Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1697 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Life Tremedal, un proxecto para a conservación de humidais 01.09.2014

En Galiza estase a desenvolver un proxecto Life destinado á conservación da flora e fauna que se desenvolve en ecosistemas húmidos continentais. O coñecido como Life Tremedal xa respaldou diversas actuacións de conservación en 3 humidais galegos que pretenden converterse nun referente en materia de protección da biodiversidade e que coñeceremos con Marco Rubido, técnico do Ibader.

Boletín informativo ambiental 01/08/14 01.08.2014

Neste espazo Cerna ofrecémosche as novas máis destacadas da semana no eido ambiental. Voltamos de hoxe nun mes con contidos actualizados. Feliz verán!

España en chamas: pola transparencia na información sobre lumes 30.07.2014

A información que nos dan os organismos públicos sobre o número e a incidencia dos lumes forestais é incompleta, está fracturada e non ofrece unha visión de conxunto sobre a problemática dos incendios. Fronte as eivas na transparencia deste tipo de información pública nace o proxecto "España en llamas" liderado polo galego Juan Elosua e a Fundación Cidadá Civio. Con esta iniciativa ponse a disposi...

Ceibes no monte: o cabalo galego nas aulas 28.07.2014

O IES Terra de Turonio de Gondomar leva anos poñendo en valor o cabalo galego de monte, os cabalos ceibes a través do proxecto educativo "Ceibes no monte". O alumnado converteuse na principal fonte de coñecemento sobre os cabalos do sur pontevedrés que vén de ser recompilado nun libro-DVD no que se analiza esta especie animal de xeito integral. O proxecto recibiu en 2008 o Premio Antón Fraguas do...

Novas ZEPAs mariñas. O que implican. 23.07.2014

O Ministerio de Medio Ambiente vén de declarar 39 espazos mariños como Zonas de especial protección para aves en toda a costa española. Destas, 5 atópanse en augas galegas. As novas declaracións sitúan ao Estado español á cabeza en Europa de espazos mariños protexidos como Rede Natura. Neste espazo saberemos o que supoñen as novas Zepas para a protección das aves mariñas e o que implica para o con...

Debate internacional sobre eficiencia enerxética en Galiza 21.07.2014

Galiza foi o punto de encontro de máis de 40 expertos en economía, medio ambiente e enerxía de todo o mundo para falar de eficiencia enerxética. Un concepto que levado á práctica suporía un dos piares fundamentais da mitigación dos efectos do cambio climático. Coñecemos as conclusións deste encontro convocado por Economics for Energy da man do seu director, Xavier Labandeira.

Boletín informativo ambiental 18/07/14 18.07.2014

Escoita o boletín informativo semanal de Radio CERNA no que se fai repaso da actualidade ambiental máis destacada dos últimos días!

Revisión científica sobre os pesticidas sistémicos 16.07.2014

A organización Bee life destaca os resultados dunha revisión científica a nivel mundial sobre os riscos dos pesticias sistémicos que amenazan a vida das abellas e ao conxunto da biodiversidade. Unha revisión que impulsou a UICN e que realizaron 29 científicos do grupo de traballo sobre pesticidas sistémicos, os cales analizaron máis de 800 estudos e artigos publicados sobre os neonicotinoides e o...

Unha tese propón unha solución á contaminación do encoro do Umia 14.07.2014

Unha investigadora do grupo de enxeñaría agroforestal da Universidade de Vigo está a piques de rematar unha tese doutoral na que se propón unha solución para mitigar a contaminación por cianobacterias do encoro da Baxe, no río Umia, en Caldas de Reis. Desde o ano 2006, a contaminación pola proliferación destas microalgas tóxicas está sen resolver e os métodos paliativos que arestora se están a apl...

Boletín informativo ambiental 11/07/14 11.07.2014

Neste espazo, escoita as novas ambientais do país máis relevantes da última semana...

Colectivos piden unha solución para a planta de residuos de Nostián 11.07.2014

Unha quincena de colectivos da Coruña piden unha solución para a planta de residuos de Nostián, cuxas cotas de reciclaxe se viron esmorecidas nos últimos anos. A través do manifesto "Nostián, solución!" propoñen medidas de mellora da xestión da planta co obxectivo de que esta volva facer compostaxe e acada niveis de reciclaxe similares a outras plantas que fan compost, como a de Lousame. O profeso...

As árbores senlleiras de Galiza en perigo 11.07.2014

A Xunta quere modificar o Decreto das Árbores senlleiras de Galiza para simplificar a tramitación da súa catalogación. Sen embargo, ecoloxistas e investigadores ven nesta pretensión unha intención de desregular a norma para evitar a participación pública no proceso de declaración de árbores senlleiras. Fins Eirexas de ADEGA, explícao neste espazo Cerna.

Boletín informativo ambiental 04/07/14 11.07.2014

Coñece as novas ambientais máis destacadas desta semana no país, neste espazo de Radio Cerna.

TEMPO: Outra ollada audiovisual sobre O Courel 02.07.2014

A Serra do Courel non só é un destino atractivo para os amantes da natureza, os turismas, os científicos ou os deportistas, tamén o é para os profesionais do audiovisual. Manuel Valcárcel, realizador galego, foi o último en atreverse a filmar as marabillas do Courel para contalas ao mundo. Pero a súa mirada, a través do documental "Tempo" vai ser a de observador, a de ver pasar o tempo desde os ol...

Camiños seguros do Morrazo, pola mobilidade sostible 30.06.2014

Dunha nova forma de entender os camiños tradicionais xorde o proxecto "Camiños seguros do Morrazo". O seu obxectivo é devolver a utilidade aos vellos camiños como percorridos de mobilidade sostible, pero tamén como elementos de conexión entre a veciñanza e entre o territorio e as persoas. A experiencia nace na comarca do Morrazo da man do arquitecto Martín Barreiro Cruz e do colectivo Rurbán.

Seguros ecolóxicos para clientes ecolóxicos 25.06.2014

As compañías de seguros están a ver na ecoloxía un nicho de mercado aínda por explorar. Algunhas empresas xa están a lanzar pólizas ou seguros verdes para persoas e entidades con actitudes respectuosas co ambiente. Neste espazo coñecemos algúns dos produtos que xa están en activo relacionados coa redución da contaminación, coa redución na xeración de residuos, cos vehículos eléctricos ou coa mobil...

Boletín informativo ambiental 20/06/14 20.06.2014

Neste espazo repasamos as novas ambientais máis resaltables da última semana. Coñéceas!

O bosque galego como recurso de vida. Cousa de Raíces. 18.06.2014

A campaña Cousa de Raíces tamén porá en valor as potencialidades do bosque galego como recurso de vida. Actualmente hai moitas empresas e propietarios de monte que viven do bosque autóctono e neste espazo recollemos algunhas destas iniciativas. Alibós, Asoporcel, Fruga e ORGACCMM relatan a súa experiencia co bosque galego como recurso a aproveitar.

A UDC impartirá un curso de conservación ambiental 16.06.2014

Do 1 ao 4 de xullo, a Universidade da Coruña impartirá o curso "Iniciativas de conservación ambiental e participacón social" que tentará trasladar os coñecementos básicos sobre este eido a estudantes universitarios e a todas aquelas persoas interesadas. O curso abordará contidos sobre as ferramentas máis habituais de conservación e aquelas máis novidosas das que pode botar man a propia cidadanía....

Cousa de Raíces, campaña pola revalorización do bosque galego 11.06.2014

Este domingo lanzouse a campaña "Cousa de Raíces" en defensa do bosque galego. Máis de 40 colectivos e entidades de diversos eidos (ecoloxista, empresarial, investigación, comunidades de montes, sindicatos, etc.) poñen a andar esta campaña que intentará aglutinar nun esforzo común o traballo de todos os colectivos do país que promovan e potencien as masas de árbores autóctonas. O obxectivo é deter...

Outra autoestrada de impacto: A-57 Vilaboa-Pontevedra 09.06.2014

Un novo proxecto de autoestrada ameaza con impactar a comarca de Pontevedra, desde o punto de vista ambiental, patrimonial e social. A A-57, no seu treito Vilaboa-A Ermida, a pesar de só ter unha lonxitude de 7 quilómetros, está a crear un gran rexeitamento social polas agresións que supón para o territorio afectado. Neste espazo coñecemos as razóns de oposición a este proxecto manifestadas pola r...

Boletín informativo ambiental 06/06/14 06.06.2014

Neste espazo repasamos as novas ambientais máis destacadas desta semana mundial do Medio ambiente. Compárteas con nós!

O Tribunal Europeo senta xurisprudencia sobre obras públicas en Rede Natura 04.06.2014

Unha sentenza do Tribunal de Luxemburgo senta xurisprudencia sobre como se debe interpretar a Directiva Hábitats con respecto á execución de obras ou infraestruturas que potencialmente afecten os valores ambientais de Rede Natura 2000. En concreto, dito fallo, denegou a construción dunha autoestrada en Holanda que atravesaba hábitats protexidos por non considerala unha obra de interese xeral de pr...

Carballo, referente galego na compostaxe escolar 02.06.2014

Máis de mil nenos e nesas do concello de Carballo aprenderán a compostar os residuos orgánicos producidos no eido escolar. Tres colexios deste municipio súmanse ao programa de compostaxe comunitaria de ADEGA que, co apoio do concello, pretende ensinar aos máis pequenos a aproveitar os residuos orgánicos como abono. Xosé Regueira, concelleiro de promoción económica en Carballo, explica neste espazo...

Boletín informativo ambiental 30/05/14 30.05.2014

Escoita o máis destacado na actualidade desta semana das novas acontecidas en Galiza relativas ao medio ambiente e á ecoloxía!

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.