Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1697 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Boletín informativo ambiental 21/10/16 21.10.2016

Escoita neste espazo cales foron as novidades máis relevantes da actualidade ambiental galega, durante esta última semana.

O foro estatal da compostaxe chega a Pontevedra 20.10.2016

Composta en Red é a coordinadora estatal que engloba todas as iniciativas do Estado en compostaxe. Este ano elixiu Pontevedra para desenvolver o seu Seminario anual sobre compostaxe, onde se congregan multitude de experiencias e proxectos relacionados coa compostaxe doméstica e comunitaria. Neste espazo coñeceremos que contidos se van tratar neste foro que terá lugar mañá e pasado. Composta en Red...

Cara a liberalización da biomasa e dos cultivos enerxéticos en Galiza 17.10.2016

ADEGA e a Federación Ecoloxista Galega presentan alegacións contra unha planta de biomasa en Curtis, en tramitación, que excede o límite de potencia establecido pola lei vixente. As entidades ecoloxistas consideran este proxecto como a antelasa do modelo de plantas de biomasa que no futuro pretende favorecer a Xunta de Galiza: sen límites de potencia e baseadas nos cultivos enerxéticos, predominan...

Boletín informativo ambiental 14/10/16 14.10.2016

Repasamos a actualidade ambiental de Galiza en 10 minutos. Non o perdas!

I Encontro galego de Transición e Decrecemento 10.10.2016

A Red estatal en Transición chegará a Galiza a finais deste mes co I Encontro en Transición e Decrecemento que se celebrará en Galiza. O obxectivo principal deste foro será reunir e poñer en contacto todas as iniciativas e proxectos galegos que estean en sintonía co movemento en Transición, aquel que ofrece resiliencia fronte ao colapso social, ambiental e económico ao que nos leva o crecemento co...

Boletín informativo ambiental 07/10/16 07.10.2016

Coñece as novas ambientais máis relevantes da semana aquí no teu país!

O carballo e o cerquiño resistirán ao cambio climático 06.10.2016

A nosa árbore máis emblemática, o carballo, está de noraboa. Segundo unha tese da Escola Politécnica de Lugo, da USC, tanto o carballo común como o cerquiño ou rebolo teñen mecanismos que lles permitien resistir ante circunstancias adversas relacionadas coa mudanza climática. O autor da investigación, Gonzalo Pérez Lis, descúbrenos cales son eses mecanismos.

O Tempo da aldea: proxecto de recuperación da aldea de Rebordechán 03.10.2016

Poder aproveitar os recursos propios da aldea á que se lle quere devolver a vida á fundamental. Baixo esta premisa nace o proxecto de recuperación da aldea de Rebordechán (Crecente) por iniciativa da cooperativa "O Tempo da Aldea". O proxecto está rematado no papel, agora fai falla o impulso financeiro para poñelo a andar. Coñecémolo neste espazo de Radio Cerna!

Boletín informativo ambiental 30/09/16 30.09.2016

Neste espazo de radio atoparás un repaso das novas ambientais de Galiza máis destacadas nesta semana.

IX Limpeza simultánea dos ríos galegos 28.09.2016

Este domingo, 2 de outubro, centos de voluntarios e voluntarias acudirán aos ríos galegos para limpalos de residuos. A actividade "Móllate polos ríos" do proxecto de voluntariado ambiental Proxecto Ríos convoca a toda a cidadanía galega a retirar de forma simultánea o lixo das marxes e cursos fluviais. Nesta edición da limpeza simultánea de Proxecto Ríos participarán 42 concellos e 54 entidades de...

Terra Livre: O primeiro clube de lectura ecoloxista de Galiza 26.09.2016

Nace na Coruña o primeiro clube de lectura ecoloxista de Galiza. Incorpórase na Rede ibérica de clubes de lectura ecoloxista Terra Livre e comezará a súa andaina no mes de outubro. Fomentará a reflexión e o coñecemento sobre o ecoloxismo como disciplina e como filosofía de vida.

Boletín informativo ambiental 23/09/16 23.09.2016

Repasa con nós a actualidade ambiental galega, de norte a sur e de leste a oeste!

Lugo acolle o principal foro estatal sobre agroecoloxía 21.09.2016

Galiza era unha cita pendente da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE). Desde hoxe ata o venres a SEAE celebra o seu XII Congreso no Pazo de Feiras de Lugo. Máis de 130 comunicacións e ducias de mesas de discusión conformarán este foro integral sobre agroecoloxía, alén de ir acompañado da I Feira agroecolóxica de Lugo "NaturaLugo". Coñecemos os contidos deste encontro do Director da S...

Os vertidos e os vertedoiros de Sogama, na picota! 19.09.2016

ADEGA revela documentos da consultoría de Sogama nos que se constatan que a empresa de residuos leva cando menos cinco anos incumprindo os límites legais de contaminantes dos refugallos que verte en Areosa e noutros vertedoiros do país. O colectivo ecoloxista asegura que esta suposta fraude está relacionada coa proxección de novas instalacións de vertedoiros en Galiza, como a de Trazo ou a de Orde...

Boletín informativo ambiental 16/09/16 16.09.2016

Repasa con nós as novas ambientais máis destacadas da semana en Galiza. Só en 10 minutos!

As algas que chegan ás praias das rías, un valor descoñecido 12.09.2016

No verán son motivo de queixa dos bañistas e de usuarios de praias. Moitas administracións locais consideránas un estorbo para o turismo e, mesmo, as tratan como residuos. Pero as algas que varan na liña de costa cumpren unha función fundamental na biodiversidade e conservación do noso litoral. Un estudo da Universidade de Vigo pon en valor as funcións das macoalgas que chegan ás praias estuáricas...

Boletín informativo ambiental 09/09/16 09.09.2016

Preme e escoita este espazo para coñecer as novas ambientais máis destacadas da semana no teu país!

Os residuos na Coruña, tras 20 anos do desastre de Bens 07.09.2016

Este sábado é o vixésimo aniversario dunha das catástrofes ambientais máis relevantes de Galiza: a avalancha do vertedoiro de Bens (A Coruña). Daquela catástrofe, na que ademais morreu unha persoa, xordeu o Plan de Residuos de Nostián que aínda está vixente hoxe en día. Pese a estar baseado na reciclaxe e na compostaxe e estar afastado da incineración, segue a ser un modelo con resultados pobres e...

A revisión do informe "Os límites do crecemento" no Parlamento galego 05.09.2016

A Asociación Véspera de Nada trasladou aos grupos parlamentarios de Galiza a revisión do informe "Os límites do crecemento" publicada en abril deste ano para promover unha Comisión interpartidaria galega para analizar os límites do crecemento do país. O documento orixinal, procedente de 1972, establecía tres escenarios posibles para o século XXI. A revisión actual do documento conclúe que nos atop...

Boletín informativo ambiental 02/09/16 02.09.2016

Logo do descanso estival, volve Radio Cerna co boletín informativo ambiental de cada semana e moitos máis espazos con toda a actualidade ecoloxista e medioambiental do país. Benvidos/as de novo!

Boletín informativo ambiental 29/07/16 29.07.2016

Escoita un novo espazo de Radio Cerna dedicado á actualidade ambiental e cultural do país. Radio Cerna fará un descanso durante o mes de agosto pero volverá no en setembro con máis espazos sobre medio ambiente, ecoloxía e cultura de Galiza! Feliz verán!

O renacemento de Vieiros, unha aldea abandonada do Courel 27.07.2016

En Galiza, cada 5 días abandónase unha aldea. O envellecemento da poboación, a migración da xente cara as vilas ou cidades, a falta de oportunidades para instalarse no rural e vivir nel son algunhas das causas que están detrás deste abandono. Aínda así, atopamos algunha experiencia de recuperación de aldeas abandonadas que merecen ser coñecidas. É o caso da aldea de Vieiros de Quiroga, na Serra do...

Boletín informativo ambiental 22/07/16 22.07.2016

Presentámosche algúns dos aspectos máis relevantes da a actualidade ambiental da semana en Galiza nese espazo. Escóitanos!

Os 15 anos do Proxecto Terra 20.07.2016

O Proxecto Terra cumpre 15 anos. Naceu impulsado polo Colexio de Arquitectos de Galiza para difundir entre os máis novos valores de identidade territorial a través de múltiples recursos didácticos, actividades e materiais divulgativos que analizar os espazos que habitamos desde o máis local ata o ámbito territorial galego. Repasamos co coordinador desta iniciativa, Xosé Manuel Rosales, o alcance d...

Os orzamentos participativos na Coruña apostan polo verde 18.07.2016

A Coruña lanza un proceso de participación pública a través de software libre para que os cidadáns desta cidade podan decidir en que investira un millón de euros para 2017. As propostas presentadas nos orzamentos participativos da Coruña comezan hoxe o seu proceso de avaliación técnica e económica para ver cales delas poden ser executables. A gran maioría das proposta aposta pola creación de novos...

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.