Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Máis de 20 partidos políticos do Estado avogan por prohibir o fracking 28.05.2014 10:01
O fracking ou fractura hidráulica para a captación de gas natural xa está a irromper no Estado español. Numerosos permisos de investigación para a explotacións de fracking xa se están a tramitar en diversos puntos da xeografía estatal. O asunto chegou ao Congreso no día de onte a través dunha proposta de Izquierda plural na que se instaba á prohibición desta práctica. O PP votou en contra e CiU, U...
Recollida simultánea de lixo nas praias galegas 26.05.2014 10:01
A III Edición da Limpeza simultánea de praias organizada por ADEGA terá lugar os días 6,7 e 8 de xuño por todo o litoral galego. Esa fin de semana coincide coa conmemoración mundial dos Océanos. Este ano, esta actividade de voluntariado ofrece novidades! Descúbreas neste espazo!
Boletín informativo ambiental 23/05/14 23.05.2014 10:01
Recollemos neste espazo todos os acontecementos informativos máis destacados desta semana no eido ambiental galego.
A custodia do territorio en Europa. Proxecto Landlife 21.05.2014 10:01
A custodia do territorio xa se está a extender por toda Europa como unha ferramenta de futuro na conservación dos ecosistemas naturais a partires da vontade social e particular. O proxecto Lanlife, de Xarxa de Custodia del Territori, culmina este ano o seu programa dedicado á promover esta nova forma de conservación da biodiversidade no arco mediterráneo occidental. Neste espazo coñecemos o proxec...
Como protexer as 4 parellas de mazarico real 19.05.2014 10:00
Na Península Ibérica quedan só 4 parellas de mazarico real e están na Terra Chá. O mazarico ou zarapito real é das aves nidificantes máis ameazadas de Galiza e do resto do Estado e precisa de protección. Mentres agarda por un Plan de Recuperación, que debera de aprobar o goberno autonómico, a USC está a desenvolver unha iniciativa que cando menos intente preservar as parellas reprodutoras instalad...
Boletín informativo ambiental 16/05/14 16.05.2014 10:01
Repasa con nós as novas ambientais desta semana máis destacadas...
Pontevedra quere unha planta de compostaxe 14.05.2014 10:01
A Deputación e o Concello de Pontevedra asinan un acordo polo que inician os traballos para a implantación da compostaxe para a xestión da materia orgánica na capital e nos demais concellos que se queiran adherir ao proxecto. O obxectivo é acadar o 50% da compostaxe dos residuos xerados, de forma que tampouco se destinen a Sogama. Escoitamos neste espazo aos responsables do proxecto.
Allariz impulsa un proxecto piloto de compostaxe 12.05.2014 10:01
Os concellos galegos xa ven na compostaxe unha alternativa á xestión do lixo de Sogama. Varios deles, entre eles Allariz, impulsar proxectos baseados no tratamento da materia orgánica fóra das instalacións de Cerceda e a través de plantas de compostaxe comarcais. Neste espazo coñecemos cal vai ser a experiencia piloto deste municipio.
Boletín informativo ambiental 09/05/14 09.05.2014 10:01
Repasamos as novas ambientais máis destacas desta semana no país. Entérate a través deste espazo Cerna.
Os residuos da enerxía eólicia, na alegalidade 07.05.2014 10:01
Eurofiber calcula que os residuos procedentes da industria eólica ascenden a 18.000 toneladas só no Estado español. Outros sitúan a cifra máis a baixa, pero en calquera caso o tratamento de residuos eólicos ameaza con ser un problema grave de contaminación se non se regula con urxencia. Un estudo do CSIC, en colaboración coa empresa Enreco2000, busca unha saída para algúns dos compoñentes fibrosos...
A pesca artesanal crea emprego 05.05.2014 10:02
Greepeace propón un modelo pesqueiro que suporía a creación de máis de 8.000 empregos en Galiza. Ao mesmo tempo, lembran aos políticos as promesas incumpridas en materia de pesca e sostibilidade mariña.
Boletín informativo ambiental 02/05/14 02.05.2014 10:02
Coñece as novas ambientais que deparou esta semana aquí en Galiza!
Cueiros ecolóxicos de campionato! 01.05.2014 10:01
O pasado sábado, 26 de abril, tivo lugar o IV Récord Mundial de cambio simultáneo de cueiros de tea, no que Galiza tamén participou. Este evento trata de reivindicar o uso dos cueiros ecolóxicos fronte os convencionais por razóns ambientais, económicas e de saúde. Escoitemos que vantaxes nos ofrecen...
Defender os animais desde unha perspectiva filosófica 28.04.2014 10:01
Desde hai uns 15 anos estase a estender un novo paradigna na defensa dos animais, baseado na filosofía moral. O movemento "animalista" toma como referencia esta nova formulación do pensamento moderno con respecto ao papel e comportamento dos seres humanos cos demais animais. Para coñecer os razoamentos que fundamentan este paradigma falamos co profesor de filosofía moral na USC, Óscar Horta.
Día da Terra pola ampliación da Rede Natura galega 25.04.2014 10:01
A ampliación da Rede Natura é unha promesa electoral do PP incumprida. Non haberá ampliación a curto prazo. Por este motivo, ADEGA, FEG e SGHN dedican o Día da Terra aos espazos da Rede Natura e reclaman sen máis demora a súa ampliación para evitar, entre outros efectos, unha multa da Unión Europea.
Boletín informativo ambiental 25/04/14 25.04.2014 10:01
Aquí podes escoitar nun espazo resumido as novas acontecidas no eido ambiental galego da última semana.
A Anduriña, Ave do Ano 2014 22.04.2014 10:01
A Sociedade Española de Ornitoloxía dedica cada ano a unha ave que se atope nunha situación peculiar de indefensión ou cuxas poboacións se viran afectadas drasticamente nos últimos tempos. En 2014, a elixida foi a anduriña. SEO/Birdlife explícanos os motivos polos que se quere chamar a atención sobre a situación na que está a vivir a anduriña.
Os impactos da A-76 segundo ADEGA 16.04.2014 10:01
O colectivo ADEGA alegou en 2008 contra a A-76, a autoestrada que Fomento pretende construír a través da Ribeira Sacra, desde Ourense a Pontevedra. Alén dos impactos socioeconómicos da pretendida infraestrutura, tamén son considerables os ambientais e paisaxísticos. Destes falaranos neste espazo Martinho Fiz, membro de ADEGA.
Unha autoestrada ameaza a Ribeira Sacra 14.04.2014 10:01
Vén de ser aprobada polo Ministerio de Fomento a construción da autoestrada A-76 Ourense-Ponferrada. O proxecto colleu de sorpresa a moitos dos veciños e veciñas da Ribeira Sacra que xa se organizaron en Plataforma para frear a execución da infraestrutura. Coñecemos con eles cales van ser os impactos e a situación na que quedaría a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.
O PP municipalista, tamén a prol da compostaxe 11.04.2014 10:01
Neste espazo daremos conta daqueles alcaldes do PP que tamén andan a buscar unha alternativa a Sogama no eido local. Os rexedores municipais das comarcas do Deza e do Salnés, a maioría do Partido popular, visitaron as instalacións da planta de compostaxe de Lousame para coñecer o seu funcionamento e as súas vantaxes. Tamén andan a explorar experiencias como a compostaxe doméstica, co obxectivo de...
Boletín informativo ambiental 11/04/14 11.04.2014 10:01
Neste espazo, repasamos a actualidade ambiental galega da última semana.
Máis de 90 alcaldes galegos queren un novo modelo de xestión dos residuos 07.04.2014 10:02
Neste espazo escoitamos a algúns dos 90 alcaldes galegos que se negan a pagar o taxazo de Sogama e avogan por un novo modelo de xestión de residuos en Galiza. Perante a negativa da Xunta de compartir a débeda contraída polo modelo da incineración, demandan alternativas máis eficientes ambiental e economicamente.
Boletín informativo ambiental 04/04/14 04.04.2014 10:00
Descobre as novas que o eido ambiental galego deixou nesta primeira semana de abril en tan só 10 minutos!
Recurso xudicial contra a delimitación do Camiño Primitivo 02.04.2014 10:01
O Foro do Camiño Primitivo, do que fai parte ADEGA, vén de recorrer nos tribunais a delimitación oficial do Camiño Primitivo a Santiago. Os preto de 20 colectivos que conforman este Foro consideran que o trazado oficializado é fraudulento, non cumpre coa Lei de Protección dos Camiños e que pon en risco a declaración desta vía histórica como Patrimonio da Humanidade. Esta é a segunda delimitación d...
A Xunta ten nas súas mans a paralización das obras no río Sarria 31.03.2014 10:02
A Xunta, non só ten nas súas mans a paralización das obras do plan de encauzamento do río Sarria, senón que ten a obriga de detelas. É o que reiviindican as organizacións ADEGA e a AGACS (Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago). Reclaman responsabilidades á D.X. de Patrimonio e á D.X. de Conservación da Natureza por non cumprir a lei e non promover medidas cautelares esixidas pola norma...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.