Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1697 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A compostaxe como única alternativa na xestión de residuos 02.12.2013

Hoxe recollemos en RAdio Cerna os testemuños de Alfonso del Val, un dos primeiros investigadores na composta do Estado, e Betariz Martín, voceira de "Composta en Red" no I Foro europeo de Residuos, organizado por ADEGA os días 22 e 23 de novembro en Pontevedra. Ambos os dous, especilistas na compostaxe da materia orgánica xerada nos fogares, analizan a situación desta forma de tratamento dos resid...

Boletín informativo ambiental 29/11/13 29.11.2013

Escoita e coñece cales foron as novas ambientais máis destacadas da semana aquí en Radio Cerna.

As Corcerizas, premio “Hostelling International” 28.11.2013

Polo uso das enerxías renovables e de materiais sostibles para a construción, o centro educacional de Amigos da Terra, situado no Macizo central ourensán, vén de recibir un premio internacional. As Corcerizas gañou o segundo galardón "Hostelling International", co que se pretende mellorar a súa autosuficiencia enerxética.

A custodia territorial de Ridimoas 27.11.2013

A asociación cultural-ecolóxica de Ridimoas é a organización galega con máis terreo custodiado. Actualmente conta cunha propiedade de 500 Ha no concello de Beade que pertencen á extensión do bosque de Ridimoas. Alí desenvólvense actuacións de conservación, de educación ambiental, e mesmo produtivas. Imos coñecer máis a fondo o proxecto con David Rodríguez, vicepresidente da asociación.

Campaña “desolbediencia”, por un novo modelo enerxético 26.11.2013

Xa se dan as condicións para reconverter o actual modelo enerxético contaminantes por outro modelo máis sostible e xusto socialmente. Para impulsar este cambio e convencer vontades, nace a Plataforma estatal por un novo modelo enerxético, constituída hai preto de dous anos. Recentemente, lanzou a Campaña "desolbediencia" onde insta aos cidadáns a revelarse contra o oligopolio eléctrico de España e...

É posible recuperar a pita de monte nos Ancares lucenses? 21.11.2013

Esta fin de semana, a Asociación Galega de Custodia do Territorio xunto co proxecto Life+ urogallo cantábrico, organiza unhas xornadas en Piornedo (Cervantes) para reflexionar sobre o pasado, presente e futuro da pita de monte en Galiza. Neste foro tratarase de responder á pregunta de se é posible recuperar a especie nos Ancares de Lugo e, en xeral, en toda a Cornixa Cantábrica. Hoxe fala para Rad...

A Universidade rural de Barreiros 20.11.2013

A Asociación cultural Ollomao de Barreiros bota a andar esta iniciativa de formación no medio rural coa finalidade de achegar os contidos de ensino superior aos habitantes do eido rural, e dar resposta ás súas inquedanzas de coñecemento. A Universidade rural de Barreiros divide a súa formación en 5 sementes ou temáticas de distinta índole que son impartidas de veciño a veciño.

A defensa ambiental nos tribunais. Rede de avogados ambientalistas 18.11.2013

A Rede de avogados para a defensa ambiental, RADA, creouse co obxectivo de poñer en valor o labor dos letrados ambientalistas e das causas de defensa ambiental ante os tribunais. As leis ambientais xa son de "terceira" e nin tan sequera as propias Administracións cumpren coas leis que elas mesmas crean. Montserrat Valencia descríbenos o panorama co que se atopan actualmente os defensores xurídicos...

Especial sentenza do Prestige: as reaccións diante do TSXG 18.11.2013

As reaccións ante a setenza do Prestige non se fixeron agardar. Recollemos algunhas testemuñas ás portas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza momentos posteriores á lectura do fallo. Neste espazo Cerna podédelas escoitar.

A sentenza do Prestige: o resumo 14.11.2013

Escoita un resumo da sentenza do Prestige lida onte no TSXG. O fallo resultou sorprendente para a maioría dos presentes, sobre todo, para o colectivo social e ecoloxista que se concentraba ás portas do Tribunal. Neste espazo traladamos parte da sentenza na voz do xuíz Luis Aláez. Xulga por ti mesmo/a!

I Foro Europeo sobre residuos en Galiza 14.11.2013

ADEGA organiza o I Foro Europeo sobre residuos de Galiza os días 22 e 23 de novembro no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Baixo o título "Cara a unha sociedade da reciclaxe. Iniciativas e experiencias", ADEGA traerá relatores de varias localidades europeas nas que se están a xestionar os residuos urbanos sen botar man da incineración, e cun notable éxito. O Foro tratará de abrir novos camiños...

As causas da desaparición das abellas en Galiza 12.11.2013

Unha tese doutoral, realizada por Encarna Garrido, entre 2006 e 2008, indica que a causa principal da desaparición das abellas en Galiza é o mal uso que se fai dos tratamentos contra o parásito da varroa, e non tanto a aplicación de agrotóxicos, como o fipronil. Se queres coñecer máis afondo as conclusións deste estudo, escoita este espazo.

SOS Monte Pindo, xa en acción! 11.11.2013

Nace o movemento de voluntariado SOS Monte Pindo para recuperar e rexenerar este espazo natural protexido. Está promovido pola asociación Monte Pindo Parque Natural en resposta á falta de medios e recursos dispostos polo goberno galego para atallar os prexuízos inmediatos do lume (riadas, escorrentías, etc.) e a erosión do solo e perda de biodiversidade.

Boletín informativo ambiental 08/11/13 08.11.2013

Coñece as novas ambientais desta semana no territorio galego. Escóitanos!

II Feira de Outono na Eira da Xoana 07.11.2013

Este domingo, 10 de novembro, a Eira da Xoana está de festa! Celebra a II Feira de Outono, de produtos naturais e artesanais, onde uns 50 produtores exporán as súas creacións. Na Feira haberá música (Bico da Balouta), maxia (Mago Antón), literatura (Proxecto Identidades), charlas (Hifas da Terra) e exposicións. Os detalles coñecémolos neste programa con Pepe Salvadores.

“Queimar o monte”, o documental sobre as causas 06.11.2013

Segundo a sinopse dos propios autores, este documental analiza o porqué dos incendios forestais en Galiza, tanto as causas estruturais como as principais motivacións dos incendiarios que os provocan. Está producido por Walkie Talkie Films e foi realizado por Emilio Fonseca e Uxía Buciños durante o ano 2012. Agora comézase a proxectar nalgunhas salas a través de varias entidades. Unha destas citas...

Contaminación das rías galegas por cobre 05.11.2013

Os resultados dunha investigación do CSIC dan conta do elevado nivel de contaminación por cobre que sufren algunhas rías galegas. As zonas máis afectadas son sobre todo os portos de mar con tráfico marítimo masivo, e as rías máis contaminadas son as de Ferrol e Vigo. Segundo nos explica o director deste estudo, a causa principal da contaminación por cobre débese á pintura dos barcos. Coñece os det...

Recortes no medio ambiente. Orzamentos 2014 04.11.2013

O goberno galego reduciu a partida orzamentaria para políticas medioambientais en preto dun 75% desde o ano 2009. Para o vindeiro ano, Conservación da Natureza recibe un tesoirazo considerable e outras áreas quedan sinxelamente sen orzamento. ADEGA analiza os orzamentos da Xunta do vindeiro ano en materia ambiental.

Boletín informativo ambiental 31/10/13 31.10.2013

Este xoves dámosche conta das novas medioambientais máis sobresaíntes desta semana. Escoita este boletín e entérate!

Cooperativa galega de enerxía verde: Nosa Enerxía 30.10.2013

Creouse hai un ano para satisfacer aos consumidores/as de enerxía renovable en Galiza. "Nosa Enerxía" é unha cooperativa galega de enerxía verde que promove un novo modelo de xestión do consumo e produción eléctrica no que se aposta polas fontes renovables. Se queres coñecer como funciona este sistema, escoita este espazo.

Cooperativas de enerxía verde: Som Energia 29.10.2013

Novas formas de producir e consumir enerxía están a aparecer no país. Unha delas é "Som Energia", cooperativa que produce e comercializa enerxía con certificado verde en gran parte do Estado. Mañá coñeceremos outra experiencia similar pero só de ámbito galego, chamada "Nosa Enerxía".

Lexislación ambiental: a Reforma eléctrica 28.10.2013

A profesora en dereito ambiental na USC, Alba Nogueira, explicaranos os cambios máis destacados que se establecen a través dos dous últimos decretos do goberno español destinados a regular a "sustentabilidade" do sector eléctrico, e que non convencen nin ás produtores eléctricas nin aos consumidores de enerxía.

Boletín informativo ambiental 25/10/13 25.10.2013

Escoita este boletín informativo onde recollemos as novas da última semana máis destacadas do medio ambiente galego.

Como preservar a memoria do Territorio 24.10.2013

Ana Filgueiras é arqueóloga, etnógrafa e antropóloga. Como profesional, intenta trasladas todas estas disciplinas ao desenvolvemento urbanístico para preservar o que se chama a "Memoria do Territorio". Desafortunadamente, este respecto pola memoria territorial é pouco habitual no eido urbanístico galego, pero é necesario. Hoxe descubrimos con ela como debemos evitar a fraxilidade da memoria territ...

Xornadas Mouras sobre experiencias en Etnografía 23.10.2013

A etnografía en Galiza será o tema arredor do que xiren a V edición das Xornadas Mouras, organizadas pola Plataforma en defensa do patrimonio das Pontes e polo Museo etnográfico de Caxado. Neste encontro relataranse as experiencias dos centros museísticos etnográficos do Eume, Ortegal e Grandas de Salime. Tamén contarán cos relatorios de especialistas como Felipe Senén ou Ana Filgueiras.

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.