Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Pontevedra: Premio Soft Mobility ou de Mobilidade Amable 26.12.2016 10:04
Pontevedra vén de recibir un premio máis ao seu modelo de cidade. Trátase do premio Soft Mobility ou de Mobilidade Amable outorgado pola cidade chinesa de Shenzhen dentro do cumio euro-asiático de cidades verdes ou intelixentes. Entrevistamos ao alcalde de Pontevedra, Fernández Lores, para coñecer en que criterios de mobilidade se sostén o exitoso modelo urbano da cidade do Lérez.
Boletín informativo ambiental 23/12/16 23.12.2016 10:01
Na véspera da fin de semana de Natal, ofrecémosche nun resumo de 10 minutos as novas de Galiza desta semana máis destacadas sobre ecoloxía e medio ambiente.
Por unha faixa de protección contra os lumes para os petróglifos 21.12.2016 10:02
O colectivo compostelán A Rula pide ás admiinistracións que subministren maior amparo á arte rupestre de Galiza a través da lexislación, obrigando a establecer unha faixa de protección ao redor dos petróglifos. A intensificación da industria forestal dos últimos tempos e a incidencia dos lumesnos montes galegos están a situar este tipo de patrimonio no peor dos seus momentos. As previsións de exte...
Os cultivos enerxéticos e a biomasa: a nova ameaza do territorio galego 19.12.2016 10:01
O monte galego e, por extensión, o total do territorio galego enfróntase a unha nova ameaza ambiental e socioeconómica provocada pola aposta do goberno autonómico pola biomasa e os cultivos enerxéticos con especies exóticas de crecemento rápido, como o bambú, a acacia ou o eucalipto nitens. ADEGA alerta das consecuencias da liberalización do sector en Galiza e da inxente cantidade de superficie qu...
Boletín informativo ambiental 16/12/16 16.12.2016 10:03
Escoita as novas ambientais do país galego máis destacadas da última semana. Escoita o boletín informativo ambiental de Radio Cerna!
As toalliñas desbotables: un engano publicitario con gran impacto ambiental 14.12.2016 10:01
A OCU vén de denunciar o engano publicitario das toalliñas húmidas desbotables. Nin son desbotables nin biodegradables, segundo un estudo realizado por esta organización de consumidores. Os impactos que provoca o incremento no uso deste produto na rede de sumidoiros e nas augas en xeral están a producir graves danos no ambiente e tamén nas arcas públicas.
Avances cara a abolición da tauromaquia e dos circos con animais en Galiza 12.12.2016 10:04
2016 foi un ano de avances en materia de protección animal. Existe un novo proxecto de lei do benestar animal, xa hai 20 concellos galegos contrarios á celebración de espectáculos taurinos e 59 concellos galegos que se declaran libres de cirscos con animais. Segundo datos do Ministerio de Cultura, as touradas en Galiza reducíronse á metade desde o ano pasado e a porcentaxe de público asistente só...
Boletín informativo ambiental 02/12/16 02.12.2016 10:01
Acompáñanos neste repaso á actualidade ambiental do país. Como cada venres, facemos un percorrido polas novas ambientais máis destacadas da semana en Galiza.
Axuge: novo instrumento de defensa ambiental do Xurés 30.11.2016 10:01
Hai pouco máis dun ano nacía a Asociación medioambiental de xuresianos-geresianos AXUGE. Unha organización conformada fundamentalmente por persoas nacidas e veciñas da Serra do Xurés, declarada Parque Natural. Neste espazo, coñecemos cales son os seus obxectivos e as súas propostas de actividade neste emblemático lugar de Galiza.
As mulleres de Os Hórreos: cultivo ecolóxico por convición 28.11.2016 10:01
As mulleres rurais de Os Hórreos, de Muros, comezan en 2007 un proxecto de recuperación de terras improdutirvas para o cultivo ecolóxico que hoxe acadan unhas 4 hectáreas. Os comezos non foron doados, pero hoxe son o modelo a seguir para moitas mulleres (e homes) do rural. Recentemente, foron galardoadas pola Deputación provincial da Coruña.
Boletín informativo ambiental 25/11/16 25.11.2016 10:01
Neste espazo de Radio Cerna repasamos a actualidade ambiental da semana en Galiza. Non o perdas!
V Limpeza simultánea de praias e lagoas litorais 23.11.2016 10:02
O vindeiro venres e sábado, ADEGA realizará unha limpeza simultánea de praias e lagoas litorais nas costas galegas para concienciar sobre a importancia de evitar que os nosos residuos cheguen ao mar. As consecuencias son catastróficas para a biodiversidade mariña pero tamén para nós, xa que os microplásticos chegan ao máis alto da cadea trófica. Esta actividade de voluntariado ambiental afectará a...
O Castro da Atalaia e as consecuencias da súa desprotección 21.11.2016 10:01
ADEGA e Mariñapatrimonio culpan ao Servizo de Patrimonio de Lugo e ao Concello de Cervo da indemnización que a Xunta terá que pagar a cargo do erario público por non ter protexido o Castro da Atalaia a tempo. Malia que estes colectivos advertiron da necesidade de protexelo en 2005, a Xunta non actuou ata 2007, permitindo mentres tanto que unha construtora ocupase 1.600 m2 do xacemento para o levan...
Boletín informativo ambiental 18/11/16 18.11.2016 10:02
Escoita o que nos deparou esta semana no ámbito da actualidade medioambiental. Destacamos as novas máis sobresaíntes dos últimos días!
Phenologit: aplicando as TIC ao estudo da fenoloxía 16.11.2016 10:02
O CESGA ou Centro de Supercomputación de Galicia é o primeiro en toda Europa en deseñar ferramentas e aplicacións móbiles para o estudo da fenoloxía en aulas de primaria e secundaria. Neste proxecto de Erasmus Plus participan catro países e 16 escolas do continente europeo. O proxecto Phenologit podería marcar un antes e un despois no estudo da fenoloxía en Europa.
Pobreza, cambio climático e as políticas de mitigación 14.11.2016 10:05
"Contra viento y marea" é como se chama o informe da ONG Oxfam Intermón que dirixe ao goberno español para que cumpra os seus compromisos de investimento para a mitigación dos efectos do cambio climático nos países máis pobres. Facendo cálculos e tendo en conta prazos, a ONG conclúe que o goberno español non ten vontade de facer fronte ás súas responsabilidades perante os países máis desfavorecido...
Boletín informativo ambiental 11/11/16 11.11.2016 10:01
Queres coñecer cal foi a actualidade ambiental da semana en Galiza? Este é o teu espazo!
A prol do transporte público e da bicicleta en Ferrolterra 09.11.2016 10:01
ADEGA-Ferrolterra desenvolve unha campaña a prol do uso do transporte público colectivo e da bicicleta, ante a constancia da baixada de usuarios nestas dúas formas de desprazamento urbano e metrapolitano que deberían ser prioritarias.
Unha sentenza perigosa para a protección da traza histórica dos Camiños a Santiago 07.11.2016 10:00
O Foro do Camiño Primitivo vén de denunciar publicamente os efectos que terá para o futuro da protección dos Camiños a Santiago unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que denega un recurso presentado por esta plataforma contra a delimitación oficial da vía xacobea primitiva. A sentenza resolve que existe un baleiro legal sobre baixo que criterios deben delimitarse os trazados dos...
Boletín informativo ambiental 04/11/16 04.11.2016 10:01
Coñece con Radio Cerna a actualidade ambiental en Galiza! Tan só en 10 minutos facemos repaso das novas máis sobresaíntes na última semana.
Lousame, un vertedoiro ou un centro de xestión ambiental? 02.11.2016 10:01
Logo dos proxectos de vertedoiro de Trazo e Ordes, chega o proxecto do "Centro de xestión ambiental" de Lousame, o terceiro vertedoiro máis grande en dimensión de Galiza e que estaría colocado a carón da planta de compostaxe do Barbanza. ADEGA alegou contra a autorización ambiental deste proxecto por considerar que o agocha un gran macrovertedoiro no que o 80% dos refugallos non recibirían ningunh...
Accións urxentes despois dos incendios forestais 31.10.2016 10:01
Desde hai 3 anos, a Xunta determina como actuar nos terreos queimados unha vez apagado o lume coa axuda da Guía de Accións Urxentes despois dos incendios forestais. Un eido no que Galiza se está a converter en referente, tras o revulsivo que a vaga de lumes de 2006 xerou na investigación relativa á prevención da erosión do solo en terras queimadas, sobre todo, en ladeira e preto dos ríos. Dos cont...
Boletín informativo ambiental 281/10/16 28.10.2016 10:01
No espazo de Radio Cerna de hoxe, repasamos as novas ambientais da semana acontecidas en Galiza. Coñéceas!
Catro Ventos: a nova editorial galega sobre Ecoloxía e Economía Social 26.10.2016 10:04
Acaba de nacer unha editorial en Galiza que editará contidos integramente en galego e, principalmente, sobre Ecoloxía e Economía Social. Chámase Catro Ventos e foi fundada por cinco veciños/as de Vigo preocupados polo baleiro exitente deste tipo de contidos no mundo editorial galego. Coñecemos o proxecto cun dos seus promotores.
R que R: A campaña sobre residuos das Pontes 24.10.2016 10:01
As campañas de concienciación sobre a correcta xestión dos residuos urbanos sempre fan falla. Unha incorrecta separación en orixe, a produción ilimitada de residuos, a non consideración do punto limpo, dificulta a xestión do lixo do concello de As Pontes. Por estes motivos, vén de lanzar a campaña "R que R", que durará ata marzo do ano que vén.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.