Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
O Gran Olvido e a revolución mental necesaria sobre o ambiente 11.01.2016 10:01
A concepción sobre o medio ambiente que impera na sociedade está errada. Tan só unha revolución mental sobre a súa concepción e o noso papel como seres políticos e ecolóxicos pode salvar a nosa especie. Neste escenario, cal é a responsabilidade dos políticos? Son eles os responsables da saúde ambiental do noso Planeta? Así é como presenta o filósofo francés e catedrático en ciencias políticas, Sam...
Boletín informativo ambiental 08/01/16 08.01.2016 10:00
Retomamos neste ano 2016 os informativos ambientais dos venres en Radio Cerna, nos que repasamos a actualidade galega neste eido. Coñece o que aconteceu esta semana!
Consellos para un Nadal máis ecolóxico 04.01.2016 10:01
Nestas datas de celebración tamén podemos ser ecolóxicos. Enfrontar o consumismo á que nos empuxa o Nadal e o Día de Reis pode ser doado, se temos en conta algúns consellos necesarios. ADEGA ofréceche unha lista de recomendacións no manual "Por un Nadal máis verde".
Balanzo 2015 do medio ambiente galego (2) 30.12.2015 10:01
Aquí facemos a segunda entrega do balanzo ambiental do ano 2015 en Galiza, recollido en Radio CERNA. Neste espazo facemos unha nova escolla dos acontecementos ambientais máis relevantes do ano e que foron difundidos a través destas ondas. Feliz Ano a todas as persoas que nos escoitades!
Balanzo 2015 do medio ambiente galego (1) 28.12.2015 10:01
Esta semana faremos un repaso a fondo dos temas ambientais que definiron este ano 2015 aquí en Galiza. Nesta primeira parte do percorrido anual, abordaremos cuesións como os avances na mitigación do cambio climático, a través do Cumio de París, a política forestal de Galiza e a expansión do eucalipto, a prórroga de Ence en Lourizán ou a avespa asiática, entre outros fitos ambientais de 2015. Non o...
A orixe dos osos pardos de Galiza 23.12.2015 10:01
Unha tese do Instituto Xeolóxico Isidro Parga Ponda (UDC) asinada pola paleontóloga Ana García Vázquez conclúe que os osos pardos modernos que habitan no noroeste ibérico non proceden dos osos prehistóricos que vivían nese mesmo territorio, que inclúe as montañas orientais de Lugo. Isto implica que os osos pardos xa se extinguiron varias veces no noso territorio ao longo da Historia e que hoxe en...
Cumio climático de París: unha decepción máis que non debemos permitir! 21.12.2015 10:01
Era previsible e ao final resultou decepcionante. Os grupos ecoloxistas galegos manifestan a súa crítica aos resultados do Cumio do Clima do París por inconcretos, pouco ambiciosos e fóra de toda realidade. O acordo dos 195 países que partiparon neste encontro mundial non será vinculante para a redución de gases contaminantes, nin para o investimento económico, nin para o cambio do modelo enerxéti...
Boletín informativo ambiental 18/12/15 18.12.2015 10:01
Coñece con Radio CERNA a actualidade ambiental de Galiza nos últimos días. Radio Cerna ponte ao día!
Un documental sobre a realidade oculta do sector téxtil galego 16.12.2015 10:00
"Fíos fóra" é o primeiro documental sobre o téxtil galego que mostra a realidade oculta do sector a través da propia vos das traballadoras galegas. O documental presentarase mañá en Lugo, no Salón de Actos da Deputación, a través de ADEGA e Bico de Grao. O proxecto audiovisual foi desenvolto por Amarante-Setem e Illa Bufarda. Entrevistamos a Andrea Ledo de Amarante-Setem e escoitamos algúns dos fr...
Lugo constitúe unha plataforma para defender ao Miño 14.12.2015 10:01
Constitúese na cidade de Lugo unha nova plataforma para defender o río Miño das constantes agresións que sofre. "Lugo, de cara ao Miño" está conformada por uns 15 colectivos pero pretende acoller a todas as vontades individuais ou colectivas que queiran loitar polo coidado e preservación do emblemático río galego. A plataforma reclama que se anule o proxecto de ampliación de caudal para a explotac...
Boletín informativo ambiental 11/12/15 11.12.2015 10:01
Queres coñecer a actualidade ambiental galega desta semana? Escoita este espazo de Radio Cerna!
Os motivos da gran crise leiteira de Galiza 09.12.2015 10:01
Reinícianse as mobilizacións do sector gandeiro en Galiza. Os acordos asinados son insuficientes e non se están a cumprir. O problema de fondo tampouco se está a solucionar. Falamos con gandeiros, asociacións de produtores do leite e sindicatos para coñecer os motivos que levaron ao sector lácteo de Galiza a onde está hoxe en día.
Unha visión optimista sobre o Cumio de París 09.12.2015 10:01
A experiencia das últimas décadas dinos que pouco podemos agardar das convencións mundiais sobre cambio climático. Sen embargo, hoxe queremos ser optimistas. Mirar con esperanza os resultados que se obteñan do Cumio climático de París que está en pleno desenvolvemento coa axuda do economista ambiental e experto en cambio climático, Antxon Olabe.
Boletín informativo ambiental 04/12/15 04.12.2015 10:01
Repasa con nós a actualidade ambiental da semana! Radio Cerna recolle aquelas novas dos últimos días no eido da ecoloxía e do medio ambiente que máis che interesan.
Como pode Galiza mitigar os efectos do Cambio climático? 02.12.2015 10:01
Desde o goberno galego pódense establecer medidas moi concretas para contribuír a mitigar os efectos do Cambio climático. Por iso ADEGA insta a todos os grupos do Parlamento galego a asinar unha declaración na que se comprometan a asumir este tipo de medidas destinadas á reconversión do modelo enerxético cara as enerxías renovables, a xestión sostible do territorio, a compostaxe dos residuos ou a...
Rajoy e o seu goberno suspenden a lexislatura en materia ambiental 30.11.2015 10:01
Os colectivos ecoloxistas máis importantes do Estado non lle dan nin o aprobado raspado á xestión ambiental de Mariano Rajoy na última lexislatura. Nestes anos as reformas lexislativas rebaixaron a protección e garantías ambientais e permitiron ás grandes empresas intensificar a súa explotación de recursos. A nova lei de costas, a reforma eléctrica, o parón das renovables ou a falla de avances na...
Especies exóticas invasoras. Xornada de divulgación na Coruña 25.11.2015 9:59
Este sábado, ADEGA organiza unha xornada de divulgación sobre as especies exóticas invasoras no Museo Domus da Coruña. Neste espazo entrevistamos á concelleira de Medio Ambiente nesta cidade, María García, para coñecer a incidencia desta problemática no eido local e as ferramentas das que poden dispoñer os concellos para freala.
Espallando a compostaxe pola provincia de Lugo 23.11.2015 10:01
Agás proxectos moi puntuais, a provincia de Lugo conta aínda con poucas experiencias na xestión de residuos por compostaxe. Por iso a Deputación provincial de Lugo organiza para o vindeiro venres e sábado unhas xornadas sobre "Compostaxe e experiencias prácticas". Ao evento están convidados todos os técnicos e alcaldes dos concellos lugueses, así como o público xeral. ADEGA encargarase da coordina...
Boletín informativo ambiental 20/11/15 20.11.2015 10:00
Neste espazo recollemos as novidades da actualidade ambiental no eido galego. Coñéceas!
Un mundo fráxil 2015: informe sobre a sostibilidade global (II Parte) 18.11.2015 10:00
Nesta segunda parte da entrevista con José Bellver da Fundación ecosocial Fuhem, sobre o informe de WordWath Institute "Un mundo fráxil 2015" seguimos a versar sobre as grandes ameazas do planeta sinaladas por este centro de investigación, a poucas semanas do Cumio do Clima de París. Ademais do quecemento global, abórdanse cuestións como o actual modelo agroalimentario, os límites dos océanos, as...
Un mundo fráxil 2015: informe sobre a sostibilidade global 16.11.2015 10:02
A poucas semana do Cumio de París sobre Cambio Climático, Wolrdwatch Institute publica o informe "A situación do Mundo 2015. Un mundo fráxil" que analiza os grandes problemas ecosociais que arestora afectan ao Mundo e as consecuencias da actual crise ecolóxica. Neste espazo e no vindeiro de Radio Cerna, afondamos neste Informe co investigador da fundación FUHEM Ecosocial, José Bellver.
Boletín informativo ambiental 13/11/15 13.11.2015 10:01
Coñece as novas máis sobresaíntes desta semana no eido ambiental galego, pero tamén internacional.
O Libro Branco de Ence 11.11.2015 10:01
Antón Masa, voceiro da Asociación para a Defensa da Ría da Pontevedra, preséntanos o Libro Branco de Ence, unha publicación que tenta desmentir algúns dos argumentos utilizados pola pasteira para permanecer na Ría de Pontevedra por outros 50 anos máis. O documento pódese descargar completo desde encefora.gal.
ADEGA na Casa de Galiza da India e o proxecto educativo de Xosé Paz 09.11.2015 10:00
Adela Figueroa e Montserrat Lombardía de ADEGA visitaron durante uns días o proxecto educativo que o galego Xosé Paz desenvolve na Casa de Galiza de Santiniketan, localidade hindú da Bengala Occidental. Neste espazo, reproducimos a entrevista que as dúas representantes galegas lle realizaron durante a súa estancia na India ao fundador da Casa hindú de Galiza, educador e seguidor da filosofía de Ra...
Boletín informativo ambiental 06/11/15 06.11.2015 10:01
Acompáñanos no repaso semanal da actualidade ambiental galega!
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.