Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Resultados da custodia fluvial Ulla-Umia-Lérez 29.01.2014 10:01
ADEGA conclúe o seu proxecto de custodia fluvial nas bacías Ulla, Umia e Lérez tras tres anos de traballo. Neste espazo coñecemos cales foron os resultados e o seu impacto no territorio. Todas estas actuacións están recollidas nunha publicación recentemente editada pola organización que pretende servir de referencia para outras iniciativas de custodia fluvial.
Ano internacional da agricultura familiar. As claves de futuro en Galiza 27.01.2014 10:01
Neste ano 2014, dedicado á Agricultura familiar pola ONU, preguntamos a un dos investigadores galegos especializados neste eido cales son as claves de éxito deste tipo de agricultura en Galiza, onde máis do 90% desta é familar. Carlos Ferrás compara o caso galego co irlandés e tamén os analiza desde o punto de vista social e ambiental.
Boletín informativo ambiental 24/01/14 24.01.2014 10:01
Este venres recollemos no espazo Cerna todas as novas máis destacadas do eido ambiental galego na última semana. Isto foi o que o ambiente galego viviu nos últimos días...
A chegada de lobos mariños ás costas galegas 22.01.2014 10:02
As costas galegas están a recibir numerosos esxemplares de mamíferos mariños, cetáceos, golfiños,... pero quizais máis inusitada é a chegada de tantos lobos mar¡ños. Falamos coa CEMMA para saber en que estado se atopan e cal é o motivo desta chegada masiva de focas grises ao litoral galego.
Control para as queimas "controladas". Afeccións na erosión do solo. 20.01.2014 10:01
As queimas controladas tamén poden supoñer un risco elevado para a erosión do solo fértil de Galiza. Unha investigación do CSIC pon este dato de relevancia ante a consideración xeralizada de que os lumes de baixa intensidade producen baixo impacto no solo. O estudo estima que os incendios de categoría menor poderían supoñer a perda de 2,5 toneladas/ hectárea e por ano en Galiza, polo que habería q...
Boletín informativo ambiental 17/01/14 17.01.2014 10:01
Descobre o que deparou a actualidade ambiental da última semana aquí en Radio CERNA. A información ambiental máis actual!
O río Gafos, a un paso de converterse en Espazo natural de interese local 15.01.2014 10:01
O río Gafos está a un paso de converterse en Espazo Natural de Interese local. A Xunta vén de aprobar provisionalmente a súa candidatura, á agarda de que o concello de Pontevedra presente un Plan de conservación para o espazo. Hoxe coñecemos a valoración deste recoñecemento ambiental por parte da asociación impulsora do proxecto que leva máis de 10 anos traballando pola conservación do río Gafos,...
Liña verde de consulta e denuncia ambiental en Lugo 13.01.2014 10:01
Preto de 200 concellos en todo o Estado xa están facer uso da liña verde para facer consultas ambientais on-line ou denunciar unha deficiencia no medio natural a través de aplicación móbil, de xeito inmediato e directo. Recentemente, o concello de Lugo converteuse na primeira cidade galega que pon a disposición dos seus cidadáns este servizo, a través da plataforma www.lineaverdelugo.org.
Boletín informativo ambiental 10/01/14 12.01.2014 9:59
Hoxe coñecemos neste espazo Cerna as novas ambientais máis sobresaíntes da semana. En poucos minutos, ponte ao día!
Premios Osíxeno e Dioxina de ADEGA para 2013 12.01.2014 10:01
ADEGA fai pública a lista de premiados para 2013 dos galardóns Osíxeno e Dioxina que representan, respectivamente, as mellores e peores actuacións ambientais nos últimos 12 meses. A entrega dos premios terá lugar este sábado.
Boletín informativo ambiental 03/01/14 03.01.2014 10:01
Coñece as novas ambientais máis destacada dos últimos días. Informamos ademais de que a partir da vindeira semana Cerna terá nova programación. Emitirá os luns, mércores e venres de cada semana. Feliz Ano 2014!
Cando ver aves en Galiza? A primeira guía de destinos segundo a época do ano 03.01.2014 10:01
Dous naturalistas galegos elaboran unha completa guía de destinos para a observación de aves en Galiza, segundo as diferentes épocas do ano. A publicación ofrece unha lista de localizacións mes a mes, ademais de interesante información complementaria para os afeizoados a esta actividade, pero tamén para aqueles que se queiran inicar nela. É a primeira guía destas características en todo o Estado.
Lexislación territorial: a Reforma local 03.01.2014 10:01
O goberno estatal vén de propoñer unha Lei de Reforma local que deixa sen capacidade xurídica aquelas entidades locais de carácter menor (parroquias, barrios, etc.). Analizamos coa profesora en dereito administrativo e ambiental como afectaría no territorio galego esta nova normativa.
Ana Miranda avalía o informe europarlamentario sobre as rías galegas 19.12.2013 10:01
Foi aprobado o pasado martes con 20 votos a favor do PP e do PSOE e con 7 votos en contra dos liberais e dos verdes europeos. E dúas das persoas das tres que formaron parte da visita europarlamentaria o pasado mes de febreiro desvinculáronse do texto. O informe é cualificado como "descafeinado" e froito dunha manipulación da maioría conservadora na Comisión de peticións do Parlamento Europeo. Ana...
O raposo como bioindicador de metais pesados no medio 18.12.2013 10:01
Unha tese da Universidade de Santiago de Compostela determina que existen elevados niveis de chumbo nos raposos que habitan áreas agroforestais, fronte aqueles que habitan en zonas próximas ao medio urbano ou industrial. Descobre que outras curiosidades achega esta investigación, da man do seu autor, Xermán Quintana.
O cabalo garrano, candidato a Patrimonio Nacional en Portugal 17.12.2013 10:01
A xestión do cabalo salvaxe en Portugal dista moito do modelo galego. Alí, o garrano está proposto como Patrimonio Nacional, é unha especie en risco de extinción e protexida e amparada pola Unión Europea. Ademais, o garrano está sendo demandado como símbolo identitario polo pobo portugués. Neste espazo escoitaremos ao coordinador da candidatura do cabalo salvaxe portugués a Patrimonio Nacional.
Xornada sobre o cabalo salvaxe galego 16.12.2013 10:01
A través desta xornada, que terá lugar o vindeiro sábado, a Asociación Galega de Custodia do Territorio, pretende iniciar unha seria de foros sobre o cabalo salvaxe de Galiza que, en primeira instancia, se dedicará á súa funcionalidade biolóxica e ecolóxica e á súa xestión e manexo por parte dos besteiros. Será un primeiro encontro que intenta potenciar os valores ambientais e culturais do cabalo...
Boletín informativo ambiental 13/12/13 13.12.2013 10:01
Escoita e coñece as novas acontecidas os últimos días no eido ambiental galego neste espazo Cerna!
Ecoloxistas destapan 45 km de ríos excluídos do PXOM de Lugo 12.12.2013 10:01
Tres organizacións ecoloxistas (ADEGA, Ríos con Vida e a Asociación Galega de Custodia do Territorio) veñen de facer público un estudo de recoñecemento e identificación de cursos fluviais non contemplados no plan urbanístico de Lugo. Polo de agora son algo máis de 45 quilómetros de río que desapareceran do documento oficial urbanístico, por tanto, estaban sen protección. Pero os colectivos promoto...
É viable unha planta de compostaxe na comarca de Pontevedra? 11.12.2013 10:01
Carme da Silva, concelleira de medio ambiente en Pontevedra, dá conta do estudo de viabilidade dunha planta de compostaxe para a comarca pontevedresa. O proxecto xorde da necesidade de buscar unha alternativa máis sostible e barata na xestión do lixo urbano. A ponencia foi relatada no Foro europeo de residuos, organizado por ADEGA os días 22 e 23 de novembro.
O plan de residuos da Xunta. Continuidade do modelo Sogama 11.12.2013 10:01
Fernando Asperilla, xefe de servizo de planificación de residuos da Xunta, acudiu ao Foro cara a unha sociedade da reciclaxe, organizado por ADEGA, para explicar cales son as expectativas da Xunta en materia de residuos de aquí ao ano 2020. Destaca algúns dos obxectivos que pretende acadar o Plan galego de residuos e analiza cales foron os resultados nos últimos 3 anos da aplicación do plan.
Xestión de envases agrarios. O sistema SIGFITO 11.12.2013 10:01
Todo tipo de envases agrarios ou fitosanitarios estanse a xestionar en todo o Estado a través dun sistema integral sen ánimo de lucro chamado SIGFITO. Neste espazo de Radio CERNA coñecemos como funciona o sistema, cales son as obrigas da sociedade xestora, do agricultor, e que tratamento reciben os agroenvases.
Sociedades cara o residuo Cero. O caso de Italia 05.12.2013 10:02
Máis de 200 concellos en Italia xa están a xestionar os seus residuos baixo o método "residuo cero" e o sistema de recollida porta a porta. O movemento "Zero Waste" ou "Residuo Cero" está a visualizar en Europa a necesidade de deixar de producir aquelo que non se pode reciclar ou reutilizar. Este sistema é factible e viable, como así o expuxo na súa videoconferencia un dos promotores do movemento...
Euskadi e Cataluña á vangarda da compostaxe en Europa 04.12.2013 10:01
O alcalde da localidade basca de Hernani e un técnico do Consell comarcal de Pallars Sobirá (Pirineo catalán) expuxeron a súa experiencia coa compostaxe no Foro europeo cara a unha sociedade da reciclaxe organizado por ADEGA. Dous proxectos que se colocan á vangarda da xestión de residuos sostible e que son referencia en toda Europa. Se os queres coñecer, preme no play!
Experiencias da compostaxe en Galiza 03.12.2013 10:01
No Foro Europeo de Residuos organizado por ADEGA tamén se deron a coñecer algunhas das experiencias de compostaxe que se están a desenvolver en Galiza. Coñecemos en concrto a experiencia da organización ecoloxista ADEGA coa compostaxe doméstica e comunitaria (que atende a 3.000 vivendas) e a da Universidade da Coruña, que pretende xestionar os seus residuos orgánicos no propio Campus.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.