Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1688 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Boletín informativo ambiental 09/08/24 08.08.2024

Xa son 52 os proxectos eólicos paralizados cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza polos seus posibles danos sobre o medio ambiente. Entre eles, a instancias de ADEGA, o alto tribunal freou o proxecto eólico Xesteirón, Valdepereira e Xeada nos últimos días. No cerne destes logros está a campaña de recadación #TiPodesParalos. Noutra orde de cousas, a Xunta avala as medidas propost...

Boletín informativo ambiental 02/08/2024 01.08.2024

O Tribunal Constitucional non admite o recurso do Estado contra a prórroga de Ence en Pontevedra. A ola de calor provoca 33 falecementos da última semana de xuño. A campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos precisa axuda para recorrer nos tribunais un proxecto eólico en Lugo e Castroverde. Aparecen pequenas bólas de chapapote en diferentes praias galegas, sobre todo no litoral da Mariña Luc...

Boletín informativo ambiental 19/07/2024 18.07.2024

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea emite unha resolución en materia de emisións industriais que podería ter efecto sobre a instalación de Altri. ADEGA consegue a paralización cautelar do proxecto eólico Serra do Furco nos Ancares. No mar, o Tribunal Supremo rexeita o recurso do sector pesqueiro contra os plans do Estado para a eólica mariña. A veciñanza de Lugo está en pé de guerra contra o pr...

Boletín informativo ambiental 05/07/24 04.07.2024

Rueda nega unha reunión á veciñanza da Ulloa sobre a macrocelulosa de Altri e volve cargar contra as persoas manifestantes. No medio do debate polos impactos de Altri, Ence emite un comunicado coas supostas vantaxes ambientais da planta de reciclado de fibras téxtiles que quere implantar nas Pontes. Ence, Altri... e polo medio, unha Galiza que concentra máis da metade do eucalipto do Estado, segun...

Boletín informativo ambiental 28/06/24 27.06.2024

O proxecto de Altri en Palas provocará danos irreversibles sobre flora única no mundo. ADEGA e investigadores da USC rexeitan a instalación desta macrocelulosa e piden ás institucións galegas, españolas e europeas que defendan o patrimonio natural. A Xunta de Galiza prepara unha nova lei para simplificar a normativa de tramitación ambiental e tamén declara proxecto industrial estratéxico a mina de...

Boletín informativo ambiental 21/06/2024 20.06.2024

Bruxelas alerta o Estado español de que debe evitar a deterioración do encoro de Portodemouros que abastecerá a macrocelulosa de Altri en Palas de Rei. A Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela fai público o seu rexeitamento á factoría e adhírese ao manifesto en defensa da flora e fauna ameazada por Altri. A Xunta de Galiza oculta desde xaneiro a solicitude dun novo megapro...

Boletín informativo ambiental 14/06/2024 13.06.2024

Chamado a rodear a Xunta contra a macrocelulosa de Altri o próximo domingo, 30 de xuño. A Xunta aproba a utilidade pública do proxecto eólico Neboada, que ADEGA recorreu e solicitou a súa paralización cautelar no TSXG. Ademais, o tribunal galego anula o permiso da Xunta á única mina de coltán de Europa, en Viana do Bolo. A Fundación Eira da Xoana, Mariña Patrimonio e a Irmandade Santo Estevo de Er...

Boletín informativo ambiental 07/06/24 06.06.2024

O Día Mundial do Medio Ambiente en Galiza estivo atravesado pola loita social contra Altri e a vaga eólica, e pola petición de ampliación e mellora urxente da xestión da Rede Natura. ADEGA lanza unha nova campaña de recadación solidaria para frear un polígono eólico na Terra Chá que ameaza o millafre real, unha ave en perigo de extinción. Ademais, un estudo a nivel europeo deita luz sobre a explot...

Boletín informativo ambiental 31/05/24 30.05.2024

Palas de Rei acolle unha mobilización histórica contra a macrocelulosa proxectada por Altri e Greenalia no corazón de Galiza. A campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos precisa axuda para reunir os fondos necesarios para levar o polígono eólico Monte Contado ante a Xustiza. A empresa Erimsa proxecta unha mina a ceo aberto dunhas 1.000 hectáreas na comarca de Ordes. A Xunta de Galiza dálle...

Boletín informativo ambiental 24/05/24 23.05.2024

A factoría de Altri contaminará a atmosfera máis que todas as celulosas do Estado. A análise da documentación do “Proxecto GAMA” non deixa de achegar datos preocupantes. E mentres, empresas e produtoras agroalimentarias da propia Ulloa, do Deza, Melide e Arzúa mostran tamén o seu rexeitamento ao proxecto de macrocelulosa cun manifesto. Ademais, con motivo do Día Europeo da Rede Natura 2000, unha t...

Boletín informativo ambiental 17/05/24 16.05.2024

A megafactoría de Altri constituiría un problema de saúde pública, segundo alertan médicas. Xa son 40 os proxectos eólicos paralizados cautelarmente pola Xustiza no que vai de ano; un dos últimos, o Acibal, no que a empresa promotora, Norvento, segue traballando tras a resolución xudicial, segundo a plataforma Amil Sen Eólicos. O sector marisqueiro atravesa un dos seus peores momentos; e ADEGA cel...

Boletín informativo ambiental 26/04/24 25.04.2024

A Xunta deixa a porta aberta a financiar a macrocelulosa de Altri na Ulloa. Mentres, cada vez máis persoas se unen á defensa da Ulloa fronte ao proxecto. A primeira gran manifestación para mostrar a forza social terá lugar o 26 de maio en Palas de Rei, convocada pola Plataforma Ulloa Viva. Doutra banda, ADEGA e plataforma veciñal de afectados e afectadas pola A-57 conseguen en tempo récord os fond...

Boletín informativo ambiental 19/04/24 18.04.2024

Viaxe de ADEGA canda a outros colectivos a Bruxelas para denunciar o proxecto de celulosa que pretende instalar Altri na Ulloa. A Xunta de Galiza coñecía a presenza de especies ameazadas no espazo que ocuparía esta factoría e evitou protexelo. Ademais, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza paraliza cautelarmente un novo proxecto eólico a instancias de ADEGA, o Rodicio II; e a organización impul...

Boletín informativo ambiental 12/04/24 11.04.2024

A Coordinadora Eólica Así Non concéntrase diante do Parlamento de Galiza ao berro de "Rueda escoita, seguimos en loita!" na xornada da investidura do presidente Alfonso Rueda. Os colectivos esíxenlle un cambio radical na súa política enerxética. Ademais, o TSXG suspende de forma cautelar outros sete proxectos eólicos, dous deles a instancias de ADEGA. Xa son 27 en total. ADEGA e Mariña Patrimonio...

Boletín informativo ambiental 05/04/24 04.04.2024

Altri segue no foco mediático cun proxecto de macrocelulosa con altos impactos ambientais, sociais e económicos para a comarca da Ulloa. Ademais, a campaña de doazóns Salva o Lérez. Stop A-57 recada xa máis do 60% dos fondos necesarios para levar un treito da autovía A-57 aos tribunais. A coordinadora eólica así non chama a participar na manifestación deste sábado 6 de abril en Burela por un model...

Boletín informativo ambiental 24/03/24 21.03.2024

O proxecto de macrocelulosa de ALTRI na Ulloa é un "ataque ao corazón do interior de Galiza". Veciñanza e movemento ecoloxista opóñense a este modelo industrial insustentabe e chaman a presentar alegacións contra a factoría. Ademais, ADEGA e o colectivo Amil Sen Eólicos demandan ante o TSXG a paralización inmediata das obras do polígono eólico Acibal, un "espolio patrimonial". A campaña de doazóns...

Boletín informativo ambiental 15/03/2024 14.03.2024

ADEGA lanza unha campaña para salvar o espazo de Rede Natura do Lérez da autovía A-57, que implicará a construción dun viaduto de 700 metros sobre este río. Ademais, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza paraliza cautelarmente ata 18 proxectos eólicos desde a sentenza do Supremo que restrinxía os argumentos polos que anular parques. Paira sobre a veciñanza a preocupación polo proxecto de macroc...

Boletín informativo ambiental 01/03/24 29.02.2024

ADEGA denuncia os impactos do proxecto de ALTRI na Ulloa sobre os recursos hídricos; e a Serra da Groba libra, polo momento, dos proxectos eólicos polas súas afectacións ambientais. Ademais, esta semana o Parlamento Europeo aprobou definitivamente a Lei de Restauración da Natureza, mentres que relaxa os requisitos ambientais para obter axudas da PAC no medio das protestas do campo. Todo isto e mái...

Boletín informativo ambiental 16/02/24 15.02.2024

ADEGA querélase contra a ex Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galiza, Paula Uría, por condonar a Greenalia unha débeda millonaria coa facenda pública. Os pellets regresan á palestra a conta dun informe de Salvamento Marítimo que mostra que a Xunta só mobilizou o 40% dos medios que anunciou. O desxeo en Groenlandia está alterando as correntes oceánicas que...

Boletín informativo ambiental 09/02/24 08.02.2024

A Fiscalía investiga se o Goberno de Alfonso Rueda deixa en mans das eléctricas a redaccións dos informes claves para a autorización dos negocios eólicos. Ola de protestas na agricultura e na gandaría, a raíz das que a Comisión Europea está desmontando medidas clave para reducir a contaminación do agro. Novo golpe á Cidade Deportiva do Celta en Vigo polos seus impactos sobre os recursos hídricos....

Boletín informativo ambiental 02/02/24 02.02.2024

ADEGA lanza #EuQueroProxectoRíos, a campaña de recollida de sinaturas pola continuidade do emblemático Proxecto Ríos, o programa de voluntariado ambiental en ríos ao que a Xunta de Galiza vén de retirar o seu apoio. Ademais, a coordinadora Eólica Así Non propón ás forzas políticas candidatas a gobernar a Xunta un decálogo para un modelo enerxético alternativo. E ás portas das novas eleccións, Medi...

Boletín informativo ambiental 26/01/24 25.01.2024

A Xunta de Galiza retira o seu apoio ao emblemático Proxecto Ríos e abandona definitivamente o voluntariado galego en plena crise ambiental. Ao tempo, a cidadanía galega sae á rúa para reivindicar uns mares sen plástico ante o desastre ambiental dos pellets. A empresa propietaria da mina de San Finx está imputada por delitos contra o medio ambiente; e o persoal traballador denuncia o estado de aba...

Boletín informativo ambiental 19/01/24 18.01.2024

O ecoloxismo chama á mobilización social este domingo, 20 de xaneiro, en Compostela en defensa do mar e contra a incompetencia dos gobernos da Xunta e o Estado na xestión da marea de pellets que asola as costas galegas. Tamén esta semana sóubose que o proxecto de celulosa Altri na Ulloa ocultou información sobre o impacto da súa factoría na Rede Natura e sobre endemismos en perigo de extinción. O...

Boletín informativo ambiental 01/12/2023 30.11.2023

Novas mobilizacións de Eólica Así Non polo Día das Montañas fronte a gobernos e especuladores. O TSXG paraliza cautelarmente o parque eólico Campo das Rosas en terras da Rapa das Bestas. Nace tamén a plataforma Galiza sen gas, da que forma parte ADEGA, para acelerar o abandono dos combustibles fósiles. O futuro climático debátese en Dubái, na COP28, mentres que organizacións ecoloxistas reclaman o...

Boletín informativo ambiental 24/11/23 23.11.2023

A coordinadora Eólica Así Non mobiliza centos de persoas fronte ao Parlamento de Galiza contras as leis do PP que entregan o país definitivamente ao capital privado. A Xunta de Galiza retira o permiso que lle concedeu á mina de San Finx para verter augas contaminadas. Un estudo coordinado por ADEGA duplica o número de especies botánicas coñecidas na Illa de Tambo. E ademais, a Comisión Europea per...

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.