Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Boletín informativo ambiental 13/05/16 13.05.2016 10:01
Neste espazo de Radio Cerna atoparás un resumo da actualidade ambiental de Galiza máis relevante da última semana. Non o perdas!
Nova regulación sobre fitosanitarios: o carné de manipulador 11.05.2016 10:02
Unha normativa de 2012 que entrou en vigor no pasado mes de novembro obriga a cumprir novos requerimentos para poder facer uso dos praguicidas ou fitosanitarios na agricultura convencional. Entre as exixencias atópase a disposición dun carné de manipulador de fitosanitarios para poder ter acceso a certos produtos químicos. Pero non toda persoa que teña contacto coa actividade agrícola debe cursalo...
O patrimonio oculto baixo as augas de Galiza 09.05.2016 10:01
O patrimonio tamén se atopa baixo as augas. A arqueoloxía submariña e/ou subacuática no noso país realízase en obras públicas, en casos de espolio ou como materia de investigación. Neste espazo, convicamos a unha empresa que se dedica a rastrexar os fondos mariños e fluviais de Galiza na busca de elementos patrimoniais para que nos conte que hai debaixo das augas galegas.
Boletín informativo ambiental 06/05/16 06.05.2016 10:01
Coñece as novas ambientais máis sobresaíntes da semana aquí, en Radio Cerna!
A compostaxe tamén inspira a Cerdedo 04.05.2016 10:00
O concello pontevedrés de Cerdedo vén de poñer a andar un programa de compostaxe bianual que, se funciona, se extenderá a todo o municipio. O obxectivo é reducir nun 50% o lixo que envía a Sogama, evitar custos innecesarios, e contribuír a facer a vecindade partícipe na xestión dos seus residuos. A compostaxe inclúese no plan local de xestión de residuos que nos explica neste espazo a técnica de m...
O "porta a porta" triunfa en San Sadurniño 02.05.2016 10:01
San Sadurniño tivo a valentía de ser o primeiro concello galego en experimentar a recollida selectiva dos residuos "porta a porta", ligada á compostaxe caseira. Tras máis dun ano de proba, xa está en disposición de dar datos sobre aforro de lixo e aforro económico. Os resultados son mellores aínda do que se agardaba. Se queres coñecelo, dálle ao play!
Boletín informativo ambiental 29/04/16 29.04.2016 10:01
Cales son as novas ambientais máis destacadas da semana en Galiza? Preme e escóitaas!
Xavier Labandeira: "A fin dos combustíbeis fósiles a partir de 2050 vai implícita no acordo de París" 27.04.2016 10:00
Nesta segunda parte da entrevista que Radio Cerna lle fixo ao Catedrático de Economía e experto en políticas climáticas, Xavier Labandeira, o economista opina sobre o mecado de emisións, sobre os investimentos do fondo verde contra o cambio climático ou sobre a vontade de descarbonizar as economías na segunda metade do século XXI. O acordo de París sobre cambio climático, que deseña a folla de rut...
Xabier Labandeira: "O acordo de París é o menos malo ao que podiamos aspirar" 25.04.2016 10:01
Esta semana entrevistamos ao Catedrático en Economía e autor líder do IPCC para a elaboración do Quinto Informe (e último) deste Panel de Expertos da ONU. Analizamos con el a súa interpretación do Acordo sobre o Cambio climático de París, ratificado a pasada semana por 150 países de todo o mundo. Labandeira amósase optimista ante este acordo, aínda que con matices.
Boletín informativo ambiental 22/04/16 22.04.2016 10:01
Preme e coñece con nós a actualidade ambiental galega desta última semana!
A nova normativa de benestar animal, segundo as protectoras 20.04.2016 10:01
A nova lei galega de protección de animais domésticos e salvaxes en cautividade vén de pasar polo trámite de exposición pública, no que se presentaron centos de alegacións. As protectoras de animais representan gran parte dos axentes alegantes. Hoxe coñecemos con elas, os pros e os contras desta nova normativa tan agardada. Aínda que con respecto a 1993, esta nova lei ofrece avances, tamén se obse...
Reganosa enfróntase a unha nova sentenza do Supremo en contra 18.04.2016 10:01
O Tribunal Supremo volve fallar en contra de Reganosa. Desta volta, anula a Autorización administrativa previa outorgada á planta de gas polo goberno de Xosé María Aznar en 2002. Con esta xa son dúas as sentenzas do Alto Tribunal que poñen en cuestión a legalidade da planta. Falamos con Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol para coñecer as repercusións deste novo fallo.
Boletín informativo ambiental 15/04/16 15.04.2016 10:01
A actualidade ambiental galega en 10 minutos! Coñece as novas que nos deixou esta semana no eido ambiental!
Tratamento dos plásticos agrícolas en Galiza 13.04.2016 10:01
Desde o ano 2004 a Xunta de Galiza impulsou o Plan de tratamento dos plásticos agrícolas. Este programa diríxise a recoller e tratar todos os plásticos de ensilado e horta xerados no territorio galego co fin de darlles unha nova oportunidade e novos usos. Neste espazo de Radio Cerna falamos cun representante dunha das empresas xestoras autorizadas para a xestión deste tipo de residuos para coñecer...
Un bosque para unha bolboreta 11.04.2016 10:03
A bolboreta Charaxes jasius é propia de climas mediterráneos e do norte de África, sen embargo, tamén se atopa no Baixo Miño. O achádego desta especie de bolboreta no sur de Galiza no ano 2005 e os riscos que tiña de desaparecer na comarca promoveu o proxecto "Un bosque para unha bolboreta" polo colectivo ANABAM. Grazas a este proxecto, que está a piques de cumprir dez anos, hoxe a Charaxes jasius...
Boletín informativo ambiental 08/04/16 08.04.2016 10:01
Repasa con nós a actualidade ambiental desta semana en Galiza, que deixa importantes resolucións xudiciais... Escóitanos!
O proxecto RE de Allariz: a compostaxe a todos os niveis 06.04.2016 10:02
O concello de Allariz pon a andar a partires desta semana o "Proxecto RE" de compostaxe. Este proxecto prevé a creación de 22 áreas ou illas de compostaxe para o núcleo urbano do municipio, o reparto de composteiros individuais para a zona rural e o tratamento específico da materia orgánica producida pola hostalaría do concello no polígono industrial. O reto que persegue así o concello de Allariz...
Definindo as paisaxes galegas 04.04.2016 10:01
O Instituto de Estudos da Paisaxe Galega, dependente da Xunta, está a definir as distintas paisaxes de Galiza a través dun proceso de participación no que pretende implicar a maior parte da poboación galega. O Catálogo galego das paisaxe, que contempla 258 tipos diferentes de paisaxe, exponse así a debate. A intención é definir que cualidades paisaxísticas que se queren protexer para o futuro.
Boletín informativo ambiental 01/04/16 01.04.2016 10:01
Coñece a actualidade ambiental desta semana en Galiza, aquí en Radio Cerna. Escóitanos!
Ameazada a principal colonia de corvo mariño cristado da Península 30.03.2016 10:01
Esta fin de semana está prevista a celebración dunha proba de trail na Costa do Dexo (Oleiros) na que correrán 350 persoas e que podería poñer en risco a principal colonia de corvo mariño cristado da Península, ao pasar a carón do seu núcleo de cría. Varias organizacións ambientalistas pedíronlle a Xunta que revise o trazado da proba e avalíe as súas repercursións ambientais antes de aprobala.
Mapa online da contaminación química do litoral galego 28.03.2016 10:01
O visor cartográfico do litoral galego, elaborado polo grupo de investigación Ecotox da Universidade de Vigo, permite consultar datos sobre a contaminación química das nosas costas desde 1997. Ricardo Beiras, catedrático en bioloxía e coordinador de Ecotox, explícanos que servizos ofrece esta ferramenta online, a primeira que concentra toda a información existente na materia e á que calquera pode...
Boletín informativo ambiental 18/03/16 18.03.2016 10:02
Neste espazo trasladamos as novas máis destacadas da última semana na actualidade ambiental galega. Non o perdas!
O greenwashing ou lavado verde. Que é e como detectalo? 16.03.2016 10:01
En 1986 aparace o termo "greenwashing" para designar aquela propaganda verde utilizada polas empresas para amosar os seus logros ambientais, sexan ou non reais. Hoxe en día, o consumidor/a afróntase a mensaxes confusas relativas ao compromiso ambiental do mercado. Joana Martins axúdanos a entender este concepto e a detectalo.
O proxecto Zas-Santa Comba: a nova ameaza da megaminaría 14.03.2016 10:00
"Isabela II" é como se chama o proxecto de exploración mineira que o Grupo M-FM2001 solicitou na Xunta de Galiza para buscar ouro e outros minerais estratéxicos na comarca da Costa da Morte. Afectará aos concellos de Zas, Vimianzo, Coristanco e Santa Comba. A rede Contraminacción e os vexiños da comarca presentaron centos de alegacións contra esta primeira fase de procura dos minerais. Pero o que...
Boletín informativo ambiental 11/03/16 11.03.2016 10:01
Acompáñanos no repaso da actualidade ambiental da semana en Radio Cerna!
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.