Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1697 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Rinlo e Touriñán, plantas acuícolas ilegais que pagamos todos! 04.03.2015

Preto de 2 millóns de euros en indemnizacións ten que pagar a Xunta por aprobar proxectos de acuicultura en espazos de Rede Natura. Unha recente sentenza do Tribunal Supremo obriga á Xunta a indemnizar a Pescanova con case 1 millón de euros polos prexuízos xerados ao dar luz verde a un proxecto ilegal en Cabo Touriñán, espazo de Rede Natura. Este é a segunda vez que a Xustiza bota abaixo unha plan...

Novo método de participación na planificación forestal 02.03.2015

A participación da sociedade galega na planificación dos terreos forestais non existe ou non funciona. Así de claro o expresa na súa tese doutoral o enxeñeiro de montes Xabier Bruña quen propón unha nova metodoloxía de participacíon na que os sectores sociais teñan máis presenza e decisión sobre o que se vaia facer nos terreos forestais. Pasar dunha planificación vertical, onde a Administración é...

Boletín informativo ambiental 27/02/15 27.02.2015

Escoita cales foron as novas máis destacadas na actualidade ambiental de Galiza, na última semana, a través deste boletín informativo ambiental que che ofrece Radio CERNA!

Baterías tóxicas en Cabo Vilán... aínda é posible! 25.02.2015

Pese á renuncia anunciada de Gas Natural-Fenosa de instalar no espazo de Rede Natura de Cabo Vilán unhas baterías de almacenamento de enerxía eólica, ADEGA denuncia o proxecto na Comisión Europea polo seu potencial contaminante. O colectivo ecoloxista critica que o proxeto non conte coa preceptiva avaliación de impacto ambiental e considera que a autorización da Xunta para desenvolver deste proxec...

Os santuarios animais de Galiza. A experiencia de Vacaloura 23.02.2015

Desde 2013, Galiza existen dúas experiencias de "santuarios animais", refuxios de animais que son respectados e tratados desde a filosofía antiespecista e veganista. Hoxe, en Radio CERNA, coñecemos a experiencia do Santuario animal de Vacaloura de Santiago de Compostela.

I Xornada sobre maltrato animal en Compostela 18.02.2015

Será o vindeiro sábado 21 de febreiro na Casa do Peixe do barrio compostelán do Sar. ABEIRO e ADEGA organizan a primeira xornada sobre maltrato animal onde convidan a reflexionar sobre o actual repunte de casos de maltrato animal nesta área de Santiago e, en xeral, sobre as medidas a adoptar contra este tipo de delitos. No encontro participarán grande parte dos colectivos galegos cuxa principal mi...

Informe anual de Proxecto Ríos 2014 16.02.2015

O estado de saúde dos ríos galegos empeora, segundo o informe anual de Proxecto Ríos para o ano 2014. Este documento analiza os resultados das inspeccións de ríos feitas por persoas voluntarias nas campañas de primavera e outono. Nestas inspeccións avalíanse varios parámetros de saúde dos efluentes: calidade das augas, do hábitat, da ribeira, etc. Coñece en que estado se atopan con Proxecto Ríos e...

Boletín informativo ambiental 13/02/15 13.02.2015

Escoita o repaso das novas ambientais de Galiza máis resaltables desta semana. Non o perdas!

Os comedores infantís ecolóxicos. A experiencia de A Caracola 11.02.2015

Neste espazo coñeceremos o comedor ecolóxico da Escola municipal da Coruña A Caracola. É unha experiencia de referencia en Galiza de alimentación saudable e ecolóxica para os máis pequenos. Tras 5 anos de traxectoria, o seu modelo de alimentación e educación consegue espertar a curiosidade das nais e pais máis preocupados pola alimentación das súas crianzas. Explicaranos en que consiste a director...

Educando a veciñanza do Barbanza na xestión sostible de residuos 04.02.2015

Charlas, obradoiros, talleres, ecoauditorías e outras actividades forman parte do programa de ADEGA "O lixo desde o teu concello" para concienciar á poboación do Barbanza na xestión sostible do lixo. O programa, que xa comezou, desenvolverase durante todo o ano 2015 tanto a través dos concellos como de entidades culturais, ambientais, educativas, etc.

Na defensa do patrimonio e a dignidade de Triacastela 02.02.2015

Recollemos neste espazo a visión da Asociación socio-cultura O Iribio, participante no I Encontro "Mobilización social na defensa do patrimonio" organizado por ADEGA, sobre o impacto da actividade mineira no Patrimonio de Triacastela, así como nos recursos de vida dos seus habitantes. Tamén dá conta da difícil situación na que se atopa arestora a preservación da Cova de Eirós.

Boletín informativo ambiental 30/01/15 30.01.2015

Escoita as novidades máis relevantes do panorama ambiental galego a través deste espazo de Radio Cerna!

Mariñapatrimonio, un modelo na defensa do Patrimonio 28.01.2015

Mariñapatrimonio fixo un repaso da súa historia e dos pasos que deu nos últimos anos para defender moitos dos elementos patrimoniais desta comarca litoral da provincia de Lugo. A súa experiencia é un exemplo de como a sociedade civil se pode especializar na posta en valor dos bens culturais e ambientais comúns. O colectivo participou no I Encontro "Mobilización social en defensa do Patrimonio" cel...

A contribución do Patrimonio á sociedade 26.01.2015

Defender o Patrimonio pode contribuír a cohesionar a sociedade, favorecer a identidade e ofrecer unha oportunidade máis de desenvolvemento sustentable. No espazo Cerna de hoxe analizamos as vantaxes do Patrimonio e da súa reivindicación para a sociedade e o ambiente da man do profesor universitario Ricardo García Mira. A súa intervención tivo lugar no I Encontro "Mobilización social na defensa do...

Boletín informativo ambiental 23/01/15 26.01.2015

Descubre con Radio Cerna cales foron as novidades no panorama informativo ambiental de Galiza, nos últimos días!

ADEGA estrea delegación en Monterrei 21.01.2015

ADEGA estrea unha nova delegación na provincia de Ourense que atenderá aos concellos de Monterrei, Laza, Verín, Castrelo, Oimbra, Riós, Vilardevós e Cualedro. ADEGA-Monterrei acolle a persoas sensible coas problemáticas ambientais destes concellos, cos ríos e cos espazos naturais da comarca. A defensa do Támega será un dos focos principais do seu traballo, pero haberá outos que coñecemos coa presi...

A despedida de Coto do Frade 19.01.2015

Hoxe en Radio Cerna damos conta dunha mala noticia, a despedida da organización ecoloxista da comarca do Ribeiro, Coto do Frade. Repasamos a traxectoria desta organización e coñecemos os motivos do seu adeus.

Boletín informativo ambiental 16/01/15 16.01.2015

Coñece con nós cales foron as novidades desta semana na actualidade galega ambiental!

Un ano na defensa do boque, do río e do patrimonio de Sarria 14.01.2015

No aniversario da creación da Plataforma Sarriana polo Río repasamos cales foron as súas iniciativas, logros e obxectivos na defensa do río Sarria, do seu bosque de ameneiros e do seu patrimonio ligado ao Camiño de Santiago durante 2014. Actualmente está en exposición público un proxecto de modificación do proxecto orixinal do Plan de Encanamento do río Sarria que lle vén dar a razón en moitos asp...

Premios Osíxeno e Dioxina de ADEGA 2014 12.01.2015

ADEGA falla os premios Osíxeno e Dioxina 2014 e conta neste programa cales foron os motivos que fan merecedores aos galardoados dos seus premios, que son un recoñecemento simbólico á mellor e á peor actuación ambiental do ano. Os elixidos son....

Boletín informativo ambiental 09/01/15 09.01.2015

Coñece con nós, a través deste espazo de Radio Cerna, o resumo das novas ambientais máis destacadas da última semana...

Alternativa sustentable ao paseo do río Mandeo 07.01.2015

Varios colectivos ecoloxistas denuncia o proxecto de construción dun paseo fluvial ás beiras do río Mandeo de camiño ao Campo dos Caneiros. Consideran que o proxecto promovido polo concello de Betanzos e a Deputación da Coruña obvia o impacto ambiental nunha zona de Rede Natura, con treitos inundables e espazos de canaveiras. Así mesmo propoñer a reformulación do proxecto e alternativas que minimi...

Censo galego de edificios rehabilitados 05.01.2015

O Proxecto ARGA (Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia) nace co propósito de inventariar todos os edificios galegos que sufriron algún tipo de rehabilitación, nomeadamente, aqueles que forman parte do patrimonio público. Neste espazo falamos coa súa promotora, Alberta Lorenzo, doutora en arquitectura e especialista en accións de rehabilitación, para coñecer a fondo a plataforma dixital creada par...

Boletín informativo ambiental 02/01/15 02.01.2015

Neste primeiro boletín informativo ambiental de Radio Cerna deste 2015, repasamos a actualidade máis relevante da última semana no eido ambiental galego.

Balanzo ambiental do ano 2014 02.01.2015

Radio Cerna fai repaso do ano 2014 no eido ambiental galego. Neste espazo recóllense algúns dos feitos e temáticas máis relevantes deste ano no panorama ecoloxista ou medioambiental galego a través da voz das persoas protagonistas. Non o perdas!!

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.