Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Proxecto Soutos: un pulo á industria galega da castaña 22.10.2013 10:01
Nace en 2010 para potenciar a produción da castaña galega para a industria da castaña en fresco e conxelada. Promovido pola empresa Alibós, este proxecto pon a producir de xeito sostible máis de 200 hectáreas de soutos abandonados na provincia de Lugo. O obxectivo: recuperar a función destes soutos e dotalos dunha viabilidade empresarial.
Que é a castañicultura ecolóxica? 21.10.2013 10:01
No programa de hoxe coñecemos o que é a castañicultura ecolóxica. As diferenzas entre un souto ecolóxico e outro convencional, as pecualiaridades do seu manexo e como obter o selo do consello regulador. Sobre todos estes contidos versará o curso de castañicultura ecolóxica que comeza hoxe no centro Agronovo Ecoloxía de Lugo.
Boletín informativo ambiental 18/10/13 18.10.2013 10:01
As novas ambientais máis destacadas da última semana ao teu alcance, neste programa Cerna! En poucos minutos enteraraste da actualidade ambiental do país.
Recuperando charcas antigas no Bierzo 16.10.2013 10:02
Esta fin de semana, o proxecto Charcas con Vida de ADEGA trasladarase á veciña comarca do Bierzo. O obxectivo será recuperar charcas contruídas polo home que, ao longo do tempo, fóronse convertindo en refuxio de moita biodiversidade, e que hoxe en día están colmatadas. Devolver a vida a esas charcas é o reto.
Crónica dun varamento masivo 14.10.2013 10:01
É un dos varamentos masivos de cetáceos que ten acontecido, non só nas costas galegas, senón tamén españolas. A pasada semana, 22 caldeiróns varamban na praia de Arealonga do Vicedo, na Ría do Barqueiro, facendo saltar todas as alarmas e vontades. Un dos membros do equipo da CEMMA (coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños) relátanos in situ como se viviron esas xornadas de rescate.
Boletín informativo ambiental 11/10/13 11.10.2013 10:01
Repasamos as novas ambientais dos últimos días, aquí neste espazo de Radio Cerna. Coñéceas!
Ribeira Sacra: nova aposta polo Patrimonio da Humanidade 10.10.2013 10:01
É a segunda vez que a Ribeira Sacra se propón como candidata a Patrimonio da Humanidade. Tras o frustrado intento da Xunta de 2005, que non acadou chegar nin á sede da Unesco, agora son as Deputacións provinciais de Lugo e Ourense as que impulsan unha nova proposta. Parece que desta volta as intencións son serias, mais queda por acadar o apoio de todos os sectores implicados. Entrevistamos a Xosé...
Alternativas á erradicación das especies invasoras en illas 09.10.2013 10:01
Unha tese doutoral da Universidade de Santiago de Compostela determina cales son os métodos de control máis eficaces contra a flora e fauna exótica invasora en ecosistemas insulares. Un dos casos de estudo foi o Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Web para a biodiversidade ameazada de Galiza e do norte de Portugal 08.10.2013 10:02
Nace un novo portal web dedicado á biodiversidade ameazada de Galiza e do Norte de Portural. En "biodiversidade.eu" poderemos atopar o rexistro de todas as especies animais e vexetais ameazadas, a súa localización no mapa, as fichas das características de cada unha, rutas de observación de flora ameazada, etc. O web está promovido pola USC, que pretende que sexa a propia sociedade a que o vaia dot...
Empresas rurais innovadoras, empresas “estruming” 07.10.2013 10:01
Existen ideas empresariasi que se desenvolven no rural ou a través do rural e que son innovadoras. Concentralas todas nun mesmo foro de reflexión, debate, e traballo é o obxectivo dos "Estruming days", xornadas técnicas nas que intercambiar experiencias, establecer contactos e nutrirse do coñecemento dos demais. Unha das súas organizadoras, Desirée Vidal, valora a primeira sesión dos Estruming day...
Boletín informativo ambiental 04/10/13 04.10.2013 10:01
Coñece as novas dos últimos días no eido medioambiental galego, e tamén as iniciativas en defensa da terra que se propoñen esta fin de semana.
A proposta educativa do CEIDA para este curso 03.10.2013 10:01
O CEIDA ou Centro de Extentensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia presenta o seu programa para o curso 2013-2014. Rutas, exposicións e actividades con nenos e nenas ao aire libre, son algunhas das súas propostas.
A bicicleta en Galiza, como iniciativa empresarial 02.10.2013 10:01
Non é só un medio de transporte ecolóxico, tamén é un medio de vida. A bicicleta é a materia prima de varias iniciativas empresarias galegas, das que hoxe coñecemos dúas. Cyclowood, dedicados á fabricación de bicis exclusivas de madeira, e Velaivai, que promove o servizo de reparto e mensaxería usando o pedal.
Guía para superar a escaseza do petróleo 01.10.2013 10:01
Xa superamos o pico ou teito do petróleo (peak oil) e ninguén nos está a advertir de como superar a escaseza de petróleo. É urxente tomar medidas para que o colapso enerxético non sexa inasumiblemente drástico. Por iso a Asociación Véspera de Nada está traballando desde hai anos nunha "Guía para o descenso enerxético" que agora quere publicar e distribuír. Está a pedir apoios a través da plataform...
Informe: 23 anos de lumes en cifras 30.09.2013 10:01
O sindicato Comisións Obreiras publica un informe no que dá analiza os lumes dos últimos 23 anos en Galiza, para dar conta do que supoñen para a perda de erritorio e para a nosa economía. Os datos son reveladores...
Boletín informativo ambiental 27/09/13 27.09.2013 10:01
Repasamos as novas da semana no ámbito ambiental galego. Coñece o que pasou co teu ambiente nos últimos días en tan só 10 minutos...
Quen era Leopoldo López Rego? Homenaxe na Eira da Xoana 26.09.2013 10:01
Este sábado, ADEGA celebra a II Homenaxe ás persoas crentes comprometidas co país e coa defensa ambiental de Galiza. A figura homenaxeada será Leopoldo López Rego, home entregado á defensa dos intereses da colectividade fronte os abusos dos poderosos, tamén no eido ambiental. Hoxe en Radio Cerna coñecemos cal foi a implicación de López Rego na loita ambientalista galega.
Viaxe emocional á porta dos Ancares 25.09.2013 10:02
Achegar aos rapaces e as rapazas do rural ao seu medio máis próximo para coñecelo de primeira man foi o obxectivo desta Viaxe emocional á porta dos Ancares impulsada por un grupo de persoas comprometidas coa tradición, a cultura e o medio ambiente galego. Hoxe coñecemos esta experiencia que promete ser a primeira de moitas outras.
Campaña de outono de Proxecto Ríos 24.09.2013 10:01
O Proxecto Ríos de voluntariado ambiental en ríos de ADEGA vén de comezar a súa campaña de outono. Esta fin de semana comeza as súas actividades de formación e voluntariado. O sábado terá lugar o curso de formación de voluntarios e o domingo realizarase a limpeza simultánea dos ríos galego. Pero isto non é todo, escoita!
Monte Pindo: o peor lume do ano 23.09.2013 10:01
Preto de 2.500 hectáreas queimadas, nas que se atopaban dúas especies singulares e 50 especies protexidas, alén dos danos económicos. Foi o pero lume do que vai de ano e tivo lugar nun espazo protexidos como Rede Natura e proposto a Parque Natural polos colectivos sociais. A esperanza do Pindo é rexurdir canto antes, mais para iso precisa de axuda. Falamos co presidente da Asociación Monte Pindo P...
Boletín informativo ambiental 20/09/13 20.09.2013 10:01
Neste espazo daremos conta das novas ambientais que máis destacaron na última semana en Galiza, semana da mobilidade.
Obxectivo: Rexenerar o río Limia 19.09.2013 10:01
A contaminación do río Limia está acadando cotas inasumibles, por iso a Confederación Hidrográfica Miño-Sil busca financiamento europeo para poder abordar de xeito ambicioso a súa rexeneración. Presentou a candidatura do proxecto "Rexenera Limia" ao programa Life de axudas, co apoio da Xunta e de varias empresas privadas con intereses no efluente. O presidente da confederación, Francisco Marín, ex...
Terceiras “charcas con vida” de ADEGA 18.09.2013 10:01
ADEGA segue a construír e reconstruír charcas polo país a prol do fomento da biodiversidade vexetal e animal nos ecosistemas acuáticos. "Charcas con Vida" convoca unha nova xeira de traballo voluntario para esta fin de semana, achegando a sociedade á natureza, e contribuíndo a minimizar a desaparición dos pequenos humidais. Nalgúns países europeos a súa desaparición foi drástica, chegando a mingua...
Presente e futuro das enerxías renovables a debate 17.09.2013 10:01
É o momento de debater sobre o futuro das enerxías renovables en Galiza. Tras os dous últimos decretos do goberno estatal que incrementa os custos da produción e consumo de electricidade e os recortes parciais ou totais das primas, a situación virou moi difícil tanto para as empresas produtoras como para os consumidores. Nunhas xornadas organizadas mañá e pasado en Vigo polo enxeñeiros industriais...
Prohibir por lei o uso do cianuro na minaría galega 16.09.2013 10:01
Os ecoloxistas galegos reclaman ao Parlamento que prohíba o uso do cianuro nas explotacións mineiras de Galiza a través dunha nova lei. Para iso presentaron na cámara a pasada semana unha proposición de lei e outra proposición non de lei baseada nas recomedacións dunha resolución do Parlamento europeo de 2010, na que instaba aos gobernos a restrinxir o uso deste químico nocivo para o ambiente e a...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.