Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1697 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Proxecto MARCOS: concentración agraria sen impacto ambiental nin na propiedade 15.07.2015

O enxeñeiro agrónomo Iván Díaz López deseñou un modelo de concentración agraria e recuperación de terras abandonadas que evita o impacto da concentración parcelaria e escapa dos cambios de titularidade dos terreos. O proxecto MARCOS avoga por destinar terreo agrario a quen o precisa favorecendo tamén aos titulares das terras. Se queres coñecelo, só tes que premer para escoitalo!

Estratexias para recuperar terras de cultivo abandonadas 13.07.2015

O abandono e perda das terras de cultivo ou da superficie agraria útil en Galiza é un problema cada vez máis acuciante. No último seminario de verán da USC sobre medio rural debatéronse as distintas formas que existen hoxe en día de recuperar terras agrarias para a produción sen alterar a titularidade dos terreos. Hoxe coñecemos algunhas destas extratexias co membro do Laboratorio do Territorio da...

O impacto ambiental das fumigacións nas estradas 08.07.2015

Na última década a fumigación das beiras das estradas, chegada a primavera, xa é unha práctica habitual que preocupa, e moito, aos grupos ecoloxistas e aos defensores da saúde ambiental e das persoas. Neste programa de Radio Cerna abordamos esta problemática ambiental e os impactos derivados da fumigación masiva de estradas, que en Galiza ten unha especial relevancia. Facémolo co biólogo Cosme Dam...

A historia da balea vasca en San Cibrao 06.07.2015

O Museo do Mar de San Cibrao, dependente da rede museística da Deputación de Lugo, conserva a mellor colección de ósos desta especie xa extinguida. Neste espazo coñecemos a historia que envolve a balea vasca nos mares de Lugo, desde o século XIII, así como os vestixios que se conservan dese patrimonio nas instalacións do Museo do Mar.

Boletín informativo ambiental 03/07/15 03.07.2015

Neste espazo Cerna facemos repaso das novas ambientais máis destacadas acontecidas en Galiza na última semana. Escóitanos!

O polémico plan de conservación da Praia das Catedrais 01.07.2015

Hoxe entra en vigor o polémico plan de conservación da praia das Catedrais que tamén tratará de regular o acceso de visitas ao monumento natural. Desde Radio Cerna quixemos coñecer mellor que implica este plan e cales son os seus defectos e virtudes coas dúas partes protagonistas na polémica xerada arredor da súa aprobación: a Consellaría de medio ambiente e o concello de Ribadeo. Por motivos que...

Capacidade de acollida nos espazos naturais protexidos 29.06.2015

A capacidade de acollida de visitantes que teñen os espazos naturais protexidos convértese nun tema de actualidade con motivo da presión turística que están a sufrir enclaves naturais galegos como a Praia das Catedrais de Ribadeo. Neste espazo coñecemos a guía máis recente publicada no Estado español onde se determina o método e os aspectos a ter en conta para calcular a capacidade de acollida dos...

Boletín informativo ambiental 26/06/15 26.06.2015

Escoita unha nova xeira de actualidade no eido ambiental de Galiza. Neste espazo repasamos as novas ambientais da semana.

As consecuencias no ambiente do escuro TTIP 24.06.2015

O Tratatado Transatlántico de Comercio e Investimento entre a UE e os Estados Unidos pode acarrear prexuízos irreversible para o noso medio ambiente. A lexislación europea de carácter ambiental e de seguridade alimentaria podería quedar sen efecto con enormes consecuencias para a protección ambiental e tamén para a nosa saúde. En Galiza, Amigos da Terra está a abandeirar esta loita contra o TTIP c...

Lugoterra: o portal do turismo natural de Lugo 22.06.2015

Lugoterra.com é o primeiro portal web para o turismo natural da provincia de Lugo. Foi elaborado pola área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo en 2013 co obxectivo de concentrar nun único escaparate toda a oferta turística da provincia destinada a aqueles visitantes que queren gozar da paisaxe diversa e do inmenso patrimonio natural e cultural dos seus catro xeodestinos.

Boletín informativo ambiental 19/06/15 19.06.2015

Repasamos as novas ambientais de Galiza da última semana. Tan só en 10 minutos coñece o que está a acontecer no teu medio!

Experiencias sostíbeis no monte galego co porco celta 17.06.2015

Varias experiencias que se están a desenvolver no monte galego relacionadas co porco celta están a demostrar que son sustentables desde o punto de vista ambiental, social e económico. Neste espazo descubrimos en que consiste un método innovador de manexo de porco celta nos montes galegos promovido pola Asociación de criadores e produtores de porco celta, Asoporcel. Estas experiencias aparecen reco...

Experiencias sostíbeis no monte veciñal: Montes de Carballo e Paraños 15.06.2015

Neste espazo e no do mércores abordaremos varias experiencias que se están a desenvolver no monte galego que son sostibles e que escapan do modelo produtivo convencional do monte como produtor de madeira de crecemento rápido. Son algunhas das iniciativas recollidas na publicación "Experiencias sotíbeis no monte galego" promovida por ADEGA e outras 50 entidades, dentro da campaña "Cousa de Raíces"...

Boletín informativo ambiental 12/06/15 12.06.2015

Como todos os venres, hoxe repasamos as novas ambientais máis relevantes da última semana. Coñéceas!

Que lle pasa ao solo galego cando pasa de agrario a forestal? 10.06.2015

A esta e a outras preguntas quixo dar resposta unha tese desenvolta no Instituto de investigacións Agrobiolóxicas e Galicia e defendida recentemente na USC. Se ben, o cambio de forestal a agrario e a súa incidencia no medio edáfico está máis estudado, esta investigación despexa algunhas dúbidas relativas ao impacto que sofre o solo de cultivo galego logo da súa transformación en terreo forestal, e...

Boletín informativo ambiental 05/06/15 05.06.2015

Repasa con nós a información ambiental que deixa esta Semana Mundial do Medio ambiente en Galiza!

Cambio climático e enfermidades reumáticas 03.06.2015

O clima e o cambio climático inflúen nas doenzas das persoas. O INIBIC está a estudar como inflúe a mudanza climática nas enfermidades reumáticas. Segundo os expertos, segundo a doenza reumática que se teña, a influencia do quecemento global será positiva ou negativa. Escoitemos ao Dr. Francisco Blanco.

Canto valen os bosques? O caso de Menorca 01.06.2015

Unha enxeñaría ambiental deseña un método de cálculo para establecer canto valen os bosques, tanto polo seu valor produtivo, como ambiental ou social. A través desta metodoloxía determinou que os bosques de Menorca valen cando menos 540 millóns de euros, o prezo que suporía suplir todos os beneficios e servizos que reporta. Entrevistamos a un dos autores deste estudo.

Boletín informativo ambiental 29/05/15 29.05.2015

Neste espazo repasamos as novidades da actualidade ambiental desta semana no territorio galego. Non o perdas!

Unha nova Lei do Voluntariado discriminatoria e confusa 27.05.2015

O anteproxecto da nova Lei de Voluntariado de España xa chegou ao Congreso. Esta proposta substituiría, de ser aprobada, a antiga normativa procedente de 1996. Pese a que é un cambio moi demandado pola sociedade e o terceiro sector, principalmente, sufriu cambios con respecto ao borrador orixinal que resultan discriminatorios e confusos, segundo os colectivos sociais. Hoxe falamos coa entidade que...

ADEGA convoca a IV Limpeza simultánea de praias galegas 25.05.2015

Os días 6, 7 e 8 de xuño terá lugar a IV limpeza simultánea de praias que cada ano, desde hai catro, convoca ADEGA con motivo do Día dos Océanos. O obxectivo é concienciar á sociedade sobre a necesidade de manter limpos os areais de residuos, os cales que constitúen unha ameaza para a biodiversidade dos mares e océanos, ademais de poñer en risco a supervivencia dalgunhas especies protexidas que ha...

Boletín informativo ambiental 22/05/15 22.05.2015

Neste programa CERNA facemos repaso da actualidade ambiental da última semana.

A primeira guía de feísmo en Galiza 20.05.2015

Vense de publicar a primeira guía do feísmo en Galiza na que se establecen ata 34 tipoloxías diferentes de exemplos que perturban a paisaxe galega. Os promotores desta publicación dixital (Horreum, IBADER e o Observatorio Galego do Territorio) tentan concienciar á cidadanía sobre os impactos que determinadas intervencións humanas xeran no territorio, mesmo aquelas que foron presentadas por adminis...

Vía libre para a fumigación masiva de eucaliptos 18.05.2015

O Ministerio de Medio ambiente autoriza aos propietarios forestais fumigar cun tóxico perigos para as abellas a todos os eucaliptais afectados coa praga do gorgullo das provincias da Coruña, Pontevedra e nas comarcas do Ribeiro e a Mariña luguesa. Ecoloxistas e apicultores advirten dos perigos deste principio activo (taufluvalinato) para a cabana apícola,a contaminación ambiental e a saúde pública...

Boletín informativo ambiental 15/05/15 15.05.2015

A actualidade ambiental da semana en Galiza nun só clic! Escóitanos!

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.