Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Lugo tamén é para as bicicletas 17.02.2016 10:00
O concello de Lugo recupera un proxecto de promoción de bicicletas elaborado polo enxeñeiro Jesús Martínez Piñeira e presentado hai un ano no consistorio, para desenvolver na cidade nos vindeiros anos. O proxecto prevé a creación de 65 quilómetros de itinerarios para ciclistas que conecten a perifería co centro da cidade. Neste espazo de Radio Cerna coñecemos o proxecto da man do seu autor.
Que son os servizos ecosistémicos forestais e como están distribuídos? 15.02.2016 10:01
Unha tese doutoral realizada na Universidade de Oviedo e na Universidade de Santiago de Compostela analiza os tipos de servizos ecosistémicos que ofrecen os ecosistemas forestais do norte da Península Ibérica e como están distribuídos no territorio. Tamén aborda as diferenzas sobre os servizos achegados por unha plantación forestal e por un bosque natural. Neste espazo coñecemos os resultados da i...
Boletín informativo ambiental 12/02/16 12.02.2016 10:01
Repasa con Radio Cerna a actualidade ambiental galega! Preme e escóitanos.
Os ecoloxistas propoñen 5 medidas para frear a expansión do eucalipto en Galiza 10.02.2016 10:02
O 52% dos eucaliptais de todo o Estado están en Galiza, onde ocupa medio millón de hectáreas. A expansión do monocultivo do eucalipto é cada vez máis preocupante polos seus impactos negativos no conxunto do medio natural, pero tamén no eido social, cultural e económico. Por iso máis de 20 colectivos ecoloxistas galegos lanzan a campaña "Stop eucalipto, avante carballo", a través da que propoñen á...
Informe anual de Proxecto Ríos 2015 08.02.2016 10:01
En xeral, os ríos galegos analizados no programa de voluntariado ambiental Proxecto Ríos presentan un bo estado e ningún rexistra un mal estado de saúde. Sen embargo, aumentan os ríos coas marxes en mal estado de conservación. Se queres coñecer máis detalles do Informe anual de Proxecto Ríos, preme e escóitanos!
Boletín informativo ambiental 05/02/16 05.02.2016 10:01
Neste boletín informativo semanal contámosche as novas máis destacadas no eido ambiental galego dos últimos días.
Carme Da Silva: "O Congreso, se quere, xa pode frear a prórroga de Ence" 03.02.2016 10:01
No espazo de hoxe entrevistamos a tenente alcalde do Concello de Pontevedra pola prórroga que o Ministerio de Medio Ambiente vén de outorgar á pasteira de ENCE para a súa permanencia na ría por outros 60 anos. Carme da Silva insta ao Congreso a tomar medidas.
Reacción social á prórroga de ENCE 01.02.2016 10:01
O anuncio da prórroga de ENCE caeu como unha xarra de auga fría entre os colectivos, entidades e institucións contrarias á súa permanencia na ría máis alá de 2018 e que conforman o movemento "Ence fóra da ría para sempre". Aínda así consideran que aínda se pode facer algo para frear o que cualifican a "sentenza de morte" da ría pontevedresa. Falamos coas asociacións ADEGA, APDR e Salvemos Ponteved...
Boletín informativo ambiental 29/01/16 29.01.2016 10:01
Escoita este espazo de Radio Cerna para coñecer as novas ambientais máis destacadas desta última semana: prórroga de Ence, lei acuicultura, nova sentenza do Prestige...
Investigación inédita sobre o comportamento xeomorfolóxico dos ríos galegos 27.01.2016 10:00
Xesús Horacio García, un xeógrafo lucense, vén de gañar o I Premio Manuel de Terán pola súa tese sobre a xeomorfoloxía dos ríos galegos. É a primeira tese que se realiza sobre xeomorfoloxía fluvial en Galiza. A erosión, arrastre, sedimentos ou transporte dos ríos galegos analizados permiten predicir o comportamento dos ríos ante posibles actuacións ou intervencións humanas, por iso, o investigador...
Datos sobre a superficie forestal galega: Proxecto Landra 25.01.2016 10:01
O Proxecto Landra intenta promover iniciativas que busquen o equilibrio entre a industria e o patrimonio forestal galego. O primeiro paso foi recompilar os datos sobre o inventario da superficie con especies autóctonas e exóticas, e os datos son alarmantes. O segundo é poñer a andar un laboratorio vivinte no que se experimenten xeitos de produción sostibles e tamén rendibles. Escoitamos ao seu pro...
Boletín informativo ambiental 22/01/16 22.01.2016 10:01
Coñece con Radio Cerna a actualidade ambiental galega. Preme e escoita!
A nova reserva ornitolóxica de SEO no Grove 20.01.2016 10:01
É a reserva ornitolóxica de SEO/Birdlife máis grande de todo o Estado e a primeira que abarca medio mariño. Tamén é a primeira destas características en Galiza. Trátase dun proxecto de custodia ambiental que se desenvolverá nos vindeiros anos nunha zona de especiais valores ambientais a través de actividades didácticas, de investigación ou de turismo sostible, entre outras. O representante de SEO...
Premios Osíxeno e Dioxina 2015 18.01.2016 10:01
ADEGA falla os Premios Osíxeno e Dioxina de 2015, destinados a signifcar as mellores e as peores actuacións ambientais do pasado ano, nas categorías individual e colectiva. Nesta 15ª edición dos galardóns ambientais tamén escolle o Premio Osíxeno de Honra.
Boletín informativo ambiental 15/01/16 15.01.2016 10:01
No programa de hoxe repasamos a actualidade ambiental da semana de Galiza e facemos repaso tamén do ano 2015 desde a perspectiva do colectivo ecoloxista ADEGA.
Deficiencias da nova planificación hidrolóxica estatal 13.01.2016 10:00
O goberno de Mariano Rajoy aproba en Consello de Ministros os novos plans hidrolóxicos que rexerán o futuro das bacías hidrográficas de competencia estatal. Estes plans afectan á bacía do Miño-Sil e Limia en Galiza. Sen embargo, o borrador presentado para ser consultado á cidadanía non convence a ningún dos colectivos que forman parte dos Consellos da Auga das demarcacións que afectan a Galiza. A...
O Gran Olvido e a revolución mental necesaria sobre o ambiente 11.01.2016 10:01
A concepción sobre o medio ambiente que impera na sociedade está errada. Tan só unha revolución mental sobre a súa concepción e o noso papel como seres políticos e ecolóxicos pode salvar a nosa especie. Neste escenario, cal é a responsabilidade dos políticos? Son eles os responsables da saúde ambiental do noso Planeta? Así é como presenta o filósofo francés e catedrático en ciencias políticas, Sam...
Boletín informativo ambiental 08/01/16 08.01.2016 10:00
Retomamos neste ano 2016 os informativos ambientais dos venres en Radio Cerna, nos que repasamos a actualidade galega neste eido. Coñece o que aconteceu esta semana!
Consellos para un Nadal máis ecolóxico 04.01.2016 10:01
Nestas datas de celebración tamén podemos ser ecolóxicos. Enfrontar o consumismo á que nos empuxa o Nadal e o Día de Reis pode ser doado, se temos en conta algúns consellos necesarios. ADEGA ofréceche unha lista de recomendacións no manual "Por un Nadal máis verde".
Balanzo 2015 do medio ambiente galego (2) 30.12.2015 10:01
Aquí facemos a segunda entrega do balanzo ambiental do ano 2015 en Galiza, recollido en Radio CERNA. Neste espazo facemos unha nova escolla dos acontecementos ambientais máis relevantes do ano e que foron difundidos a través destas ondas. Feliz Ano a todas as persoas que nos escoitades!
Balanzo 2015 do medio ambiente galego (1) 28.12.2015 10:01
Esta semana faremos un repaso a fondo dos temas ambientais que definiron este ano 2015 aquí en Galiza. Nesta primeira parte do percorrido anual, abordaremos cuesións como os avances na mitigación do cambio climático, a través do Cumio de París, a política forestal de Galiza e a expansión do eucalipto, a prórroga de Ence en Lourizán ou a avespa asiática, entre outros fitos ambientais de 2015. Non o...
A orixe dos osos pardos de Galiza 23.12.2015 10:01
Unha tese do Instituto Xeolóxico Isidro Parga Ponda (UDC) asinada pola paleontóloga Ana García Vázquez conclúe que os osos pardos modernos que habitan no noroeste ibérico non proceden dos osos prehistóricos que vivían nese mesmo territorio, que inclúe as montañas orientais de Lugo. Isto implica que os osos pardos xa se extinguiron varias veces no noso territorio ao longo da Historia e que hoxe en...
Cumio climático de París: unha decepción máis que non debemos permitir! 21.12.2015 10:01
Era previsible e ao final resultou decepcionante. Os grupos ecoloxistas galegos manifestan a súa crítica aos resultados do Cumio do Clima do París por inconcretos, pouco ambiciosos e fóra de toda realidade. O acordo dos 195 países que partiparon neste encontro mundial non será vinculante para a redución de gases contaminantes, nin para o investimento económico, nin para o cambio do modelo enerxéti...
Boletín informativo ambiental 18/12/15 18.12.2015 10:01
Coñece con Radio CERNA a actualidade ambiental de Galiza nos últimos días. Radio Cerna ponte ao día!
Un documental sobre a realidade oculta do sector téxtil galego 16.12.2015 10:00
"Fíos fóra" é o primeiro documental sobre o téxtil galego que mostra a realidade oculta do sector a través da propia vos das traballadoras galegas. O documental presentarase mañá en Lugo, no Salón de Actos da Deputación, a través de ADEGA e Bico de Grao. O proxecto audiovisual foi desenvolto por Amarante-Setem e Illa Bufarda. Entrevistamos a Andrea Ledo de Amarante-Setem e escoitamos algúns dos fr...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.