubrímolo co vicepresidente deste municipio ribeirán portugués co que compartimos o pai dos ríos galegos.

10 medidas para combater o lume 10.09.2013

Para o movemento ecoloxista e social as causas dos incendios forestais en Galiza están máis que debatidas, pero nada ou pouco se está a facer para resolvelas, á vista de que a problemática non dá chegado ao seu fin. Ademais dos causantes máis directos, os incendiarios, non se poden desligar das causas as condicións de bandono que ofrece o noso rural e a súa falta de produtividade. Uns 15 colectivo...

O certificado de eficiencia das vivendas 09.09.2013

Desde hai 3 meses está en vigor o regulamento que obriga a certificar enerxeticamente as vivendas de todo o Estado. En Galiza, o órgano xestor é o Instituto enerxético de Galicia ou INEGA. O obxectivo é que os fogares reduzan o seu consumo enerxético e gañen en sostibilidade. Hoxe preguntámoslle a un dos técnicos que realizan esta clase de certificacións que é a certificación de eficiencia das viv...

Boletín informativo ambiental 06/09/13 06.09.2013

Escoita o único boletín informativo ambiental en galego e sobre o noso medio. Hoxe repasamos as novas máis destacadas da última semana.

O grafeno: o material que pode revolucionar o futuro 05.09.2013

Está considerado o material máis duro do mundo, ou cando menos, un dos máis duros. Isto xunguido á súa flexibilidade ou elasticidade convérteo nun dos descubrimentos do século e quizais un dos recursos máis demandados nas próximas décadas. Neste programa coñecemos as súas cualidades e potenciais funcionalidades cunha das investigadoras que estudan a súa composición e propiedades.

Cando nace a paisaxe tradicional do rural galego? 04.09.2013

Probablemente nunca antes como agora se produciron mudanzas tan extremas na paisaxe; na contra conservamos durante séculos a paisaxe tradicional galega. Desde cando foi concibida é a pregunta trataremos de darlle resposta neste programa CERNA. Falamos da arqueoloxía do rural galego coa investigadora Paula Ballesteros.

Antigas minas galegas como recurso patrimonial 04.09.2013

As minas de ouro, volframio, estaño, etc. que se explotaron en Galiza desde a época romana están chamadas a converterse nun novo recurso patrimonial e turístico. Varios proxectos de alcance internacional están a interesarse polos vestixios mineiros galegos de hai séculos para poñelos en valor, dando a coñecer a súa historia, a súa relevancia na época e creando un produto atractivo para o turismo....

Os plans que rexerán as reservas da biosfera lucenses 04.09.2013

A Deputación de Lugo presenta os seus plans para as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares lucenses. Os obxectivos xa están marcados para os vindeiros anos, agora falta concretar as accións para poñer en valor, preservar e desenvolver estes dous espazos.

Mentiras sobre a matanza dos lobos de Barbanza 31.07.2013

ADEGA desminte varias das afirmacións que fixo o Director Xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, en comparecencia parlamentaria, sobre o plan de control dos lobos híbridos no Barbanza, tras unha petición de AGE. O responsable da Xunta, segundo ADEGA, minimiza o número de batidas realizadas así como as capturas e os resultados da cacería durante os anos 2011 e 2012.

SOS Panadeira denuncia a destrución de dúas praias de Sanxenxo 30.07.2013

Portos de Galicia e o concello de Sanxenxo autorizan a colocación de novos pantaláns para embarcacións recreativas do Clube Náutico do concello. Pero este feito está a desgustar a gran parte dos veciños e veciñas pola alteración que están a sufrir dúas praias urbanas do municipio, bens públicos, a favor dun negocio privado.

Un respiro para as abellas: a UE restrinxe o uso do fipronil 29.07.2013

Co fipronil xa son 4 os pesticidas neonicotinoides que a Unión Europea restrinxe no último ano. Estes activos tóxicos afectan o sistema nervioso das abellas e fanas desaparecer. Un risco do que finalmente se está a decatar a UE e que agora intenta atallar coa prohibición temporal destes praguicidas. O fipronil é un dos máis perigosos, aínda así España é un dos países que avoga por seguir utilizánd...

Porto Cabral: monte comunal ou centro comercial 24.07.2013

Esta é a disxuntiva á que se enfrontan os comuneiros e comuneiras da parroquia de Cabral de Vigo. "Porto Cabral" pretende ser o maior centro comercial de Galiza, nas proximidades de Vigo, cunha extensión de 500.000 m2 auspiciada pola empresa Eurofund de capital británico. Pero o monte no que se quere instalar é de man común polo que está sometido á lei que regula este tipo de xestións comunais. A...

Proxecto Cernes: promoción e comercialización de produtos ecolóxicos 23.07.2013

Nace como iniciativa do goberno galego e da Rexión Norte de Portugal, para promover en Galiza a produción e comercialización de produtos ecolóxicos, nomeadamente de froiteiras, catiñeiros e oliveiras. Agora atópase na súa fase final e imos coñecer como se desenvolveu.

Á procura do ouro na Serra da Groba, dous mil anos despois 22.07.2013

O Instituto de Estudos Miñoranos vén de solicitar a catalogación de 15 minas de ouro romanas na Serra da Groba. Paralelamente, unha empresa canadiana solicita a prospección e sondaxe da zona, o que podería supór un grave impacto sobre os vestixios romanos, ademais doutras alteracións na contorna.

Boletín informativo ambiental 19/07/13 19.07.2013

Como xa sabes, os venres repasamos a actualidade ambiental acontecida no país durante a última semana. Escoita o resumo que che ofrecemos.

Colle unhas vacacións ecolóxicas! 18.07.2013

Que son unhas vacacións ecolóxicas e como podes gozar dos teus días libres sen influír negativamente no medio natural,... isto é o que descubrirás neste espazo Cerna, con ADEGA.

Oposición veciñal á liña de alta tensión de conexión con Portugal 17.07.2013

A LAT (liña de alta tensión) prevista entre Galiza e Portugal, desde o alto de Fontefría, pasaría polos concellos de A Cañiza, Covelo, As Neves e Arbo. O concello de Arbo oponse taxantemente a este trazado e reclama un alternativo para evitar o impacto en bens patrimoniais e económicos, pero, sobre todo, para preservar a saúde dos seus veciños e veciñas.

Consecuencias da paralización da mina de ouro de Corcoesto 16.07.2013

A Xunta vén de paralizar a tramitación da mina de ouro de Corcoesto por deficiencias nas garantías económicas. Isto, lonxe de significar a paralización do proxecto, é interpretado polo colectivo ecoloxista ADEGA como unha táctica estética ou de salvagarda por parte da Xunta. Imos saber porqué.

A memoria da caza da balea en Galiza 15.07.2013

Recuperar a nosa memoria sobre a caza da balea en Galiza é o obxectivo do proxecto que promove a CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) e que trata de compilar un fondo documental sobre esta parte da nosa historia litoral. Unha das iniciativas que se enmarcan no proxecto é a Exposición "Galicia, no lombo da balea" que está no Auditorio municipal de Cangas ata o vindeiro xoves 18...

Boletín informativo ambiental 12/07/13 12.07.2013

Os casos Prestige, Corcoesto, Lei de Costas, entre outros, formaron parte da actualidade ambiental galega da última semana. Coñece que pasou no eido ambiental de Galiza, aquí en Radio Cerna.

Voluntariado para a conservación de dunas 11.07.2013

Voluntarios e voluntarias desprazaranse con ADEGA ás praias de Porto do Son e Pobra do Caramiñal, os vindeiros 18 e 23 de xullo para eliminar flora exótica das dunas. Esta actividade enmárcase dentro do programa "Conservando as nosas dunas" que, entre outros obxectivos, busca mellorar as condicións de hábitat da píllara das dunas.

Tímido plan para conservar a píllara das dunas 10.07.2013

A Xunta propón un plan para a conservación da píllara das dunas, unha ave recollida no Catálogo galego de especies ameazadas na categoría de vulnerable. Pese a que o planeamento é de obrigado cumprimento e necesario, segundo os ecoloxistas, estes consideran que é moi mellorable, xa que non ofrece garantías para a recuperación da especie nas dunas galegas.

Protexer o cabalo salvaxe para conservar o lobo en Galiza 09.07.2013

Unha Tese doutoral ofrece relevantes datos sobre a relación presa-depredador do poni ou cabalo salvaxe e o lobo en Galiza. É o primeiro traballo que afonda na ecoloxía do garrano e que analiza a súa situación actual. O garrano ou cabalo salvaxe galego é único no mundo e, sen embargo, a súa poboación está a esmorecer de xeito continuado e acelerado. Neste programa escoitamos as explicacións da súa...

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.