Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1697 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

O modelo de souto de Hifas da Terra 29.12.2014

Hifas da Terra presenta o seu proxecto empresarial e tamén o seu modelo ideal de bosque de castiñeiros ou souto. Esta empresa dedicada desde hai 13 anos fundamentalmente á investigación de fungos e das súas aplicacións na alimentación, na saúde, e na micorrización das plantas, dá emprego a 40 persoas, a maioría cualificadas. Unha das súas liñas de traballo actual é a de extender como alternativa d...

Posada Marrón Glaçé, pioneira na posta en valor da castaña galega 26.12.2014

Posada Marrón Glaçé é unha empresa referente na transformación e venda da castaña galega e tamén é un modelo como iniciativa emprendedora e que aproveita os recursos naturais de forma sostible. Neste espazo imos coñecela da man da súa xerente María Posada, filla do recentemente finado Xosé Posada, creador desta aventura empresarial que conserva moi boas expectativas de futuro.

A indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia 24.12.2014

A Indicación xeográfica Castaña de Galicia pon en valor a tradición, o prestixio, a historia e a calidade da castaña galega. No noso territorio temos máis de 69.000 hectáreas de castiñeiros, que representan máis do 58% da castaña do Estado, o que implica unha importante fonte de recursos para o noso territorio; sen embargo, falta man de obra no rural para abastecer á industria galega da castaña. M...

A ordenación do territorio galego: na busca de criterios 22.12.2014

Neste espazo escoitaremos as reflexións do Catedrático de Análise Xeográfica Rexional da USC, Rubén Lois, sobre como evolucionou o ordenamento territorial de Galiza nas últimas décadas. Tamén indicará algunhas das claves que, desde a súa perspectiva de especialista, se deben de ter en conta á hora de ordear o territorio e que, sen embargo, se desbotaron.

Boletín informativo ambiental 19/12/14 19.12.2014

Repasa con nós as novas da actualidade ambiental máis sonadas. Aquí en Radio Cerna!

As rarezas da evolución demográfica de Galiza 17.12.2014

Nos últimos 35 anos, a poboación galega evolucionou cara a unha poboación estable, pero estudos do CSIC constatan certas particularidades na súa evolución que non se observan noutras poboacións de Europa. Neste espazo, a científica Mª Dolores Puga, revelará cales son esas "rarezas" da demografía galega, e como estas deberan servir para deseñar novas políticas territoriais, sociais e económicas.

O significado das árbores senlleiras da Chaira 15.12.2014

O Instituto de Estudos chairegos, o Instituto Basanta e a Área de Cultura da Deputación de Lugo veñen de inaugurar a mostra "Escritos na floresta. Árbores senlleiras na cultura chairega", obra de Ricardo Polín, que tenta expresar os distintos significados que se deben preservar das árbores singulares da Terra Chá. Unha exposición itinerante que comeza o seu percorrido en Vilalba e que discorrerá p...

Boletín informativo ambiental 12/12/14 12.12.2014

Repasamos a actualidade ambiental máis recente neste spazo de Radio CERNA!

A nidificación e poboación de gaivotas no Baixo Miño 10.12.2014

ANABAM vén de realizar un estudo sobre a nidificación das gaivotas no Baixo Miño, co gallo de saber se a poboación de gaivotas aumentou na comarca, cales son os lugares de aniñamento, se a nidificación inflúe no incremento da poboación e que medidas se poden desenvolver para evitar o maltrato das aves que aniñan nos tellados dos núcleos urbanos.

Boletín informativo ambiental 05/12/14 05.12.2014

Coñece as novas ambientais máis destacadas da última semana aquí en Radio Cerna!

San Sadurniño, pioneiro na recollida de lixo porta a porta 03.12.2014

San Sadurniño será o primeiro concello galego en experimentar coa recollida de lixo porta a porta, coa colaboración de ADEGA. O obxectivo é conseguir recuperar o 80% do lixo dunhas 50 vivendas, fronte o 9,7% que consegue recuperar Sogama. A experiencia comezarase a desenvolver este mes, e se consegue os resultados agardados o concello prevé extender o sistema por todo o municipio.

As fragas de Catasós e a liña eléctrica de Fenosa 01.12.2014

Gas Natural-Fenos e os veciños afectados pola liña de alta tensión que cruzaría unha das fragas de Catasós (Lalín) non dan chegado a acordo. Están en xogo 2.000 árbores que se virían abaixo de manterse o trazado proposto por Fenosa. A plataforma que se opón a esta salvaxe deforestación, Salvemos Catasós, pide que se soterre a liña eléctrica e que Fenosa non comece os traballos ata que non se chegu...

Boletín informativo ambiental 28/11/14 28.11.2014

Escoita este espazo informativo no que se resumen as novas de actualidade da última semana relativas ao ambiente e á ecoloxía de Galiza.

Unha gasolineira ameaza o río Miño en Lugo 26.11.2014

O centro comercial Carrefour, instalado desde os anos 90 a escasos 25 metros da bacía, está a realizar obras para a construción dunha gasolineira ás beiras do río Miño. O proxecto conta xa co aval do concello, da Xunta e da confederación hidrográfica Miño-sil; sen embargo, situar unha gasolineira a escasos metros do río non parece unha idea moi sensata segundo varios colectivos que integran a plat...

Identidade e alteridade no Outono Fotográfico 24.11.2014

A XXXII edición do Outono fotográfico, por primeira vez, está dedicada a unha temática: "Identidade e alteridade". Máis de 120 exposicións de imaxe están a percorrer todo o país amosando estes dous conceptos desde varios puntos de vista que imos comentar co director do proxecto, Xosé Lois Vázquez.

Boletín informativo ambiental 21/11/14 21.11.2014

Escoita neste espazo de Radio Cerna cales foron os acontecemento da actualidade ambiental máis destacados da última semana...

Por unha auditoría pública do déficit tarifario eléctrico 19.11.2014

Unha Iniciativa Lexislativa Popular promovida pola Asociación española para a calidade da edificación (ASECE) xa está preto de conseguir as sinaturas suficientes para instar ao Congreso a que debata sobre a necesidade dun marco regulativo que obrigue a auditar o sector eléctrico español e o chamado "Déficit tarifario eléctrico". Por mor deste suposto déficit, todas e todos nós debémoslle ás grande...

Ciencia en galego. A experiencia de Igaciencia 17.11.2014

Igaciencia é a Institución Galega da Ciencia e o seu propósito é reivindicar e apostar polo uso do galego nas materias científicas de primaria e secundaria. No Día da Ciencia en galego expuxo algunhas das iniciativas, apoiadas nalgúns casos pola Deputación de Lugo, que se están a desenvolver con esta finalidade e que durante o mes de novembro se poderán ver en Lugo e en Santiago de Compostela.

Boletín informativo ambiental 14/11/14 14.11.2014

Coñece as novas máis destacadas da última semana no terreo da ecoloxía en Galiza, neste espazo de Radio Cerna!

Manual de custodia fluvial de Proxecto Ríos 12.11.2014

Proxecto Ríos e ADEGA veñen de publicar un manual de custodia fluvial co obxectivo de trasladar á sociedade galega algúns mecanismos para poder custodiar ou adoptar un treito de río. O manual está dispoñible para a descarga no web de ADEGA e de Proxecto Ríos.

A industria galega duplica a contaminación media do Estado 10.11.2014

As 12 industrias máis contaminantes de Galiza duplican a media estatal en contaminación atmosférica. Ramón Varela, experto na materia, analiza cales son as industrias galegas máis contaminantes a partir do Rexistro público de Emisións contaminantes das industrias españolas.

Boletín informativo ambiental 07/11/14 07.11.2014

Damos repaso as novas ambientais máis destacadas na última seman en territorio galego. Escóitaas!

Castro de Remonde: un ben colectivo para a formación ambiental e patrimonal 05.11.2014

ADEGA e a Fundación Eira adquiron un castro na Ulloa para poñer a disposición da aprendizaxe e coñecemento colectivo sobre a preservación e coidado ambiental e patrimonial. O Castro de Remonde pretende ser un referente na formación mediante a Escola Carme Buxán, creada na honra da primeira arqueólogo que catalogou por primeira vez os castros do Deza e que finou recentemente. Neste espazo abordarem...

Unha revista para a III Revolución humana 03.11.2014

Tratará de converterse nun dos catalizadores da chamada "III Revolución Humana". A revista 15-15-15 nace coa pretensión de encauzar os contidos que se están a xerar na procura dunha civilización alternativa ao colapso ecolóxico e social que estamos a vivir. Dun dos promotores da exitosa "Guía para o descenso enerxético", xorde agora estoutra iniciativa que ten visos de acadar tamén unha importante...

Boletín informativo ambiental 31/10/14 31.10.2014

Escoita as novas sobre o medio ambiente galego que nos deixou esta semana

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.