Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1688 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Boletín informativo ambiental 17/11/23 16.11.2023

A Xunta de Galiza deixa maioritariamente en mans privadas a nova sociedade mixta para impulsar proxectos de renovables, da que formarán parte empresas como Abanca, Ence ou Finsa. Fronte á política eólica da Xunta, a coordinadora Eólica Así Non convoca a sociedade galega a unha nova concentración fronte ao Parlamento de Galiza. Ademais, a Xunta acepta a Ence na Alianza Galega polo Clima. Puxeron o...

Boletín informativo ambiental 10/11/23 09.11.2023

Terremoto político en Portugal por presunta corrupción en dúas minas de litio na fronteira con Galiza. Aquí, Amancio Ortega ultima a compra do 49% dunha megacarteira de renovables de Repsol. Inditex, ademais, érguese como unha das marcas máis contaminantes con toneladas de roupa transportadas por avión, segundo unha recente investigación. No mar, vén de acabar a campaña marisqueira máis curta da h...

Boletín informativo ambiental 03/11/23 03.11.2023

Unha empresa andaluza proxecta tres parques eólicos fronte á costa da Mariña; e en terra, máis de 80 profesionais e grandes figuras da cultura e ciencia asinan o Manifesto Acibal contra o espolio eólico dos montes. Ademais, 21 explotacións mineiras en Galiza están en situación irregular, segundo o Observatorio Ibérico da Minaría. Tres sociedades científicas denuncian os impactos ambientais do prox...

Boletín informativo ambiental 27/10/23 27.10.2023

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza paraliza cautelarmente o polígono Acibal, situado en Barro, Campo Lameiro e Moraña. Esta sentenza supón un novo golpe xudicial para a política eólica da Xunta nun momento no que manobra coa lei para procurar "blindar" o seu modelo a través das declaracións dos proxectos de "interese público superior". Mentres, a campaña Ti Podes Paralos! lanza un novo desaf...

Boletín informativo ambiental 20/10/23 20.10.2023

A patronal eólica volve cargar contra a Xustiza e os colectivos ecoloxistas polas anulacións e suspensións cautelares de polígonos eólicos en Galiza. Mentres, ADEGA alerta que a lei de beneficios sociais da Xunta pode acabar nun lavado de cara para o lobby eólico, mineiro e pasteiro. Ademais, Iberdrola, Naturgy e Endesa pagan máis de medio millón de euros ao ano para influír nas políticas europeas...

Boletín informativo ambiental 06/10/2023 06.10.2023

Medio século despois, a central térmica das Pontes deixa de queimar carbón. Apágase un símbolo industrial e cesa unha das maiores fábricas de cambio climático de Europa. Ao tempo, xa son 40 os recursos contra parques eólicos que chegaron ata o de agora ao TXSG. Tamén esta semana se publicou un informe que indica que o 78% de Galiza respirou aire contaminado por ozono ao longo deste ano. Primeira s...

Boletín informativo ambiental 29/09/23 29.09.2023

A Xunta de Galiza acumula frontes abertas nos xulgados en materia medioambiental, a conta do modelo eólico, a mina de San Finx e a cidade deportiva do Celta en Vigo. Ademais, esta semana toca dicir adeus á purpurina e demais produtos con microplásticos engadidos intencionadamente. ADEGA iniciará unha campaña informativa sobre a situación da xestión de residuos na Coruña e As Mariñas; mentres a soc...

Boletín informativo ambiental 22/09/23 22.09.2023

A campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos! contra a depredación eólica lanza unha nova plataforma (https://retotpp.heroes.help) para que calquera persoa poida reunir fondos para a causa a través de retos persoais. Auditores da Unión Europea poñen en dúbida que a eólica mariña sexa inocua para o medioambiente. O Consello da Cultura Galega alerta de que o eucalipto provoca unha perda de bio...

Boletín informativo ambiental 15/09/23 15.09.2023

Un complexo eólico cunha potencia de máis de 320 megawatts ameaza as comarcas da Limia e Monterrei, mentres que a campaña de recadación colectiva Ti Podes Paralos! contra a depredación eólica se achega aos 160.000 euros reunidos. A Xunta subvencionará a eólica mariña con máis de 5 millóns de euros; o proxecto de central de bombeo en Castrelo de Miño xera rexeitamentos na veciñanza; e a Xunta de Ga...

Boletín informativo ambiental 08/09/23 08.09.2023

A campaña de recadación solidaria #TiPodesParalos supera a barreira dos 150.000 euros. Á par da eólica, Galiza vive o boom da hidroeléctrica, con 7 centrais de bombeo proxectadas no territorio. Tamén esta semana a mina de San Finx volveu ao foco informativo tras saberse que o río ten niveis de cadmio 78 veces superiores aos permitidos. A Xunta expedientou á mineira. A guerra contra o lobo regresa...

Boletín informativo ambiental 28/07/23 28.07.2023

A campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos está a piques de superar os 100.000 euros en doazóns, un fito moi importante, e suma un novo desafío para procurar frear o P.E. Paraño Oeste. Ao tempo, as eólicas dinamitan o Acibal, un monte cheo de petróglifos e pedras históricas en Moraña, na comarca de Caldas; e no mar, Portugal prioriza a zona da fronteira con Galiza no seu estreo da eólica m...

Boletín informativo ambiental 21/07/23 21.07.2023

As montañas orientais de Galiza urxen o apoio social a través da campaña Ti Podes Paralos para frear a invasión eólica. Mentres a patronal mantense nunha cruzada contra as sentenzas que tombaron varios parques eólicos autorizados pola Xunta de Galiza. ADEGA cualifica estes ataques de indecentes e antidemocráticos. Ademais, a Fiscalía abre dilixencias contra altos cargos de Augas de Galiza por auto...

Boletín informativo ambiental 14/07/23 14.07.2023

O cambio climático irrompe na campaña electoral e as formacións políticas destapan as súas propostas diante do reto da transición ecolóxica, no que aparece o debate eólico. Neste mesmo ámbito, as presións da patronal eólica, da Xunta (e agora tamén de CCOO) contra os xuices que anularon os parques eólicos de Campelo e Bustelo persisten, ata o punto que o propio TSXG e Xuíces pola Democracia tivero...

Botelín informativo ambiental 07/07/23 07.07.2023

A campaña de ADEGA contra a depredación eólica xa acada os 70.000 euros de recadacións solidarias para que a organización ecoloxista galega recorra nos tribunais máis de 30 macroproxectos eólicos autorizados en abril pola Xunta de Galiza e que exercen graves danos ambientais e sociais no territorio. Ante a caída continuada de proxectos eólicos a golpe de sentenza, o sector amosa o seu nervosismo e...

Boletín informativo ambiental 30/06/23 30.06.2023

A campaña de doazóns "Ti podes paralos!" contra a depredación eólica de Galiza segue evolucionando favorablemente e acadando varios dos obxectivos marcados. ADEGA suma esta semana 3 campañas máis de micromecenado para levar os macroproxectos eólicos especulativos autorizado pola Xunta aos tribunais. Namentres, a Xunta cambia de conselleiro de Industria, Greenalia intenta desacreditar ao TSXG, e a...

Boletín informativo ambiental 23/06/23 23.06.2023

A Xunta non gaña para sustos! Esta semana dúas novas sentenzas do TSXG declaran ilegal a política eólica do goberno galego. Un dos fallos anula o proxecto eólico Bustelo, o segundo de Greenalia, recorrido na xustiza por ADEGA. Outra das sentenzas paraliza cautelarmente o P.E. Lagoa II, de Zas e Santa Comba. A campaña "Ti podes paralos!" acada os 40.000 euros de achegas solidarias da cidadanía gale...

Boletín informativo ambiental 16/06/2023 16.06.2023

Recentes sentenzas do TSXG conseguen deter proxectos industriais con alto impacto sobre espazos de elevado valor natural, como o fallo que anula o parque eólico de Campelo ou a recente suspensión cautelar da autorización da mina de feldespato, en Muras, a carón do Xistral. A campaña #TiPodesParalos de ADEGA consegue os primeiros 30.000 euros de doazóns no seu primeiro mes de recadación solidaria p...

Boletín informativo ambiental 02/06/2023 02.06.2023

Novo golpe xudicial contra a política eólica da Xunta! A asociación ecoloxista ADEGA consegue tumbar nos tribunais o Parque Eólico Campelo de Greenalia, nos concellos de Coristanco e Santa Comba. Unha sentenza que cae como auga de maio para todos aqueles recursos que se pretendan presentar contra os novos proxectos eólicos autorizados pola Xunta. O Tribunal considera que o Campelo é unha fragmenta...

Boletín informativo ambiental 12/05/2023 12.05.2023

Comezan a aparecer publicadas no DOG as primeiras resolucións das 75 autorizacións de proxectos eólicos, outorgadas o pasado mes de abril pola Xunta. Os parques eólico Rodicio II e Monte da Croa xa están en tempo de desconto para a presentación de recursos contra ditas autorizacións. ADEGA anuncia que nos próximos días iniciará unha campaña de recadación solidaria para poder afrontar os recursos x...

Boletín informativo ambiental 05/05/23 05.05.2023

ADEGA anuncia unha batería de recursos xudiciais contra a aprobación exprés de 75 macroproxectos eólicos por parte da Xunta que teñan un especial impacto sobre o patrimonio natural e cultural e adianta que porá a andar unha campaña de recadación colectiva para tal fin. Nesta semana tamén denunciu máis dunha ducia de plantacións ilegais de eucalipto na Serra do Xistral en zona de ampliación da Rede...

Boletín informativo ambiental 21/04/23 21.04.2023

Este domingo 23 de abril, a Coordinadora Eólica Así Non acordoará a Xunta de Galicia, en San Caetano, Santiago de Compostela, para esixir ao goberno galego que denegue máis de 75 proxectos eólicos cuxa data de autorización vence a vindeira semana. De aprobarse esta enxurrada de parques eólicos, sen unha planificación con fins sociais e ambientais, os danos poderían ser irreversíbeis, advirte a org...

Boletín informativo ambiental 14/04/23 14.04.2023

Esta semana anunciouse o primeiro proxecto de eólica mariña transfronteirizo do sur de Europa, entre Galiza e Portugal, cunha potencia de instalación de 2 GW. e 530 km2 de superficie ocupada. A eólica mariña está aparecendo con forza fronte a un sector pesqueiro moi preocupado. A Xunta presentou tamén nestes días a súa estratexida de mobilidade, a cal non contempla a necesidade de reducir despraza...

Boletín informativo ambiental 31/03/23 31.03.2023

A primeira vaga incendiaria de 2023 tivo lugar esta semana na provincia de Lugo. Baleira, A Fonsgrada e Ribeira de Piquín foron os municipios máis afectados, chegando a calcinarse xa 1500 hectáreas. Este gran lume prodúcese antes de que a Xunta teña aprobado o Pladiga deste ano e co 50% das brigadas inoperativas. ADEGA denunciou á Xunta por eliminar a través de rozas de prevención de incendios un...

Boletín informativo ambiental 24/03/23 24.03.2023

A Coordinadora Eólica Así Non convoca unha nova mobilización galega para o domingo 23 de abril, contra o actual modelo depredador e especulativo da enerxía eólica. O acto convida a "rodear" a Xunta literalmente, facendo unha cadea humana ao redor do edifico de San Caetano, en Santiago de Compostela. Doutra banda, o presidenta Rueda muda de idea e agora si que contempla a creación dunha empresa púb...

Boletín informativo ambiental 10/03/23 10.03.2023

ADEGA traslada a denuncia contra a Xunta por perdoarlle 12 millóns a Greenalia á Fiscalía Xeral do Estado, o sector do mar levántase contra a eólica mariña e os plans de ordenación do espazo mariño do Ministerio de Transición Ecolóxica, e coñécese a sentenza de Ence que permite á pasteira permanecer na ría de Pontevedra ata 2073. O voto particular dunha maxistrada que cre que esta decisión do Supr...

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.