Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1697 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Boletín informativo ambiental 28/03/14 28.03.2014

Escoita cales foron as novas no eido ambiental máis relevantes na última semana. Aquí en Radio Cerna facémosche un resumo. Escóitanos!

Circos sen animais en Galiza 26.03.2014

A Fundación Franz Web e a Asociación animalista Libera! están a desenvolver en Galiza a campaña "Circos sen animais". O obxectivo é que os concellos galegos se declares libres de estes espectáculos nos que se usa aos animais como instrumento de traballo. Ademais están a informar á poboación das condicións de sometemento e maltrato ás que se ven sometidos polos seus donos. En Galiza xa hai preto de...

Despedida cautelosa á mina de Corcoesto 24.03.2014

A Xunta denega definitivamente a mina de ouro de Corcoesto. O proxecto de Edgewater non cumpre cos requirimentos económicos e técnicos. Os colectivos ecoloxistas amosan unha ledicia cautelosa e a multinacional canadiana ameaza con recorrer a decisión nos tribunais. Neste espazo abordamos as sensacións que deixou este anuncio nalgunhas das plataformas opostas a esta inxente e perigosa explotación d...

Boletín informativo ambiental 21/03/14 21.03.2014

Varias son as novas relevantes no eido ambiental da semana. A Xunta anuncia a denegación definitiva do proxecto da mina de ouro de corcoesto e preto dun cento de alcaldes se concentan diante do Parlamento para pedir diálogo e a non aplicación do taxazo de Sogama. Estes foron algúns dos acontecementos máis relevantes, pero houbo máis...!

Un castiñeiro máis, un eucalipto menos 19.03.2014

A Fundación Fragas do Mandeo lanza unha nova campaña de custodia do territorio destinada a repoboar con castiñeiros terreos plantados con eucalipto para poñer en valor a flora autóctona fronte a foránea. A actividade terá lugar o vindeiro 29 de marzo a carón do río Mandeo.

Quercus sonora: música e custodia do territorio 19.03.2014

O Alto Ulla é a paisaxe elixida por Quercus sonora para promover a fusión da música e a natureza. Dous elementos indisolubles para esta organización encargada de celebrar o Festiulloa, o festival de música de cámara de Antas de Ulla, destinado a poñer en valor a comarca e os seus valores natuais. Agora, Quercus sonora tamén se suma á custodia do territorio.

Boletín informativo ambiental 14/03/14 14.03.2014

Neste espazo repasamos a actulidade informativo no eido ambiental galego. Coñece o que aconteceu na nosa contorna na última semana...

As illas de plástico. Un novo ecosistema? 12.03.2014

Tes escoitado falar da "plastisfera"? O mundo científico está comezando a poñer o seu interese no que podería ser unha nova forma de ecosistemas campando polos océanos de todo o mundo. Investigadores galegos tamén veñen de lanzar liñas de investigacións que tratan de coñecer máis este inquedante universo de plásticos que convive coa biodiversidade natural do medio mariño. O obxectivo é saber cal é...

O "Gamonal" galego na defensa do río Sarria 10.03.2014

Máis de dúas semanas leva a veciñanza de Sarria resistindo fronte o encanamento do río promovido polo Concello, a Xunta e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil. A persistencia da mobilización veciñal na defensa do río xa fixo que algúns tildasen esta causa como o "Gamonal" galego. Neste espazo coñecemos os motivos de oposición do pobo de Sarria ao encanamento do río que pasa polo centro da localid...

Boletín informativo ambiental 07/03/14 07.03.2014

Escoita en poucos minutos a actualidade ambiental que deparou a última semana ho territorio galego.

O movemento ecoloxista de cara ás eleccións europeas 05.03.2014

As cinco organizacións ecoloxistas máis importantes do Estado veñen de presentar 14 propostas de cambio aos candidatos/as ás eleccións europeas do 25 de maio. O seu obxectivo é que as políticas ambientais, non só teñan cabida no futuro de europa, senón que estean deseñadas como alternativa económica e como saída da crise.

Novas charcas con vida para 2014 03.03.2014

ADEGA dará continuidade ao proxecto de voluntariado ambiental "Charcas con Vida" durante este ano 2014. O colectivo ecoloxista prevé a creación e recuperación de novas charcas, sesións formativas sobre os seus valores, ampliar o inventario online de pequenos humidais en Galiza, e algunha que outra novidade...

Boletín informativo ambiental 28/02/14 28.02.2014

Coñece cales foron as noticias ambientais máis relevantes no país durante a última semana...

Os criterios e certificados da moda sostible 26.02.2014

A deseñadora María Almazán explica baixo que criterios se mide a sostibilidade na elaboración téxtil e cal é a trazabilidade ou seguimento que debe seguir desde o cultivo da materia prima ata chegar ás tendas. Tamén nos dará conta de cales son os selos que certifican a moda sostible.

Nace a plataforma galega pola moda sostible 24.02.2014

Ser responsable no consumo de roupa non é cuestión só do consumidor, tamén do sector téxtil. Varias empresas de moda, deseñadores, estudantes,... de Galiza xuntáronse en Plataforma para promover a moda sostible e traballar a prol da produción respectuosa co medio ambiente e coas persoas. Hoxe coñecemos en Radio Cerna esta iniciativa.

Boletín informativo ambiental 21/02/14 21.02.2014

Aquí recollemos as noticias da semana máis destacadas no ámbito ambiental galego. Coñéceas!

A fraga de Menáncaro, máis preto da súa protección 19.02.2014

O Tribunal Supremo emite unha sentenza pola que se anula un proxecto urbanístico para a Fraga de Menáncaro de Ferrol, unha das poucas masas de árbores autóctonas que queda na comarca. A loita nos tribunais tardou 7 anos en acadar este éxito ecoloxista e veciñal, que achega un pouco máis a Fraga de Menáncaro á súa protección. Neste espazo escoitamos a un dos veciños que defendeu ante a Xustiza este...

Nin o mar, nin os ríos son culpables... 17.02.2014

Nin o mar, nin os ríos, nin o temporal son os culpables morais dos desperfectos sufridos na costa ou nas ribeiras. O factor humano é determinante neste tipo de situacións, tamén para prevelas. Porén, a mensaxe xeralizada que se está a dar desde os medios e outros focos de comunicación desvincula a actividade humana de calquera responsabilidade.

Boletín informativo ambiental 14/02/14 17.02.2014

Este boletín informativo achégate ás novas ambientais ou sobre a ecoloxía do país máis actuais. Escóitao!

Informe sobre estado dos ríos galegos en 2013 17.02.2014

Onte publicouse o Informe anual de Proxecto Ríos 2013. Este documento dá conta dos resultados obtidos das inspeccións feitas polo voluntariado de Proxecto ríos nos efluentes galegos. Aínda que se observa unha mellora no seu estado, obsérvase certo delive nalgúns dos parámetros estudados. Falamos co responsable do proxecto, Paco Bañobre.

Pautas para reducir gastos na tarifa da luz 17.02.2014

Nunhas xornadas dedicadas ao sistema eléctrico e á tarifa eléctrica, organizadas por ADEGA, déronse as pautas que os consumidores e consumidoras de electricidade podemos seguir para aforrar na nosa factura da luz. Ser conscientes de que é o que estamos a pagar, reivindicar políticas enerxéticas baseadas no aforro e na eficiencia, ou revisar a fondo o recibo da luz e tomar medidas, son algunhas das...

Boletín informativo ambiental 07/02/14 07.02.2014

Escoita Radio CERNA para enterarte de cales foron os acontecementos máis relevantes da semana no eido ambiental galego.

As trampas do mercado eléctrico actual 05.02.2014

O mercado eléctrico actual utiliza certos instrumentos especulativos que repercuten directamente no prezo da luz. Neste espazo coñecemos cales son as artimañas das que fan uso as grandes eléctricas, amparadas polo propio sistema, que deixan ao cidadán nunha posición de indefensión. Revélanos esta información o investigador Adrián Dios, que participou nas Xornadas organizadas por ADEGA sobre Econom...

Mentiras do sector eléctrico sobre a factura da luz 03.02.2014

Un estudo da UNEF analiza algunhas das campañas publicitarias das grandes compañías eléctricas españolas e detecta unha manipulación nos datos dirixidos á opinión pública. A finalidade non semella ser outra que desvincularse de toda responsabilidade na suba continuada da factura da luz. Escoitamos as conclusións deste estudo da man dun responsable da UNEF.

Boletín informativo ambiental 31/01/14 31.01.2014

Neste espazo informamos das novas ambientais máis destacadas da semana. Preme e escoita!

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.