Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Boletín informativo ambiental 03/03/23 03.03.2023 9:59
Como vén sendo habitual, a actual invasión eólica segue marcando a actualidade ambiental do país, pero esta semana, desde o ámbito mariño. O Ministerio de Transición Ecolóxica vén de aprobar o Plan de Ordenación Mariña que marca as zonas de implantacións dos macroeólicos no mar. Un plan que ofrece repulsa absoluta no sector pesqueiro e oposición tamén desde terra. A semana tamén deixa novas positi...
Boletín informativo ambiental 24/02/23 24.02.2023 10:00
Existe relación entre o veto á pesca de arrastre e os intereses do lobby enerxético? O sector do mar expón ao debate público esta cuestión ante a inminente aprobación do plan de ordenación do espazo mariño por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica. O PP do Parlamento veta tamén unha investigación sobre os plans industriais ligados aos proxectos eólicos que gañaron o concurso de 2010 e rexord...
Boletín informativo ambiental 10/02/23 10.02.2023 10:00
A sentenza do Tribunal Supremo autorizando a ENCE permanecer por outros 60 anos na Ría de Pontevedra cae como xerra de auga fría na cidade do Lérez e no resto do país. As reaccións negativas sucédense por parte das entidades ecoloxistas APDR, ADEGA e outras, así como parte do concello e de Greenpeace, entidades recorrentes. Doutra banda, a pasteira e a Xunta celebran con xúbilo a decisión do Tribu...
Boletín informativo ambiental 03/02/23 10.02.2023 10:00
Tras aprobación en bloque de 77 declaracións de impacto ambiental favorables de proxectos eólicos pola Xunta a pasada semana, comezan a aparecer novas autorizacións destes proxectos industriais no rural galego. ADEGA chama a atención sobre a situacion do parque eólico de O Picato, o primeiro de Lugo, situado nunha zona de protección da avifauna e a poucos metros de dous Patrimonios da Humanidade,...
Boletín informativo ambiental 27/01/23 27.01.2023 10:00
Enxurrada de declaracións de impacto ambiental favorábeis para parques eólicos nesta semana, ante a data límite establecida polo Ministerio ás promotoar para acadar o permiso ambiental se non querían perder o permiso de acceso á rede eléctrica. De 140 macroproxectos eólicos, 120 obtiveron declaración ambiental, e destas 77 foron favorábeis. O territorio galego entregado ás multinacionais da enerxí...
Boletín informativo ambiental 13/01/23 13.01.2023 10:00
ADEGA fai balanzo do ano 2022 e vaticina un 203 moi duro na defensa do medio ambiente galego fronte a invasión eólica, tanto por terra como por mar. A coordinadora Eólica Así Non convoca á sociedade galega ás xornadas "Temos Alternativa" para construír colectivamente un modelo enerxético alternativo fronte o modelo eólico actual, depredador co territorio e abusivo coas persoas. E, nesta semana, a...
Boletín informativo ambiental 30/12/22 30.12.2022 10:03
Escoita o último boletín deste ano 2022 de Radio Cerna! O actual repaso informativo sobre o medio ambiente galego recolle a declaración da factoría de Altri como proxecto industrial estratéxico, a moratoria eólica aprobada no concello de Xinzo ou os novos datos censais do lobo en Galiza e a publicación de novos decretros sobre macrogranxas e envases de plástico. Voltamos en 2023!
Boletín informativo ambiental 23/12/22 23.12.2022 10:02
A eólica mariña en Galiza xa xunta 9 proxectos en tramitación, dos que 5 afectan á Mariña Lucense. Na eólica en terra, a Xunta dá unha de cal e outra de area, e no Parlamento de Galiza segue esquivando ás incómodas preguntas sobre o "caso Greenalia", relativo ao perdón dos preto de 12 millóns de euros que a empresa tiña que ter depositado na facenda pública, e a denuncia de ADEGA ao respecto na Fi...
Boletín informativo ambiental 16/12/22 16.12.2022 10:05
Continúa incesante a pingueira de autorizacións de proxectos eólicos en Galiza. Nesta última semana outros tres parques eólicos foron aprobados. No Parlamento o PP esquiva falar da denuncia de ADEGA contra a Xunta na Fiscalía por perdoarlle 11 millóns de euros a Greenalia no canto de obrigarlle a executar un plan industrial, e a sociedade galega volve dar un golpe na mesa a través das mobilización...
Boletín informativo ambiental 02/12/22 02.12.2022 10:02
Pronto finaliza o ano e toca facer balanzo. A Xunta dá conta dos proxectos eólicos autorizados, informados afvorablemente ou rexeitados neste 2022. E ADEGA denúnciaa por presunta prevaricación e malversación de fondos, ao eximir a Greenalia de pagar case 12.000.000 de euros á facenda pública e de executar o plan industrial comprometido no concurso eólico de 2010. Este feito desata dúbidas sobre a...
Boletín informativo ambiental 18/11/22 18.11.2022 9:59
A Xunta informa favorablemente a 13 proxectos eólicos de máis de 50MW que incumpren o Plan Eólico de Galiza e que están a ser tramitados polo Ministerio de Transición Ecolóxica. Cambia así de criterio, xa que na súa maioría foran informados negativamente por parte do goberno galego hai meses. Rueda xustifica esta viraxe en que agora estes proxectos servirán para abastecer de enerxía, total ou parc...
Boletín informativo ambiental 11/11/22 11.11.2022 10:02
Numerosos actos se desenvolven estes días en Galiza na memoria da peor catástrofe ambiental da nosa historia: o Prestige. ADEGA fai avaliación da actualidade logo de 20 anos desde a marea negra e outras voces, como a plataforma Nunca Máis, álzanse contra a impunidade e alertan do perigo obvio de que se repita un desastre similar. No ámbito da eólica Xunta e goberno do Estado achegan posturas e pro...
Boletín informativo ambiental 04/11/22 04.11.2022 10:01
A campaña de recadación solidaria "Ti podes paralos" consegue finalmente o seu reto, paralizar cautelarmente os proxectos eólicos Campelo e Bustelo de Greenalia, na área localizada arredor da Lagoa de Alcaián. En tan só 7 días acadáronse os 20.000 euros de aval que impuxo o TSXG para efectivizar tales paralizacións, constituíndo as primeiras da historia que se efectuan grazas á vontade popular e s...
Boletín informativo ambiental 28/10/22 28.10.2022 10:00
A campaña "Ti podes paralos!" consegue facer efectiva a paralización cautelar do proxecto eólico Campelo de Greenalia, e está a piques de conquerir a paralización cautelar efectiva do proxecto eólico Bustelo. A sociedade vólcase con ADEGA na consecución do importe requirido polo TSXG como aval para facer realidade estas dúas suspensións cautelares destes proxectos fragmentados artificiosamente, se...
Boletín informativo ambiental 21/10/22 21.10.2022 10:01
As últimas semanas están deixando unha colleita favorable de sentenzas e autos dos tribunais que deixan en evidencia a fallida política eólica da Xunta de Galiza. ADEGA, xunto con outras entidades, vén de acadar en tan só quince días 3 resolucións xudiciais favorables fronte a invasión eólica: a anulación definitiva do PE Serra do Iribio, en Samos e Triacastela, e a paralización cautelar dos proxe...
Boletín informativo ambiental 14/10/22 14.10.2022 10:00
Semana chea de éxitos para o movemento ecoloxista! ADEGA, SGO e FOP conseguen tombar definitivamente o parque eólico Serra do Iribio nos tribunais. O Supremo avala o fallo do TSXG que anulara a autorización da Xunta por dar por válida unha avaliación ambiental obsoleta, de 2005, e estar dentro dun espazo de Rede Natura 2000, onde hoxe se prohiben parques eólicos. Por outra banda, a Fiscalía abre d...
Boletín informativo ambiental 30/09/22 30.09.2022 10:01
A Xunta ofrece por primeira vez datos sobre a superficie queimada de espazos protexidos na vaga incendiaria do pasado verán. As cifras son sorprendentes! ADEGA advirte dun outono duro para as aves mariñas, e mesmo para as domésticas, se non se fai nada para frear o andazo da gripe aviaria e o presidente Rueda anuncia unha planta de biogás para xeración de enerxía a prol de Reganosa, Repsol e Natur...
Boletín informativo ambiental 23/09/22 23.09.2022 10:02
A actualidade ambiental desta semana ten que ver coa balsa de lodos de Alcoa, os lumes en Rede Natura, novos gromos de botulismo nas aves acuáticas e o recurso no Supreno ao Plan Nacional de Enerxía do Estado español. Para coñecer os detalles, escoita Radio Cerna!
Boletín informativo ambiental 16/09/22 16.09.2022 10:02
Adíase o fallo do Supremo sobre ENCE, aparece un novo gromo de botulismo no encoro de Vilagudín, e segue a afronta veciñal contra os megaproxectos eólicos e as centrais hidroeléctricas de bombeo que ameazan espazos de elevado valor ambiental. Retomamos o pulso informativo ambiental do país co boletín de novas de Radio Cerna!
Boletín informativo ambiental 12/08/22 12.08.2022 10:05
Nesta semana os lumes forestais volveron repuntar no país, nomeadamente na provincia de Ourense, no Macizo Central e en dirección ao Teixadal de Casaio! O presidente da Xunta anuncia un cambio no modelo de extinción á vista das dificultades coas que se atopa para frear o avance das chamas... Galiza volve estar á cabeza da produción eléctrica renovable no conxunto do Estado durante o primeiro cuadr...
Boletín informativo ambiental 05/08/22 06.08.2022 10:02
Tras un breve descanso estival, voltamos a darche conta da actualidade ambiental galega. Galiza vive unha nova vaga incendiaria que está a afectar especialmente á provincia de Ourense. Arestora o lume de maior envergadura en superficie está a ser o de Verín, pero tamén está a asolar a Maceda, Arbo, Pereiro ou Calvos de Randín... No Courel reactívanse os lumes! Neste espazo tamén falaremos da seca,...
Boletín informativo ambiental 15/07/22 15.07.2022 10:03
Os efectos do cambio climático cada vez están máis presentes e a actual vaga de calor é unha evidencia. Recoméndase extremar as precaucións para evitar consecuencias na saúde, e tamén consumir responsablemente auga. Varios concellos galegos xa tiveron que restrinxir o seu consumo de forma radical. Doutro lado, a complexa situación enerxética mundial fai que a UE pase a considera como verdes á ener...
Boletín informativo ambiental 08/07/22 08.07.2022 10:02
Segue a afronta contra a invasións eólica... O Fondo para a defensa xurídica da Cordilleira Cantábrica recorre contra tres parques eólicos do Bierzo que ameazan a escasa poboación de pita do monte que existe na península, a veciñanza de Ordes, Betanzos, Aranga, A Baña, etc., volve enfrontarse a novos procesos de alegacións aos proxectos industriais eólicos abusivos co rural e co medio natural. Por...
Boletín informativo ambiental 01/07/22 01.07.2022 10:01
A papeleira Ence quere instalar unha nova factoría en Galiza, no lugar que agora ocupa a central térmica das Pontes, para fabricar papel tisú, mais di que sería unha factoría complementaria á de Lourizán. Tamén nas Pontes, o presidente Rueda anuncia unha planta de hidróxeno que presenta como a primeira en Galiza destas características. E nesta mesma semana, aprobou dous parques eólicos pola vía da...
Boletín informativo ambiental 24/06/22 24.06.2022 10:03
No comezo do verán, a actualidade ambiental galega recorreo ás vellas "glorias" da industria contaminante. ADEGA publica resultados sobre a súa xestión de residuos, que segue sen cumprir os obxectivos da UE e que sitúan a Galiza no terceiro posto pola cola do Estado en reciclaxe. Ence volve enfrontarse a unha nova manifestación de APDR e a térmica de As Pontes anuncia o esgotamento inminente do se...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.