Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Boletín informativo ambiental 15/07/16 15.07.2016 10:01
Repasa con nós a actualidade ambiental desta semana de ámbito galego!
A depuración natural chega a Campo Lameiro e a Cerdedo 13.07.2016 10:00
A depuración natural das augas residuais estase a estender por Galiza como alternativa aos sistemas de depuración convencionais en poboacións inferiores a 2.000 habitantes. É unha das formas máis ecolóxicas e sostibles de depurar as augas residuais de pequenas localidades e que ademais aforra investimento, gastos de mantemento e favorece a fertilidade dos solos e a biodiversidade. Na provincia de...
COLLE3: apelando á conciencia individual contra o plástico no mar 11.07.2016 10:01
"Colle3" é unha iniciativa impulsada polo Clube Augasantas Kitesurf de Barreiros que apela á conciencia e responsabilidade individual das persoas que acuden e habitan no litoral contra o lixo. Esta idea xunto coa dos "venres sen plástico" son pequenas accións que conseguen grandes resultados. E ímolo comprobar co presidente do Club Augasantas, Óscar García.
Boletín informativo ambiental 08/07/16 08.07.2016 10:01
En 10 minutos repasamos a actualidade medioambiental galega. Escóitanos!
Primeiro manual dos combustibles forestais de Galiza 06.07.2016 10:01
O Centro de Investigación Forestal de Lourizán e a USC presentan a primeira foto-guía dos combustibles forestais de Galiza. A partir do traballo do investigador Stefano Arellano determínanse 4 grupos de combustibles forestais e defínense as diferentes variables e combinacións de variables que inciden na proliferación e virulencia dos lumes forestais nos montes galegos. Se queres saber como funcion...
Que é e que non é a restauración fluvial? 04.07.2016 10:01
O Centro Ibérico de Restauración Fluvial (CIREF) nace en 2009 para promover unha nova idea de restauración fluial máis achegada á conservación dos recursos naturais fronte criterios economicistas desta práctica. O concepto de "Restauración fluvial" foi ademais deturpado nas últimas dúas décadas coa promoción de obras públicas no seu nome que nada tiñan a ver con tal obxectivo e que, mesmo, degrada...
Boletín informativo ambiental 01/07/16 01.07.2016 10:02
Convidámoste a coñecer a actualidade ambiental de Galiza a través deste espazo de Radio Cerna!
Os cabaliños de mar nas costas galegas 29.06.2016 9:59
A través do proxecto Hippoparques estanse a estudar as poboacións de cabaliño de mar no parque nacional das Illas Atlánticas. Este proxecto trata de determinar o estado de conservación desta especie nos fondos mariños do espazo protexido e semella que alí atopan un hábitat particularmente propicio. O coordinador do proxecto dá conta dos seus resultados neste espazo e cales son as súas condicións d...
Que é a Rede de parques naturais de Galicia? 27.06.2016 10:00
Neste espazo falamos coa Directora Xeral de Conservación da Natureza, da Xunta, Ana María Díaz, para coñecer en que consiste esta recente Rede de parques naturais de Galicia e que implicacións terá para a futura xestión destes espazos naturais protexido que hoxe en día son seis.
A complexa situación xurídica na que se atopa Reganosa 22.06.2016 10:01
Reganosa vén de solicitar de novo as autorizacións que o Tribunal Supremo lle anulou por consideralas ilegais. Agora pretende legalizar a planta de gas da ría de Ferrol cunha tramitación urxente e simplificada polo Consello de Ministros do goberno en funcións, que exime á regasificadora de pasar a tramitación ambiental, pese a estar situada nun espazo de Rede Natura 2000. Neste espazo, abordamos a...
A calidade do aire galego en 2015 20.06.2016 10:01
Ecoloxistas en Acción publica o Informe 2015 sobre a calidade do aire do Estado español. Nesta publicación analiza a evolución da presenza de contaminantes tóxicos no aire por comunidades e substancias contaminantes. Galiza non se escapa a unha diagnose negativa do último ano no que empeorou a calidade do aire que respiramos.
Boletín informativo ambiental 17/06/16 17.06.2016 10:02
Se queres saber que deparou esta semana a actualidade ambiental galega, escóitanos!
Fogares Verdes cumpre 10 anos 15.06.2016 10:01
O programa de Educación Ambiental "Fogares Verdes" cumpre 10 anos en todo o Estado. Por ese motivo, hai pouco tivo lugar no CENEAM (Valsaín, Segovia) un Encontro internacional entre entidades de todo o mundo que desenvolveron iniciativas relacionadas con Fogares Verdes para intercambiar as súas experiencias. Por Galiza foi a organización ecoloxista ADEGA.
O rédito do desenvolvemento eólico para o rural galego 13.06.2016 10:01
Cal foi o rédito do desenvolvemento eólico para o rural galego nos últimos 20 anos? Segudndo unha tese realizada por Damián Copena, membro do grupo de investigación sobre economía ecolóxica da Universidade de Vigo, non foi o agardado. As rendas que percibiron os propietarios/as dos terreos eólicos foron baixas e o rural non acadou un impacto positivo ou cando menos proporcional ao crecemento do se...
Boletín informativo ambiental 10/06/16 10.06.2016 10:01
Nese espazo de Radio Cerna atoparás as novas ambientais de Galiza máis relevantes dos últimos días.
O futuro do dique ilegal do río Miño terá que decidirse este verán 08.06.2016 10:01
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil culpa ao concello de Lugo das obras ilegais do río Miño e proponlle ao Ministerio de Medio Ambiente que resolva multalo con 180.000 euros e obrigalo a derrubar o dique na vindeira época de estiaxe. A resolución definitiva terá que ser dada polo Ministerio. Mentres, ADEGA e a plataforma "Lugo de cara ao Miño" manifestan a súa satisfacción parcial e o concello d...
Uns 400 xacementos arqueolóxicos da Mariña, en perigo por mor do eucalipto 06.06.2016 10:01
A industria do eucalipto está a alterar, non só a biodiversidade, a paisaxe e a calidade do solo galego, tamén está a poñer en perigo o noso patrimonio histórico-cultural e arqueolóxico. ADEGA e Mariñapatrimonio chaman a atención sobre a ameaza que supoñen os labores forestais relacionados co eucalipto na Mariña lucense para os bens arqueolóxicos da comarca. Só nos últimos meses veñen de denunciar...
Boletín informativo ambiental 03/06/16 03.06.2016 10:01
Coñece a actualidade ambiental de Galiza acontecidas na Semana mundial do Medio Ambiente. Non teñen desperdicio!
Varios ex-altos cargos de Medio Ambiente imputados polo dragado da ría de Ferrol 01.06.2016 10:01
O vindeiro luns acudirán a declarar ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza varios ex-altos cargos da Consellaría de Medio Ambiente, incluído o ex-director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, polo dragado da ría de Ferrol. A Fiscalía acúsaos de presunto delicto contra o medio ambiente, prevaricación e falsidade documental. Se queres coñecer os motivos, escoita este espazo...
Do mapa europeo ao mapa galego das miñocas 30.05.2016 10:01
Estes vermes "arados e enxeñeiros da terra" xa dispoñen do seu primeiro mapa europeo, no que se recompilan os datos e publicacións extraídas dos estudos e investigacións que existen sobre a especie en oito países de Europa. Pese a que Galiza dispón dunhas condicións moi óptimas para o desenvolvemento de poboacións de diferentes variedades de lombrigas, pouco se reflicte da súa situación no mapa eu...
Defender o bosque autóctono desde a política local. O exemplo de Corullón 25.05.2016 10:01
Desde a política local tamén existen fórmulas que axuden a favorecer a extensión e conservación do bosque autóctono. O veciño concello leonés de Corullón leva esta teoría á práctica e ofrece axudas económicas e materiais para que a vecindade deste municipio preserve os seus soutos vellos e antigos cereixais. O propio alcalde deste concello explícanos en que consiste esta iniciativa.
Nace en Cataluña a Redes dos bosques intocables 23.05.2016 10:01
Hai un ano que a Generalitat de Catalunya decidiu crear unha rede de bosques intocables ou de libre evolución no que se congregan 154 masas forestais autóctonas de todo o territorio catalán. Esta iniciativa prevé acadar beneficios ambientais, científicos e culturais para a colectividade. Hoxe coñecémola.
Boletín informativo ambiental 20/05/16 20.05.2016 10:01
Coñece a actualidade ambiental galega neste espazo de Radio Cerna. Repasamos os acontecementos máis relevantes da última semana no ecoloxismo e no ambiente galego.
As ideas ecoloxistas chave do Papa Francisco 18.05.2016 10:00
O pasado luns coñeciamos en Radio Cerna as motivacións que levaron ao Papa Francisco dedicar a súa primeira encíclica ao "coidado da casa común", é dicir, á Ecoloxía. Hoxe imos abordar co profesor en teoloxía moral, Gonzalo Varela, as ideas ecoloxistas chave que o pontífice quixo transmitir aos cristiáns e non crentes hai un ano, na súa encíclica "Laudato Si".
A encíclica ecoloxista do Papa: As orixes 16.05.2016 10:01
Neste mes de maio cúmprese un ano desde que foi publicada a encíclica ecoloxista do Papa Francisco, "Laudato Si". Por este motivo, neste espazo abordaremos co profesor de teoloxía moral, Gonzalo Varela, as orixes da filosofía e teoloxía ecoloxista propugnada polo Papa Francisco e tamén as motivación que o levaron a escribir esta reflexiva e extensa obra a prol da defensa da Terra.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.