Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1697 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

ADEGA convoca a V edición dos Concursos polo Territorio 13.05.2015

ADEGA convoca unha nova edición dos Concursos polo Territorio dentro da campaña "Ponte no medio. Móvete polo territorio". Trátase da V edición do certame de fotografía e relato e da IV de curtametraxes. A través destes certames, ADEGA convida á sociedade galega a retratar o territorio por medio da palabra e da imaxe.

As claves para aforrar no recibo da luz 11.05.2015

Neste espazo Cerna achegamos algunhas das claves que necesitas saber se queres reducir gastos na túa factura da luz. Alén de minimizar o teu consumo eléctrico diario, podes mudar algunhas das condicións contratadas co teu proveedor de enerxía eléctrica para que o recibo sexa máis barato. O asesor e consultor enerxético, Xosé Manuel Golpe Acuña, fai as seguintes recomendacións...

Boletín informativo ambiental 08/05/15 08.05.2015

Repasa con nós a actualidade ambiental da semana en Galiza, aquí en Radio Cerna!

Anfibios e réptiles de Galiza en risco polas EIE 06.05.2015

As "Enfermidades Infecciosas Emerxentes" están a poñer en risco as poboacións galegas de hérpetos, de réptiles e anfibios. Estas doenzas que xa supuxeron a extinción repentina dalgunhas especies noutros lugares de Europa, está a crear grandes dificultades para as píntegas e pintafontes galegas. ADEGA, AHE e SGHN veñen de organizar unhas xornadas para dar a coñecer o problema e presentar un protoco...

Batefogo: participación social na prevención dos lumes 04.05.2015

O proxecto Batefogo é unha iniciativa de recente constitución, promovida por varias entidades e persoas relacionadas coa educación ambiental e as ciencias naturais, que pretende implicar á cidadanía galega na prevención dos lumes forestais. O obxectivo é conseguir que os incendios deixen de ser concebidos como "elemento cultural" e que a sociedade sexa realmente partícipe na prevención dos lumes....

As 10 propostas do Programa pola Terra 29.04.2015

Os colectivos ecoloxistas de Galiza fan unha batería de propostas para que os candidatos ás eleccións municipais teñan en conta na súa acción de goberno ou oposición. Son 10 medidas que buscan que os concellos atenda máis do que o están facendo ás cuestións ambientais dos seus municipios. Se queres coñecelas escoita este espazo!

ILP por unha tarifa galega da luz eléctrica 27.04.2015

A CIG está a preparar unha Iniacitiva Lexislativa Popular que demande unha tarifa eléctrica especial para Galiza. Como rexión excedentaria en electricidade non está a recibir ningún tipo de compensación e paga os mesmos peaxes que calquera outra comunidade autónoma, pese a que hai zonas do Estado como as Illas, que si resultan beneficiadas polo actual sistema eléctrico. A proposta deuse a coñecer...

Boletín informativo ambiental 24/04/15 24.04.2015

Escoita cales foron as novas de actualidade no terreo ambiental máis destacadas desta semana en Galiza!

Europa vixilará a política de residuos da Xunta e de Sogama 22.04.2015

Os colectivos ecoloxistas galegos conseguen que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo admita a denuncia sobre irregularidades na política de residuos da Xunta e de Sogama. O PE admite a trámite a denuncia e anuncia que xa comezará a investigar como se están a tratar os residuos en Galiza. O movemento ecoloxista mantén desde hai décadas que o modelo Sogama incumpre tres directivas europeas,...

O documental da mina e ouro de Corcoesto 20.04.2015

Poucas veces nos atopamos co privilexio de dispoñer dunha obra audiovisual sobre as loitas ambientalistas de Galiza. "Tesouro de Corcoesto" busca reter na memoria dos espectadores o que significou a chegada do proxecto mineiro da multinacional canadiana Edgewater a Corcoesto. A oposición a este proxecto e a defensa dos recusos naturais, ambientais e da saúde da zona afectada foi un dos grandes fit...

Boletín informativo ambiental 17/04/15 17.04.2015

Neste espazo de Radio Cerna botamos unha ollada a actualidade ambiental máis destacada dos últimos días. Escóitaa!

Ave do Ano 2015. A anduriña de cu branco 15.04.2015

A anduriña de cu branco é a ave do ano elixida pola Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), co gallo de poñer de relevancia a situación de declive que vive esta ave en Galiza. Coñecemos coa SGO as razóns que obrigan a declarar a anduriña de cu branco a "Ave do Ano" galega.

Vía libre para os cultivos transxénicos na UE 13.04.2015

A Unión Europea vén de aprobar unha lei pola que se renacionaliza a decisión de admitir ou prohibir cultivos transxénicos por parte dos países membros. Así Europa "límpase as mans" e deriva toda a responsabilidade sobre transxénicos nos estados. Amigos de la Tierra alerta de que esta nova lei pode ser a vía de entrada a moitas variedades transxénicas que as multinacionais do sector pretenden intro...

Boletín informativo ambiental 10/04/15 10.04.2015

Esta semana tamén foi prolífica en novas de ámbito ambiental. Se queres coñecelas, acompáñanos neste espazo Cerna!

O lixo mariño xerado nas embarcacións: proposta de xestión 08.04.2015

O 80% dos residuos que hai no mar procede do interior, pero a porcentaxe restante xérase nos océanos. Un proxecto europeo no que participa a cooperativa de armadores do porto de Vigo tenta minimizar e reducir ao máximo o lixo xerado a bordo das embarcacións de pesca, promovendo a separación en orixe e favorecendo contedores axeitados ás dimensións das diferentes tipoloxías de barcos. Neste espazo...

Movemento estatal contra o lixo mariño 06.04.2015

O lixo mariño é un problema xeralizado en planeta, por iso son moitas as entidades e colectivos que a través do seu traballo buscan frear o problema, a través da educación ambiental, da ciencia, da sensibilización social... Recentemente, creouse no Estado unha asociación de entidades de todo tipo cuxo obxectivo fundamental é o de aunar forzas contra a problemática ambiental do lixo no mar. ADEGA f...

Boletín informativo ambiental 27/03/15 27.03.2015

Como todos os venres, en Radio Cerna repasamos a actualidade ambiental galega da semana. Convidámoste a escoitala!

O Tesouro de Álvaro Gil, de volta ao patrimonio público 25.03.2015

Xa pasou un mes desde que a colección de ourivería do lugués Álvaro Gil regresou ao Museo provincial de Lugo, logo de 14 anos de litixio xudicial. Este patrimonio deixou de estar á disposición da sociedade galega logo de estar depositado durante décadas na Sala do Tesouro do Museo. A súa volta está a ser moi ben acollida.

Estado das denuncias por plantacións ilegais 23.03.2015

No Día da Árbore, ADEGA, dentro da campaña "Cousa de Raíces" chama a atención sobre o estado das denuncias realizadas na provincia de Lugo por plantacións ilegais, cambios de uso de terras e incumprimento de distancias. Do máis do milleiro de denuncias presentadas tan só o 16% adquiren sanción.

As Catedrais, xacemento romano ou obra da Natureza? 18.03.2015

ADEGA, Mariñapatrimonio e outras 6 entidades culturais reclaman que se recupere o xacemento romano da praia de Esteiro, próximo ás Catedrais (Ribadeo) e que se investigue a arqueoloxía deste monumento natural para saber se se podería tratar dunha antiga mina de ouro romana. As últimas informacións emitidas pola Xunta, de xeito oficioso, anuncian que finalmente se dará autorización para levar a cab...

Expo sobre a morte silenciosa do rural galego 16.03.2015

Trata de poñerlle imaxe e voz ao abandono e morte silenciosa do rural galego. A mostra "Os camiños da brétema", promovida polo colectivo poético A Porta Verde do Sétimo Andar e o fotógrafo Vicente Ansola, estará exposta no Museo provincial de Lugo ata finais de mes. A través dela achegarémonos a crúa realidade, pero desde unha perspectiva colorida. María Xosé Fernández do colectivo poético fálanos...

Boletín informativo ambiental13/03/15 13.03.2015

Repasa con Radio Cerna a actualidade ambiental do país e coñece que actividades ambientais se realizarán os vindeiros días no noso territorio.

Contra a expansión das mimosas. Axuda a eliminalas! 11.03.2015

ADEGA convoca unha actividade de voluntariado ambiental xunto coa Asociación para a Defensa do Val do Liñares, para este sábado 14 de marzo. Este acto de custodia fluvial permitirá á cidadanía loitar contra unha das plantas invasoras máis perigosas que se atopan no noso territorio: as acacias ou mimosa. Neste programa coñeceremos cales son os seus impactos.

O lobo, autor ou vítima do conflicto? 09.03.2015

O biólogo e membro do CSIC, Alberto Fernández Gil, a través da súa tese sobre o comportamento dos grades carnívoros na Cordilleira Cantábrica, pon de relevancia algunhas consecuencias paradóxicas do modelo de xestión do lobo que se está a seguir en Asturias. Conclúe que o control da poboación de lobos, mesmo pode intensificar os ataques ao gando e que as súas poboacións poden verse fortemente alte...

Boletín informativo ambiental 06/03/15 06.03.2015

Escoita cales foron as novas ambientais de Galiza máis destacadas da semana... Non quedes coa dúbida!

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.